De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Bacanal
A breve visita na procura de pinchos por León tivo un final realmente apoteósico coa nosa visita ó Bacanal. Vale, polo nome pode parecer outra cousa, pero dou fe que é unha boa opción para tomar unha cervexa, acompañada de patacas fritas cunha salsa tipo ali-oli e champiñóns á prancha.

Pola noite, convertese en local de copas, e ben concorrido, por certo.

A cousa empezou cando me atopaba facendo fotos ós pinchos, pois o dono deuse conta e me preguntou todo alporexado: ¿no serás de Sanidad? Tranquiliceino, e alonxeime cos meus acompañantes un pouco da barra ( ateigada de xente)para tomar as nosas consumicións e os pinchos nunha esquina do local. Alí chamáronnos a atención os numerosos carteis de competicións de Loita Leonesa, onde aparecían as fotos non só dos "corros de campeones" (diferentes idades e categorías), senón tamén as dos árbitros. Curioso.

Cando fun a pagar, o dono do local volveu a comentar o das fotos, así que lle contei un pouco por riba a historia deste blog: a miña afección ós locais onde poñen un bo pincho, que me pareceu unha boa idea telos fichados dalgún xeito, que só falaba dos locais que me gustaban por algo... todo o demais que aquí vedes. Entón ¡non me cobraba! dixo, ó que me neguei rotundamente, por suposto. Así que despois dunha pequeno discusión, o bo home colleume os cartos, pero empezou a servir outra ronda de bebidas (eramos catro) e unha dobre de pinchos.

¡Non cabía dentro de min coa emoción.! Era a primeira vez que este blog non me custa cartos...



Rúa Misericordia nº1. León
Situación
Comentarios (5) - Categoría LE.León - Publicado o 31-03-2007 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
La bicha
Como non podía ser doutro xeito, unha visita pola zona de viños e tapas de León non é completa ata que un se enfrenta a unha boa morcilla leonesa; e para min, a mellor de todas é a que se pode tomar en La Bicha.

Nin sei cantas veces pasamos en dous días por diante do local, e sempre estaba ate os topes. Certo que é un sitio pequeno, moi pequeno. Á esquerda, ó entrar, detrás da barra pódese ver como a morcilla, e algún que outro manxar máis se está a facer na prancha... Non hai nen mesas nen cadeiras (non hai onde poñelas), así que a única posibilidade para apoiar os pratos coas racións é nunha pequena barra de non máis de trinta centímetros de ancho que se atopa pegada á parede á esquerda.

De como conseguimos entrar no local, e as peripecias que nel vivimos xa falou no seu día Makeijan. En canto ós pinchos se refire, puxéronnos un chourizo ó viño de vicio (lástima de pan, de moita menos calidade que o que poñen coas racións, untado en manteiga e á prancha, ummmm), do que demos boa conta mentras esparabamos pola morcilla. O mellor foi que cando pedimos unha segunda ronda de bebidas, aínda que xa estabamos coa ración, voltáronnos a poñer pincho.

Por algo está sempre ate os topes...


Praza de San Martín nº4. León
Situación
Comentarios (1) - Categoría LE.León - Publicado o 25-03-2007 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
La competencia Mulhacín
La Competencia Mulhacín é orixinal polo seu nome, pola decoración que dalgún xeito recorda a cultura árabe, e, fundamentalmente, polo seu pincho: pizza. Iso si, unha pizza feita por eles, cunha masa das máis finas e crocantes que teño probado.

Aínda que nunha pequena parte do bar hai mesas onde tamén se pode comer, os seus donos teñen outro restaurante, tamén pizzería, noutra rúa da cidade, o que indica á claras do predicamento de que goza entre os parroquianos.

De feito, o bar está sempre cheo de xente, e achegarse á barra a pedir e a coller o pincho é case imposíbel. De todos os xeitos, nesta última visita que fixemos estaban a piques de pechar, e o camareiro estaba botando un pitillo detrás da barra; algo moi pouco profesional, ó meu entender.

De todos os xeitos, o máis curioso é que se pode entrar dende a rúa Mulhacín, e saír, subindo as escaleiras, por La competencia, e tomando así antes de chegar definitivamente á rúa un pincho distinto nun local totalmente diferente.

Rúa Mulhacín nº8. León
Situación
Comentarios (3) - Categoría LE.León - Publicado o 18-03-2007 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
La competencia
Coñecía este bar de fai anos, e como quería ensinarllo a Makeijan (que non entendía tanto empeño en ir a un lugar determinado nunha cidade con tantas boas opcións), non sei cantas voltas demos polo laberinto que é o Barrio Húmedo, ata que ó final conseguín atopalo. Máis por casualidade que outra cousa, todo hai que dicilo...

En apariencia, non é un local nada atractivo: unhas pequenas escaleiras nos levan a un local velleiro e pequeno, cunha barra non demasiado grande, e unha diminuta cociña onde, eso sí, preparan un dos pinchos máis farturentos da cidade: patacas fritas con bacon.

Como é fácil supoñer, está sempre cheo de xente, polo que ás veces ten a súa dificultade dar conta á vez da bebida e do pincho, pero paga a pena o esforzo.

O mellor de todo é que se pode saír xa outra rúa; pero antes de chegar a fora, só con baixar as escaleiras, un entra en La Competencia Mulhacín. Ou sexa: dous bares en un, con decoración, personal... e pincho totalmente diferenciados. ¿Quen pode mellorar isto?


Plaza Matasiete. León
Situación
Comentarios (3) - Categoría LE.León - Publicado o 14-03-2007 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
H2O
Non sei porqué tiña eu a idea de que este era un bar de copas (igual é dos reconvertibeis, non o sei), pero ó pasar por alí sobor a iso das nove da noite e ver que estaba ata as ourellas, non nos quedou maís remedio que facernos un oco o fondo do local, e ter así a oportunidade de tomar un pincho realmente bo: pan con xamón.

¿Quen se pode resistir a algo así? Vale, xa sei que agora haberá algúen como co da empanada, que non lle guste o xamón; pero sinceiramente, eu non o podo entender.

A importancia que no H2O lle dan ó pincho ben impresa incluso nas servilletas de papel: "en este bar la tapa tiene un nombre: nosolopan". E de certo, non era só pan o que nos puxeron. Só de lembralo xa me entran as ganas de voltar por alí... e iso, aínda a risco de ter que pelexarme co resto dos clientes para ter un oco onde meterme.



Rúa Zaparerías nº14. León
Situación
Comentarios (0) - Categoría LE.León - Publicado o 10-03-2007 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal