De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Deica outra!
Desta volta, fun eu quen foi quedando atrás. Pouco a pouco deixei de ter tempo para ir tomar viños, para facer as fotos, para anotar cousiñas de cada pincho... e para contalo despois aquí.

E mirade que me prometín unha e outra vez que desa semana non pasaba, que tiña unha morea de sitios dos que falar, que en realidade non é tanto o tempo que leva... pero enganeime unha e outra vez. Como diría o outro, non teño credibilidade ;-)

Quero que saibades que o pasei moi ben, moi moi ben facendo isto. E que rin o meu cando, ao principio, moita xente pensaba que eu un rapaz que estaba a estudar en Santiago, cando os que me coñecedes xa sabedes que non son un home (os outros, enterádesvos agora), e que os meus anos de troula por Santiago remataron moito antes de que os xoves foran historia.

Pero como me gusta comer, e beber, e cociñar, e compartir todo iso cos demais, algo seguirei a facer, aínda que dun xeito máis sinxelo: múdome ao tumblr, e espero que vos pasedes por alí de cando en vez.

Gracias a todos os que algunha vez pasastes por aquí, vémonos nos bares!
Comentarios (0) - Categoría - Os que van quedando atrás... ! - Publicado o 18-03-2013 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 de abril, día dos enganos

Pois iso, que aí seguimos!
Comentarios (0) - Categoría - Os que van quedando atrás... ! - Publicado o 01-04-2011 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus a unha etapa.
Debido as diferenzas irreconciliables xurdidas nos últimos tempos, e que se puxeron de manifesto na última xantanza celebrada apenas fai uns días, hoxe, 1 de abril faise efectiva a disolución definitiva do grupo grupo de afeccionados á cociña coñecido coma os Blogastrónomos.

Esta decisión colectiva, non ten porqué influir na continuidade de cada blog individualmente, nin impedirá que puntualmente podamos coincidir os, dende xa, antigos membros en actividades enogastronómicas.

De todos os xeitos, e para que non xurdan suspicacias e malentendidos, queremos que quede claro que entre nós non existe ningún problema personal, senon que a disolución se debe á dificultade que, para xente tan diferente e con intereses tan diverxentes, supón o funcionamento como grupo.
Comentarios (0) - Categoría - Os que van quedando atrás... ! - Publicado o 01-04-2011 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Mesón A ceifa
Este é un local atopado por casualidade, mentres facía uns recados, pois ainda que é bastante céntrico, non está nas rutas habituais de tendas ou paseo.

Como o seu propio nome indica, adícase a servir comidas, pero precisamente por iso é outro dos bares de Pontevedra onde poñen pincho de cociña; moitas veces, directamente relacionado con algún dos pratos do menú do día. Así que para os que queiran camiñar un pouquiño máis, esta é unha boa opción.

O mellor do local é ese pincho de cociña que vos comentaba.

O peor, penso que o fume e cheiro a tabaco, coido que é un local non moi ben acondicionado neste aspecto, e hai días nos que se nota, sobre todo cando hai moita xente.



Rúa Rosalía de Castro nº38. Pontevedra


Pechou a mediados de 2006; no seu lugar, agora hai unha nova cafetería, que pertence a unha franquicia.
Situación
Comentarios (0) - Categoría - Os que van quedando atrás... ! - Publicado o 12-03-2007 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Malawe
Eu teño unha predilección especial por este bar. O seu dono é un rapaz turco que estivo traballando como camareiro en varios locais da cidade ate que se decidiu a montar o seu propio negocio, onde se poden degustar algúns dos pratos propios da gastronomía do seu país.

Pero ademáis, e se un se achega por alí para tomar un viño ou unha caña (SuperBock, por certo, outro toque de internacionalidade), sempre o acompañan dun pequeno pincho. Xa podían aprender outros hosteleiros da cidade...

Todo esto é o mellor: non sei se haberá en Pontevedra un mellor exemplo de integración.

O peor: que o local é ben pequeno, ainda que ten unha pequeniña terraza no verán.



Rúa do Laranxo nº21-Rúa García Flórez nº16. Pontevedra


ACTUALIZACÍÓN: Polo comentario de Luis, entérome con pena de que o Malawe pechou. Lástima...
Situación
Comentarios (5) - Categoría - Os que van quedando atrás... ! - Publicado o 17-05-2006 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal