|
|
|
|
ENCONTRO DE DANZAS DO MUNDO en Carballiño |
|
Ola a todos:
A finais do pasado ano o grupo de MONTEIRA, DANZAS DO MUNDO, organizamos e disfrutamos dunha fin de semana na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), da que arriba tedes unha foto, que dispón dunhas magníficas instalacións para recibir a grupos grandes de xente (!350 persoas!), nun entorno paisaxístico estupendo, con bo sitio para aparcar e a uns prezos inmellorables.
Satisfeitos desta experiencia, solicitamos poder organizar un novo encontro, pero neste caso aberto a todas aquelas persoas que quixeran compartir connosco eses momentos de festa, e conseguimos que nolo concedesen!
Podemos disfrutar dunha fin de semana, desde o venres tarde, día 15 de xuño, ata o domingo pola tarde, día 17 de xuño, con pensión completa, en habitacións dobles ou triples, polo módico prezo de 48,60 euros TODO INCLUÍDO.
Cremos que é unha oportunidade excelente de facer un gran ENCONTRO DE DANZAS DO MUNDO, reunindo baixo o mesmo teito a persoas de diferentes cidades e grupos de danza que comparten o pracer polas danzas do mundo, independentemente da súa idade, habilidade ou coñecemento.
Iso si: como a demanda alí de prazas é moi alta, temos un prazo moi reducido para dicirlles cantos seremos. Se che interesa, debes contactar o antes posible, e non máis tarde de finais deste mes, con Paqui, a Presidenta de Monteira, ou ben respostando ao correo monteiradanzas@hotmail.com.
Ao inscribirte deberás pagar un anticipo non retornable de 20 euros, en efectivo no local de Monteira, en Vigo, ou mediante ingreso na conta bancaria de Monteira número 2080.5075.12.3040022402. E quince días antes da data, ou sexa, antes do 1 de xuño, deberás pagar os 28,60 euros restantes, pois nesa data Monteira terá que ingresar o importe total na Xunta de Galicia, de quen depende a Residencia.
Nen@s:
- Os nenos menores de dous anos non pagan nada
- Os nenos entre 2 e 12 pagan 13,5 euros por día, ou sexa, 27 euros polos dous días efectivos que estaremos alí.
- Farán menú para vexetarianos: os que o desexen que nos indiquen as restriccións da súa comida (ovos si ou non, etc.)
O importe do ingreso para os que anoten a nenos sería de 10 euros iniciais e os 17 euros restantes quince días antes.
Animádevos!
Anímate a unha festeira fin de semana de danzas!
A XUNTA DIRECTIVA DE MONTEIRA
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|