deleria, club de lectura do cpi de carral


De leria poñémonos todos os martes de 15:10 a 16:10 no noso club de lectura, para ler, falar, escoitar...
Estamos empezando e pensamos que temos moito que aprender dos demais. Así que esperamos as vosas suxestións. O libro que escollemos para abrir o Club foi O diario vermello de Carlota

DELERIA
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MARTA DACOSTA, por Kalina Fernández
O meu nome e Kalina e son do CPI Vicente Otero de Carral. Nas vindeiras semanas publicarei, xunto cos meus compañeiros, entradas neste blog sobre diferentes autores.Eu escollin a Marta Dacosta.
Para comezar pareceume unha boa idea unha pequena introducion sobre a escritora, para coñecela un pouquiño antes de falar de outras cousas, coma cando coñeces a un moz@, primeiro presentaste e despois ven o resto, pero bueno imos ao que imos...
Marta Dacosta Alonso, nada en Vigo en 1966, é unha poeta galega. Foi licenciada en filoloxía galego-portuguesa, moitos dos seus poemas foron publicados en revistas como Olisbos, Dorna, Festa da palabra silenciada ou nas publicacións colectivas Intifada, oferenda dos poetas galegos a Palestina, 8 e méio de Edicións do Dragón, O entrelazado das palabras; Negra Sombra, intervención poética contra a marea negra; Alma de beiramar; Sempre Mar e na exposición Botella ao mar. A súa obra está presente nas antoloxías Para saír do século, nova proposta poética, de Ed. Xerais, dEfecto 2000, de Letras de Cal, Novas Voces da Poesía Galega, do Consello da Cultura Galega, A poesía contemporánea a partir de 1975, antoloxía, da colección A Nosa Literatura, Ed. A Nosa Terra, 25 anos de poesía galega 1975-2000, da Biblioteca 120 de La Voz de Galicia, Antología de Joven Poesía Gallega do portal de arte e cultura www.enfocarte.com ou Poetes gallecs d'avuí.
Recibiu, entre outros, os premios da Asociación Cultural O Grelo 1993, González Garcés 1995, Martín Códax 1998 e os accésit do Fermín Bouza Brey 1993 e do Esquío 1999.
Na actualidade colabora co semanario A Nosa Terra e o xornal dixital www.gznacion.com.
Bueno, esto foi todo por hoxe! Ata a semana que ven rapaces!
Comentarios (1) - Categoría: LITERATURA VIVA - Publicado o 06-05-2010 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Unha nova sección
Comezamos un novo apartado no noso Club "deleria". Imos ler, comentar e coñecer autores e autoras da literatura galega máisa recente. Queremos saber por ondese move, quen escribe e, máis que nada, gozar do pracer de ler os seus textos.
Comentarios (1) - Categoría: LITERATURA VIVA - Publicado o 04-05-2010 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OUTRO VÍDEO SOBRE OS LIBROS
GOMAESPUMA: “El vendedor de libros”: unha historia que trata sobre a dura vida dos vendedores de libros a domicilio, co sentido de humor habitual dos Gomaespuma.
Gomaespuma é un dúo cómico formado por Juan Luis Cano e Guillermo Fesser. Este dúo comezou na radio hai máis de 25 anos, pasando por diferentes emisoras: Cadena Ser, Antena 3, Onda Cero… Tamén se fixeron coñecidos na TV polo porgrama Gomaespuminglish. Actualmente dirixen unha fundación que ten o mesmo nome.

Comentarios (2) - Categoría: LER É LER É... - Publicado o 23-11-2009 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
COMEZAMOS O CURSO 2009-10
Imaxe do grupo tomada de http://cabroneando.files.wordpress.com/2009/02/les-luthiers.jpgEste ano funcionamos tamén os mércores nos recreos, poñendo algunha actividade relacionada co audiovisual e os libros. hoxe ofertamos o visionado de dous vídeos relacionados coa lectura.

LES LUTHIERS: “MALA LECTURA”: actuación que nos vai demostrar o importante que é ler ben ou con atención e o divertido que pode ser tamén ler mal un texto.
Les Luthiers é un conxunto de compositores e intérpretes arxentinos que utilizan nos seus espectáculos a música e o humor. Comezaron na década dos 60 na cidade de Buenos Aires. O seu nome en francés fai referencia a unha das súas habilidades, o deseño de instrumentos musicais propios.
FAI CLICK AQUÍ PARA VER O VIDEO
Comentarios (1) - Categoría: LER É LER É... - Publicado o 18-11-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A BIBLIOTECA ESCOLAR DIXITAL
Nesta Biblioteca tes o SOL. Non nos referimos ao astro, senón ao Servizo de Orientación Lectora, un punto de encontro para lectores e profesionais: nenas, xente nova, mozos, pais, profes, bibliotecarios... É un recomendador de lecturas, dentro dun amplo catálogo que abrnague máis de 10.000 referencias.
BIBLIOTECA ESCOLAR DIXITAL
ORIENTACIÓNS LECTORAS
Comentarios (1) - Categoría: LER É LER É... - Publicado o 09-06-2009 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ANDREA MOSQUERA PASA O TEST DE LECTURA "DELERIA"
1- O lugar máis raro onde liches un libro?
No baño

2- Que libro lle recomendarías ao teu peor inimigo? Por que?
Borgil, el caballero perdido de Borlindon. Porque é un “rollo”

3- Algún libro que che producira pesadelos?
Ningún

4- Algún libro que che producira risos?
Tonecho de Rebordechao

5- Con cal destas 3 palabras porías fin a un libro: "váter", "camión" ou "chave inglesa?
Por que?
”Chave inglesa”. Porque é orixinal e pouco corrente.

6- Que imaxe che atraería máis na portada dun libro: "montaña rusa"; "papel hixiénico" ou "caixa con un interrogante?
Unha caixa cun interrogante. Porque dá intriga.

7- De que libro che gustaría que houbese película?
O último traballo do Señor Luna

8- Que libro lle regalarías a alguén para "ligar"?
Y decirte alguna estupidez, pòr ejemplo, te quiero

9- Con quen che gustaría ler un libro?
Con ninguén, prefiro ler soa.

10-Un libro de lectura obrigada.
O último traballo do Señor Luna

Comentarios (1) - Categoría: O TEST DE LECTURA "DELERIA" - Publicado o 09-06-2009 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ANDREA MOSQUERA PASA O TEST DE LECTR
Comentarios (0) - Categoría: O TEST DE LECTURA "DELERIA" - Publicado o 09-06-2009 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
LER É LER É (FACEMONOS ECO DUN ARTIGO PARA ATRAPAR LECTORES)
GUÍA PARA CAZAR (E CONSERVAR) AO PEQUENO LECTOR

Nunca é tarde, pero tampouco pronto. Algúns expertos en literatura, educación e promoción da lectura infantil facilitan claves a eses pais que confesan impotentes: O meu neno non le!!!.

01 LEA CONTOS AOS NENOS DESDE O BERCE, co libro diante, MOITO ANTES DE QUE SAIBA LER. A narración é importante, pero tamén que o neno sexa consciente de que esa historia marabillosa que lle contan está nesas páxinas. Facer do libro unha caixa de tesouros. Xa chegará o momento en que poida abrila só.

02 Que o neno aprenda a ler non é o (único) obxectivo. UNHA VEZ QUE EMPECE A SOLTARSE HAI QUE SEGUIR LENDO CON EL, interesándose por que le, por se comprende ou non a lectura. Fágalle chantaxe: cóntelle de que vai o libro que está lendo vostede e rételle a que el lle conte sobre o que le. Entrevístense mutuamente.

03 NON SE EMPEÑE EN IMPORLLE DETERMINADOS TÍTULOS, por moi clásicos que sexan, nin confíe demasiado nas adaptacións para os nenos. Se nesta primeira etapa aséntase o hábito e a disciplina da lectura, xa pasará (e gozará) ao seu tempo palabras maiores.

