De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

La bodeguilla

Se na noite do sábado andiveramos pola zona vella da cidade, o domingo pola mañá demos unha volta pola parte nova de Ponferrada. A procura dun determinado xornal, e aproveitar o sol dunha mañá de outubro foron as escusas que nos levaron ate a nosa primeira parada en La Bodeguilla.

O pincho foi ben xeitoso: pan con tomate e xamón cunha pinguiña de aceite e o seu toque de allo. Máis non era este o único que servían, xa que vimos como a outros clientes lles poñían unha tapiña de arroz servido en taza de café, ou queixo máis olivas. Como estabamos un pouco afastados da barra, e non é un local pequeno, non cheguei a saber se servían os pinchos en función da bebida (como xa teño visto algunha vez), ou dun xeito totalmente aleatorio.

Prezo? Non o lembro, eramos seis e non era eu quen levaba o bote, así que non podo dicilo; aínda que non lembro ningún comentario relativo ó desorbitado do mesmo.

O local estaba cheo: non sei se pola relación calidade-prezo, polo pincho, ou porque se atopa nunha rúa peonil chea de bares coas súas respectivas terrazas.

Praza Fernando Miranda nº5. Ponferrada
Situación
Comentarios (0) - Categoría LE.Ponferrada - Publicado o 06-02-2008 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
Pulpería Camariñas

Esquecérame dicir que os nosos anfitrións en Ponferrada, e moi bos por certo, foron Marcos e Cristina, que non só nos fixeron de guías pola vila, senón que tamén nos acolleron na súa casa, e ós cales lles debemos, polo menos, unha cea na nosa.

Como nós viñamos de La Rioja, e o que se di moito peixe non comeramos os días anteriores, pensaron que podía ser boa idea achegarnos a tomar unha cervexa á Pulpería Camariñas, onde, segundo eles, case sempre invitaban a un pinchiño de polbo. Máis como vedes na fotografía, ese día non foi así, senón que nos puxeron un bocareu por barba (eramos seis) que a min polo menos me soubo moi ben. De feito, non sei nin canto tempo facía que non os comía, que este verán a miña nai (que os prepara realmente ben...) non os mercou.

Como dicía, o polbo do Camariñas non o puiden probar, así que non sei se é ou non unha boa opción para parar a tomar unhas tapas en Ponferrada. Alguén me contará; aínda que non son eu moito de buscar cociña galega fora da casa, senón que prefiro os pratos típicos da zona.


Rúa do Reloj nº9. Ponferrada
Situación
Comentarios (0) - Categoría LE.Ponferrada - Publicado o 25-12-2007 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
El bodegón

Penso que só estivera unha vez en Ponferrada, e fai xa diso case uns oito ou nove anos, cando fun á voda de Jesús e Mar, que casaron no pobo da noiva do que lamento (espero que me disculpen) non lembrar o nome.

Curiosamente, si lembro que estiveramos neste bar, El bodegón. Como o seu propio indica é un bodegón, que algo antes das nove da noite, á hora que nós fomos, estaba cheo de xente. E iso que non ten servizo de mesa: os propios clientes se acegan á barra a pedir as tapas e as levan nunhas bandexas á súa mesa... Vamos, o máis parecido a un local de comida rápida deses nos que todos estamos pensando e dos que sempre temos algo que dicir...

A variedade das tapas non é moita: patacas fritas, calamares ou mexillóns... todo coa mesma salsa que podedes ver na fotografía da tapa que nos puxeron a nós. Pero vese que é do agrado do paladar da zona...

Nós só fomos a tomar unha cervexiña, e tivemos sorte de arrimarnos á única esquina de barra que quedaba libre. O pincho, como non podía ser doutro xeito, era dunha das especialidades do mesón: patacas con salsa.


Travesía Pelayo nº2. Ponferrada
Situación
Comentarios (2) - Categoría LE.Ponferrada - Publicado o 15-11-2007 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal