DANZAS DO MUNDO


Blog de Monteira

O meu perfil
monteiradanzas@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVO LOCAL
Retomamos as clases este próximo sábado ´día 12 de xullo as 21 horas (horario de veran) no local da A.V.V da Salgueira, Camiño de Lourido s/n

COMO CHEGAR:
Dende a Gran Vía coller por Mantelas ata o final e, á dereita, coller polo camiño de Lourido ata o final, ao lado da Igrexa de Santa Lucía.

Autobús, o 18, ou calqueira que pase pOla praza de España (10m camiñando)

Esperámovos!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2014 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
o sábado 27 non hai clase
Ola a todos, ¡¡¡¡ este sábado NON hai Monteira ¡¡¡¡

A pesar do comezo das vacacións, este ano durante os sábados de agosto nos seguiremos xuntado para bailar, pero non no local de sempre (no calvario) que pecha por vacacións, sinon que esperamos que sexa no local sito en Cánovas del Castillo da AAVV Casco Vello (estamos pendente de confirmación).


¡Felices vacacións¡
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2013 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO ENCONTRO DE DANZAS EN CARBALLIÑO! ‏ 14-16de xuño
Propoñémosvos un novo Encontro de danzas do mundo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)
A pesar de que este ano só vai abrir uns poucos meses debido á crise, conseguimos que nola concedesen de novo!
Organizamos alí un encontro para compartir momentos de música, de baile, de andainas ou simplemente de estar xuntos, aberto a todas as persoas que se queiran apuntar.
Ogallá que sexamos moitos! O ano pasado fomos 82 e pasámolo fenomenal!
Se tocades algún instrumento animádevos a traelo!
Reunirémonos alí desde o venres día 14 de xuño pola tarde, ata o domingo día 16 tamén pola tarde.
O custe de toda a fin de semana, en pensión completa, en habitacións dobles, é de só 50 euros por persoa adulta: unha verdadeira ganga, porque ademais a Residendencia está moi coidada, cunha paisaxe preciosa, uns xardín arredor moi coidados e o trato do persoal é magnífico.
Os nenos menores de dous anos non pagan e os que teñen entre 3 e 12 pagan 30 euros.
Os socios de Monteira con seis meses de antigüidade e cotas ao día pagan 40 euros.
En Monteira xa é a terceira vez que imos e ogallá que poidamos seguilo organizando, pois é difícil atopar algo similar.
Podermos xuntar baixo o mesmo teito a persoas de diferentes cidades e grupos de danza, que comparten o pracer polas danzas do mundo, independentemente da súa idade, habilidade ou coñecemento, é unha satisfacción.
Como nolo acaban de comunicar, temos pouco tempo de prazo para anotarnos: ata o día 5 de xuño.
Debedes contactar con Magdalena, no teléfono 677 556 402, e facilitarlle o teléfono, DNI e nome completo das persoas que van ir, ou ben escribirlle ao correo: monteiradanzas@gmail.com.
Tamén é preciso que paguedes o importe total que vos corresponda, o cal debemos ingresar á Xunta de Galicia antes de irmos. Podedes facelo en efectivo no local de Monteira, en Vigo, ou ben ingresalo na conta bancaria de Monteira en Novagalicia Banco, número 2080.5075.12.3040022402.
Se alguén desexa menú vexetariano pode solicitalo ao rexistrarse, ou se ten algún tipo de restriccións na súa comida.
I
Animádevos a unha festeira fin de semana de danzas!

A XUNTA DIRECTIVA DE MONTEIRA
---------------------------------- PREMER EN FOTOS DA XUNTANZA DO ANO PASADO
FOTOS DA XUNTANZA DO ANO PASADO
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2013 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
VENRES 24 DE MAIO
ste venres, día 24 de maio, ás 20:00 horas, imos presentar o libro De roda en roda de novo, esta vez na Feira do Libro de Pontevedra, na Praza da Ferrería. Puxémolo en venres para que non interferise cos encontros do sábado en Vigo.
Ao remate faremos danzas, como en Santiago. Se podedes vir estaría fenomenal! Así aínda que os espontáneos que se incorporen non sexan moitos, cando menos os presentes pasarémolo ben e o acto quedará máis lucido. Estaremos Suso, Pilar, Javier Jurado, creo que Freixanes, e estamos intentando que veña alguén de Educadores pola paz.
B
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-05-2013 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
este sábado 4 NON haberá clase
O vindeiro sábado día 4 non teremos sesión de Monteira en Vigo, porque ese día, ás 8 da tarde temos unha presentación do libro DE RODA EN RODA na Feira do Libro de Santiago, no espazo central da Alameda. Estaremos Suso, Pilar, Freixanes (por Galaxia) e Luís Prego, que aceptou a nosa invitación para acompañarnos esa tarde. Despois de falar un rato sobre o libro, bailaremos algunhas danzas do libro, as máis fáciles, xunto coa xente que por alí se acerque. A animación será moito máis lucida e doada se vos achegades algunhas persoas de Monteira ata alí, sería fenomenal contar con algúns de vós para facilitar a aprendizaxe dos que se animen a bailar!
Para os que veñades: quedamos ás sete e media na Feira do Libro, onde se fan os actos de presentación.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-05-2013 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Este sábado 13 de abril NON HABERÁ CLASE
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2013 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
SUSPÉNDENSE AS CLASES ATA O PRÓXIMO 13 DE ABRIL

NON HABERÁ CLASE OS SEGUINTES SÁBADOS:

23 de marzo
30 marzo SEMANA SANTA
2 marzo FESTA DA RECONQUISTA EN VIGO
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2013 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE DANZAS ASIÁTICAS CON ANNA MARÍA BIFFI
CURSO DE DANZAS ASIÁTICAS
CON ANNA MARÍA BIFFI
en el Centro de Encuentros ?El Tilo?
Semana Santa 2013
Viaje de un occidental siguiendo
los pasos de un hilo de seda

Con su excelente pedagogía ANNAMARIA BIFFI nos conducirá, a través de la danza, por diferentes países asiáticos. Desde China hasta Japón pasando por Mongolia, Tailandia, India, Sri Lanka...

Días: del 28 al 31 de Marzo de 2013
Lugar: Centro de Encuentros ?El Tilo? en Ribota de Ordunte (Valle de Mena-Burgos)
Horarios:
Llegada el día 28 para cenar
Salida día 31 después de la comida.
Horarios de clases: mañanas de 10?30 a 13?30 h.
tardes de 17?30 a 20?30 h.
(El horario es aproximado y estará marcado por la profesora)
Precio: 195 euros con el alojamiento y la pensión completa incluidos
Sólo curso: 60 ?
Información e inscripción: Javi y Cuca 947 127318 / 680 117460 (Javi)/ 660 743101 (Cuca) o a través del correo: info@danzasinfronteras.com

Organiza: asociación Danzas sin Fronteras
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2013 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Taller y concierto de danzas bretonas en Cangas‏
Estas actividades terán lugar o día 3 de marzo na sala Salason de Cangas.

Se queredes apuntaros ó curso, tendes que facelo a través da págxina web de salason (tfnos. 986495961 /698139653)

OBRADOIRO DANZAS DO MUNDO
Neste obradoiro preténdese realizar un achegamento ás distintas
culturas do mundo a través da súa linguaxe máis universal, a danza,
utilizándoa como medio de comunicación e expresión. Aprenderanse
danzas colectivas de diferentes países facilitando a integración e
fomentando o respecto e a tolerancia cara a diversidade cultural.
HORARIO: de 11:00 a 14:00, e de 16:30 a 18:30
PREZO: 12?
MESTRA: Beatriz Díaz

CONCERTO-BAILE
E pola tarde, ás 20:00, baile-concerto con ?Son Bretoned?, formado
polo galego Pedro Blanco, ao acordeón diatónico, e o bretón Nicolás
Derval, ao clarinete. Estes dous músicos, xunto con Beatriz Díaz,
farán un percorrido por distintas músicas e danzas do mundo onde o
público participante poderá aprender as distintas coreografías.
ENTRADA: 3?

SON BRETONED
O grupo Son Bretoned nace do encontro de dous músicos, um bretom e
outro galego, que decidem combinar as músicas dos dous paises para
conseguir dar a conhecer a musica de Bretanha na Galiza e a música
galega na Bretanha. Combinam o acordeom diatónico, o clarinete e a voz
para conseguir bailar e cantar de um jeito divertido e desenfadado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2013 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Musical en RUEIRO‏
O proximo Domingo 24-2-13 as 19,30 estades tod@s convidados a disfrutar da actuacion de Juan Organero e a sua guitarra nun recital de pezas variadas

Lugar: NO salón de actos do Complexo Parroquial "Cristo da Vitoria" Rúa Baiona nº 9 en Coia, VIGO

Organiza: Centro Cultural Artístico "Rueiro"
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2013 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0