De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

La cava
Descubrimos esta interesante vinoteca fai case un par de anos, a primeira vez que estivemos en León de fin de semán. Despois dun paseo á beira do Bernesga ate chegar ó maxestuoso Parador de San Marcos, voltamos ó centro da cidade buscando o restaurante que nos recomendaran para xantar (ó que, por certo, non fomos porque estaba pechado) cando atopamos La Cava, e pareceunos unha boa opción para tomar un viño.

Aínda que estaba cheo de xente, conseguimos de milagre un sitio ó lado da cristaleira. Dende alí, nunha das ventás da segunda ou terceira planta do edificio de enfrente, vimos a dous velliños que nos chamaron moito a atención. Estaban cada un nunha folla da ventá, mirando á rúa, arreglados para saír, sen falarse e sen ollar o un para o outro; demos por feito que esperaban ós seus fillos, que os irían a buscar para xantar, pero cando salimos do bar, aínda seguían alí. Desta volta, xa non os vimos; e iso que era o mesmo día e case a mesma hora. Pregúntome que sería deles...

Así que, como non estaban, concentramos a nosa atención no local en sí. Como vinoteca, non só se adica á venda de viño(perfectamente exposto na cava da segunda planta), senón que tamén se pode mercar todo tipo de complementos relacionados co mundo do viño (copas incluidas) e puros.

Ademáis, está o bar, no que tomamos uns viños de la tierra (en León non son "do país") acompañados dunhas rebanadiñas de pan con champiñóns ou atún e queixo, unha para cada un. Non é o mellor pincho que tomamos en León, certo, pero a posibilidade de tomar un viño diferente tamén paga a pena.


Rúa Santa Clara nº6. León
Situación
Comentarios (0) - Categoría LE.León - Publicado o 21-01-2007 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Sevilla
O Sevilla é un dos primeiros bares que un se atopa cando dende a Calle Ancha quere entrar no Barrio Húmedo, o que lle da, como é lóxico, un estatus especial.

A barra no centro, en forma de U, fai que os clientes se sintan atraídos polos numerosos e variados pinchos cos que agasallan, dun xeito basante farturento, a quen se achega ate alí. Para min, o mellor é o de patacas fritas tipo "chips" pero caseiras, que aderezan cun chisco de pementón doce. Realmente boas, e que normalmente non faltan no fondo do plato.

Outra curiosidade de local, xusto ó entrar pola porta, é a tapa dunha alcantarilla. ¡Si, si, dentro do bar hai unha alcantarilla! Como nos podía a curiosidade, preguntámoslle ó camereiro se era un motivo decorativo, e cal non foi a nosa sorpresa cando nos dixo que a usaban... como almacén, e para meter os barriles de cervexa. Agora me pregunto se será verdade ou nos estaría tomando un pouco o pelo...

O Sevilla é un dos meus bares recomendados do Barrio Húmedo; e abofé que hai moitos...


C/ La rúa nº4. León
Situación
Comentarios (2) - Categoría LE.León - Publicado o 19-01-2007 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Luniega
Pasamos os dous últimos días do 2006 (aínda que voltamos a tempo para a familiar cea de Fin de Ano) en León; cidade que, se non coñecedes, vos recomendo para pasar unha boa fin de semán. E non só polos pinchos, que conste.

Aínda que ese sexa tamén un dos bos reclamos da cidade, e o perfecto punto final a unha visita cultural que non pode esquecer as fermosas vidrieiras da catedral.

O noso periplo polo tolo mundo dos pinchos empezou nesta ocasión no Luniega; lugar ó que en realidade iamos coa esperanza de xantar, pero unha vez chegados alí, ó non teren mesa reservada (non pensamos en que era o derradeiro venres do ano) tivemos que conformarnos con tomar un viño na barra; eso si, acompañado dun pincho bastante xeitoso de pan de bola con queixo e xamón.

O feito de que a parte adicada a bar sexa un local relativamente pequeno que se atopaba cheo de xente (e moita fumadora, que máis parecían chimeneas que outra cousa) fixo, todo hai que decilo, que non quedaramos alí máis tempo do necesario.


Rúa Joaquina Vedruna nº8. Léon
Situación
Comentarios (1) - Categoría LE.León - Publicado o 14-01-2007 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal