De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Bambú

Aínda que ó Bambú teño ido nalgunha ocasión a tomar o café cun pincho pola mañá, este era para min un local dos das saídas da tarde, como unha das primeiras paradas antes de que se enchera máis de xente. Acabo de lembrar que incluso unha vez, mentres falaba cos meus compañeiros de que estaba buscando piso, se dirixiu a min unha parella que alugaba habitación, e onde durante algúns meses vivín cun par de rapazas niponas para as cales eu era un ser interesante en tanto en canto puidera preparar unha paella, pero ás que acabei deixando coa boca aberta o día que fixen arroz con leite.

¡Que lembranzas!

Pero ó que ía: a especialidade do Bambú é que, xunto cos de cociña, ofrece uns pinchos de brasa (si, si, de brasa) realmente apetecíbeis... Aínda que o magro ou o chourizo son dúas opcións, a miña primeira elección sempre era a panceta; quizais porque foi neste local (no que tamén se poden tomar unhas racións destas ou doutras cousas) onde a probei así por primeira vez, e porque me parece unha acompañante perfecta para a cervexa...

O prezo máis que razoábel: dúas cañas cos seus pinchos de rigor, 3,40 euros.



Rúa Prior nº4. Salamanca
Situación
Comentarios (0) - Categoría SA.Salamanca - Publicado o 09-12-2007 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Río Tormes

O outro día, por unha serie de circunstancias que non veñen ó caso, e grazas á xenerosidade de Juan e Esperanza que nos deron acubillo, fomos a tomar uns viños a Salamanca.

Facía moito que non ía, así que tiña un certo medo a que ese bo costume de ofertar unha grande variedade de pinchos coa bebida caira en desuso dende que eu non ía por alí, pero enseguida puiden comprobar que non, que alomenos en moitos dos bares, segue a conservarse esta magnífica tradición.

A nosa primeira parada foi nun clásico, o Río Tormes, a apenas uns metros da Plaza Mayor; e que aínda sendo un mesón, ten unha máis que interesante barra de pinchos de cociña... a escoller! Hei de confesar que este era un dos meus bares preferidos cando estudaba en Salamanca para o aperitivo de antes de xantar: quedaba moi perto da facultade, e estaba de camiño á miña casa, así que todos os astros se alineaban para que polo menos unha vez á semana fixera unha paradiña a tomar un bo pincho.

Neta ocasión, optamos polo de bacallau rebozado e un pastel de carne. Do prezo non podo dicir nada, pois foi Juan quen nos invitou, xa que alí foi onde quedamos para tomar algo con parte da súa familia.


Plaza del Corrillo nº20. Salamanca
Situación
Comentarios (0) - Categoría SA.Salamanca - Publicado o 05-12-2007 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Unha boa opción para sair da casa: Salamanca
Este é unha parte dunha "guía rápida" para unha fin de semán en Salamanca que fai un tempo lle fixen a un amigo. Espero que tamén a vós vos axude, se decidides aventurarvos máis alá do Padornelo. Tede en conta que non está debidamente actualizada, e pode que algún dos locais reseñados xa non exista, pero en xeral penso que pode servir:

"...- TAPAS. Ainda que en calquer sitio podedes topar unhas tapas boas, hai dúas zonas máis o menos diferenciadas.

a.- arredores da Plaza Mayor. Agora non me lembro do nome dos bares, e seguro que terán cambiado dabondo. Na propia praza preto da saida cara o mercado hai un que está ben, do que non lembro o nome onde poñen uns pinchos morunos de tapa que están moi bos. Xusto polo lado contrario, saindo pola C/ Prior á man dereita está o Bambú, baixando unhas escaleiras (panceta, magro, chourizo...), que ten racións e igoal sirve tamén para xantar ou cear; non sei se seguirá aberto, pero pola parte de atrás da Cafetería los Escudos, saindo da praza pola C/ Toro, e baixando unhas escaleiras teñen un bar pequeniño (xamón ou lombo). E moi preto hai (coido que C/ Ventura Rúiz Aguilera) hai tamén pinchos de prancha. Tamén no Alhambra, que está na Rúa Meléndez. O lado está o Jero, que é un restaurante carísimo, pero pon uns pinchos (paté de cabracho) que están bastante ben. E o Río Tormes (de pincho, pastel de carne, e tamén para xantar) saindo da praza maior polo Corrillo, un pouco máis adiante do MacDonals, nos mesmos soportais. Nas rúas Bordadores/Condes de Crespo Rascón tamen hai varios que están ben.

b.- Van Dick. A min góstame moito máis esta zona. A quince minutos máis ou menos da Plaza Mayor. Saides de alí pola C/ Zamora (peatonal) até chegar a unha igrexa redonda, e seguides de frente por C/ Torres Villarroel. Preguntade polos cines Van Dick (están ó cruzar a Avda. De Portugal), pasar a mazán dos cines e xirar á dereita. Toda a rúa que baixa e as perpendiculares están cheas de bares. Non me lembro dos nomes, pero xa ides vendo: onde haxa moita xente, entrade. En moitos deles hai pinchos de plancha (costela, chourizo, panceta...), e algún ten restaurante, así que vos pode servir para xantar ou cear. Chegade ate o Café de Chinitas , que ten uns pinchos de cociña moi bos..."

Unha última cousa: en Salamanca, na maior parte dos bares, a tapa elíxea o cliente. ¿Pódese pedir máis?
Comentarios (4) - Categoría SA.Salamanca - Publicado o 11-05-2006 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal