|
|
|
|
OBRADOIRO DE DANZAS CANARIAS |
|
 Dirixido por:
Domingo Pérez Navarro
Días 13 e 14 de Febreiro do 2010 en Vigo (Pontevedra)
ORGANIZADO pola Asociación Monteira-Grupo de Danzas do Mundo de Vigo.
Esta asociación está aberta a todas aquelas persoas que busquen iniciarse nas danzas tradicionais e populares de distintos pobos do mundo, sen limitación por idade, formación ou habilidade para a danza. Os seus socios reúnense tódalas semanas para bailar, nun ambiente alonxado de calqueira competitividade e no que se potencia a participación.
¿A quen vai dirixido este curso?
? Ás persoas de calquera idade, con ou sen coñecementos.
de danza, interesadas en coñecer e disfrutar da música e a danza doutro país.
? Aos interesados no baile como unha experiencia
compartida.
Lugar de Realización
O curso terá lugar no local da Asociación Cultural O Coto, no Colexio Carballal de Cabral, subida á Freiría, 1 (Av. Aeroporto), Vigo.
Programa:
Día 13, sábado:
Clases: de 10:30 h a 14:00 h de 16:00 a 19:30 h
Día 14, domingo:
Clases: de 10:30 a 14:00 h
Prezos
O prezo do curso é de 20 euros (5 euros para socios de Monteira).
Inscricións:
Para a inscrición hai dous métodos:
? Chamar ao teléfono:
677 556 402 (Magdalena)
? Enviar un correo-e a:monteiradanzas@hotmail.com.
¡Prazas limitadas! Máximo 30 alumnos.
Terán prioridade os socios ata o día 30 de Xaneiro.
Domingo Pérez Navarro
Domingo Pérez Navarro é diplomado en Maxisterio
e experto no folclore de Canarias, tanto no referido a baile tradicional como a Etnografía. Ten ampla experiencia como profesor de folclore, investigador de Indumentaria Tradicional e baile canario e coordinador de exposicións sobre traxes tradicionais e outras actividades relacionadas co folclore. Tamén ten publicado artigos e impartido conferencias sobre estes temas.
Así mesmo ten unha longa traxectoria como director de baile de agrupacións folclóricas, dirixindo actualmente o corpo de baile da Asociación Folklórica Cultural Rumantela, de Arucas (Canarias), o cal está formado por dezasete bailadores.
O termo ?Rumantela? significa nun senso amplo parranda. Procede da palabra portuguesa ?ruma?, que significa ?rumba?.
A Agrupación, ademais de ser fidel ao seu nome, pretende manter vivo o folclore e tradicións de Canarias.
Conta con vinte e dous tocadores.
Agrupación Folklórico-Cultural ?Rumantela?
A Agrupación nace no entorno das Escolas Artísticas Municipais de Arucas perante o curso académico 1998-1999. Inicia a súa andaina como entidade legal independente e con estatutos propios en Maio do 2000.
Na actualidade consta de corenta compoñentes, entre tocadores e bailadores. Dispón de roupa tradicional do século XVIII de Gran Canaria, con tecidos ricos en la, seda e pano; e do traxe tradicional campesi?no de finais do século XIX.
O repertorio do grupo trata de abarcar o folclore tradicional das sete illas, como son folias, berlinas, siotes, sorondongos, etc., así como a aportación que ao mesmo fixeron os emigrantes.
A A.F.C. Rumantela, ademais de participar nos tradicionais eventos de car´acter folclórico dentro da illa (romerías, taifas, piñatas, navidad e festas patronais) ten participado en festivais folclóricos de maior relevancia como: Festival de la Bajada de la Virgen de los Reyes, na illa de El Hierro (ano 2000), Festival de folklore Virgen de la Cuevita en Artenara G.C. (ano 2002), Festival en Santa Brígida(ano 2003), X Festival Nacional de Folkore Isla de Gran Canaria (Firgas ano 2003), III y VI Baile del Bucio (ano 2003), Intercambio Cultural con el Grupo Ithaisia de Tenerife (anos 2004 e 2005). |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
O curso ten moi boa#blgtk08# pinta. Animádevos! |
|
|
Comentario por pilar (27-01-2010 23:10) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|