Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
... en Madrid? |
|
Se o temporal e os pilotos desa compañía aérea que todos estades pensando o permiten, esta vindeira fin de semana estaremos en Madrid. Temos previsto saír mañá venres a última hora da tarde e estar de volta o domingo pola noite.
E si, xa sei que non pido axuda con moita antelación (con ningunha, en realidade), pero é que entre unhas cousas e outras, practicamente ata onte non soubemos seguro que ao final poderíamos viaxar.
Por experiencias anteriores, previas ao nacemento do blog, sei que en Madrid non abundan as tapas de balde; pero como xa me fixeron chegar algunha recomendación da que espero dar conta, pensei que, ao mellor, alguén sabe de locais nos que, en contra da tendencia xeneralizada, pensen que non hai nada mellor para ter aos seus clientes que darlles un pinchiño.
Certo é que estaremos en Madrid apenas 48 horas, así que non teremos tempo para moito. Pero, por se acaso, calquera recomendación será benvida.
Vémonos de pinchos!
|
|
|
|
en Chipiona (ou arredores)? |
|
Pois aproveitando que cambiamos de coche, que temos uns días libres, e uns amigos con casa en Chipiona, decidimos votarnos á estrada e darnos unha volta polo sur.
A verdade é que coñecemos algo da zona, de cando fai uns aniños (seis ou sete) visitamos un pouco por enriba Sanlucar de Barrameda, El Puerto de Santa María e Rota. Aínda que daquela viaxe non recordo que nos bares puxeran pinchos de balde, igual me engano e alguén me da unha sorpresa ó dicirme que tamén nesta parte de Cádiz se poden atopar uns bares xenerosos que premian ós seus clientes cuns petiscos coas consumicións.
Esta viaxe vai a ser moi pequena: estaremos en Chipiona (que é onde quedamos a durmir) só tres días (de xoves a domingo), así que pouco tempo haberá para facer descubertas, así que calquera axuda será benvida.
A ver se hai sorte, e nos vemos de pinchos! |
|
|
|
... en San Cebrián de Mazote, La Rioja, Zamora ou Ponferrada? |
|
Este ano estanos sendo un tanto complicado coller as vacacións: cando lle vai ben a Makeijan, a min complícaseme todo, e ó revés. Así que pensamos en facer unha pequena viaxe por España, aproveitar para visitar a algúns amigos que temos por aí ciscados, e achegarnos tamén ate La Rioja.
Penso que, dos sitios por onde temos en principio pensado pasar, só en Ponferrada (na mesma provincia que León), temos a posibilidade de que nos poñan algún pinchiño. Polo que sei, aínda que fai xa uns anos que non me cadra a ir por alí, en Zamora hai bos pinchos aínda que de pago. E non coñezo mási que pola súa fama ós de La Rioja... tamén de pago.
Igual alguén tivo máis sorte ca min, e me pode dar algunha idea onde atoparme con algún bo pinchiño de balde; o que prometo, compartirei despois con todos vós.
Quen sabe! Igual nos vemos de pinchos...
|
|
|
|
...en Cambre? |
|
As miñas obrigacións laborais están ocupando o meu tempo nestas dúas últimas semanas de tal xeito que semella que teño isto un tanto abandonado. Pero espero que, a partires de hoxe, as cousas volvan ó seu rego, e lle poida adicar parte do meu tempo a Depinchos.
O Gourmet de Provincias convocou xa oficialmente a III Blogoxantanza, que comezará, tal como quedou instituído a vez anterior, co reencontro dos asistentes nun aperitivo previo. Esta vez, a visita será en A Estación de Cambre, localidade que visitarei (que eu lembre) por primeira vez.
¿Como vai isto dos pinchos en Cambre? ¿Coñece alguén un sitio interesante para que poidamos xuntarnos antes do xantar? |
|
|
|
en Palas de Rei? |
|
Aproveitando a vindeira ponte (e un agasallo de Reises aínda pendente) vou a pasar dous ou tres días en Palas de Rei e os seus arredores. A idea é pasar dúas noites nunha casa de turismo rural en Palas, e dende aí, aproveitar para coñecer un pouco máis esa zona, pola que sempre pasei de longo, camiño doutros lares.
Tendo en conta que se atopa na provincia de Lugo, tan axeitada para isto dos pinchos, espero que a cousa non teña queixa, pero como non teño nin idea de a onde ir, agradecería as vosas suxerencias. Xa postos, co nome da rúa, ou algunha outra referencia para que os bares me resulten bos de atopar. Se non é moito pedir...
Tamén me serven suxerencias de poboacións cercanas, ou que queden de camiño, que nunca se sabe onde pode estar o bo pincho. Por certo, eu vou dende Pontevedra.
Vémonos de pinchos. |
|
|
|
|
|
|
|
|