De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

...en Vigo?
Máis dunha persoa, dentro e fora do blog, me ten preguntado algunha vez por Vigo. Se hai sitios de pinchos, se os coñezo, se non estaría mal saber dalgún bar onde puxeran un pinchiño...

Como se non hai cambio de plans, que todo pode ser, teño pensado ir a Vigo un destes sábados, non me viría mal algunha axuda. É unha cidade á que non vou a miudo; e cando o fago, e sempre polas mañáns e por razóns de traballo, así que non teño tempo para adicarme a este meu pasatampo de coleccionar bares con pinchos de balde.

Unha cousiña máis se algúen se molesta en axudar... seriame de moita axuda que xunto co nome do bar, me dixerades tamén a rúa, ou algunha boa referencia para atopalo. Para min, que non a coñezo moito, Vigo é unha cidade un tanto complicada, pero se xa teño os locais máis ou menos ubicados antes de ir, podo irme a unha ou outra zona da vila.

Coma sempre, vémonos de pinchos.
Comentarios (3) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 04-02-2007 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
... en Lugo?
Se o tempo e o traballo o permiten, teño pensado pasar un par de días en Lugo na vindeira semán. Lugo é unha cidade que me gusta visitar alomenos unha vez ó ano; costume que collín alá polos meus anos de estudante, e que fago todo o posíbel por non perder.

Pero este ano teño unha razón a maiores para ir: unha tradición tan importante como a dos viños de Lugo ten que estar presente neste blog, e aínda que xa teño os meus bares preferidos, dende a derradeira vez que estiven, fai agora un ano, pode que moitas cousas teñan cambiado.

Así que, coma sempre, espero as vosas recomendacións, que seguro que son moitas e variadas. Agradecería, eso sí, que xunto cos nomes dos bares me indiquedes, se pode ser, o nome da rúa ou praza, ou algunha referencia para atopalos. Do contrario, corro o risco de andar sempre ás voltas polo mesmo sitio.

Moitas grazas por adiantado. Vémonos de pinchos... en Lugo.

Comentarios (2) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 03-12-2006 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
...en Cambados?
Tiven a sorte, penso que totalmente inmerecida, de recibir unha desas invitacións á "blogoxantanza", ou como se lle queira chamar, que terá lugar o vindeiro domingo día 12 en Cambados. Invitación, por certo, pola que dou as miñas máis efusivas grazas.

Ainda que xa sei que o xantar vai a merecer todo o meu apetito, quería de todos os xeitos aproveitar a visita para tomar un bo albariño nalgún dos bares ou tabernas do pobo; eso sí, sempre e cando vaia acompañado do seu correspondente pincho... de balde, non se pode esquecer tan importante requisito.

Así que agradezo calqueira recomendación que me fagades, xa que Cambados nunca foi un dos meus principais destinos, e as últimas veces que parei a tomar algo sempre foi un café polas mañás.
Comentarios (2) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 07-11-2006 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
...en Sanxenxo?
Se cadra, vou a cear a Sanxenxo o vindeiro venres 9 de xuño, e como fai tanto tempo que non vou por alí, gustaríame saber se, para antes da cea, alguén coñece algún sitio onde tomar algo co seu pinchiño... ¡de balde!

Ainda que sospeito que eso debe ser bastante difícil, a verdade, porque non lembro eu Sanxenxo como un lugar moi de dar nada... senón máis ben de cobralo todo bastante ben. Pero como a esperanza é o último que se perde...

Tamén me serve Portonovo.

Grazas.
Comentarios (1) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 06-06-2006 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
...no Barbanza?
Teño pensado pasar a fin de semán de San Xoan na zona do Barbanza, nunha casiña de turismo rural no concello de Porto do Son. E ademáis de ir á praia e facer as visitas culturais de rigor para coñecer mellor esta zona de Galiza, quería aproveitar para saber cómo é o mundo dos pinchos de balde nesa zona, totalmente descoñecida para mín.

Así que vos pido axuda para que me recomendedes bos sitios en Porto do Son, Portosín, Ribeira, Noia, Corrubedo... ou calquer outro pobo desa zona que se vos ocurra.

Coma sempre, moitas grazas. E decirvos, xa de paso, que se ainda non fixen caso de algunhas das vosas recomendacións é porque non tiven tempo de visitar os lugares que me recomendastes, pero teño todo apuntado para ir en canto poida.
Comentarios (3) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 04-06-2006 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal