De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Dolce Pecado

Non foi por gusto polo que tiven que ir a Vilagarcía o pasado sábado, despedir a alguén nunca é agradábel. Mentres eu lle dicía adeus a unha amiga, Makeijan deu un paseo pola vila con RM, que cada vez empeza a interesarse máis polo que ocorre ao seu derredor. Atoparme de novo con eles quenceume corpo e ánimo.

Por sorte, Makeijan atopara un deses locais aos que nos estamos afacendo a ir cando o RM está con nós: unha cafetería-pastelería. Este é un local grande, cun pequeno despacho de pan e pasteis, mesas altas na entrada e baixas máis ao fondo, preto da televisión.

Tomamos unhas cervexas (a miña sen alcol e a de Mak unha 1906) a 1,5 euros cada unha; e cando xa pensabamos que xa fora sorte dabondo atopar un local de non fumadores, trouxéronnos un pinchiño. Se a isto lle unimos que había wifi, estabamos no lugar case perfecto (sempre haberá algo para mellorar, fixo, que non se me enfade ninguén) para o que nos buscamos nesta etapa da nosa vida, e á espera desa tan cacarexada modificación da lei anti-tabaco que non da chegado.


Avda. Doutor Tourón 30, baixo. Vilagarcía de Arousa
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Vilagarcía de Arousa - Publicado o 17-01-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Loxe Mareiro

Antes de nada, dar grazas a Sole por deixarme meter a man na súa caixa para coller prestada esta foto. A que tiña en principio quedárame fatal, pero é que non me resistía a deixar unha imaxe do local no que puxemos a guinda á V Xantanza.

Unha vez se foron os que querían chegar ó baño e conto de boas noites dos seus raparigos, parecía que os demais non estabamos pola labor de dar por finalizado o día, así que, mentres nos dirixiamos moi paseniño cara onde tiñamos os coches, comprobamos, para ledicia de César e Chus, que o Loxe Mareiro xa abrira as súas portas. Aproveitándonos da súa influenza, e aínda que estabamos a mediados de febreiro, pedimos que nos puxeran unha mesa na terraza (si, á noitiña e en pleno inverno) e gozamos da última copa do día: gin-tonic para os máis afortunados, tónica soa para os que tiñamos que conducir...

A verdade é que era a situación ideal para manter unha desas conversas longas para as que semella que nunca temos tempo, baixo a protección da ría de Arousa. Afeitos como estamos a comunicarnos por medio do correo electrónico, e a saber das nosas cousas polos nosos blogs, resultou realmente agradábel a diferencia de ter tempo para manter unha longa charla na que puidemos comprobar, por sorte, que é algo máis que a nosa afección pola gastronomía a que fai que quedemos de cando en vez.

Así que se a todo iso engadimos a marabillosa tapa de lingua de vaca que nos puxeron, a cousa non puido saír mellor.


Rúa Aduana nº56. Carril
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Vilagarcía de Arousa - Publicado o 05-03-2008 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
La morada
Sempre me chamaron á atención os locais que se van "reciclando" segundo pasa o día. La morada é un deles: podes, dende tomar algo (acompañado co pincho de rigor) mentres ves o partido de turno na súa pantalla xigante, até tomar a última copa da noite. Hai que optimizar os recursos.

O queixo de tetilla e o xamón sempre son un valor seguro nesto dos pinchos. Como só estiven unha vez, non sei se é o habitual, ou vai cambiando segundo o día.

O mellor e o peor: esa pantalla xigante. Xenial para os futboleiros, insufrible para os que non o son.




Rúa de Méndez Núñez nº26. Vilagarcía de Arousa.
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Vilagarcía de Arousa - Publicado o 20-06-2006 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Cafetería Vilagarcía
Eu gosto moito do polo fritido; así que imaxinade a miña sorpresa cando mo topei de pincho nun bar. Ben feitiño, adobadiño, cun lixeiro toque a comino..., até co seu cachiño de pan de acompañamento. Unha orixinal opción para todos aqueles ós que lles gusten os pinchos quentes.

En plena Rúa da Baldosa, cunha boa terraza para os que queiran disfrutar do bo tempo do verán e, de paso, fuxir do mundial nestes días nos que o fútbol nos persegue por todas partes.

O peor, para os que non gusten de lucirse na terraza, que dentro é un pouco estreito.


Rúa da Baldosa nº8. Vilagarcía de Arousa.
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Vilagarcía de Arousa - Publicado o 13-06-2006 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
La Parra
¡Menudo pincho de mexillóns con cachelos! Tiña estado algunha que outra vez tomando unhas tapas, pero arrisqueime a ver se tamén poñían algo de pincho, e tiven moi boa sorte, as cousas como son.

Escapando un pouco do mundo das terrazas que predomina na Rúa da Baldosa, e cando parece que xa non hai onde tomar algo, chegas á Rúa Méndez Núñez, e lévaste estas sorpresas tan agradabeis. Porque se os mexillóns ó vapor son algo xa de por sí interesante, hei de decir que os cachelos estaban de morte; e, as cousas como son, neste noso país de "comedores de patacas", cada vez é máis complicado atopar unhas sabrosas.

O mellor: eses cachelos. O peor: que debeu cambiar de donos e as tapas e os bocadillos non son tan variados coma antes.


Rúa de Méndez Núñez nº28. Vilagarcía de Arousa.
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Vilagarcía de Arousa - Publicado o 11-06-2006 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0