James Lovelock, o que argallou a teoría de Gaia, afirma que no seo do movemento ecoloxista resulta doado identificar os rasgos característicos do mesianismo ideolóxico. Pode ser que sexa así. Pero non resulta demasiado reconfortante ter que negar lexitimidade precisamente a quen representa a derradeira barreira cívica fronte a demoledora combinación dos apetitos desaforados de certos suxeitos e a clamorosa inoperancia administrativa en materia urbanística.
Digo esto tras ler a pavorosa nova de que o noso litoral esta a piques de ser asfaltado, cementado, neourbanizado, marbellizado, despilfarrado e canibalizado para moitas xeneracións a mans desa noxenta entente composta por propietarios cobizosos, concellos en estado de crise financiera permanente, axentes e comisionistas inmobiliarios doentes por apurar o negocio antes de que o tenderete se lles veña enriba e inocentes habitantes da megalópole mesetaria ansiosos por escapar en busca do frejquito. Todo esto, con outras palabras, dito por Greenpeace. Tamén a ONU e a Comisión Europea están a facer oir a súa voz sobre o particular.
Debe ser que estou indignado por estes asuntos, pero agora mesmo, en quente, creo que xa é hora de mandar ó carallo certos conceptos. Apunto varios, sen ánimo de exhaustividade:
1º. A concepción romana da propiedade, á que tanto agarimo temos ós galegos. Eso de que o de un é de un, e eu son amo e señor do meu dende o ceo ata o inferno comeza a facerse insostible. Que vivan as marabillosas figuras da expropiación e a nacionalización.
2º. O hipergarantismo na aplicación das potestades estatais, ou o que é o mesmo, contemporizar coa aplicación da Lei de Costas. Eu sería partidario de actuar máis expeditivamente. Por exemplo, substituir as voltas e reviravoltas dos expedientes administrativos (lentos, engorrosos, onerosos, ineficaces e moi aburridos) pola dinamita, que é moito máis divertida e acaída para a finalidade última, que lembremos non é outra que preservar o litoral e as zonas de dominio público. Nunha palabra, practicar un urbanismo de oito estalos. Ou dez.
3º. Disolución dos concellos que non estén en condicións de obter a financiación mínima para facer fronte á prestación dos servicios públicos imprescindibles. Con esto evítase: (a) teren que recurrir ó primo de Zumosol (as Deputacións, para entendérmonos), (b) ter que soportar duplicidades de organigrama e previsión de recursos que, por razóns obvias de economía de escala, se poden prestar a niveis superiores, e (c) a lonxanía dos centros decisores en materia urbanística suporía maior garantía de obxectividade e polo tanto de racionalidade. Os defensores do antroido ese da autonomía local botarán as mans á cabeza, pero tanto me ten.
Diossss... que ben se queda un despois de escribir isto e poñerse en plan ácrata e antisistema. Bakunin habería de sentirse orgulloso de min!.
Na novela de Orwell 1984, o Ministerio da verdade adicábase á mentira, o da Paz, á guerra, o da abundancia ao racionamento e o do amor á tortura. Non sei que pensaría Wiston Smith da consellería de ordenación do territorio.
Para non ser #blgtk08#exhaustivo, diches coas tres claves nas que eu teimo sempre, e que por certo, son moi pouco anarquistas. Ao inventor da dinamita habería que darlle o Nobel. Avogo polo seu uso como rito catárquico. Voladuras públicas, como autos de fe.
Chapeau, Mr. Padín. Esqueceume salientar unha boa nova, entre tanto desastre: a criación dunha especialidade dentro do Ministerio fiscal para loitar contra esta lacra dende o punto de vista penal. En canto o #blgtk08#das voaduras públicas... certamente, sedúceme a idea. Eso sí, a modiño cos proveedores... nada de mineiros asturianos trastornados nen cousas disas, non sexa o demo que aparezamos nunha portada de El Mundo...