DANZAS DO MUNDO


Blog de Monteira

O meu perfil
monteiradanzas@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS


Monteira naceu no ano 1989 e dende entón, reunímonos semanalmentepara lembrar as danzas que coñecemos e para aprender outras novas, que os distintos membros do grupo recollen en diversos cursos e festivais, tanto nacionais como internacionais.

¿Por qué danzas populares?


A través das danzas tradicionais e populares de diversas partes do mundo coñecemos, dalgún xeito a outras xentes a outras formas de expresión. É unha forma de contrarrestar a homoxeneización cultural moderna e de dar conta da diversidade que o ser humano posúe nas múltiples culturas existentes, así como un xeito de relacionarse san e divertido.

O noso obxectivo é revivir a danza tradicional e que volte ser o que foi, para que a interpretación musical e a danza popular deixen de ser un espectáculo contemplativo, e se troquen nun acto participativo.

Por medio da danza ofrecémosche unha viaxe por diferentes países deleitándonos cos seus diferentes ritmos e melodías ou sons.

poderemos saír da nosa Galicia daman dunha Muñeira, ir cara a Euscadi cun Carnaval de Lanz, achegarnos ata Gasconia coa sua Mazurca e subir ata Bretaña a ritmo de Gavotte, saltar a Eire cun Set e atravesar Escocia bailando un Streep the Willow e mesmo voar ata Grecia para coñecer os seus Sirtós, pasar a Bulgaria coas súas melodías gaitas, bailando un Rodopsko, etc.

Invitámosvos a todos os que vos guste a danza, sen límites de idade ou coñecemento previo, a asistir ás nosas xuntanzas semanais, así como as festas que organizamos ou ás animacións e obradoiros que facemos noutras asociacións culturais ou veciñais.

Anímate. Cantos máis sexamos mellor o pasaremos.Voltarás.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2010 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0