DANZAS DO MUNDO


Blog de Monteira

O meu perfil
monteiradanzas@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

este sábado 4 NON haberá clase
O vindeiro sábado día 4 non teremos sesión de Monteira en Vigo, porque ese día, ás 8 da tarde temos unha presentación do libro DE RODA EN RODA na Feira do Libro de Santiago, no espazo central da Alameda. Estaremos Suso, Pilar, Freixanes (por Galaxia) e Luís Prego, que aceptou a nosa invitación para acompañarnos esa tarde. Despois de falar un rato sobre o libro, bailaremos algunhas danzas do libro, as máis fáciles, xunto coa xente que por alí se acerque. A animación será moito máis lucida e doada se vos achegades algunhas persoas de Monteira ata alí, sería fenomenal contar con algúns de vós para facilitar a aprendizaxe dos que se animen a bailar!
Para os que veñades: quedamos ás sete e media na Feira do Libro, onde se fan os actos de presentación.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-05-2013 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0