|
|
|
|
NOVO ENCONTRO DE DANZAS EN CARBALLIÑO! 14-16de xuño |
|
Propoñémosvos un novo Encontro de danzas do mundo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)
A pesar de que este ano só vai abrir uns poucos meses debido á crise, conseguimos que nola concedesen de novo!
Organizamos alí un encontro para compartir momentos de música, de baile, de andainas ou simplemente de estar xuntos, aberto a todas as persoas que se queiran apuntar.
Ogallá que sexamos moitos! O ano pasado fomos 82 e pasámolo fenomenal!
Se tocades algún instrumento animádevos a traelo!
Reunirémonos alí desde o venres día 14 de xuño pola tarde, ata o domingo día 16 tamén pola tarde.
O custe de toda a fin de semana, en pensión completa, en habitacións dobles, é de só 50 euros por persoa adulta: unha verdadeira ganga, porque ademais a Residendencia está moi coidada, cunha paisaxe preciosa, uns xardín arredor moi coidados e o trato do persoal é magnífico.
Os nenos menores de dous anos non pagan e os que teñen entre 3 e 12 pagan 30 euros.
Os socios de Monteira con seis meses de antigüidade e cotas ao día pagan 40 euros.
En Monteira xa é a terceira vez que imos e ogallá que poidamos seguilo organizando, pois é difícil atopar algo similar.
Podermos xuntar baixo o mesmo teito a persoas de diferentes cidades e grupos de danza, que comparten o pracer polas danzas do mundo, independentemente da súa idade, habilidade ou coñecemento, é unha satisfacción.
Como nolo acaban de comunicar, temos pouco tempo de prazo para anotarnos: ata o día 5 de xuño.
Debedes contactar con Magdalena, no teléfono 677 556 402, e facilitarlle o teléfono, DNI e nome completo das persoas que van ir, ou ben escribirlle ao correo: monteiradanzas@gmail.com.
Tamén é preciso que paguedes o importe total que vos corresponda, o cal debemos ingresar á Xunta de Galicia antes de irmos. Podedes facelo en efectivo no local de Monteira, en Vigo, ou ben ingresalo na conta bancaria de Monteira en Novagalicia Banco, número 2080.5075.12.3040022402.
Se alguén desexa menú vexetariano pode solicitalo ao rexistrarse, ou se ten algún tipo de restriccións na súa comida.
I
Animádevos a unha festeira fin de semana de danzas!
A XUNTA DIRECTIVA DE MONTEIRA
---------------------------------- PREMER EN FOTOS DA XUNTANZA DO ANO PASADO
|
|
|
|
VENRES 24 DE MAIO |
|
ste venres, día 24 de maio, ás 20:00 horas, imos presentar o libro De roda en roda de novo, esta vez na Feira do Libro de Pontevedra, na Praza da Ferrería. Puxémolo en venres para que non interferise cos encontros do sábado en Vigo.
Ao remate faremos danzas, como en Santiago. Se podedes vir estaría fenomenal! Así aínda que os espontáneos que se incorporen non sexan moitos, cando menos os presentes pasarémolo ben e o acto quedará máis lucido. Estaremos Suso, Pilar, Javier Jurado, creo que Freixanes, e estamos intentando que veña alguén de Educadores pola paz.
B |
|
|
|
este sábado 4 NON haberá clase |
|
O vindeiro sábado día 4 non teremos sesión de Monteira en Vigo, porque ese día, ás 8 da tarde temos unha presentación do libro DE RODA EN RODA na Feira do Libro de Santiago, no espazo central da Alameda. Estaremos Suso, Pilar, Freixanes (por Galaxia) e Luís Prego, que aceptou a nosa invitación para acompañarnos esa tarde. Despois de falar un rato sobre o libro, bailaremos algunhas danzas do libro, as máis fáciles, xunto coa xente que por alí se acerque. A animación será moito máis lucida e doada se vos achegades algunhas persoas de Monteira ata alí, sería fenomenal contar con algúns de vós para facilitar a aprendizaxe dos que se animen a bailar!
Para os que veñades: quedamos ás sete e media na Feira do Libro, onde se fan os actos de presentación. |
|
|
|
|
|