De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Santiago (é)tapas

Das tapas que, como xurado, tiven a oportunidade de probar no concurso que ven de celebrarse en Santiago de Compostela en días pasados, esta foi a miña favorita. Por sinxela, por enxebre... e por saborosa. Os berberechos con patacas panadeira e cebola do Mesón de Lázaro foron toda unha sorpresa, e aínda que non foi a gañadora absoluta do certame, fíxose co galardón ao mellor maridaxe con cervexa.

Non puiden probar a tapa gañadora: a sardiña de San Xoán con pementos de Padrón do Acio foi, ao entender do xurado, a mellor tapa do concurso. Non tiven a ocasión de catala como xurado; pero como me falaran (e moi ben) dela, un dos días que me acheguei a Santiago a exercer de xurado, unha vez rematada a tarefa que me levou ate alí, fun con outros dous membros do xurado a propósito a probala (baixo a choiva, sen paraugas...), pero non puido ser porque xa rematara a hora de servizo das tapas do concurso. Unha mágoa...

Ao non vivir en Santiago, non puiden comprobar o calado que no público tivo este certame; máis todo parece indicar que foi todo un éxito. E non só pola participación dos hostaleiros da cidade (45 locais e 113 tapas), senón tamén pola acollida da xente (seica se pediron unhas 20.000 tapas nas dúas semanas que durou o concurso), que parece que gozou moito deste evento.

Así que non podo senón felicitar aos organizadores do concurso, aos locais de Santiago por entrar ao xogo, aos clientes (composteláns e non) por prestarse a moverse por toda a cidade a probar tapas novas e non tan novas... e a quen pensou en min como parte do xurado.

Só unha cousiña máis: non me gustaría que, pese ao éxito deste concurso, os locais de Compostela que teñen ese bo costume de agasallar aos seus clientes con pinchos de cortesía se esquezan de facelo. Pinchos de balde e tapas de pago non son incompatíbeis, nen moitísimo menos!
Comentarios (1) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 20-07-2008 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Garum

Agora que ós blogs de temática gastronómica lles están a chover as críticas por parte dos profesionais do sector (gustaríame saber que pasa noutros ámbitos, como o cine ou a literatura, por certo...), lembro unha conversa que sobre esta cuestión tivemos xa algún tempo atrás o Gourmet de Provincias e máis eu.

Estabamos no Garum, un local algo alonxado da ruta dos turistas; pero que de seguro é visitado a miúdo pola xente que vive en Santiago, precisamente por esa maior tranquilidade da que se pode gozar nesa parte da cidade. Nós estivemos un día de semana, antes de xantar, e a esa hora había pouca xente; máis puidemos gozar non so da charla senón tamén do pincho de lombo que vedes. Bastante bo, a verdade. Como xa foi fai algún tempo, non lembro o que nos cobraron, máis non recordo que me chamar a atención por ter un prezo excesivo.

Por certo, que o tema en cuestión será obxecto dun interesante (supoño) debate no Encontro de Bloggers Enogastronómicos que terá lugar dentro do programa do Forum Gastronómico de Santiago o vindeiro 18 de febreiro. Hoxe mesmo se confirmou a asistencia do mesmo Ferrán Adriá a este encontro.

Xa vos contarei o que alí se fale.


Praciña do Penas nº1. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 29-01-2008 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
A Gamela

Un paseo por Santiago sempre é algo agradábel.

Se ese paseo é polos arredores do espectacular mercado de abastos a última hora da mañá dun día de choiva, pois mellor que mellor.

Aínda que lixeira, a choiva serviunos como escusa perfecta ó amigo Gourmet de Provincias e a min para entrar a tomar algo en A Gamela. Non coñecía este pequeno local da zona vella de Santiago, e iso que seica é iso que é un deses bares que leva aberto moitos anos, aínda que agora pasou por uns pequenos arranxos.

Agradécese o pincho quente que nos puxeron, de pan con panceta recén feita; máis como xa tiñamos previsto ir a xantar, non nos atrevemos a probar as setas, que preparadas de diferentes xeitos son a especialidade da casa. Iso queda, como tantas outras cousas, pendente para outro día.


Rúa Oliveira nº5. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 28-09-2007 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Yunque

O outro día estivemos en Santiago para visitar a Isabel e Marcos, cos que non sei nin canto tempo que non estabamos, e ós que boto moito de menos dende que se foron a vivir aló... Como tamén boto en falta aquela semi-competición culinaria que nos marcaramos, e na que uns e outros tentabamos sorprendernos mutuamente cada xoves con algo mellor cada semana.

As obras no piso dos nosos amigos fixeron que desta volta non puideramos gozar do seu bo facer na cociña, así que saímos a xantar. Antes, e como saben desta miña afección polos pinchiños, leváronme a un sitio novo para min: o Yunque.

Este bar atópase na Rúa das Orfas, no mesmo local que antes foi a ferretería do mesmo nome, ben coñecida por todos os composteláns.

O pincho, como vedes na imaxe, é ben xeitoso. Primeiro, puxéronnos unha fonte con calamares e unhas pulgas de chourizo (máis pan ca chourizo, todo hai que dicilo), e ó pouco apareceron cunha tapa para cada un de patacas fritas con xamón cocido e unha salsiña picante. Ben xeitoso...



Rúa das Orfas nº27. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (3) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 25-08-2007 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
A viña de Xavi

Non quero nin pensar canto tempo fai que non vos falo dun novo bar para tomar un pincho, pero é que entre unhas cousas e outras, non dei abasto, e iso, que Depinchos é unha das boas maneiras que atopo para relaxarme e esquecerme de todo, pero nin con esas. A ver se dunha vez volta o ritmo normal de vida, que boa falta me fai...

Foi Sole quen me levou a A viña de Xavi, onde tomamos o aperitivo antes dun xantar onde, entre outras cousas, falamos dos seus plans para viaxar a Perú un tempo despois. Como xa está de volta, non sería este un mal sitio para que, diante dunha boa botella dunha das máis de catrocentas referencias de viños que se poden degustar no local. E é que todo o que foi metendo na súa caixa da súa viaxe non nos chegou a nada ós que temos o Machu Pichu na nosa lista de lugares imprescindibéis a visitar antes de morrer.

O pincho, xa o vedes, dos que axuda a asentar o viño, como non podía ser doutro xeito.


Rúa San Pedro de Mezonzo nº5.Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (0) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 14-08-2007 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal