DANZAS DO MUNDO


Blog de Monteira

O meu perfil
monteiradanzas@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENCONTRO DE DANZAS DO MUNDO en Carballiño
Ola a todos:

A finais do pasado ano o grupo de MONTEIRA, DANZAS DO MUNDO, organizamos e disfrutamos dunha fin de semana na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), da que arriba tedes unha foto, que dispón dunhas magníficas instalacións para recibir a grupos grandes de xente (!350 persoas!), nun entorno paisaxístico estupendo, con bo sitio para aparcar e a uns prezos inmellorables.

Satisfeitos desta experiencia, solicitamos poder organizar un novo encontro, pero neste caso aberto a todas aquelas persoas que quixeran compartir connosco eses momentos de festa, e conseguimos que nolo concedesen!

Podemos disfrutar dunha fin de semana, desde o venres tarde, día 15 de xuño, ata o domingo pola tarde, día 17 de xuño, con pensión completa, en habitacións dobles ou triples, polo módico prezo de 48,60 euros TODO INCLUÍDO.

Cremos que é unha oportunidade excelente de facer un gran ENCONTRO DE DANZAS DO MUNDO, reunindo baixo o mesmo teito a persoas de diferentes cidades e grupos de danza que comparten o pracer polas danzas do mundo, independentemente da súa idade, habilidade ou coñecemento.

Iso si: como a demanda alí de prazas é moi alta, temos un prazo moi reducido para dicirlles cantos seremos. Se che interesa, debes contactar o antes posible, e non máis tarde de finais deste mes, con Paqui, a Presidenta de Monteira, ou ben respostando ao correo monteiradanzas@hotmail.com.

Ao inscribirte deberás pagar un anticipo non retornable de 20 euros, en efectivo no local de Monteira, en Vigo, ou mediante ingreso na conta bancaria de Monteira número 2080.5075.12.3040022402. E quince días antes da data, ou sexa, antes do 1 de xuño, deberás pagar os 28,60 euros restantes, pois nesa data Monteira terá que ingresar o importe total na Xunta de Galicia, de quen depende a Residencia.

Nen@s:

- Os nenos menores de dous anos non pagan nada
- Os nenos entre 2 e 12 pagan 13,5 euros por día, ou sexa, 27 euros polos dous días efectivos que estaremos alí.
- Farán menú para vexetarianos: os que o desexen que nos indiquen as restriccións da súa comida (ovos si ou non, etc.)
O importe do ingreso para os que anoten a nenos sería de 10 euros iniciais e os 17 euros restantes quince días antes.
Animádevos!

Anímate a unha festeira fin de semana de danzas!

A XUNTA DIRECTIVA DE MONTEIRA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2012 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Rede Europea de Orquestas de Folk
Festival de la Red Europea de Orquestas de Folk
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2012 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
PATRICK MOLAR (Concerto didáctico)

Na UNIVERSIDAD DE VIGO realizarase un concerto didáctico de Patrick Molar

Dia 11 de abril as 16h 30
Sala 1 Edificio Miralles
Campus de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2012 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE FIDDLE
CURSO DE FIDDLE ( Acompañamiento de Danza Percusiva & Claqué tradicional)
SCOTT HARTLEY é un fantástico violinista afincado no norte de Inglaterra. Traballou en proxectos con Brittany Hass (Crooked Still) e Catriona Mc Donald (Blazin Fiddles, String Sisters). Vén acompañando a NIC GAREISS, un bailarín que foi acompañado polos mellores fiddlers do mundo, entre outros: Liz Carroll, A.Fraser, Martin Hayes, Daron Anger, Bruce Molsky, etc... É un auténtico luxo contar con estes dous músicos en Galicia.
O curso de Danza e Fiddle será o Sábado 24 e á noite haberá cea e concerto , como vén sendo habitual.
Para anotarse ao curso e para reservar praza para o concerto fai click aquí .
O Venres 23 ao redor das 19,00 hs serán os encargados de pór o broche final á audición da e-Trad, que terá lugar no Auditorio da escola en Xustans (Pontecaldelas).
Non fai falta ter coñecementos de claqué para facer o curso de NIC, só roupa cómoda e ritmo.
PRAZAS LIMITADAS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2012 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Danzas do Mundo na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2012 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0