Historia de Cuntis. Especialmente no que atinxe á represión franquista |
|
Comezo este novo Blog co que intento recuperar outro que tiña anteriormente e que foi dado de baixa no seu tempo. Pretendo recuperar no posíbel todos os textos e imaxes que tiña e ademais continuar con outros traballos novos que considere que poidan ter interese |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
...está ouveando un lobo! |
|
Naquelas longas noites de inverno nunca faltaba quen contara algún conto de lobos a carón da lareira ou na taberna, cando quedaba un pequeno faladoiro de esmorgantes tomándolle a arrancadeira, engaiolados polas palabras dalgún acreditado veciño que, co seu enxeño natural para adobialos con elementos tirados do seu maxín e usando o ton máis acaído en cada intre, despregaba os seus dotes literarios e escénicos. Contos que en ocasións facían tremer de medo aos máis afoutos mozos das nosas aldeas de regreso aos seus lugares. E é que este animal sempre estivo envolto nunha nebulosa de lenda que acaroaba o esoterismo.
Na Galiza rural non era raro que, de cando en vez, algún cazador aparecese cun lobo morto e llo entregase aos rapaces. Para estes era unha verdadeira festa. Levábano polas aldeas colgado dun pau para que os veciños, sempre temerosos deste mítico animal que lles causaba tantas baixas na facenda, recompensasen aos rapaces só polo feito de constatar que nalgunha manda da contorna xa había un exemplar menos. Todos os labregos teñen escoitado algunha vez cun pavor irracional o queixoso ouveo do lobo que literalmente pon os pelos de punta. E era precisamente esta circunstancia a que facía que, ao tratarse dun lobo, os paisanos foran máis xenerosos que cando era un agudo raposo o que ía pendurado na vara, pois de todos é sabido que aínda que o golpe xeraba importantes danos nos seus corrais, carecía daquela aura de misterio que tanto desacougaba ás nosas xentes.
Unha vez que os rapaces lle tiñan tirado proveito no seu territorio, o cadáver era cedido aos rillotes doutra zona para que fixeran o propio; arremuda que se repetía unha e outra vez até que o corpo estaba practicamente putrefacto. A xente seguía pagando igual, a pesar de que todos eran plenamente conscientes da argucia, mais non ousaban eludir a súa achega, quizá debido a algún tipo de superstición que se escapa ao entendemento.
Lembro ter visto portar deste xeito algún raposo, mais só unha vez tiven esta experiencia cun lobo. Baixárono dun Land Rober que viña das montañas dos Ancares, creo que da zona do Restelo, onde fora atropelado, e quizais o feito de non ter sido apresado por un ousado cazador lle quitara un pouco de mérito ao asunto. Era un exemplar novo, aínda cativo, e isto tampouco axudaba demasiado, xa que lle restaba unha boa dose de suspense. Mesmo inspiraba certa mágoa e tenrura.
Para os nosos labregos a palabra lobo é sinónimo de medo, de aí ditos tan populares como o de "verlle as orellas ao lobo", ou o facto de asustar os nenos con expresións como "que vén o lobo!", tomada, claro está, do ilustrativo conto do pastor mentireiro. Aínda que este xa sería un tema para tratar á parte, o do lobo nas nosas fábulas e contos, nos que adoita presentársenos como un animal parvo que sempre remata sendo burlado ou abatido, como pode ser o caso de contos tan difundidos por toda Europa: Carapuchiña vermella, Os sete cabritos, Os tres porquiños, que presentan unha estrutura semellante na narrativa popular galega, pois unicamente na fantasía somos quen de tomar a brincadeira un tema tan arrepiante e envolto nas lúgubres tebras do enigma.
E, falando de contos de lobos, dificilmente podería rispar a alusión a unha teimosa lembranza da primeira infancia. Vivíamos daquela na Poboa de Navia de Suarna, na casa de Féliz, na que convivíamos as dúas familias como se fósemos unha soa. Constantino Bértolo, Tino de Féliz entre nós, adoitaba vir ao noso cuarto a arrolarnos con algún relato paveiro, con frecuencia arremedando algún conto tradicional, co que escachábamos co riso. De entre eles lembro dun xeito especial o de Carapuchiña feroz e o lobo vermello, no que a doce e inocente meniña era unha personaxe perversa e aleivosa que amolaba ao bondadoso lobo. Na mesma liña pois da popular canción de Paco Ibáñez que dicía (se se me permite a adaptación ao galego): "Érase unha vez un lobo boíño/ao que maltrataban todos os añiños". E aínda non acabara de entender de todo o asunto cando polos comezos da década de 1970 o propio Tino tivo que estar agochado unha tempada na nosa casa polas leas da súa militancia política alá en Madrid. Estaba a fuxir tamén dun lobo, do máis insaciábel de todos. Daquela besta que axiña tinxiría o chan de vermello co sangue de Amador Rei e Daniel Niebla, co de Baena e Sánchez Bravo ou co de Ramón Reboiras. Pobre lobo, que ningunha culpa ten dese vezo sinistro que o ser humano ten de seu para a crueldade, e que xermolou, como poucas veces o fixera, no ben estercado eixido do fascismo franquista. Mais ese é o tributo que comporta ser o símbolo vivinte do propio terror. Así será difundido por voz do bo amigo Suso Vaamonde nos versos de Darío Xohán Cabana cando fala da "escuridá que nos deixou a historia de tres anos de guerra en que os lobos mataron a luz e libertá", ou de Celso Emilio: "Detrais de cada home/ está ouveando un lobo. /Un lobo que te come/ e ten comesto o povo".
En boa parte da mitoloxía popular galega o animal confúndese cun ente que tamén ten un aquel de ser humano. E non só me refiro ás terroríficas historias, tan divulgadas no noso imaxinario popular, de lobishomes, ou persoas posuídas por un maleficio, que nos días de lúa chea se transforman en lobos e vense inducidos a cometer os lances máis sanguentos que se poidan imaxinar, algúns dos cales chegaron a ser cantados en feiras e romarías polos nosos cegos trobeiros. Mesmo nas historias reais que relatan aqueles que algunha vez toparon con el no monte, en plena noite, a presenza do lobo está sempre asolagada de misterio, probabelmente provocado polos delirios que causa o propio medo, así como polo inevitábel condicionante da mitoloxía. Podemos entrar nun estado de hipnotismo que nos fai perder a fala, ficar inmóbiles, coa boca enxoita e incapaces de fuxir nin de facerlle fronte. O único que o pode escorrentar é o lume. O lobo teme o lume igual que o vampiro os crucifixos. Mais cando queremos prender o misto, o tremor e a torpeza non nos deixan e, de conseguilo, un misterioso viruxe asolágao axiña.
En ocasións a súa presenza non ten unha verdadeira entidade física. É o lobo que marcha silandeiro cando nós na noite pecha, acompañándonos até a nosa casa, a certa distancia, só achegándose de cando en vez, mais sen que os arrepíos nos deixen ollar para el máis que de esguello. Ao outro día non somos quen de certificar que houbo tal presenza, pois unicamente evocamos o brillo de dous pequenos luceiros que identificamos cos ollos gazos da fera.
No noso imaxinario popular a súa figura está ateigada de riscos humanos e, con frecuencia, de matices femininos. Algunhas historias testemuñan como o bravo animal, despois de ser eliminado dun certeiro tiro na testa, perdía a súa forma, transformándose fugazmente nunha fermosa muller adobiada con peiteado e roupaxes de antano. É como unha pantasma ancestral que regresa entre os humanos, adoptando a forma da fera, para liquidar algunha débeda pendente. E quen de nós ten a conciencia tranquila? E porque non vai ser connosco con quen ten que saldar a conta?
|
|
|
|
A OBRA LITERARIA DE XOÁN XESÚS. UNHA ARMA PARA A LIBERACIÓN |
|
Toda a vida de Xoán Xesús González foi unha loita perseverante pola emancipación nacional e social do seu país. Nestes parámetros teriamos que encadrar forzosamente a súa militancia no nacionalismo, no socialismo, no sindicalismo obreiro e agrario, no movemento estudantil e a loita polo fortalecemento intelectual do proletariado, que consideraba unha arma imprescindíbel para conseguir a súa liberación no plano social, para que puidese gozar dunhas condicións de vida dignas, e para que Galiza deixase de ser un país abatido e dominado.
Xoán Xesús foi moi claro a este respecto, para el: «La nueva religión que adoptaremos los hombres que vayamos de cara al porvenir será la religión de la cultura (...) Esta será la única fe que nos salve de esta época de errores, y la cultura será el único camino de verdad que nos lleve a un fin de ventura».1
A súa obra literaria é unha manifestación máis de todo o labor divulgativo levado a cabo, como ideólogo e comunicador no plano cultural e político. Esta faceta didáctica sería un dos principais motivos polos que en 1936 os fascistas consideraron necesaria a súa eliminación, por ser un elemento esencial na incipiente vertebración nacional de Galiza e no asentamento das ideas republicanas.
Eis o motivo polo que debemos considerar a súa obra creativa como unha faceta máis da súa loita, xa que se trata dunha produción que vai alén do estritamente literario para se converter nun instrumento, e non o menos significativo, para a difusión da súa ideoloxía. Non me estou a referir unicamente aos ensaios, que evidentemente son unha exposición directa de ideas, e que, no que atinxe á forma comunicativa e á estrutura, están moi ligados a outros xéneros como o artigo de prensa, a charla, a conferencia, o mitin político..., todos os cales manexou con mestría e fecundidade o cuntiense.
Era un comunicador nato, intelixente, sagaz e extravertido. Non se resignaba a gardar as súas ideas para si, senón que as tiña que exteriorizar, pois consideraba que a sociedade na que vivía estaba ateigada de inxustizas e por iso decidiu poñer a disposición do pobo toda a súa dedicación e esforzo para que fose o propio pobo o que loitara por si mesmo pola consecución dunha sociedade mellor, por unha Galiza rexenerada, libre de andazos como a miseria material, o caciquismo, a emigración..., e satisfeita de si mesma, sen complexos... Mais, como sobradamente sabemos, toda exposición de ideas, sexa oral ou escrita, ten como obxectivo persuadir ao receptor. Porén, esta exposición, sen variar canto á intencionalidade, tamén pode facerse dun xeito non directo, obtendo os mesmos ou inclusive mellores resultados. Eis o motivo central de que se introducira de cheo no mundo da literatura de ficción, cultivando a poesía, a narrativa, o teatro..., e dándolle un sentido plenamente cívico; algo que estaba demasiado alongado das novas tendencias literarias que, chegadas de Europa, estaban a triunfar naqueles momentos, sobre todo no campo da poesía.
Nos inicios do século XX, co nacemento en 1916 das Irmandades da Fala, prodúcese un despegue para a nosa cultura (sobre todo no campo da literatura), que dará lugar a que este período pasase a ser coñecido como o Segundo Rexurdimento, pois o labor cultural agora non se limita á exaltación do folclore e a lírica senón que se desenvolve a prosa narrativa e o ensaio en todos os campos das ciencias e das artes.
Factor determinante desta eclosión será o artellamento dunha cultura que ata agora era personalista, individualista e invertebrada (exceptuando quizais casos isolados de finais do XIX como a Cova Céltica ou o labor editorial da Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar), por medio da proliferación de distintas institucións, partidos, xeracións literarias, editoriais, revistas... que farán que haxa unha fecunda actividade conxunta: As Irmandades, o Grupo Nós, o Seminario de Estudos Galegos, organizacións agrarias, o Partido Galeguista, xornais e revistas como Nós e A Nosa Terra, Ronsel, Cristal, Rexurdimento, Resol..., editoriais (Céltiga, Lar, Nós)...
Alén de intencións de mera difusión cultural, a obra convértese nun elemento de comunicación artística e ideolóxica entre autor e lector. As propias Irmandades da Fala, nacidas teoricamente para o fomento da lingua, terán grandes implicacións políticas, independentemente de que houbera un sector propiamente político -ou mellor dito, electoralista- e outro culturalista (non por iso menos reivindicativo e ambicioso no que atinxe ás aspiracións nacionais). Xorden grandes teóricos (Risco, os irmáns Villar Ponte, Otero Pedrayo, Castelao, Blanco Torres, Lousada Diéguez, Quintanilla, Porteiro Garea, Xoán Xesús, Peña Novo, Viqueira, Víctor Casas...) que por medio do ensaio político ou o artigo de prensa, van articulando e difundindo o corpus doutrinal do incipiente nacionalismo; termo que moitas veces convive indistintamente nestes anos co de rexionalismo, sen que por iso se perda o rumbo no que atinxe ás aspiracións de autodeterminación ou autogoberno que temos como nación. Este labor teórico será esencial para crear conciencia nos galegos. Conciencia que será esencial para que se sinta a necesidade do artellamento dunha cultura creativa en galego, que ao tempo contribúa á dignificación idiomática.
Ensaio
É autor de varios pequenos libros deste xénero, dos que unicamente se conservan tres: Hacia una morfología de la vida Gallega (1925), Regionalismo, nacionalismo, separatismo (1933) e En pé campesiños (1932-33). Sen embargo tamén é autor de O romanticismo de mañán (ensaios políticos) que non se conserva, e andaba a preparar, entre outros traballos, o ensaio titulado Gelmírez, e una recompilación de textos da súa autoría.
Hacia una morfología de la vida Gallega foi unha obra moi valorada no seu tempo por tratar dun xeito coherente o tema de se Galiza precisa dunha grande cidade ou se polo contrario a organización demográfica natural da súa poboación é a pequena vila. A obra aparece extensamente reseñada na revista Nós2, A Nosa Terra3, El Compostelano4, Domoq en Galicia5, Galicia. Diario de Vigo, El Heraldo Gallego de Buenos Aires...
A exposición conclúe, coincidindo con Risco, Montes ou Blanco Torres, que en Galiza a vila é o núcleo organizativo lóxico, destinado a estar dotado de todos os medios vitais e culturais, e que, dada a concepción pluricelular do noso pobo, non lle parece posíbel nin precisa a gran urbe galega soñada por Faraldo, Valle Inclán, Villar Ponte, García Martí... Imos reproducir unha única recensión, de entre as moitas que apareceron, polo interese que pode ter por si mesma, a pesar de estar amputada, e mais porque pertence a un recorte de prensa do Galicia. Diario de Vigo, que corresponde a un período que non se conserva, ou ao menos non está recollido na edición facsímile de Edicións do Castro nin na colección custodiada na Biblioteca Municipal de Pontevedra:
«Cariñosamente dedicada, hemos recibido la nueva obra de nuestro querido compañero y amigo, el joven periodista Juan Jesús González, titulada Hacia una morfología de la vida gallega. Este ensayo de nuestro compañero encierra una serie de reflexiones y consideraciones en torno a la gran urbe, de que ha poco han hablado diversos escritores gallegos. Escrita en un léxico depurado y admirablemente editada en los talleres de El Eco de Santiago, la obra de Juan Jesús, que a la novedad del tema une un interés grande, ha de suscitar calurosos comentarios (...)»6
Claramente debido a un erro El Heraldo Gallego de Buenos Aires parece reseñar un ensaio titulado Un hombre muerto, mais este título sen dúbida débese a un erro tipográfico pois, á parte de que ben se ve que se trata dun titular da sección de sucesos, se lemos atentamente a recensión decatámonos de que está a falar de Hacia una morfología de la vida gallega, ademais a data correspóndese coa saída desta obra.
«En este ensayo quiere dar el autor una visión de la vida gallega y habla en él de la urbe gallega, tema de candente actualidad estos días. En este ensayo hace Juan Jesús un estudio del carácter del hombre gallego, creemos que muy acertado.»7
Pola súa banda Regionalismo, nacionalismo, separatismo8 é sen dúbida o traballo no que expresa mellor o seu pensamento nacionalista. O libro, foi publicado pola editorial Nós. Xa manifesta a intención desde o comezo da primeira parte:
«Escribo las siguientes páginas para responder caballerosamente a la falacia de ciertos espíritus centralistas, que, ni por llamarse muy socialistas o muy republicanos, dejan de llevar a sus costillas un abrumador cargamento monárquico ya que adoran, estiman y defienden las instituciones en que la monarquía tuvo asiento y halló su acomodo (...)».
O ataque ao centralismo será o tema que trate máis insistentemente. Un centralismo que dominou a política española durante séculos, e que coa chegada da República continuou coa mesma firmeza. As críticas afectan a distintos partidos especialmente ao PSOE, que cualifican o nacionalismo como unha doutrina reaccionaria cando en realidade «la reacción gallega como la de toda España es españolista y quiere la pervivencia del Estado central por encima de todo y a pesar de todo». Ademais as institucións republicanas: deputacións, xulgados, gobernos civís, direccións xerais..., seguen a estar ateigadas de caciques monárquicos. O grande problema da República está no seu nacemento, que por ser demasiado conciliador e transixente cos seus propios inimigos non extirpou os males herdados da monarquía: «Ha nacido sin producir dolor, sin desgarrar violentamente los lazos que impedían su advenir a la vida, sin la correspondiente sangre específica de todo parto». Considera ademais que se consentiu que os máis retrógrados elementos antirrepublicanos seguiran nos seus postos despois do 14 de abril, e que esta actitude non podía conducir máis que a «una restauración monárquica, precedida dunha represión brutal», manifestación que parece preludiar os acontecementos de 1936.
Continúa a obra rebatendo a idea, sostida demagoxicamente por algúns socialistas, de que só é lexítimo o nacionalismo dos países sometidos por potencias exteriores; pois parécelle absurda, dado que toda opresión é mala de seu aínda que non veña dun Estado estranxeiro. E ademais engade
«¿Desde cuando el centralismo impuesto a los pueblos ibéricos por las dinastías de Austrias y Borbones, no es un poder extraño, una potencia exterior que sojuzgó las libertades de varios países de la Iberia que ocupa la España actual? (...) los países que hoy forman aun dócilmente la triste realidad de la España unitaria sienten la tiranía como impuesta por una potencia extranjera cual la es el Estado centralista español que ha pisoteado y pisotea la soberanía de los mismos».
En pé campesiños é un interesante folleto de carácter panfletario no que manifesta a súas ideas agraristas, ao tempo que fai unha exposición de intencións da USG, e reproduce integramente o seu manifesto fundacional. Non imos entrar en máis detalle dado que xa falamos brevemente desta obra liñas arriba.
Poesía
Foi unha faceta que non cultivou demasiado. O seu único poemario editado é do ano 1921. Presenta similitudes coa obra poética do seu coetáneo Victoriano Taibo. Trátase do pequeno volume titulado Agarimos que leva o subtítulo de «versos da y-alma», publicado en Santiago por Tipografía La Comercial, dedicado ao escritor Xosé Posada Curros, compañeiro seu nas andanzas escénicas e precedido, como xa indicamos, dun prólogo poético de Manuel Mesejo Campos.
Aínda que, por non ser un traballo de tipo literario, non é a miña intención reproducir todas as reseñas das súas obras, quixera, no entanto, facer unha excepción coa que lle dedica A Nosa Terra no mes de setembro na sección «Follas novas. Libros e revistas», por parecerme moi definitoria no tocante ao aprecio e simpatía que irradiaba o cuntiense:
«Asín se titula un folletiño con ?versos da Y-alma, por Joán Jesús González?, imprentado en Compostela. Áchase dedicado a Posada Curros e leva un entroito poético de Manoel Mesejo Campos. Xan Xesús González, que escribiu os seus versos na campía de sibil, é un rapaz que sinte en poesía. Leva no peito un corazón ateigado de lirismo. Pode facer moito e bô se cultiva un pouco as súas facultades. Cómprenos darlle azos para que non fique nos limiares da poesía. Moito estimamos n?esta casa ao enxebre e simpático Xan Xesús»9.
Cómpre subliñar a influencia poética de Rosalía de Castro, presente nomeadamente nas composicións de carácter paisaxístico e ruralista, de arraigada tradición nas nosas letras (con poetas como Noriega Varela, Cabanillas, ou posteriormente, a liña hilozoísta que iniciará Amado Carballo, como referentes). A influencia da autora de Follas Novas tamén se fai evidente nas composicións de carácter intimista. Ademais topamos moitos poemas cargados de elementos célticos ao estilo pondaliano.
A temática amorosa convive harmoniosamente coa liña social, que aínda que puidera parecer incompatíbel co título do poemario, ocupa un lugar destacado en Agarimos: caciquismo, emigración, chamamento á subversión. É unha obra, por tanto completamente impregnada por elementos dos poetas do Rexurdimento decimonónico, aínda que con influencias de temáticas da literatura universal: busca da felicidade na vida arredada (ao estilo de Fray Luís de León): «Aquí entr?os penedos/ acugulados;/ na placidez dos días/ ansiados,/ a vida corre paseniñamente/ e somente/ se conoce a ledicia (...)». A auga como símbolo de vida, temática universal cun seguro precedente en Jorge Manrique: «O grande Oucéano da vida».
É un poemario moi variado en canto á temática pero tamén no referente á estrutura. Mestura composicións con métrica irregular (a maioría) con outras en que prima o isosilabismo. O mesmo sucede no tocante á rima, pois contrastan os poemas cunha marcada rima consoante, a carón de composicións en verso libre. En calquera caso, o libro carece de todo tipo de influencia do vangardismo europeo; feito que resulta lóxico dado que no tempo da publicación os nosos poetas aínda non comezaran a adscribirse a esta nova estética e ademais porque o cuntiense tampouco chegará a comulgar totalmente con estas correntes, que aínda que as considera necesarias, pensa que non pode ser o camiño único pois modernismo, clasicismo e romanticismo poden e deben convivir na nosa poesía. Así nunha reseña que fai de Vagalumes de Xosé Manuel Cabada Vázquez comenta:
«(...) El poeta no se enrola en los tercios del modernismo a ultranza. No vive las horas de fiebre que atosigan y consumen a los revolucionarios de la estética. Se queda en las searas clásicas cuidando los trigales de su lírica caudalosa (...) Porque Galicia ha menester tanto de modernismo como de clasicismo como de romanticismo (...)»10
A parte desta obra podemos topar algúns poemas e prosas poéticas, unhas en galego e outras en castelán, espalladas polos distintos xornais nos que colaborou. En maio de 1921 publica en El Compostelano un traballo literario dedicado explicitamente a Posada Curros co título de «El viejo poeta», que consta dun poema en 34 versos e un texto en prosa poética que continúa a mesma liña temática.
«...Las dulces estrofas del viejo poeta
decían acordes de músicas raras;
sinfónicas quejas
y arrullos sonoros
de ignotas canciones;
suspiros cortados
por las emociones
que en su corazón se anidaran.
Los luengos cabellos de níveos albores
cubrían su frente sutil y arrogante
como un cortinaje
de perla ornado;
como una madeja
de fibras de plata
que a intervalos deja
mirar en penumbras su terso semblante...
...La mano ya inerte de arrugas surcada
no templaba entonces su lira sonora;
la lira que en canto
de amor desgranara,
las hojas aladas
y los dulces sones;
la música grata
de sus emociones...
...No ríe; no canta, ni sufre, ni llora.
Leímos sus versos, ungidos de óleo
santo de cien mil oraciones...
...sus ritmos sonoros
murmullos de aliento
dijéramos eran;
sus fuertes cadencias
susurros triunfales
sus frases rimadas
momentos de arrobo y ardor musicales...
II
La salmodia de los campos musitaba extrañas canciones, al compás incierto del murmurar monótono de la brisa que pasaba como un céfiro muy débil...
La paz reinaba sobre la calma arborescente, y el silencio litúrgico de la noche ceñía sus alas fúnebres sobre la gran pompa vegetal, que oscilaba en la penumbra como un fantasma agorero...
El viejo poeta de luengos cabellos, teñidos de nieve, dormía en silenciosa calma el sueño eterno entre dos cirios que chisporroteaban cada vez que una gota de rocío caía sobre la llama...
La noche avanzaba silenciosamente como un sigilo...
Mi amigo bisbiseaba la última oración ante el cuerpo inerte de aquel hombre solitario; de aquel hombre silencioso durante su efímera vida y callado después en su muerte.
Fue anacoreta, porque en la soledad de las horas podía meditar...
...Y la noche callada, negra y brusca como la muerte, tendía sus fúnebres crespones, mientras la luz de los cirios que iluminaba la faz lívida del cadáver, languideciendo se moría también.
Era el poeta de luengas melenas, que muerto yacía sobre las flores verdes y lozanas...
El viejo cantor de las dulces estrofas que en vida cantara la extraña sonata de sus emociones...»11
En novembro de 1921 publica unha destas prosas, co título de «Rememorando», con motivo das reflexións que nel produce o día de Defuntos na que describe unha escena no cemiterio: «¡La campana de la colegiata tañía lúgubre y doliente! Una débil humedad de lágrimas, bañaba las rosadas mejillas de unas jóvenes enlutadas (...)» Para rematar, despois de meditar abstraidamente a cerca da morte, rememorando un ser querido:
«¡¡¡Mercedes!!! Ante aquella lápida de granito y mármol en que un día, cumpliendo una deuda de gratitud, grabamos un Nombre, una Estrofa y una Oración, postrándonos de hinojos y llorando, rezamos largo rato e hicimos oración por el ánima de aquella que, ha un año, era nuestra amiga (...)12
En 1924 topamos unha nova mostra do seu facer poético en tres textos en galego publicados no propio diario El Compostelano baixo o epígrafe de «Poemas», un interesante tríptico que penso que paga a pena reproducir. O primeiro texto titúlase «Retablo» e está formulado desde unha liña paisaxística, entroncada coa tradición decimonónica e que ao tempo nos remite á que chamaremos liña hilozoísta da que Amado Carballo será o máximo expoñente:
«Abrente lumioso sobr?a fatuosidá do paisaxe relucente. O pincel d?un poeta fantaseador dibuxara preto do horizonte raras violetas.
A cidade durmía entramentres a aldea despertaba o seu traballo. A entrada branca perdíase na lonxana perspectiva das searas longas.
Soaban docemente as campás de todol-os mosteiros y-a guerra despertaba leda a o momento místico d?un albear castelán.
No orto pratas lumiosas; sobr?as violetas do occidente ouros degarando poesía.
Na miña y-alma evocaciós, recordos, bágoas, queixumes, saudades, o parecer: ansias e degoros.»13
O seguinte texto titúlase «Na fala» e está escrito en clave amorosa con perfís moi típicos da produción novelesca do escritor:
«Gorentaba estar con ela adoito, pro íase, alonxábase... Voaba de Compostela com?unha volvoreta meiguiceira. Tristenta e pensatibre ollaba todo o que había en seu redor como pra despedirse de cantas cousas lle foran familiares e cordiales.
Non falaba con naide. Estaba falla de folgos. ¡Probe necariña roiba! Nos seus ollos as bágoas beilaban por sair as meixelas. Cando xa marchaba chegou os seus beizos ao vidro da xanela e dixo tenramente:
-¡Escríbeme!
Supricaba doce e manseliñamente. ¡Quen a poidera amar! Ela ten fame de amor. Cada mirada das súas, e unha súprica, é un degoro. ¡Pombiña sin palomar! Sen corazón e [ ?] y-alma é sinxela
¡Quen a poidera querer!»14
O último texto titúlase «Filosofía» e en consecuencia trátase dunha reflexión escéptica e desilusionada sobre o comportamento humano.
«A Vida é unha xeira de desengaños y-a esprencia a nai da esterilidá.
¡Son tan poucos os que saben vivir!
Soilo os que saben mintir son os que saben trunfar»15
Non quero entrar demasiado en detalle pois os textos poéticos en prensa son moi numerosos e moi sentidos. Na sección que se titula Poemas, da que acabamos de citar un exemplo, e que non é fixa senón que aparece esporadicamente topamos unha prosa poética con certa intención filosófica, que enlaza co último en novembro de 1924, da que reproducimos un pequeno fragmento, mais como mostra do seu sentimentalismo que polas súas calidades estéticas:
«La vida es un poema muy grande compuesto por infinidad de poemas pequeños. La humanidad también es un gran poema, resultante de muchos poemas que la forman y le dan consistencia. La sociedad otro poema es producto de pequeños poemas que se van yuxtaponiendo, relacionando entre sí, hasta formar la gran sociedad de sociedades. La familia es igualmente otro poema: el menos complicado de ellos, el menos complejo, el menos áspero, el menos dado a la intriga mundana, y por lo tanto el más legal, el que debiera vivir siempre con el mismo esplendor, con la misma fuerza, con el mismo brillo. Mas hoy no resulta así; hoy el poema de la familia, que es el poema del hogar, no está de moda, no tiene ambiente, ni es cómodo ante las nuevas corrientes. Y es una tristeza ello» (...)»16
E baixo o epígrafe «Poemas del recuerdo» topamos un texto en prosa poética de temática amorosa seguido de varios poemas breves na mesma liña temática:
Contemplaba las rutas amables que me llevaron a ti, cuando mis afanes te buscaban.
Sentado sobre la yerba sedosa, matizaba pensamientos hondos en torno a tu imagen señera.
Eras conmigo, en aquella hora sólo animada por los rumores de nuestra intimidad cálida.
Una procesión de recuerdos hechos dulzor enervante, pobló mi torno, dando a mi vida un aire nuevo.
Oros de sol bañaban el paisaje.
Horizontes panzudos mostraban el sendero blando por donde otrora volara nuestra quimera hecha de sueños maravillosos.
No me daba miedo la soledad porque tu estabas allí; con tu deliciosa e inefable ternura.
***
Albas cruzadas de estrellas.
Encrucijada
campestre
por donde se fué
tu anhelo,
perdiéndose
aquella noche.
***
Cantas allá lejos, canciones al sol.
Eres una quimera en el azul:
Forma, hálito, aliento de una hora
feliz.
Prendida a tu ritmo mi alma va.
Volvoreta sonámbula,
con los brazos abiertos
apresa tu sombra en
el delirio de todas las
vigilias: mi ansiar febril.
***
Ya no te acuerdas
de mi:
mi antena no alcanza
mas que las
ondas de tu recuerdo.
***
Está muerta tu emisión
hacia mi:
antes me pintabas en todos
tus escenarios.
Otrora me decías todas
tus ansias.
En otro tiempo ansiaba ser
mi única quimera.
¿Quien te roba los momentos?
¿Sueñas aún?17
Teatro
No sec. XIX foron moi escasos os intentos de crear un teatro culto en galego. A maior parte das pezas que se representaban eran bilingües, reproducindo a diglosia existente na sociedade, e buscando nalgúns casos efectos humorísticos baseados na distorsión e ridiculización da lingua galega, utilizada unicamente polos sectores social e culturalmente inferiores, fronte á española propia de estratos urbanos e burgueses. Con todo nas últimas décadas comeza a aflorar, dentro do marco ideolóxico do rexionalismo, un teatro dirixido a un público culto. Tal é o caso de dramaturgos como Fco. Mª de la Iglesia ou Galo Salinas. No labor de promoción e desenvolvemento dunha industria teatral autóctona implicáronse, tanto desde a emigración americana como desde o interior, destacados galeguistas con certo poder económico, motivados unicamente por razóns patrióticas. Neste cometido integráronse os propios dramaturgos e actores, moitos dos cales non só se limitaron ao labor creativo e de interpretación. A constitución en 1903 da Escola Rexional de Declamación na cidade da Coruña será un dos máis importantes froitos. O acontecemento tivo lugar grazas ao esforzo dun grupo de actores dirixido por Eduardo Sánchez Miño, en colaboración con Galo Salinas, que sería o seu primeiro aínda que efémero presidente, pois axiña abandonaría o posto para ser substituído por Manuel Lugrís Freire, un dramaturgo que triunfaba nos escenarios galegos a comezos de século. A institución extínguese en 1905 dando por terminado o que Laura Tato considera o capítulo máis importante do teatro galego18. Por estes anos irán callando outras iniciativas da mesma índole como a Unión Artística Compostelá. En 1908 o propio Sánchez Miño funda en Ferrol a Escola Dramática Galega, que levará obras de Lugrís, Avelino Rodríguez Elías, Nan de Allariz, Vilar Ponte... a moitas cidades e vilas de todo o país. O teatro comeza a focalizarse como un eficaz instrumento pedagóxico, educador do pobo, tal como proba o feito de que moitas organizacións obreiras, relixiosas e culturais constitúan grupos teatrais máis ou menos fixos, que irán incorporando pezas en galego no seu repertorio, e potenciando con isto a proliferación de novas obras e autores.
No contexto das Irmandades prodúcese a fundación en 1919 do Conservatorio Nacional de Arte Galega, que suporá un cambio cualitativo para un teatro galego en pleno apoxeo. Como sucedía noutros xéneros, os ambientes urbanos e burgueses deixan de estar vedados, na procura dun público alleo ao mundo rural. Ademais comeza a verse o teatro como unha arte na que deben primar os valores estéticos, fronte ao utilitarismo moralizante de tempos anteriores. Vilar Ponte, Quintanilla e Cabanillas terán un papel destacado nesta xeira. O Conservatorio fortalecerá a articulación do tecido teatral en todo o país: creación de certames de teatro, cadros de coros populares, grupos teatrais ligados ao catolicismo... Pola década de 1920 comezan a proliferar en Compostela, grazas ao impulso de Posada Curros, grupos formados por universitarios, que representaban teatro galego.
A propia Universidade crea en 1922 o seu cadro galego de declamación, dirixido por Mariano Tito Vázquez, no que se irán incorporando estudantes como Xosé Mosquera, que dirixiu o grupo Cativezas, Xermán Prieto, director do Cadro Escolar, Xoán Xesús González, Xosé Posada Curros, Fermín Bouza Brei, Olimpia Valencia...
Boa parte das obras que estreou este grupo teatral eran de Armando Cotarelo Valledor (Lubicán, Sinxebra, Trebón...), aínda que tamén foron moitos os casos en que os mesmos actores foron creadores dalgunhas obras. O propio Xoán Xesús estreaba o 17 de xaneiro de 1922 no Teatro Principal de Santiago o drama titulado Carmiña19, que chegou a ser representado polo grupo teatral La Raza, que dirixía o seu bo amigo Manuel Mesejo Campos; obra que contou con acompañamento musical baixo a dirección do mestre Soler e con alalás e melodía de gaita entre bastidores20. O diario compostelán El Eco de Santiago reproducía a noticia da representación, baixo o epígrafe de «El estreno de Carmiña», unha crítica cargada de retranca, na que se queixa o comentarista quizá hiperbolicamente das deficiencias de son que lle impediron escoitar e, por tanto, valorar a obra agás no aspecto musical. Con todo a ovación e o cariño de que foi obxecto o autor e en parte intérprete da obra, tal como manifesta o propio crítico, parecen amosar que non debeu estar tan mal a representación, dada a calorosa acollida por parte do numeroso público:
«El anuncio del estreno de la comedia en dos actos y un prologo, con ilustraciones musicales, titulada Carmiña llevó a numeroso público anoche al principal.
De las dificultades que entraña la literatura teatral, de lo poco fácil que resulta dominar la técnica y justificar las situaciones y de lo costoso que es enlazar escenas se habrá percatado bien el señor González, autor de la comedia, en la representación de anoche.
La obra empieza con un prólogo que recitó el mismo autor y del cual, ciertamente, se quedó el público sin saber nada gracias a sus deficientes condiciones declamatorias.
Mientras dura el prólogo la orquesta ejecuta una hermosísima página musical, de asunto gallego, obra del maestro Soler y que fué entusiásticamente aplaudida viéndose la orquesta obligada a repetirla.
Es la música lo mejor que tiene Carmiña y no decimos lo único porque seguramente hay en lo que no hemos podido oír, a pesar de cuantos esfuerzos hicimos, bellezas que merecerán también el elogio que el público tributó unánime a la composición del maestro Soler.
Los coros y a-la-las que entonan los grupos entre bastidores acompañados de la gaita, muy afinados por cierto, merecieron también el aplauso con que fueron premiados.
Y nada más podemos decir del estreno de Carmiña porque, en rigor, no nos pudimos enterar de nada más.
Al final de la comedia fué llamado al palco escénico el autor a quien se le aplaudió con cariño.»21
Tamén é autor da peza en galego de carácter romántico e amoroso, moi acorde coa liña da súa obra narrativa, titulada Felisa que permaneceu inédita até o 2007.22
A interrupción que a ditadura de Primo supuxo para o desenvolvemento do xénero quizais fose a causa de que o cuntiense paralizase a súa actividade neste campo.23A totalidade dos grupos teatrais do país desapareceron, entre eles o propio grupo Universidade, que non é quen de facer unha soa representación durante o curso 1923-24, a pesar de que o intentou cunha obra de Posada Curros e con Beiramar de Cotarelo, cuxa inminente estrea chegou a ser anunciada polo propio Xoán Xesús en El Pueblo Gallego en febreiro do 1924, aínda que non chegaría ao escenario. No propio ano 1924 produciuse un intento por parte de Cotarelo de crear en Compostela una escola de declamación galega; proxecto que é apoiado polo de Cuntis aínda que insistindo na necesidade da creación previa dun organismo ou colectividade que e explote comercialmente:
«Para dar impulso al teatro gallego es imprescindible la S.A. con todo su positivismo y su libro de Haber y Debe (...) No es tiempo en que la buena voluntad se baste a ella misma; precísase una base de dinero para imponerla, para conducirla por el camino del triunfo.»24
A partir deste momento unicamente quedaron en pé os coros folclóricos, apoiados e utilizados polo propio réxime. Nestas circunstancias, en 1926 Xoán Xesús decide crear unha compañía de teatro galego, mais as polémicas con que se topou no intento fixeron que fracasara. Desta maneira nos conta os feitos Laura Tato:
«Non era a primeira vez que o intentaba; coñecía todos aqueles que fixeran teatro antes da ditadura, así que axiña contou cun grupo de rapaces dispostos a secundalo. O problema xurdiu coas mulleres, e para solventalo non se lle ocorreu mellor cousa que facer un chamamento na prensa compostelá e viguesa solicitando raparigas que os apoiasen e prometendo un salario polo traballo. Que tivese que botar man deste método indica que a ditadura agudizara o problema da cuestión lingüística, pois Compostela era a cidade que contara con maior número de actrices. Se algunha pensara en contestar, renunciaría cando La Voz de Galicia, baixo o título ?Mujeres buena presencia?, transformou o chamamento de Juan Jesús González nun anuncio de dubidosa honestidade en que se incluían prezos de saída»25.
En calquera caso penso que compre reproducir o chamamento do cuntiense polo interese que penso que ten como importante documento para a historia do noso teatro e para coñecer o estado en que se topaba por aqueles anos.
«Ante la profunda apatía ante todo lo nuestro, hacia todo lo verdadero y netamente gallego, voy a tener la insigne audacia de esbozar una idea que se me antoja buena, que me parece patriótica, que estimo digna de vitalizarla, de darle cuerpo, de convertirla en una firme y elocuente ejecutoria.
