De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Mesón O Cruceiro
No noso pequeno paseo por Cambados fixen un interesante descubremento: de camiño ó restaurante a onde iamos xantar, atopamos unha pequena placiña, con un bar, e na súa terraza puiden ver á xente acompañando a súa consumición con... ¡albóndiga con patacas fritas!

Así que aló nos fomos, dereitiños á barra a pedir un corto de cervexa esperando probar aquel pinchiño. Cal non foi o noso disgusto cando comprobamos que a nós nos poñen ensaladilla. ¡Qué se lle vai facer! Seguro que é un deses sitios onde fan varios pinchos e os van servindo aleatoriamente.

Conste que a ensaladilla estaba boa, e demos boa conta dela. Cando rematamos, vemos que nos poñen diante uns manises e unhas patatillas. Está ben, pensamos, unha pequena tapa de cociña, e algo máis para entreter á clientela. ¿Pódese pedir algo máis? POIS SI: un chisco despois, e cando xa iamos sair, por fin chegou a tapa da albóndiga.

Realmente espectacular, facía moito tempo que non vía un local tan farturento para os pinchos. Con razón estaba ateigado de xente. A foto está feita despois de tomar a ensaladilla, pero queda a fontiña como testimonio de que tamén andivo por alí.

Recomendabel, por suposto. ¿Alguén da máis por tan pouco? Porque aínda que non lembro canto, sei que o que nos cobraron polos cortos é o mesmo (ou menos se me apuran) que nos bares onde non dan nin as grazas.


Praza de San Gregorio s/nº. Cambados
Situación
Comentarios (1) - Categoría PO.Cambados - Publicado o 05-12-2006 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Ribeira de Fefiñáns
Na miña visita a Cambados para a I Xuntanza Galega de Blogogastrónomos, tiven pouco tempo para facer "traballo de campo", o cal significa que terei que voltar por alí. De todos os xeitos, puiden facer caso dalgunha das recomendacións de comedorinha cando pedín axuda.

Así que tomamos algo no Ribeira de Fefiñáns. Non sei pola semán, pero o domingo á hora do aperitivo estaba ateigado de xente. Non é de estrañar, pois está situado fronte ó mar, cunha terraza moi agradabel para un día de sol, e cun interior onde colle moita xente entre mesas baixas e altas e a barra. Por certo, que na barra vimos a uns clientes tomando un albariño con camaróns que metían cobiza, pero como nós iamos de xantar, pareceunos que co pincho ía a ser suficiente.

Puxéronnos unha cazoliña de guiso de alubias que non estaba nada mal. Para repetir, sen dúbida.

Rúa da Ribeira de Fefiñáns nº24. Cambados
Situación
Comentarios (0) - Categoría PO.Cambados - Publicado o 30-11-2006 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal