De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

A tasca

É este un bar que lembro dende as miñas primeiras incursións polos viños de Lugo, van xa aló uns ...tantos anos. Así que fago por voltar sempre que podo, e na miña última visita, fai xa uns meses, atopeime coa grata sorpresa (xa me chegaron críticas por iso, pero síntoo: eu non fumo) de que se trata dun bar de non fumadores. Penso que xa comentei aquí que, en comparación con outras cidades ou pobos, en Lugo atopámonos con bastantes bares de non fumadores.

Ou sexa, que agora teño unha razón máis para ir por A Tasca nas miñas vindeiras visitas a Lugo. E digo unha máis, porque os seus pinchiños morunos sempre foron do meu agrado. E conste que con iso non quero dicir que os demais pinchos (fríos e de cociña) non estean bos, pero un é animal de costumes...

E como sempre atopo cousas curiosas neste bar, pois como que me fai gracia seguir indo. Refírome, por exemplo, ó costume da xente de tirar servilletas e palillos ó chan, ou ese outro de deixar os paraugas fora do paraugueiro.

Certo que tamén é un chisco máis caro ca outros, pero paga a pena.


Rúa da Cruz nº3. Lugo
Situación
Comentarios (3) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 11-05-2007 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Verruga

O Verruga é un dos restaurantes de sempre máis coñecidos de Lugo; ó que axuda, supoño, a súa magnífica situación en pleno centro da zona de viños. Hei de confesar que eu teño un certo aprecio a este sitio, e non só pola súa cociña, igual de tradicional que de boa (a calidade do producto é fundamental), senón tamén pola boa atención ó cliente. E todo, dende que un día, fai xa uns cinco anos, entramos pola porta pasadas as catro coa esperanza de poder picar calquera cousa xa, e nos invitaron a pasar ó comedor coa mesma tranquilidade que se foran as dúas da tarde. Ate postre, tomamos.

Para tomar os viños, o Verruga é un pouco máis caro que os bares da zona, e iso nótase na idade e nos ropaxes dos clientes (moita dona con abrigo de pelexo no inverno, por exemplo), pero paga a pena.

Os pinchos son os clásicos fríos e de cociña. O camareiro non nos entendeu ben, e trouxónos mexillón en vez do chipirón que lle pediramos, pero en lugar de cambialo, o que fixo foi traernos o outro pincho tamén.

E todo esto, mentras nos entretiñamos coa evolución duns camaróns na cetárea. Unha festa.


Rúa da Cruz nº12. Lugo
Situación
Comentarios (3) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 08-05-2007 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Bar Anda
Ou bar-anda, como reza o cartel da porta do bar, aínda que no que está colgado da parede aparece como título deste artigo. Un xogo de palabras, supoño.

Este é un clásico ó que imos sempre, aínda que é dos poucos nos que só poñen pincho frío, pero ese lacón frío do que nunca me cansarei de falar ben paga a pena. Como tamén entrar de cando en vez nestes bares de toda a vida, que dende sempre ofreceron un pequeno agasallo ós seus clientes en forma de pincho, e grazas ós cales a zona dos viños de Lugo se fixo coa inmellorábel fama que agora ten.

Nótase, de todos os xeitos, que estes sitios empezan a perder clientela por non modernizarse, pois a verdade é que hai diferencia na cantidade de xente que e atopa un nuns e noutros.

O prezo da consumición, todo hai que decido, tamén é algo inferior á de outros locais da zona; aínda que, todo hai que decilo, Lugo non é precisamente unha cidade cara para saír de viños... sobre todo, se temos en conta a calidade dos seus pinchos.


Rúa da Cruz nº7.
Situación
Comentarios (0) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 25-04-2007 06:02
# Ligazón permanente a este artigo
Las cinco vigas
A Rúa da Cruz merecería, ó igual que a Rúa Nova, un capítulo especial, pois en case todos os baixos desta pequena podemos atopar un bar. Así que é unha opción bárbara para un día de chuiva ou de moito frío, e con poucas ganas de andar...

Este é un local dos de sempre, con moita madeira vella i ennegrecida que o fai un pouco oscuro quizais; pero tanto ten. Fixemos caso da camareira que nos dixo que dos pinchos de barra a tortilla estaba recén feita (e moi boa tamén), e probamos tamén as patacas fritas con pementos. Ademáis (¡qué bonito costume!, non me fartarei de decilo) ofrecéronnos tamén pinchos de cociña, dos que escollemos callos e ourella.

Por certo, que ó saír, atopamos nuns carteis que anunciaban algo así como "A vinganza do porco, ceas veganas". Mirámonos, non sentimos ningún remordemento polas delicias de porco que viñamos de catar, e dirixímonos tranquilamente ó seguinte local.


Rúa da Cruz nº5. Lugo
Situación
Comentarios (1) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 11-04-2007 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cervecería A fábrica
Esta é unha boa opción, por exemplo, para rematar unha noite polos viños de Lugo, pois se un anda aínda con fame (o cal non é moi doado), ten unha boa parte do local adicado a restaurante.

Nos pinchos fríos, decidimos probar a salchicha con pementos, e, como en tantos outros, ese lacón que tan espectacularmente preparan en Lugo. Pero non só neste local, senón na maior parte dos bares. De feito, só dende hai relativamente poucos anos se serve o lacón frío fora dalí. Unha delicia. En canto ós pinchos de cociña: ensalada de polbo, albóndiga e costela guisada.

A pesares de ser unha cervexería, neste local hai tamén unha certa variedade de viños para elexir con que acompañar... os pinchos. Porque en Lugo ás veces semella que é a bebida a que acompaña ós pinchos, e non ó revés...

O mellor de todo foi que cando saiamos dalí, case ás doce da noite, aínda seguían ofrecendo pinchos de cociña. Eso sí que penso que non o vira nunca... nen sequera en Lugo.


Rúa Nova nº15. Lugo
Situación
Comentarios (5) - Categoría LU.Lugo - Publicado o 07-04-2007 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal