Esta fin de semana, ademais da clase de sempre do sábado às 20h do serán, teremos unha ANIMACIÓN para bailar as danzas de Monteira, na FESTA DA XUVENTUDE ( ó lado do estadio de Balaídos) o domingo día 25 de abril as 18h do serán.
A fin de semana pasada, realizouse a segunda parte do obradoiro de Danzas Africanas organizada pola asociación Monteira-Grupo de Danzas do Mundo de Vigo.
O martes dia 20 de abril de 2010 ás 20:30 horas, no auditorio das instalacións do Camping de Praia América en Nigrán, o gaiteiro bretón Patrick Molard ofrecerá un concerto didáctico que constará dunha primeira parte, en formato de conferencia, sobre a temática das "cornamusas" en Bretaña e unha segunda parte na que se levará a cabo un concerto solista. Organiza a Concellalía de Cultura.