...o si nela perco la vida, o si nela triunfare...


...cara o comezo no tempo...
...Non teño moito que dicir. Unhas verbas que aquí poido argallar, non dirán moito pra meirande parte de vos, os que ledes... Non teño moito que dicir, agás que atopéde-la felicidade no sinxelo feito de estardes vivos...

...ken son... ken sodes...
 Modalidades de artigos...
 Se cadra interésavos...
 ¿Queres atopar algo?
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 As miñas aportacións mensuais
 DESTACADOS

¿Es feliz?
felicidadeOnte pensei na sinxeleza real da felicidade humana. Complicamos moito este termo. Un can dorme, esperta, brinca, come e volve durmir. E a súa felicidade consiste na administración daquelo que satisfai as súas necesidades básicas.

O home, como bo animal de malos costumes non se conforma. Precisa de máis. Enchida a fame, o sono e o teito baixo o que durmir, precisa de algo máis... mais complexo. Tan complexo que se fai ridíkulo.

Precisa de amor, pero non un amor calquera, senon o que se lle da na gana, precisa de diñeiro pra ter unha casa no campo, non so para ter de comer. Precisa plenitude, con fillos, con familia... Quere ser o mellor no seu traballo, quere satisfacer as súas necesidades de triunfar... quere ter a roupa mais bonita, o can mais vello e as chaves dun bo coche... quere ser parte da sociedade, e quere saber o que quere...

E como diría Jorge Bucai, cando todos estos problemas están cubertos... ten un novo problema pra non ser feliz: está aburrido...
¡Cóntame o que queiras! (1) - Categoría: Divagando... - Escribín no 29-06-2006 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
C.A.F.D.M.
Fas que a miña vida se volva de cores... :)
¡Cóntame o que queiras! (0) - Categoría: Sentindo(t) - Escribín no 27-06-2006 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Roseiras de abril
Alma de BuxoUnha desas cancións que se che meten naialma pa non sairen máis.

(Susana Seivane. Letra; Uxía Senlle. Alma de Buxo)

Que sería de mín sen ollar
a terra infinda a ruxir
navegarei en ti como no mar
nas augas sen caír

Nada pode acalmar esta voz
de sal, de vento e coral
se o corazón se prende a onde sae
o ar lene do meu fol

Se soubera coller o brío
meu ramiño de alecrín
era quen de facer o niño
en Ribeira de Piquín

O meu corazón che mando
non hai regalo mellor
pasei a vida voando
a espreitar no mar maior

Xa o navío partíu e non vín
roseiras novas de abril
a túa man na area procurei
e non estaba alí

A saudade non sabe durmir
as redes saben do adeus
magoan máis as velas a tremer
se me vexo tan lonxe de ti
Susana Seivane
¡Cóntame o que queiras! (0) - Categoría: Cultura galega - Escribín no 21-06-2006 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¿Agardas?
Esperando...Mimá! como pasou o tempo... Tiven moito que estudiar e non me puiden nin arrimar ó cacharriño pra escribir catro ou cinco verbiñas... Polo que vexo, foi moita a xente que se uniu ós blogotequeiros, iso é moi bo, gústame, gústame...

Disque ta ahí petando na porta o verán... que ben nos vai vir! un pouquechiño de sol, praia... non estará de mais.

E mentres chega e non chega, eiquí tou eu, erguéndome e deitándome coma sempre, comendo, estudando... e pouco mais. Esperar é unha desas cousas que non se lle dan ben ás persoas, xa o din os vellos el que espera desespera ... e con moi boa razón. Pero o mundo esta cheio de persoas expectantes; espera-lo bus, esperas á xente pra xantar, esperas que o mundo cambie... esperas, e esperas... e algunhas cousas chegan, outras chegan tarde... e outras nin tal.

¿... que é o que espera a xente? ¿...a qué esperas?

¿A que esperas para sonreir?
¡Cóntame o que queiras! (0) - Categoría: Divagando... - Escribín no 10-06-2006 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vai de guapas
I Love Love de MoschinoNon sei se algunha vez percibistes as incribles peripecias dos publicistas (unha labor que admiro moito) pra sinxelamente facervos FITAR.

Os publicistas queren que asociéde-lo seu producto a sensacións agradables, divertidas, con clase, familiares... Unha curiosa manipulación das nosas mentes.

