deambulatorio do can sen dono




Poeta ou non, eu cantarei as cousas que na soleira de min mesmo agardan

X. M. Díaz Castro (Nimbos)


* * *


Galician people
speak galician language


* * *


Eu não quero o que tu queres, (...)
eu sou doutra condição /
Faz-lá como tu quiseres, (...)
folha seca cai ao chão.
quén son
 categorías
 mirade isto
 procurador
 procurar blogs galegos
 arquivo
 anteriores

Epílogo. E a Terra Chá, por sempre.
Xa sei o que quero ser de maior: un labrego da Terra Chá que usa calcetíns de lá. E para os que tivestes a paciencia de me ler, darvos as grazas..., e a comer todo o que vos poñan no prato!

Ata sempre!




pasen e efectúen as súas deposicións (7) - categoría: Eventos e sucedidos - publicado o 29-04-2009 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vontade de poder, superhomes e homiños
Ai, quen me dera un carguiño, Frijolito...
A esencia do político, como problema ontolóxico, admite unha interpretación nietzschiana.

Dende esa perspectiva poderiamos dicir que un político ven sendo un fulano no que esa pulsión inquedante que o mestre de Basilea definira como "vontade de poder" se manifesta de xeito radical. Por tanto o homo politicus vése a sí mesmo como un superhome, isto é, un ser que pertence á raza dos nobres, naturalmente dotado de facultades e poderes demiúrxicos para se dar a sí mesmo un elenco de normas morais que se proxectarán inevitablemente a posteriori nas leises que él e os que son como él poderán impor ó resto do mortais. Por suposto, estes outros mortais son infrahomes. Por non poñernos drásticos, chamémolos homiños, a secas.


O político polo tanto é un ser atrabiliario, exaltado e posuído polo impulso dionisíaco propio da vontade de poder. Nuns casos tal estado de exaltación permanente maniféstase mediante comportamentos claramente histéricos, pero paradoxalmente é máis frecuente que tal pulsión irracional non se mostre de xeito explícito ós terceiros alleos ós seus cenáculos: antes ben, como quera que na personalidade do político é doado que se identifiquen outros rasgos psicopatolóxicos como o histrionismo, a capacidade de intriga e manipulación do próximo, a megalomanía, o egocentrismo, a astucia, altas doses da chamada "intelixencia emocional" ou a tendencia ó recurso da mentira, a conclusión a tirar é que detrás dun gran político normalmente hai un sociópata, ou mesmo un psicópata en toda regra. Por tanto, un home de Estado normalmente agacha un criminal.

O político, eximio representante dos superhomes ou señores, sinaladamente se pertence ó Partido Popular, cree que todos os cidadáns son iguais. É dicir, iguais dentro da súa clase. Así, os homiños ou cidadáns da raza dos menestrales ou escravos son todos iguais, pero entre sí. Do mesmo xeito, os cidadáns da raza dos señores tamén son iguais entre eles, pero en todo caso o derradeiro entre os superhomes é superior per se ó máis senlleiro de entre os homiños. As hemerotecas fornécennos dunha chea de exemplos clínicos maravillosos, como por exemplo cando o ex-presidente da Xunta, no famoso asunto das oposicións gañadas (sic) polos fillos dos prebostes, hai xa uns anos, proclamara aquelo de que "de padres ilustres, hijos ilustres".

Existe unha interesante modalidade dentro do grupo dos homiños, escravos ou cidadáns menestrais: a do menestral desclasado, aspirante a se integrar mediante escalo na categoría ou raza dos señores. Dende un punto de vista conductual, os homiños que integran esta categoría caracterízanse por observar un comportamento claramente propio dos primates, isto é, unha tendencia á imitación e ó gregarismo. Buscan a aprobación dos demáis, nomeadamente de quen sospeitan que poden pertencer á raza dos señores e que dalgún xeito poden favorecer o seu ingreso nesta, asumindo como contrapartida a necesidade de esquecer rasgos identificativos que o definan precisamente como pertencente á clase menestral que aspira a abandonar subrepticiamente -empresa polo demáis ben complicada- e da que renega en público.

Ídelo collendo? É obvio que para os políticos, raza de señores, a xeneralidade dos cidadáns galegos somos homiños, da raza dos escravos, comestos polo impulso apolíneo que nos empurra de xeito fatalista á introspección, á indecisión e as vaguedades pondalianas que non se sabe cando cumprido fin terán, se é que o chegan a ter. Como sublimación seudoideolóxica dese impulso apolíneo temos a apoloxética do galego que tan maxistralmente tratara Carlos Mella nunha obriña reseñada noutra xeira. Os homiños só somos, pois, o instrumento do que os políticos se valen para satisfacer a súa vontade de poder, e a nosa existencia para eles só se xustifica na medida en que conformamos a base humana sobre a que artellan a satisfacción das súa pulsións atávicas.

Neste escenario nietzschiano e nihilista só falta a banda sonora, tal que unha ópera wagneriana. Así, ós sons atronadores das trompetas da apocalipse, declaro que dende o pasado día 2 de marzo de 2009, luns, temos entrado nunha nova era: rachóuse o séptimo sello.
pasen e efectúen as súas deposicións (3) - categoría: Remoendo - publicado o 05-03-2009 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Dous problemas
Opino que Ourense ten actualmente dous graves problemas. O primeiro, que toda a súa poboación activa cabería no estadio de Maracaná. O segundo, este suxeito e os seus modus operandi.
pasen e efectúen as súas deposicións (0) - categoría: Remoendo - publicado o 02-03-2009 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Saudade de Lisboa
Laio de fadista
Velaquí o temos: quizais un epítome da saudade portuguesa, feito letreiro no barrio de Alfama.

[Agradezo a súa valiosa achega a Anxo, amigo enxeñoso e observador que se ben no eido do ciclismo non acaba de superar o estado de nova promesa, no da fotografía xa se conduce como un consumado profesional, como podemos ver aquí.]
pasen e efectúen as súas deposicións (1) - categoría: Chascarrilloloxía - publicado o 20-01-2009 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Elevando a ollada
O ano 2009 celébrase o Ano Internacional da Astronomía, instituido pola Unesco.

A Astronomía como afección paréceme a terapia óptima para a superación das mesquindades do cotiá, as miserias da nosa condición e as servidumes que nos impón a voracidade do noso propio ego: a contemplación humilde do que xa estaba cando chegamos nós, do que continuará sendo cando desaparezamos e para o que, como dixera Carl Sagan, somos perfectamente indiferentes.
pasen e efectúen as súas deposicións (5) - categoría: Eventos e sucedidos - publicado o 19-12-2008 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Frases célebres ( XIII )
"O que che dean aquí dáo o monte sen cavar"
(Meu pai)


Esta foi a feliz aportacion fraseolóxica do meu pai á miña cultura financieira ó pasarmos un destes días por diante dunha sucursal de certa entidade bancaria, que anunciaba non sei qué premios e retribucións a esgalla por un depósito a prazo fixo.

Demo de vello!
pasen e efectúen as súas deposicións (4) - categoría: Frases célebres - publicado o 30-11-2008 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Frases célebres ( XII )
"Un experto é alguén que coñece cales son os peores erros que poden cometerse no tema da súa especialidade, e que sabe como evitalos".

(Niels Bohr)


Se o pai da física cuántica ten razón nesta sentencia, a crise actual prodúcese non porque non fora advertida polos expertos. Xa o saberemos daquí a uns anos, cando se publiquen estudos explicativos moi polo miúdo. Que, como sempre, chegarán tarde.
pasen e efectúen as súas deposicións (1) - categoría: Frases célebres - publicado o 26-11-2008 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
De títulos-valores, ou isto coa República non pasaba

Supoñamos que “la Lola” formase libremente parte do Comité de Milicias y Defensa de la Ciudad de Toledo en calidade de responsable. Supoñamos tamén que a Lola fora dona e señora de seu e non rendía explicacións a ninguén polo que facía nen con quén.

Velaí teríamos entón un título-valor expedido pola Lola, escasamente sofisticado e non endosable, sinxelo ata o rusticismo e malia todo perfectamente fiable: un compromiso de pago futuro de carácter personalísimo e con cargo ó propio corpo dun emisor, a Lola, identificada e coñecida, e só canxeable por algún outro ben a entregar ou servizo a prestar presumiblemente en similares condicións. Ou mesmo sen contraprestación, como mera liberalidade. Unha volta ó troco, como se cadra cómprenos nestes tempos de zozobra financieira e incertidume económica, onde esta caste de documentos ben poderían adquirir toda a súa potencialidade como valores refuxio.

Para os que alberguen reservas de carácter moral, volvo insistir: os vales expedidos libérrimamente pola Lola non serían transferibles a terceiros, como reza no pe do cupón, e por tanto non susceptibles de cotización en mercado de valores algún. E con todo, non necesariamente nominativos, senón que tamén cabería a modalidade ó portador.

Co corazón na man, fagan exame de conciencia e díganme: ¿é acaso a emisión deste tipo de vales máis éticamente reprobable que a das famosas hipotecas-lixo, eses enxendros do turbocapitalismo hipersofisticados cuxa emisión está desvinculada ata o absurdo da garantía para a súa execución en caso de impago, e no que o responsable último non é outro que o contribuínte do Estado cuxo goberno sae en defensa dos hedge funds, empaquetadas e documentadas en papel caseque mollado e endosados ata a náusea baixo un aspecto mil veces metamorfoseado ata facelos non identificables na súa letalidade?

Definitivamente, eu quédome cos vales da Lola. Porque, amigos e cidadáns, isto, nunha República de obreiros e traballadores, non tería pasado.
pasen e efectúen as súas deposicións (6) - categoría: Remoendo - publicado o 22-10-2008 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mentando a Hirohito
Banzai...!!
Non é por chufarse un a sí mesmo, que está moi feo, pero oiga vostede, herr González... que esto ou algo semellante xa o dixera este servidor hai un tempiño!
pasen e efectúen as súas deposicións (3) - categoría: Remoendo - publicado o 26-09-2008 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Parecidos razoables ( e II )
Exxxxxxxcelennnte...!!Pois claro que é Francisco González! Quén se non?

Inspiraría a imaxe do prócer chantadino a quenturenta imaxinación de Groening e compaña á hora de concibir a figura do señor Burns?

Iso sí, cando vexo que os recibos, cargos e letras son pasados ó cobro puntual e inexorablemente decátome que o BBVA sí funciona como un reloxio, ó revés de como o fai a central nuclear que dirixe con man de ferro ou algo semellante o seu alter ego animado.

Premio para a acertante!
pasen e efectúen as súas deposicións (1) - categoría: Chascarrilloloxía - publicado o 21-09-2008 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
CAVE CANEM!