De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

A xarra
Algúns dirían que é o local de viños perfecto: unha barra amplia, e pouco sitio para que os clientes se acomoden.

Penso que este bar non o coñecía, coido que o tería lembrado, pois é bastante estreito, ten entrada pola Rúa Nova e tamén pola praciña de atrás (da que non lembro agora o nome), e a parede de enfrente da barra é toda de pedra semellante á da Muralla. Por algunha razón que non logro entender, a xente deixa moedas de céntimos nas rendixas que quedan entre as pedras. Xa o teño visto noutros sitios, como no Abellá de Santiago, pero nunca preguntei a qué se debía este costume... nin sei quen queda despois cos cartos.

Reciben na barra con pipas e manises; e iso que os pinchos son boísimos. Fríos: tortilla, ensalada de polbo (moi boa) e queixo. Quentes: polbo á feira, beicon e chipirón á prancha.

Pincho este último que tivo tanto éxito, que aconsellados por César incluso nos atrevemos a pedir un bocadillo. Ummmm. Boísimos os chipiróns.


Rúa Nova nº20. Lugo
Comentarios (2) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 07-02-2007 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
O pote
O pote chama a atención pola súa moderna decoración, con moita presenza de madeira, pedra e pizarra. Sobre todo notarán a diferencia todos aqueles que o coñeceron antes da reforma, na maior parte estudantes que lembrarán non sen certa nostalxia os prezos baratos e a fartura dos pinchos.

O ambiente agora é ben distinto: semella ser un dos locais da xente guapa de Lugo. ¡Quen sabe! Igual son aqueles mesmos universitarios incorporados xa á vida laboral, e que pasaron a mellor fortuna.

Penso que foi dos poucos bares de Lugo nos que non poñen pincho frío, se non só de cociña. Nin lembro o que nos ofreceron (aínda que penso que non foi dos locais onde máis opcións nos deron); pero si que nos decantamos pola albóndiga e o guiso de carne, que estaban bastante bos, como non podía ser menos nesta cidade...


Rúa do Miño nº11. Lugo
Situación
Comentarios (1) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 31-01-2007 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Antas de Ulla
Antes da reforma chamábase O Porrón, i era un dos principais destinos dos universitarios nos viños de Lugo. Pregúntome cantos aprenderían alí a beber por tan extraño artiluxio...

Agora (descoñezo se tamén con cambio de donos), un novo nome recibe ós clientes debaixo dos soportais da Praza do Campo.

As tapas, do melloriño: bolo preñado (de poucos meses, eso sí) e unha das mellores tortillas que probamos no noso paseo por Lugo, na sección de fríos; e de pinchos de cociña zorza e lentellas que tampouco estaban nada mal. Ademáis, e por se fose pouco, uns manises na barra.

¡Este pobo é un escándalo! decía Makeijan. Non, decía eu, o escándalo é o que gañan os hosteleiros de moitas outras cidades onde non teñen nin un detalle co cliente. Porque algo é certo: os bares de Lugo non perden cartos, nen moito menos, agasallando con tan bos pinchos ós que entran pola porta.


Rúa do Río Miño nº3. Lugo
Situación
Comentarios (0) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 28-01-2007 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Doze badaladas
Non, o z do nome non é unha errata, senón que é así como se chama este local.

Outro clásico renovado ó lado da Praza do Campo, lembro entrar neste bar a tomar algo dende a primeira vez que estiven en Lugo da viños, fai xa... non quero nin lembrar cantos anos.

Agora, remodelado, é unha boa opción para probar algo distinto nos viños de Lugo. Esta vez, por exemplo, tivemos a oportunidade de tomar unha copa de Priorat, que penso que nunca atopara deste xeito. E de mercar lotería de Nadal (que non nos tocou, por certo), mentras na televisión informaban por enésima vez no pasdo outono de enchentes perto da nosa casa que, felizmente, nos libramos de padecer.

De pincho, a doble opción de frío (empanada e xamón) e quente (chícharos con xamón e callos), que tanto abunda na cidade, e que tan ben senta no bandullo.


Rúa do Miño nº12. Lugo
Situación
Comentarios (1) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 23-01-2007 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
A adega
Dende que acostumo a ir por Lugo, e fai xa bastantes anos, na Praza do Campo sempre hai algún edificio en obras, e non sei se vin a fonte con auga algunha vez.

A renovación da praza e dos seus edificios está chegando tamén dende hai un certo tempo ós locais de restauración, e A adega é un dos primeiros que foi reformado. De feito, penso que na primaveira fará sete anos que estiven ceando alí con Makeijan.

Como o seu nome fai doado supoñer, é unha adega onde o viño ten moita presenza; e, como non podía ser menos, tamén os queixos i embutidos. O pincho que poñen é frío: queixo, xamón, chourizo..., pero de moi boa calidade. En calquera caso, nós este día optamos por tortilla e empanadilla, ambas caseiras. Bótase de menos ese pincho quent doutros bares, pero eso queda compensado co feito de que é outro dos bares da zona de non fumadores.


Praza do Campo nº4. Lugo
Situación
Comentarios (0) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 11-01-2007 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal