Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Figueroa |
|
 Como é fácil supoñer polo nome, está na Rúa Figueroa de Pontevedra, ben coñecida por ser onde están algunhas das taperías máis cláiscas e tradicionais (no mellor sentido das palabras) da cidade.
O Figueroa abriu a principios de ano como un local de tapas "moderno". Non tiven ocasión de probar a sua cociña, así que pouco podo decir, ainda que polo que puiden axexar na carta, pareceume un chisco caro. Certo que non é unha tasca, que as mesas teñen mantel de tela e veliñas, e a decoración é moi acolledora, pero parece que certas cousas perden o seu encanto cando se modernizan, non sei se pensades o mesmo... Eu, para picar algo, quédome co local do lado, por exemplo.
Pero entramos a tomar un viño, na barra, de pé, porque as mesas, salvo as da terraza, están só na primeira planta e para xantar ou cear. Puxéronnos un pinchiño de pan con aceite e chourizo que estaba bo, pero nos soubo a pouco.
Rúa Figueroa nº16. Pontevedra |
|
|
|
La Roca |
|
 Se xa en Pontevedra non é moi habitual que poñan un bo pincho nos bares, que lle den a posibilidade ó cliente de elexir entre varios é toda unha excentricidade, digna de mención. Unha das últimas veces que estiven, os pinchos entre os que se podía elexir eran tortilla, ensaladilla, chourizo ou revolto de allos tenros. Ou sexa, que para todos os gustos.
La Roca está no centro e Pontevedra, perto de Tráfico e xusto en fronte da Policía Nacional, así que é unha boa opción para tomar un aperitivo relaxado despois de facer unha xestión administrativa; cuestión esta que, alomenos a min, ten a "virtude" de estresarme máis do que merezo.
O mellor que ten é, sen dúbida, a posibilidade de escoller entre varios pinchos.
Pero hai algo que non me gusta do local que é a súa decoración. Ainda que vou a miudo, non consigo que me pareza un sitio acolledor.
Rúa Joaquín Costa nº28.Pontevedra |
|
|
|
Galiano |
|
 Este costume das terrazas no verán, cando o realmente agradabel sería estar dentro dos locais con aire acondicionado, fai que un acabe nos sitios máis insospeitados.
Galiano é a familia de churreiros máis coñecida de Pontevedra, xa que levan toda a vida adicada a facer churros tanto nas feiras e festas como nos seus locais. Penso que agora só lles queda un pequeno bar na rúa Gutiérrez Mellado, onde non sei se entrei algunha vez.
Pero no verán poñen unha pequena terraza, na que ó pasar, vin que o aperitivo que lles poñían ós seus clientes non eran só unhas patacas fritas, senón tamén...unhas gambas cocidas. Hei de recoñecer que foi toda unha sorpresa, ainda que non sei se iso é só no verán, ou tamén no inverno se portan ben cos seus clientes, vou a ter que pasar dentro duns meses por alí.
Se segue aberto, claro, porque se non lembro mal, había un cartel anunciando o traspaso do negocio.
Rúa de Xeneral Gutiérrez Mellado nº4. Pontevedra
Pois finalmente, os antigos donos do Galiano xubiláronse, a agora hai un novo establecemento que aínda non visitei. |
|
|
|
Perita Art Gallery Café |
|
 O Merlo foi durante anos un local de tapas emblemático de Pontevedra. Pero nin a variedade e a boa relación calidade-prezo das súas tapas, nin o famoso mal carácter dos donos eran o máis coñecido do local, senón a súa colección de chaveiros: non sei cantos, igual milleiros da máis variedade temática, decoraban sobor de todo a barra, co que sempre había algo en que entreterse nas esperas.
Os donos xubiláronse e botámolos de menos, ¡quen nolo ía dicir!, e despois O Merlo pechou.
Agora abriu de novo, pero xa como un espazo moderno, adicado ó arte, e cun nome un tanto incomprensibel. Cousas do "marketing", supoño.
O deseño chega incluso ó pincho: na foto vedes o que nos puxeron para catro. Non é moi abundante, pero esa "perita" de queixo fíxonos moita gracia.
Avenida de Santa María nº4.Pontevedra. |
|
|
|
A Pega Moura |
|
 A verdade é que me creara moitas expectativas respecto deste local que abriu fai uns meses en Pontevedra, en plena zona vella. Axudou moito un artigo que lin no xornal local, no que facían referencia a que a decoración era dos deseñadores de camisetas do Rei Zentolo, que facían así a súa estrea no mundo da gastronomía.
E o que atopei non foi para tanto. Pareceume que a decoración é demasiado "moderna" para un local de tapas, ainda que o que pretende é dar un novo aire ós productos de sempre. Hei de decir que non tiven a oportunidade de probar ningún dos pratos (estiven ás oito da tarde), pero é algo que me queda pendente, de tódo-los xeitos.
Coas consumisións puxéronnos un pinchiño de chourizo nada despreciable, ainda que esperaba algo máis orixinal, dacordo coa pretendida filosofía do local.
O mellor: que tamén é un local de exposicións. Non lembro quen expoñía cando estiven, pero é bo aproveitar calquera espazo para a cultura.
O peor: O volumen da televisión, excesivamente alto tendo en conta o tamaño do local e o pouco interesante do que poñían.
Rúa San Nicolás nº12. Pontevedra. Rei Zentolo |
|
|
|
|
|
|
|
|