04 NON HAI QUE IMPORLLES QUE ACABEN OS LIBROS. Se o deixa a medias é que non lle interesa. Propóñalle alternativas e asegúrese de que ten onde elixir. NON FAI FALTA COMPRAR, HAI BIBLIOTECAS.

05 Non todo vale. INFÓRMESE (EN BIBLIOTECAS, NA ESCOLA, CON LIBREIROS DE CONFIANZA) SOBRE O QUE PROPÓN LER AO SEU FILLO en cada etapa da súa infancia. Se só lle ofrece, unha tras outra, obras moi sinxelas ou as mesmas series continuadas, sen máis pretensións, poida que o paso a unha lectura máis ambiciosa ou esixente, no instituto, o faga afastarse definitivamente da lectura.

06 TEÑA A SÚA BIBLIOTECA FAMILIAR ABERTA PARA OS SEUS FILLOS. Nunca é demasiado pronto, nin tarde, para ler determinados libros. O número de páxinas, a densidade ou complexidade dos textos ou o seu grao de erudición son o mellor filtro. O neno só lerá o que lle atrape.

07 PREDIQUE CO EXEMPLO. Todo o anterior non serve de moito se o seu fillo nunca o ve ler ou só o fai cando vostede leva traballo a casa. SE LER CUSTA, PERO PODE SER TAN DIVERTIDO, POR QUE NON LEN PAPÁ E MAMÁ?

Artigo de Luz Sánchez-Mellado, El País Semanal

(DESDE A LIBRARÍA GANDHI DE MÉXICO, PROPÓÑENNOS OUTRAS MANEIRAS DE ATRAPAR LECTORAS E LECTORES)
Comentarios (0) - Categoría: LER É LER É... - Publicado o 05-06-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mª JOSÉ MIRANDA RESPONDE O TEST DE LECTURA "DELERIA"
Cartel da película baseada en Christine1- O lugar máis raro onde liches un libro?
No baño

2- Que libro lle recomendarías ao teu peor inimigo? Por que?
No a los tíos. David Murray

3- Algún libro que che producira pesadelos?
Christine, de Stephen King

4- Algún libro que che producira risos?
Ningún

5- Con cal destas 3 palabras porías fin a un libro: "váter", "camión" ou "chave inglesa”?
Por que?
”Chave inglesa”. Non sei

6- Que imaxe che atraería máis na portada dun libro: "montaña rusa"; "papel hixiénico" ou "caixa con un interrogante?
”Unha caixa cun interrogante” Porque se supón que che contará algo inesperado

7- De que libro che gustaría que houbese película?
Los pilares de la tierra, de Ken Follet

8- Que libro lle regalarías a alguén para "ligar"?
Un de poemas de amor

9- Con quen che gustaría ler un libro?
Coa miña filla

10-Un libro de lectura obrigada.
Miedo a los bárbaros, Todorov
Comentarios (0) - Categoría: O TEST DE LECTURA "DELERIA" - Publicado o 02-06-2009 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MIRIAM VEIRAS RESPONDE O TEST DE LECTURA "DELERIA"
1- O lugar máis raro onde liches un libro?
No baño.
2- Que libro lle recomendarías ao teu peor inimigo? Por que?
Cos pés no aire. Porque non me gustou o argumento.
3- Algún libro que che producira pesadelos?
Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz.
4- Algún libro que che producira risos?
O misterio dos fillos de Lúa.
5- Con cal destas 3 palabras porías fin a un libro: "váter", "camión" ou "chave inglesa?
Por que?
"Váter"; porque chama a atención e ao acabar de ler deixa sorprendido ao lector.
6- Que imaxe che atraería máis na portada dun libro: "montaña rusa"; "papel hixiénico" ou "caixa con un interrogante?
Papel hixiénico.
7- De que libro che gustaría que houbese película?
O último traballo do Sr. Luna
8- Que libro lle regalarías a alguén para "ligar"?
O último traballo do Sr. Luna
9- Con quen che gustaría ler un libro?
Con Alba.
10-Un libro de lectura obrigada.
O último traballo do Sr. Luna
Comentarios (0) - Categoría: O TEST DE LECTURA "DELERIA" - Publicado o 28-05-2009 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal