De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Taberna do España
Despois dunha tarde do máis relaxada (sesta e chocolate incluidos), quedamos pola noite con César para cear. Como aínda era cedo cando nos veu a recoller ó hotel, demos un paseo e tomamos un viño na Taberna do España (esquecín preguntar se teñen algo que ver co restaurante do mesmo nome, que se atopa cruzando a rúa i entrando na muralla), situado ó lado, por fora, da Porta da Estación.

Gustoume a decoración, coas paredes de pedra semellantes á muralla, tan presente, como non podía ser menos, en toda a cidade.

Seguindo esa tradición non escrita de Lugo, primeiro nos ofreceron un pincho frío, e despois un de cociña; optando, nesta ocasión, polo salpicón e as setas en salsa. Unha cousa está ben clara: ir de pinchos en Lugo é de todo menos monótono, en cada bar ofrecen algo distinto.


Rúa Castelao nº4. Lugo
Situación
Comentarios (1) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 17-12-2006 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Café bar Celta
Entramos na cidade amurallada ó son de Ronda Muralla Puerta Campo Castelo: peatón puede pasar, peón pode pasar, que cantaba o paso de peóns situado enfrente da estación de autobuses; así, durante os máis de sesenta segundos que tarda en poñerse en vermello en calar... Informativo si, pero raiante tamén.

Chegamos a unha das prazas máis bonitas de Lugo: a de Campo Castelo, e atopamos un bar con boa pinta que non coñeciamos. A aventura pagou a pena, por suposto (en realidade, case ningún bar de Lugo decepciona ó cliente neste aspecto): un pincho frío a elexir entre tortilla, empanada de bacalao ou pan con chourizo; e de cociña escollemos mexillóns en salsa e ovo recheo, aínda que nos ofreceron algún máis que agora non lembro.

¡Elexir! Esa é a palabra máxica. Para os que non coñezades Lugo, decir que en todos os bares é o cliente quen escolle con qué acompañar a súa bebida. E ás veces non é nada fácil decidirse...


Praza do Campo Castelo nº5. Lugo
Situación
Comentarios (1) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 14-12-2006 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Mencía Mencía
Apenas dous días en Lugo non dos deu para facer todo o que tiñamos pensado; como, por exemplo, xantar ou cear no Mencía Mencía, recomendada por Manoel Foucellas. Pero como quedaba perto do noso hotel, pareceunos unha boa opción para empezar o traballo de campo para "De pinchos".

Realmente, a decoración do local é sorprendente; sobre todo, tendo en conta que está ó lado da porta principal da Estación de Autobuses, edificio ó que lle fai falla un arranxiño (eu lémbroa dende sempre así). Como tamén chama a atención a tenda de delicatessen á que se accede dende o restaurante.

Na barra, tomamos uns cortiños acompañados duns pinchos de cociña: callos e guiso de carne ben cociñados, así que deixamos pendente probar o que é o restaurante para a próxima visita a Lugo.


Praza da Constitución s/nº. Lugo
Situación
Comentarios (1) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 11-12-2006 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Un clásico: os viños de Lugo
Vexo polos comentarios que hai un clásico para esto dos pinchos: LUGO. Dende fai anos é unha das cidades á que me gusta ir de vez en cando (alomenos, unha vez ó ano), dar unha volta para comprobar que a Muralla segue en bo estado, e tomar uns viños paseando pola súa zona vella.

A derradeira vez que estiven foi en decembro, pero como daquela non tiña pensando facer este blog, adiqueime simplemente a visitar os bares de sempre, e tamén a descubrir locais novos. Pero como o Mencía chega un momento que nubla a memoria... pois non lembro nin nomes nin enderezos. Polo menos, non tanto como quixera.

Por iso, está pendente dun "especial", en canto teña unha fin de semán para ir por alí e comprobar que todo segue coma sempre, ou quizais mellor...
Comentarios (7) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 03-05-2006 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal