De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Adega Louro Vinoteca
Case ó final do pobo, este é un local no que ainda que poñen pincho, este faise moito de rogar. Así que xa sabedes: nada de presas. Sen esaxerar nada, tardaron como dez minutos en poñernos uns manises e unhas patatillas diante, e cando estabamos xa a piques de sair porque xa case acabaramos a nosa consumición, foi cando vimos chegar á camareira cun pinchiño de pan con chourizo.

Como non vou a miudo non sei se esa é a práctica normal do local, ou foi casualidade que ese día a camareira estivera máis interesada na tertulia cos parroquianos que en facer novos clientes. Con diferencia, a atención pareceume o peor do bar.

O mellor: que se un ten pacencia, o pincho acaba pagando a pena. Supoño que lle haberá que dar unha segunda oportunidade, por se acaso tivemos mala sorte.




Avenida de Dolores Mosquera nº28. Caldas de Reis.
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Caldas de Reis - Publicado o 27-11-2006 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Convido
Certo é que o pincho do Convido non é o mellor de Caldas de Reis, as cousas como son, pero é un local moi acolledor, onde nunca deixan ó cliente sen un pequeno acompañamento para a súa bebida, e onde ás veces o cociñeiro ten gañas de sorprender cun pincho máis orixinal ca de costume. Non foi esa a sorte que tiven a última vez que estiven, pero... non se pode ter todo nesta vida.

Bos viños, e, por encarga, unha empanada ben orixinal de bacalau, raxo e chourizo que recomendo probar (para catro persoas).

O peor que ten é o seu horario ben estricto, é moi fácil chegar alí e que esté pechado. Os mércores é o día de descanso.


Rúa Loureiros nº12. Caldas de Reis.
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Caldas de Reis - Publicado o 17-06-2006 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
La bodeguilla
Unha boa opción se se quere dar unha volta por Caldas de Reis é comezar por La Bodeguilla, ben sinxelo de atopar xa que está na rúa principal (ou sexa, en plena N-550).

Pequeno sitio onde as mesas son bocois (vací­os, supoño), e poñen uns pinchiños xeitosos; sobre todo, tendo en conta que en Caldas non hai moita tradición de pincho, algo que dende fai xa algúns anos neste bar intentan cambiar. Noraboa por iso.

O peor, precisamente a súa situación, polo barullo dos coches que tamén enche o local. Haberá que esperar a ver que pasa cando fagan esa famosa circunvalación da que tantos anos levan a falar.


Avenida de Pedro Mateo Sagasta nº15. Caldas de Reis.
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Caldas de Reis - Publicado o 01-06-2006 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Mesón Cabana
Debo recoñecer que é un local que tiña totalmente esquecido, iso que despois de estar alí lembrei que un estivera xa un domingo fai tempo, e que me puxeran un bo pincho de callos. Pero a empanada de zorza do outro día non ten nada que envidiar a nada; sobre todo, porque era caseira, de panadería, e non tipo "confitería", como agora parece estar de moda na maior parte das partes. Ademáis, o feito de ser ben abundante é un punto máis ó seu favor.

O mellor: esa empanada de zorza, non me podo cansar de repetilo.

O peor: o que me costou atopar o nome da rúa para poñelo no blog.


Rúa Doctor Fermín García nº5. Caldas de Reis.
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Caldas de Reis - Publicado o 27-05-2006 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal