De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Eirado das Margaridas

O Eirado das Margaridas defínese a si mesmo como un restaurante rural. Despois da longa e laboriosa rehabilitación dunha antiga vivenda familiar, Marga e os seus abriron as portas a principios do verán. Aínda que non está ó carón da estrada principal, está moi ben sinalizado, e non hai moita dificultade en chegar a Liñares, que é o lugar de Poio onde se atopa.

Como nos falaran moito do local, pasamos un día por alí a botar un ollo... e a tomar un viño. Viño que, por sorte, acompañaron cun par de anaquiños dunha empanada de xoubas que eu xuraría caseira. É un sitio agradábel marcado polas paredes de pedra e a distribución en diferentes comedores (incluso algún reservado) que o fan moi acolledor.

Aínda non tiven a oportunidade de xantar ou cear alí, pero polo que sei, trátase dun restaurante onde lle dan unha especial importancia ós peixes á prancha e carnes á brasa, e á cociña caseira en xeral.

Imos estrealo xa!


Camiño da Paradela nº5. San Xoan de Poio
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Poio - Publicado o 19-09-2007 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Casa Susa
A Casa Susa é difícil chegar casualmente, está perto do Mosteiro de Poio, pero alonxada do vial que une Pontevedra e Sanxenxo, é preciso desviarse polas "pistas" do lugar para chegar alí.

E non é un bar. Está adicada sobre todo ó servizo de comidas, case sempre por encarga, aproveitando non só o seu pequeno comedor, senon os dous "reservados" dos que dispón. Hei de decir que nunca estiven xantando ou ceando en Casa Susa, así que pouco podo decir da súa cociña.

Pero como teño familiares que viven perto, e como ten unha eira pouco barulleira, Casa Susa paréceme unha boa opción para tomar algo relaxadamente. Estiven un domingo fai quince días, e de pincho había mexillóns en vinagreta, pero teño a idea de que en algúnha ocasión nos puxeron tamén callos.

O peor do local é que se están moi agobiados cos xantares ou ceas poden esquecerse de poñer o pincho.


Avda. Doctor Martínez nº16. O Muiño. San Xoan de Poio.
Situación
Comentarios (5) - Categoría PO.Poio - Publicado o 08-07-2006 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
O bocoi
Poucas cousas poden sentar tan ben un domingo pola mañán que fuxir do sol da praia para tomar unha cervexa ben fresquiña en Combarro; e unha vez alí, ¿onde mellor que en O Bocoi?

Ainda que ten unha terraza pegada ó mar, máis apropiada para degustar unhas tapas, eu gosto máis do interior do local: de pedra, fresquiño, bocois como mesas, un pequeniño lagar... Ben agradable.

E ademáis, poñen un pincho, a miudo de queixo ou chourizo, pero que se hai un pouco de sorte (i eu a última vez que estiven alí tivena) ate poden poñer ¡chipiróns!

O peor, que no verán se enche de turistas, e non hai que poida tomar un viño a gusto.


Rúa do mar nº20. Combarro. Poio.
Situación
Comentarios (4) - Categoría PO.Poio - Publicado o 06-06-2006 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal