De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Avión
Teño que confesar que non son unha persoa especialmente constante, así que para min, chegar ó artigo núnero 50 é todo un logro. Logro ó que, por suposto, non sodes alleos todos os que con máis ou menos frecuencia vos asomades por aquí.

Así que para celebralo, ¿qué mellor que un marisquiño? Foi Miguel Vila quen me descubriu a existencia do Avión. Seica estivo por alí un día, por casualidade, e lle puxeron dous pinchos espléndidos: unha fabada caseira e pisto de calabacín con ovo cocido. E que viu un cartel no que poñía algo así como "e os venres nécora".

Na primeira oportunidade que tiven de ir a Santiago un venres, o primeiro que fixen foi, como é lóxico, ir ó Avión. E puiden comprobar como o que me contaran era certo: de pincho puxéronnos unha nécora a cada un; pero tamén algo de xamón e queixo. Impresionante.

Non deixedes de pasar por alí: e un bar dos de toda a vida, atendido polos donos, e quizais por iso coidan así a atención ó cliente. Bos pinchos a un prezo máis que razoable. ¿Que máis se pode pedir?


Rúa da Rosa nº6. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 12-09-2006 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Casa Pepe
Totalmente descoñecido para mín, senteime na súa terraza por casualidade... e porque vin que poñían un pincho xeitoso, as cousas como son. Un taquiño de queixo e uns mini-bocadillos de salchichón non son como para desprecialos, a verdade.

As vistas á igrexa de San Agustín e á Praza de Abastos son un valor engadido, que fan que Casa Pepe (moi perto do famoso Cabalo Blanco) sexa un lugar recomedabel. E iso, pese a que os prezos, alomenos na terraza, non son módicos precisamente.

Curiosidade: como a terraza está situada en costaneira, as mesas teñen unhas patas máis largas ca outras, para conseguir a horizontalidade e que as cousas non caian. Simpático. Hai que pensar en todo.

Do interior do local non vos podo contar nada, pois nin sequera entrei. Estábase tan ben fora...




Cantón de San Bieito nº5. Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 16-08-2006 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Raíces Galegas
Perto da remodelada Praza Roxa de Santiago (¿alguén entende a cascada esa da Costa das Camelias?), este é outro dos locais onde lle dan ó cliente a posibilidade de escoller o acompañamento da súa bebida: ourella, ensaladilla ou zorza. Ou sexa, para tódo-los gustos.

Esa é unha das mellores cousas do local, esa posibilidade de escoller o pincho; non é algo tan espectacular como pasa noutras cidades (Salamanca, por exemplo), pero é un bo síntoma de que se intenta cuidar ó cliente. O peor é que, en plena Rúa Nova, segundo qué días e a qué horas, pode resultar complicado entrar.

Decir, por último que o Raíces é unha boa opción para coller folgos cun dos seus xeitosos bocadillos.



Rúa nova de abaixo nº36. Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 17-07-2006 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cabalo Blanco
Estiven en Santiago para asistir á presentación de galiciagastronomica.com (grazas Miguel pola invitación), e tiven que deixar a deliciosa degustación de productos galegos que serviron nun dos claustros do Hostal dos Reis Católicos para coñecer o Cabalo Blanco antes de voltar á casa. Xa vedes que as suxerencias non caen en saco roto, e fago caso delas en canto podo.

Certo que o pincho é espectacular, non se pode negar: empanada, croquetas, sandwich, e unha ourella ben boa. Relmente bo, sobor de todo a ourella.

Pero tamén hai que decir que, dalgún xeito, esa diferencia cos pinchos de outros bares vai incluida no prezo da consumición: por dúas cañas de pé na barra cobráronnos tres euros con vinte, o que me pareceu bastante caro para esta zona, as cousas como son...



Rúa da Peixeiría Vella nº5. Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (3) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 30-06-2006 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cibeles
Outro clásico, que non sei ben por qué relaciono coa ensaladilla, ainda que había ben de anos que non entraba neste sitio. Así que non teño moi claro se é un recordo real, ou non.

Eu fun á hora de xantar; ou sexa, cando xa case todo o mundo estaba xa nas súas casiñas, así que cheguei un pouco tarde. Ainda así, non houbo queixa: "trisquis", olivas, mexillóns en escabeche (moi bos por certo), e un "segundo prato" a base de pan con xamón. ¿Quen chega así a xantar á casa á súa hora?

O mellor: ese segundo pincho, máis ou menos a metade de consumición.

O peor: as olivas, sen oso, ben cativas. Desmerecen ó resto dos pinchos.
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 25-05-2006 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal