De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Skala
Penso que non tiña entrado nunca neste bar, e iso que está en plena zona vella de Pontevedra. Pero un sábado que fun até a Praza de Abastos fixeime que tiña un cartel anunciando o pincho do día (SÁBADO CALLOS), e pensei que habería que probalos.

E probados foron. Penso que nunca me tiñan posto un pincho de callos tan abundante. Non sei se iso se debe a que son farturentos de por sí, ou a que queren facer clientela. Todo é posíbel.

Sentados na barra, escoitamos como a camareira lle contaba a unha amiga como pola semán nin sequera poñía o cartel anunciando o pincho do día, que facía unha boa pota (non me enterei de qué) e que os clientes de a diario daban boa conta dela. Así que, aínda que me queda un tanto a desmán, intentarei pasar algún outro día por alí, que non sexa sábado, para ver con que me sorprenden.


Rúa César Boente nº2. Pontevedra
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 20-03-2007 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
La tienda de Clara
Aínda que é un local no que se pode tomar unha boa caña de cervexa negra, por exemplo, e teñen unha interesante variedade de viños, non acostumo a pasar por La tienda de Clara. Non sei moi ben por qué, quizais porque sempre hai moita xente i é un pouco oscuro.

Un sábado á hora de xantar, nembargantes, esta foi a nosa derradeira parada antes de ir para a casiña. De pincho, un lombo bastante xeitoso. Vin como a outros clientes lles poñían unha tortilla con moi boa pinta, e supuxen que servían pinchos diferentes de modo máis ou menos aleatorio.

A miña sorpresa chegou un pouco máis tarde, cando nos puxeron tamén non aquela tortilla, senón un platiño de arroz con verduras bastante curioso. E digo curioso por bo, pois tiña coliflor, setas... e un toque de albahaca que o facía moi fresco e orixinal.

Unha curiosidade: La tienda de Clara recolle, dalgún xeito, esa tradición das antigas tendas de ultramarinos onde tamén se podía tomar un viño. Agora, a parte de tenda é un pequen delicatessen.


Rúa Cruz Gallástegui nº18. Pontevedra
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 14-02-2007 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Espacio 6
Coido que algunha vez xa teño comentado o curiosos que me resultan os nomes de algúns bares, e o Espacio 6 é un deles. Como decía Makeijan, con ese nome parece que un esté entrando no mundo de Star Trek, ou algo así.

Pero non, o Espacio 6 é o que podíamos chamar un bar de barrio, onde a maior parte dos clientes se coñecen entre eles, e semellan ser tamén amigos do dono.

Os sábados, poñen callos de pincho ("os sábados, callos" case podería ser unha sección deste blog, agora que o penso), e están bastante bos. Así que o outro día, de paso que tiñamos que facer uns recados polo noso antigo barrio, achegámonos ate alí a recordar vellos tempos de rematar a mañán dos sábado cos callos, como non, e tamén de cando en vez con un bocadillo para non ter xa que facer o xantar ó chegar á casa.



Rúa Padre Amoedo nº6. Pontevedra
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 23-12-2006 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
Brigitte 77
"A do ianqui", como coñece moita xente este bar, é outro dos bos exemplos na integración dun estranxeiro na vida e na hostelería pontevedresa. Non sei de onde é, pero o sen acento non deixa lugar a dúbidas acerca da súa orixe, e a decoración do local non fai senon ratificar esa procedencia foránea. Pasou pola noite na zona vella pontevedresa, e agora leva unha pequena cafetería na zona de tendas na parte nova da cidade.

Como bo profesional, deuse conta de que os bares que poñen un bo pincho teñen máis e mellor clientela, así que sempre agasalla ós seus clientes cun algo xeitoso. Xa sei que o digo a cotío, pero... ¡canto teñen outros que aprender!

A última vez que estiven, era unha ensalada de pasta, pero penso que nalgunha ocasión tamén tomei alí unhas lentellas, ou uns canapés. Así que non só pon pincho, senón que este pode ser moi variado.


Cruz Gallástegui nº12. Pontevedra
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 08-12-2006 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Café Sonata
É un local aparentemente pequeno, pero ten dúas plantas e a tan socorrida terraza, polo que sempre está cheo de xente. Sobre todo no verán, claro. Ainda que agora con estase acostumando a xente a ir de terrazas ainda que sexa inverno (con tal de que non chova...).

As tapas do Sonata son variadas: a miúdo hai xamón, chourizo ou queixo; pero a derradeira vez que estiven houbo máis sorte ainda, e puxeron un pinchiño de polbo á feira bastante decente que axudou a baixar a cervexa mellor que ben.

O peor do local é a falta de espazo, e a pouca intimidade ou discreción que eso conleva: non é o sitio onde se pode ter unha conversa privada ou íntima, por exemplo.

O mellor: evidentemente, a sorpresa do polbo; haberá que achegarse máis por este local.

Rúa Peregrina nº66. Pontevedra
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 05-10-2006 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0