|
|
|
|
| Carpe Diem |
|
 Estamos diante dunha das cervexarías de barrio máis clásicas da Coruña, e ollo co de barrio que ninguén o interprete como algo negativo pois para nada, todo o contrario, pois aquí verás amantes da boa cervexa e xente que co paso dos anos foi adquirindo coñecementos do que é un bo produto porque simplemente o vendían nun local próximo a súa casa e no que se sentía comodo. Este local atópase na Ronda de Outeiro (moitas veces teño pasado por diante nos buses dos siareiros celtistas) e xa hai uns anos me levou alí un amigo coruñés, sí, son de Vigo e teño moi bos amigos na cidade herculina. O local seguía igual que de aquela, a decoración era a mesma e é ahí onde te das conta dos moitos anos que leva esta cervexaría aberta pois hai cousas que xa son de coleccionismo cervexeiro. Este local lémbrame ao Bavaria vigués, aquí tamén podes comer, e se ben a comida non é moi pretenciosa os prezos tamén son moi populares, co cal a relación calidade-prezo é moi boa. En canto as cervexas de barril están a pils alemá Lowenbrau, a súa "irmá" a bock Spaten, e a abadía belga Leffe Rose, despois estaría a escocesa Douglas Scotch Ale e a ale belga John Martin Pale Ale, xunto coa stout irlandesa Guinness. A combinación paréceme moi boa para o meu gusto pois tes cuberto a un amplio público cervexeiro. |
|
|
|
|
| Floreffe Prima Melior |
|
 Recentemente probei esta cervexa acompañando a unha parella que viña de coñecer esa mesma noite e cun punto de partida en común: a mesma paisón polas cervexas. Eles son máis de belgas e optaron por esta cervexa en formato de 75 cls, eu e a outra parte do blog continuamos a noite bebendo cervexas de trigo e nos decantamos por outra botella de 75 cls. de Blanche de Namur. Sen embargo probamos esta potente cervexa de abadía duns 8º de volumen alcohólico. A historia da abadía belga de Floreffe nace aló polo 1121 ainda que non é ata máis ou menos o ano 1250 cando empezan a producir cervexas. Como dato curioso a abadía de Floreffe foi a orixe doutras abadías belgas como pode ser a famosa Leffe. A prima Melior era a cervexa que o abade gardaba para agasallar as súas visitas, é unha cervexa poderosa cun gran gusto doce que lle é aportado polo sabor a froitas pero tamén polos matices a anís, especias e un final acaramelado. Como a moitas cervexas belgas de abadía engádenselle levaduras e azucre ó embotellala para conquerir unha segunda fermentación en botella. |
|
|
|
|
| La Internacional |
|
 Este nome, xunto con Abadía, é un dos máis recurrentes a hora de montar un local, de feito teño moitas gañas de estar na internacional de Sevilla que se non ando mal informado anda por dezaseis tiradores de cervexa. Decir que está é a Internacional de Coruña poderíanos levar a error para xente que estivera hai anos na cidade herculina e pasara pola mítica cervexaría Internacional de Catro Camiños, por desgraza teremos que gardar outro minuto de silenzo por outro local que xa hai tempo pasou a "peor" vida. Este local está situado no centro comercial As Roseiras. Non son amigo dos centros comerciais e unha cervexaría nun centro comercial é como unha cervexa sen alcol, fáltalle algo, pero o que é evidente é que funciona e que aporta unha ampla gama de moi bos produtos. Entre o que podedes atopar de barril está a pils bávara Lowenbrau, a pils tamén alemá Warsteiner (chocame e moito duas pils xuntas) a bock muniquesa Spaten, a belga de trigo Hoegaarden, a holandesa trapense La Trappe Dobre e a cervexa internacional por excelencia a stout irlandesa Guinness. Se sodes dos que vos sentides coma un can ao acompañar a moza de compras aquí polo menos tedes a oportunidade de agardala un pouco máis "comodamente"!. |
|
|
|
|
| Fiddler´s Elbow |
|
 Esta cervexa evócame un gran día, deses días que o pasas moi ben co que te rodea e que en momentos duros te doe recordar pero que co tempo agradeces e moito telos vividos porque iso xa ninguén cho pode roubar. Hoxe é unha noite máxica, de persoaxes milenarias e míticas, e tamén de persoaxes míticos se nutre a cervexeira Wychwood para ilustrar as súas cervexas. Duendes ou os curmáns dos duendes, os Hobgoblins, falannos doutras cervexas de esta cervexeira. A verdade que esta Pale Ale de 5,2 º cumpliu ben o seu cometido pero a concurrencia ese día foi moi alta ( a Sierra nevada, a Hercules) e para mín non está ó mesmo nivel, ainda que ben sei que non estamos falando do mesmo. Despois daquelas mareas de lúpulo aquí o sabor a lúpulo é bastante lixeiro se ben sí se poden apreciar aromas cítricos e florais. Desta mesma casa teño probado a Circle Master e a Hobgoblin, para mín a mellor é a Hobgoblin, se ven a diferencia coa Elbow é que é complicado tomarse máis dunha. |
|
|
|
|
| Cervecería Taxman |
|
 Outra cervexaría de León, cidade que non para pois recentemente inaugurou outro local que ainda non tiven oportunidade de ver. O Taxman xa leva un pouco máis de tempo aberto, está situado na rúa Bavia, xusto nun aparcamente ao ar libre e de balde, que nos tempos que corren non é mala cousa. Só darte un consello, se non te gustan os Beatles mellor non vaias, pois este local non só recibe o nome dunha das cancións máis guitarreiras do grupo de Liverpool se non que poderíamos decir que é un local temático deste grupo. Como é bastante máis a xente que lle gustan os "escarabellos" que aos que non, sempre ten un ambiente concurrido. Ten cinco cervexas de barril e o que noutras cidades sería un dos locais con máis variedade en León quédase corto, e decir corto, podendo escoller entre a lager belga Stella Artois, as abadías de Leffe nas súas versións loira e rose e a tamén belga de trigo Hoegaarden xunto coa weiss alemá Franziskaner Hefe, resulta moito decir. Ahí tedes outro sitio ao que ir e desde aquí desexarvos un vintureiro aninovo, agardo que tódolos vosos desexos se cumprán e agardo que o meu tamén!. |
|
|
|
|
| Fraoch Heather Ale |
|
 A primeira vez que tomei esta ale escocesa foi xa hai bastantes anos, perto de dez, e mercaraa nun pack que se vendía no Corte Inglés con tres cervexas máis do mesmo fabricante. Lémbrome que a que máis me gustara era a Ebolum, da que me dixeran que se lle engadía a isca dos piñeiros. A tomara en formato de 33 cls e nada máis souben desta cervexa ata que a atopei recentemente nun local ovetense. Era noite de ales e ipas e por suposto non ía deixar pasar a oportunidade de brindar cos escoceses de hai catro mil anos, pois a William Brothers Brewery Company recuperou as receitas destas históricas cervexas que caeron en desuso aló polo século XVII pola imposición das cervexas inglesas, e son as que se coñecen por Historic Ales. A cervexa recuperousa dunha forma curiosa, Bruce Williams (un dos dous irmáns propietarios da actual empresa) tiña unha tenda na que producía cervexas caseiras e unha muller entrou cunha receita escrita nun antigo dialecto gaélico mais ao final decantouse por outro produto deixando na tenda a receita. A curiosidade fixo que o dono da tenda levase a cabo a brevaxe e dado o seu éxito hoxe podemos atopar esta xoia que xa bebían os pictos. Esta ale de 5º destaca polo uso de frores de carrasca, primeiro na cocción e despois antes da fermentación o que lle outorga un gusto "distinto" pois o padal non soe estar acostumado a este sabor. O resultado é unha cervexa ambar moi floral e con regusto a malta que se fai bastante lixeira e fácil de beber ainda que non debamos abuxar dela ou poderemos caer na tentación de guindarnos dun penedo, ante as desgrazas da vida, como lle aconteceu ao rei dos pictos. |
|
|
|
|
| Paco´s Beer |
|
 As outras veces que estivera en Oviedo tiña esta cervexaría na miña "folla de ruta" pero non cheguei a dar con ela e iso que a súa situación é moi céntrica, na rúa Fray Ceferino, moi cerquiña da rúa onde están tódalas tendas, (Uria se non me lembro mal). Esta vez sí din co local pero foi antes do horario de apertura pois abre hacia as 18h e como non son deses que agarda sen levar nada de beber a boca, unhas horas despois cando chegamos a este local digamos que íamos a tomerlle unha e a dormir. Así foi, se ben este local non sorprende por ter unha gran cantidade de grifos, ten tres: a pils alemá Bitburger e a súa versión sen alcol, e a abadía belga Grimbergen dobre. Onde reside o seu forte e na botella pois todo a cristaleira que vedes e bastante máis estaba ocupada por botllas distintas e cando preguntei polas cervexas de botella que tiñan e me dixeron todas esas, pois a verdade é que flipei un pouco. Cheguei a conclusión de que non as terían todas e ao ver a Hercules Double Ipa dixen para os meus adentros, non a teñen nen de coña, se vedes xusto debaixo desta entrada daredevos conta que se chegase a apostar perdería. O local nótase que debe traballar bastante ben pois estaba cheo de xente cun ambiente que era bastante agradable, en próximas visitas a Ovieu, ainda que xa teño o meu bar preferido, deixareime caer por estes lares a seguir buscando rarezas cervexeiras. |
|
|
|
|
| Hercules Double IPA |
|
 O mesmo día que desfrutei da pale ale de Sierra Nevada tiven a oportunidade de tomar esta poderosa Ipa. Casualmente foron a primeira e a última da noite e se o principio foi bo o final non lle foi a zaga. A Hercules pertence a outros cervexeiros independientes americanos como é a Great Divide Brewing Company, tamén da rexión de Colorado. A carreira, que non parece ter fin, de lupulizar as cervexas a uns niveis case inauditos, pois a Hercules chega as 85 unidades de amargor, percorre as micros americanas da zona de Colorado. Sen embargo, como é neste caso, equilíbrase o amplio uso de lúpulo cunha gran cantidade de malta. Conseguindo desta forma unha cervexa chea de aromas herbáceos e cítricos cun gran amargor pero cunha boa densidade e un amplo regusto a malta e non nos enganemos que os seus 9,1 º de volumén alcohólico tamén están presentes. Agora a ver se en breves podo probar a irmá desta cervexa a Titán e contarvos que tal foron as sensacións. |
|
|
|
|
| El Lúpulo Feroz |
|
 Hai un par de semanas estiven nesta cervexaría de Uvieu (situada na rúa San Ildefonso Sánchez del Rio da capital asturiana) e ainda que non o creades básicamente fun só a tirarlle unha foto e digo ainda que non o creades porque básicamente a foto é tan mala que desmerece e moito o moi bo que hai dentro. Estiven tres veces no local e se as sensacións foran sempre así a verdade que merecería ir cada pouco tempo. A primeira vez que fun o fixen tras horas deambulando por distintos locais de Uvieu, e con bastantes cervexas enriba, tantas que ao día seguinte comentando coa outra parte do blog que o local non estaba mal pero non lle pegaba nada a música salsa, díxome que salsa era a que tiña eu na miña cabeza pois nada máis alonxado do que alí podes escoitar. Se este local estivera en Vigo algún taburete levaría o meu nome pois a verdade o seu dono consegue que calquer descoñecido que entre pola porta se sinta tan a gusto como se fora un cliente de toda a vida. Hai locais que venden pola decoración, polo produto, pero os hai que a clave do seu éxito está na persoa que está detrás do balcón, e neste caso o corazón deste local, un corazón ben forte e cheo de vida, é o do seu propietario. Hai xente da que digo que está picada co veleno da cervexa e neste caso Andrés, que é como se chama o dono do lúpulo, está inzado deste positivo veleno, a verdade é que dá gusto atoparse a alguén así, a desgraza é que se esté a convertir nunha rara avis cando o normal é que un hostaleiro debería ser así. Estivo máis dunha hora falando con nós, convidándonos a probar cervexas que nunca viramos e só por comprobar que tiñamos a mesma "enfermidade". Sei que calquera que se achegue a este local e lle pregunte por cervexas disfrutará coa súa agradable compaña e manterá unha boa conversa pero vai moito máis aló, preocúpase por conseguir novidades para os seus clientes e manter en carta cervexas moi difíciles de atopar, (xa non recordaba canto había que entraba nunha cervexaría e vía máis cervexas, que tiña moitas gañas de probar, que superaran as aconsellables para unha soa noite). Pois o Lúpulo a pesar de ter moi bos produtos de barril, Pilsner Urquell, a case desaparecida Bass, a Trappe dobre e un grifo rotatorio que neste caso tiña Hoegaarden, o seu forte está nas botellas dándolle paso as novidades cervexeiras que aportan as micros catalanas das que dispuña gran variedade. Dos locais que coñezo do estado español este entraría entre os primeiros dos Top Ten, se pasades por Uvieu nen o dubidedes é o mellor que atoparedes e ogallá teñades oportunidade de cambiar unhas palabras co seu dono, todo un crack. |
|
|
|
|
| Sierra Nevada Pale Ale |
|
 A verdade é que últimamente estou a facer un grato "traballo de campo" que me quita tempo para estes lares pero que me aporta novo material, e entre as últimas cousas que probei está esta maravillosa ale americana. Tiña oido falar da Sierra Nevada Brewery Company pois sempre se pon a esta cervexeira independiente americana como a primeira das micros artesanais. Foi fundada no ano 1979 por ken Grossman (o primeiro que me viu a cabeza foi o presentador dos telexornais dos Simpson) e situou a cervexaría na cidade californiana de Chico e con elo a cidade no mapa dos cervexeiros. Os inicios deste cervexeiro son os que farían soñar a todo amante da cervexa, pouco a pouco desde os pequenos kits de elaboración caseira ata os máis de 800.000 barrís por ano. Pero se hai unha premisa a hora de elaborar as súas cervexas é a búsqueda da calidade obtendo sempre un produto final espectacular. A fábrica conta con dous locais pertencentes a este pequeno grupo que xa se están convertendo no inicio da idea dunha viaxe cervexeira, o malo é que hai tantos sitios onde ir!. Da cervexa decirvos que é extremadamente amarga e iso ben da grande cantidade de lúpulo empregado, neste caso o Cascade, considerado entre os mellores lúpulos. Tamén resalta o gusto a malta pero sen dúbida o seu delicioso amargor foi o que máis me gustou deste produto. Nunha tarde na que puiden degustar de varias pale ales, que virán por aquí próximamente, e estando últimamente moi aficionado a Indian pale Ale de Flying Dog, decántome sen nengún tipo de dúbida por escoller a esta cervexa como a miña preferida neste estilo, outra patada na boca para aqueles que dín que os americanos só fan pis de gato. |
|
|
|
|
|
|
|
|