DANZAS DO MUNDO


Blog de Monteira

O meu perfil
monteiradanzas@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVO ENCONTRO DE DANZAS EN CARBALLIÑO! ‏ 14-16de xuño
Propoñémosvos un novo Encontro de danzas do mundo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)
A pesar de que este ano só vai abrir uns poucos meses debido á crise, conseguimos que nola concedesen de novo!
Organizamos alí un encontro para compartir momentos de música, de baile, de andainas ou simplemente de estar xuntos, aberto a todas as persoas que se queiran apuntar.
Ogallá que sexamos moitos! O ano pasado fomos 82 e pasámolo fenomenal!
Se tocades algún instrumento animádevos a traelo!
Reunirémonos alí desde o venres día 14 de xuño pola tarde, ata o domingo día 16 tamén pola tarde.
O custe de toda a fin de semana, en pensión completa, en habitacións dobles, é de só 50 euros por persoa adulta: unha verdadeira ganga, porque ademais a Residendencia está moi coidada, cunha paisaxe preciosa, uns xardín arredor moi coidados e o trato do persoal é magnífico.
Os nenos menores de dous anos non pagan e os que teñen entre 3 e 12 pagan 30 euros.
Os socios de Monteira con seis meses de antigüidade e cotas ao día pagan 40 euros.
En Monteira xa é a terceira vez que imos e ogallá que poidamos seguilo organizando, pois é difícil atopar algo similar.
Podermos xuntar baixo o mesmo teito a persoas de diferentes cidades e grupos de danza, que comparten o pracer polas danzas do mundo, independentemente da súa idade, habilidade ou coñecemento, é unha satisfacción.
Como nolo acaban de comunicar, temos pouco tempo de prazo para anotarnos: ata o día 5 de xuño.
Debedes contactar con Magdalena, no teléfono 677 556 402, e facilitarlle o teléfono, DNI e nome completo das persoas que van ir, ou ben escribirlle ao correo: monteiradanzas@gmail.com.
Tamén é preciso que paguedes o importe total que vos corresponda, o cal debemos ingresar á Xunta de Galicia antes de irmos. Podedes facelo en efectivo no local de Monteira, en Vigo, ou ben ingresalo na conta bancaria de Monteira en Novagalicia Banco, número 2080.5075.12.3040022402.
Se alguén desexa menú vexetariano pode solicitalo ao rexistrarse, ou se ten algún tipo de restriccións na súa comida.
I
Animádevos a unha festeira fin de semana de danzas!

A XUNTA DIRECTIVA DE MONTEIRA
---------------------------------- PREMER EN FOTOS DA XUNTANZA DO ANO PASADO
FOTOS DA XUNTANZA DO ANO PASADO
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2013 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0