Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Vinos Veterum |
|
 Na rúa Virxe do Camiño de Pontevedra hai un local onde os variados e bos viños que teñen para "chatear" os serven acompañados dun pinchiño xeitoso.
Ademáis, segundo o día, é moi posibel atoparse coa posibilidade dun segundo pincho, o que obriga (hai que ter vista comercial e saber mimar ó cliente), a unha segunda consumición.
Tamén se poden tomar unhas tapas ou xantar. As súas especialidades son o "codillo" e as salchichas alemanas. Unha curiosidade como calquera outra...
O mellor, ese segundo pincho, cando toca.
O peor, quizais a súa ubicación, un tanto apartado do centro da cidade.
Rúa Virxe do Camiño nº28. Pontevedra.
O Veterum pechou a finais do ano 2007; no mesmo local hai outro establecemento de hostelería, ó que me referirei en breve. |
|
|
|
Cafetería México |
|
 Un dos locais máis concurridos da mañá pontevedresa. De luns a venres, porque está perto de organismos públicos, bancos, unha notaría... Sábados e domingos, polos callos.
O mellor de todo: que ademáis de dous pinchiños dunha tortilla ben sabrosa, cada día da semán hai unha cazoliña quente: lentellas, fabas, arroz con polo, carne con patacas, guiso de fideos...
O peor: que coa segunda consumición non poñen pincho; e que polas tardes, xa recurren a cousas máis normáis, tipo olivas ou manises...
Rúa Andrés Muruais nº10. Pontevedra
A Cafefería México pechou en decembro do 2006. O edificio onde se atopaba vai ser derruido. |
|
|
|
|
|
|
|
|