Unha das asociacións que máis se procuran é a da fermosura. A beleza disque é boa. Disque é bo que fagamos ligazón entre producto e a beleza. Ante iso teño as miñas dúbidas. Non sei por qué importa ser ben feitos pra mercar un coche, ou pra facer unha conta nun banco. Pero o peor é cando a beleza se emprega pra atraer ó cliente a mercar productos relacionados co aparentar. Cremas, maquillaxe, roupa, desodorizantes... eu diría que a min, como muller me desespera ver mulleres de (seica) 50 anos ca cara de rapazas de 20, persoalmente non o asocio a algo bo, mais ben a algo moi deprimente!... así ta despois a xuventude... sería mellor cultivar un pouco o cerebro e menos as enrugas!....

Logo con aquilo da imaxe de muller bonita recurrese moito a un machismo case humillante pra anuncios como os de bebidas alcohólicas (onde se usa o tema sexo sempre dirixido ó home) ou os de champús, desodorizantes e cremas pra homes... superficialismo aparte. Sen comentarios.

Pero debo dicir, que quedei de verdade pasmada cando vin este anuncio que poñen de cotío nas revistas últimamente dun perfume de Moschino. Afeita á beleza (sobre todo á feminina) que se emprega pra chamar a atención... podedes fitar como ás veces a extravagancia (atreveríame a dicir incluso fea) faise ver máis que esa "obxectiva" beleza. Non lle puiden quitar os ollos de riba nun bo pedazo. Xulgade vos mesmos
Ó meu ver, dos mellores da historia...
Prós morriñentos, dade unha volta por eiquí...
¡Cóntame o que queiras! (1) - Categoría: Xeral - Escribín no 02-05-2006 02:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Quentando o ambiente
Cambio climáticoHai xa uns aniños, uns homes decidiron que no mundo se estaba a facer unha desfeita ca temperatura, e que nuns poucos anos, poderíamos comezar a notar un ascenso importante das temperaturas debido ó aumento dese que chaman efecto invernadoiro causado polas emisións de gases dende diferentes sectores económicos (entre outros).

Acordaron pois para cada país, un límite na emisión de CO2, que deixaba a España cunha reducción dun 15% nas emisións entre 2008 e 2012 respecto ás de 1990. Así o dicía o protocolo de Kioto. Máis tarde outros homes diferentes dende o Goberno central, decidiron asignar un porcentaxe de emisións por comunidades autónomas.

O conto é que en Galiza, a emisión industrial enerxética non debía superar os 14´6 millóns de toneladas de CO2 no 2005... e a que non sabedes? houbo unha contaminación dun 18% máis do permitido; 17´3 millóns de toneladas.

IRONÍAS DO CONTO
1) O 95% do total das emisións enerxéticas foron por parte de Endesa e Fenosa. O total abarcaba 52 instalacións industriais.

2) Galiza tería agora que reducir as súas emisións nun 30% en ano e medio. Lembremos que so no 2005 aumentounas nun 18%.

3) A emisión galega representa o 9´4% do total en España. Sen embargo o PIB galego representa o 5´2% do español. Galiza xenera riqueza pra fora, mentres se contamina pra dentro.

4) Presume despois a Comunidade Valenciana dunha emisión moi baixa... pero... non teñen centrais térmicas!!

A boa nova é que salvo no enerxético, nos demáis sectores industriais cumplíronse axeitadamente os límites....

¿Quén é culpabel disto?
Pra saber algo máis
¡Cóntame o que queiras! (3) - Categoría: Novas recentes - Escribín no 26-04-2006 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Obxectivamente persoal
O non me deixesSer obxectivos falando de case calquera cousa, é sinxelamente moi complexo.

Sede obxectivos; se alguén moi querido pra vos, decide que será máis feliz se non vos volve ver máis... ¿Que debedes facer ó respecto? ¿Ignorar o que vos sentides? ¿ou ignorar o que sinte él?...

Subxectivamente, podes pensar que os teus sentimentos son máis importantes. Entón, agochado baixo unha imaxe algo máis razoabel, diraslle que o que el pensa, o motivo que o leva a crerse máis feliz lonxe de tí é infundado, ou algúnha outra excusa polo estilo. Reterálo (pese a que sexa inútil) ata máis non poder. Subxectivamente, quizabes creas que o seu sentimento é preferibel frente ó teu (o cal, inda que ti non o sepas, tamén é egoísta, porque te sentirías demasiado mal se te puxeras por diante del, e polo tanto, falo pra evitar este mal sentimento)... logo deixaríalo ir, e non hai máis que dicir.

Pero... ¿obxectivamente? ¿que sería o correcto?... se cadra é que non existe a obxectividade, porque cada un, ten a súa. O cal a convirte nunha (irónica) subxectividade.

Isto non suporía ningún problema... se non fose porque derruba a meirande parte dos nosos estúpidos conceptos humanos. A beleza non pode ser obxectiva... e coma ela non hai razón (e polo tanto non hai xustiza) dado que non hai obxectividade, e tampouco hai verdade, porque cada quen ten a súa... etc etc

Igual é que ser obxectivos non é algo moi complexo... se cadra, o mundo está cheio de pequenas obxectividades persoais... pero logo... ¿o que sinto sempre inflúe no que penso?
Testea os teus sentimentos
¡Cóntame o que queiras! (1) - Categoría: Divagando... - Escribín no 26-04-2006 01:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Do raposo en diante
O neno cabritoSei duns cazadores que nunha xornada de caza, viron de lonxe un raposo. Apuntáronlle ca escopeta, e dispararon. O raposo caeu. Botárono ó lombo entre uns cantos, e seguiron o seu camiño. Un anaco despois decidiron que era a hora de xantar, e pousaron o raposo no chan, e inda ben non sentaron eles, o raposo saíu correndo a fume de carozo. Finxia estar morto.

De sempre escoitei que as crías dos animais, polo menos as de sangue quente son especialmente fermosas. Eu compartoo, pero penso, aínda primeiro, o que son é incriblemente listas.

Jorge Bucai, impresionante escritor e ainda máis grande persoa, ó meu parecer, di no seu libro "De la autoestima al egoísmo" que un neno (ou a cría do home) é o único animal que de recén nacido non ten posibilidade algunha de sobrevivir ante o abandono materno. Calquer outro ten, por mínima que sexa unha posibilidade, aínda que sexa unha de centos.

Os cuxos rebulen ben pra andar ó nacer, e os peixes, xa non saben se quera de pais ou nais. E velaí o home. Unha cría de vintetantos anos. A maioría dos animáis xa están mortos a esta idade.

Onte vin un rabaño de cabras e ovellas. Din, ou polo menos eu oín sempre que as cabras (pese ó fermosas que a min me resultan) son animáis especialmente teimudos. Eu quedei pampa cando vin como por repetidas veces, algunha cabra meirande encabezoaba contra outro cabrito, unha cría, mallándolle o lombo, e o pequecho a velas vir...

Permitídeme cuestionar a intelixencia deste animal (ou quizabes, a súa capacidade superior, incomprensibel para mín)
"Wild Animal" (a intelixencia é retratabel)
¡Cóntame o que queiras! (1) - Categoría: Contos e contados - Escribín no 24-04-2006 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
...Chove nas rúas...
...baixo as gotiñas pequenas...En Galiza sempre chove... Non é máis ca un intento de dicir nada en termos vellos... quero dicir que en Galiza sempre chove, e non porque o dixeran outros tantos homes coma peixes hai no mar ben antes de que eu o pensase sequera... pero é certo de cheio, ou non? Nesta terriña fermosa (fermosura é a miña terra!!) eiquí chove diario a chuzón... tanto se che presta coma se non...

Non digo isto porque non teña máis que dicir... digoo máis nada porque hoxe o pensei... as rúas de pedra molladas, e moreas de paraugas de cores, se o paras a pensar, é unha imaxe abraiante... e dacordo, tócate o refaixo cando vas saír á rúa e te atopas con que tes que volver subir pra colle-lo %&$= paraugas... que queres saír comer fóra, e... ala, pónse a chover... dacordo, pero... a mín, aló no fondo gustame oír chover... moreas e moreas de gotiñas pequenas enchoupan a miña roupa e triquitriquitriqui... así de vagar ó comezo, e despois con máis ledicia... ¿cómo será que oe unha formiga o son das gotiñas pequenas ó estalar?... coitadiña formiga...

Digo isto só porque hoxe, ó ir de cara á rúa o pensei... en Galiza sempre chove... e abofé que é fermoso, abofé que sí.
"No país da auga"
¡Cóntame o que queiras! (4) - Categoría: Divagando... - Escribín no 21-04-2006 02:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
...Facendo ben as cousas... de principio a fin... xD
Ben, esperando con toda a miña boa vontade que isto da blogoteca surxa efecto nos máis novos galegos, comezo este espazo ca intención máis sá de que me faledes do que queirades, isto non sería posible sen vos... (bagoa, bagoa xDDD)

Se chegastes a ler esto, felicítovos xDD... Non vos aburrades moito! ;)
¡Cóntame o que queiras! (2) - Categoría: Xeral - Escribín no 20-04-2006 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Dende Galiza...