De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Senra
Local recén aberto na Praza de Galicia de Santiago, onde poñen o pincho máis espectacular que vin en anos, penso...: un pinchiño de tortilla, e ¡unha pequena espetada de polo!. E por se iso non fose xa bastante bo (xa lles gustaría a outros...), un chisco despois ensaladilla caseira. ¿Pódese pedir algo máis? Decoración moderna pero sobria, vaixela de deseño; ou sexa, que ó igual que todo o que ten que ver coa gastronomía, o mundo dos pinchos tamén evoluciona. O mellor: a chegada do "deseño" ós pinchos.

Foi tanto o que me chamou á atención este local, que xusto agora non se me ocurre nada negativo que dicir; ainda que sei de sobra que algo haberá que se poida mellorar.

ACTUALIZACIÓN: Polos vosos comentarios vexo que este sitio cambiou "de política", o cal, evidentemente é unha mágoa. Síntoo moito.




Rúa da Senra nº4. Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (7) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 24-05-2006 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Restaurante Xantares
Non sei se leva ou non aberto moito tempo, pero para min é un descubrimento recente. En plena Rúa do Franco, onde é ben doado saír do paso con calquera cousa dado a cantidade de xente que a diario pode visitar o local, aquí moléstanse tamén en quedar ben co cliente: olivas e mexillóns en escabeche para empezar, e un pouco despois, outra tapa máis. A min tocoume lacón cocido, ós do lado un arroz "tres delicias".

A súa situación, camiño da catedral, é á vez o mellor e o peor deste local: é fácil de atopar... pero tamén de que se encha de xente.


Rúa do Franco nº40. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 22-05-2006 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
San Clemente
Se Santiago de Compostela é quizais a mellor cidade galega para ir de pinchos, o San Clemente é, dende fai xa moitos anos, un dos seus mellores exemplos. I é que, segundo o día, e ademáis de unhas olivas aliñadas bastante respetables e croquetas, ainda lle dan ó cliente a posibilidade de tomar un pincho máis a escoller entre varios (ensaladilla, arroz ou salpicón de atún, por exemplo). Así que é moi difícil pasar por alí e non sair satisfeito.

Eso é o mellor.

O peor: que non sempre ofrecen ese outro pincho a maiores, eso depende do camareiro que a un lle toque. Un pouco feo, ¿non?.




Rúa de San Clemente nº6. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 18-05-2006 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Bar Abellá
Ou Abella, a verdade é que non sei cómo se chama en realidade. Avergóñame dicir que non o coñecín durante a miña vida de estudante, se non despois, un día que fun co meu curmán Vicente de cañas. E iso que é un local "de toda a vida" na Rúa do Franco.

Bar de tapas e bocatas. Pero coa consumición poñen un pincho de patacas con carne fritida realmente exquisito. O mellor do local.

O peor é precisamente a cantidade de xente que sempre hai.

Unha curiosidade: un día atopei alí a Chico Ocaña, o líder de "Mártires del Compás", xusto antes de ir ó seu concerto.


Rúa do Franco nº30. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (6) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 28-04-2006 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal