| De leria poñémonos todos os martes de 15:10 a 16:10 no noso club de lectura, para ler, falar, escoitar... |
|
| Estamos empezando e pensamos que temos moito que aprender dos demais. Así que esperamos as vosas suxestións. O libro que escollemos para abrir o Club foi O diario vermello de Carlota |
|

|
| DELERIA |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| EU SON DO CLUB |
|
Ola chamome Bea, e nada ,que estou no club de lectura do colexio de Carral e estou lendo o libro d´O diario vermello de Carlota. Está moi ben, aprendes moito,e eu vos diría que leades moitos libros porque é un bo pasatempo para os ratos libres .Eu leo porqe para min é como ter unha segunda vida. Un saúdo da vosa compañeira Bea.
Ola chamome Kelly ,son do club de lectura e a min gustame ler porque mentres que vas lendo na tua mente ves o que pasa no libro.Animadevos a ler libros que esta moi ben!!!!!MOITOS BICOS KELLY.
Ola! Chámome Adrián, son do club de lectura e dígovos que está moi ben. Anímate e apuntate xa!
Ola! Chámome Rodri. Estou no clube de lectura de Carral e invítovos a ler. A min reláxame
Ola chámome Pablo e son do clube de lectura a min gustame ler porque lendo aprendense cousas. Gústanme os libros de misterios e de intriga , tamen me gustan os de aventuras da idade media por que é unha idade que me chama moito a atención.
Ola chámome Tobs, pertenzo a este clube de lectura .A min gústame ler por que alguns libros non son aburridos(case todos o son (aburridos)). Saquei o nome dun libro ;bueno non ;a verdade é que o saquei dunha serie de television ;concretamente de "Locos por la ciencia".
Bueno, recoméndobos que non leade os libros que vos recomende o de arriba(pablo) e que leades libros de acción ou de series de television ou de pelis buen chaooo!
Ola son Elvira, son do clube de lectura. A min gustanme os libros de terror e os de aventura. Eu recomendovos que leades porque e moi entretido,aínda que vela tele tamén, pero ler non esta mal. Bueno despidome e digovos que ler non esta tan mal. Chao.
Ola chamome Carla e pertenzo ao clube de lectura do colexio de Carral. Eu recomendaríavos letidor os libros de aventura e policíacos. A min ler pareceme moi divertido non só por que aprendes cousas se non tamén por que o pasas ben.
|
|
|
|
|
| LER É LER É... |
|
Aquí podedes ver unha presentación que nos anima a ler feita por Pablo Ferreiro, que foi alumno do noso CPI. Saúdos Pablo!
|
|
|
|
|
| ASÍ FUNCIONA O BLOG DE LERIA |
|
Así funciona o blog deleria: neste apartado explicámosche cales son os contidos das seccións do noso blog.
Fotonovelas: composicións feitas en powerpoint con imaxes do noso alumnado a partir da lectura dun texto.
Ler é ler é...: animacións feitas para fomentar a lectura.
Un libro de Club: O diario vermello de Carlota: comentarios, informacións, imaxes, debates... sobre o libro de lectura que estamos a ler. |
|
|
|
|
| UN LIBRO DE CLUB: O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA |
|
A RAPAZADA DE CARRAL OPINA
Estas son as opinións dalgúns dos nosos rapaces sobre o primeiro libro do Club: O diario vermello de Carlota:
Ola,nada só podo dicir que ler é moi importante na vida das personas pois ábrenos a imaxinacion e axúdanos a crear universos inimaxinables. Con respecto ao Diario vermello de Carlota podo dicir que que é unha axuda para nós/ás adolescentes.
Ola, o Diario vermello de Carlota é un libro bastante entretido e interesante que trata sobre a sexualidade na adolescencia.
Que hai! Teño que dicir que o libro O diario vermello de Carlota me parece un libro bastante interesante para os rapaces/as que nunca se informaron sobre o sexo.
|
|
|
|
|
|
|