Se me ha ocurrido fundar una compañía de teatro gallego en serio, de un teatro gallego de verdad, de un teatro gallego en el que se ponga de manifiesto todo cuanto Galicia puede valer artística y socialmente. Un teatro gallego que sea una escuela de civismo, una escuela de arte y sobretodo un exponente de nuestra cultura, un medio verdadero de nuestra valoración como pueblo vital.
Ya somos un grupo de entusiastas, de jóvenes abnegados, anhelantes, ansiosos de realizar una obra ponderal. Sólo nos faltas el concurso de unas cuantas mujeres que sabiendo ser gallegas nos presten su ayuda, nos ofrezcan su entusiasmo y se dispongan a colaborar honrada y dignamente con este grupo de gallegos que queremos hacer algo ejemplar, algo que nos enaltezca y sea luz que ilumine el porvenir de Galicia. ¿No habrá ninguna mujer que, además de ganar su correspondiente sueldo diario, nos secunde en esta obra que nos decidimos a comenzar a pesar de que no ignoramos las serias dificultades que hemos de tener que vencer? A vosotras damas gallegas, seáis de la clase que seáis, recurrimos en este momento, para que hoy vosotras, como María Pita, Juana de Vega, Concepción Arenal, Rosalía y otras en fechas pasadas, nos ayudéis en esta empresa que si traéis a ella un poco de entusiasmo y de fe puede cubrirnos de gloria, de renombre y de esplendor.
El teatro gallego está por llevar a la escena, está por dinamizar, por vitalizar, y a mi se me ocurre darle expansión, darle universalidad, darle personalidad. A las buenas gallegas acuso para que nos ayuden, para que nos animen y con nosotros eleven el gran monumento de nuestro teatro nacional. Galicia y América nos esperan.»26
En 1926, cesado o directorio militar e levemente relaxado o control do réxime, nacía por fin a Agrupación Dramática Galega, fundada en Vigo por Emilio Nogueira. Un ano despois presentaba o drama O pecado alleo de Leandro Carré, ao tempo que Mariano Tito representaba en Santiago Margarita a malfadada de Herminia Fariña, e Lar editaba O Mariscal de Vilar Ponte e Cabanillas, obra que deu lugar a grandes polémicas polo seu fondo alento patriótico. Quedaba aberto o camiño para a total recuperación das artes escénicas, que non se produciría ata a chegada da República; unha nova xeira na que desempeñarían un papel esencial intelectuais como Vilar Ponte e sobre todo Álvaro de las Casas. Sen embargo, como xa dixemos, nesta etapa o cuntiense manteríase desligado de todo tipo de actividade teatral, probabelmente debido ás múltiples ocupacións profesionais.
Narrativa
A literatura deste novo rexurdimento comeza a dotarse da infraestrutura necesaria para unha produción firme e estábel. Neste sentido cabería salientar a fundación de editoriais dedicadas exclusivamente á publicación de obras de distintos xéneros en galego coa función de espertar o autoaprezo, e por tanto servir de instrumento para a creación de conciencia galeguista.
Se en poesía, por motivos estéticos, estábanse asimilando influencias externas procedentes das vangardas europeas, na prosa narrativa, neste caso por motivacións máis divulgativas que estéticas, comeza a aparecer unha literatura folletinesca ao estilo da que está a triunfar en lingua española. Precisamente Céltiga e Lar editarán unhas coleccións de novela breve nas que unha boa parte das obras obedecían a estes parámetros; relatos de ámbito urbano, con protagonistas pertencentes ás clases medias ou burguesas (mesmo fidalgas), superación, no plano lingüístico, de prexuízos de tempos anteriores nos que, por unha cuestión de verosimilitude, se recorría ao bilingüismo. Non se trata agora de abandonar a temática rural senón de atraer ao campo do galego ao lector urbano afeito a un tipo de lecturas sinxelas, breves, sen complicacións de estrutura, sentimentais, de periodicidade fixa e accesíbeis economicamente, das que Leandro Carré de Alvarellos foi un puntal importante como editor, pero tamén como novelista: «Carré andaba á busca do que hoxe entendemos por novela de quiosco, pero en galego»27. De feito o propio Carré Alvarellos será autor de Naiciña, relato de carácter amoroso e ambientación urbana, publicado por Lar, e definido por Anxo Tarrío como «novela rosa»28. Definición aplicábel a O Xornal de Mavi e outras obras deste autor. Nesta mesma orientación poderíamos incluír A terra chama (definida como «noveliña de amores») de Uxío Carré Aldao, así como algunhas das de López Abente.
A colaboración do cuntiense nesta colección de novela curta de Lar xa se anunciaba o 25 de xullo de 1924 en A Nosa Terra:
«Sairá axiña o primeiro número de Lar. Quincenalmente publicará noveliñas de: Wenceslao Fernández Flórez, Armando Cotarelo, Leandro Pita Romero, Francisco Camba, G. López Abente, José Posada Curros, Manuel Lugrís, Euxenio Carré Aldao, Noriega Varela, Ánxel del Castillo, Amado Carballo, Aurelio Ribalta, Juan Jesús González (...)»29
Neste contexto teríamos que situar a obra narrativa de Xoán Xesús González, formada por tres noveliñas: Ana María, A filla da patrona e A modelo de Paco Asorei, as tres ambientadas basicamente en Compostela, sendo editadas as dúas primeiras na colección de novela curta de Lar e a última na editorial Nós.
Todas elas foron amplamente recensionadas na prensa do momento. En outubro de 1925 topamos unha reseña anónima de Ana María no propio voceiro das Irmandades, na que se subliñaba o labor consciente dos promotores da colección, ademais de destacar a importancia que o autor vai cobrando na literatura galega. A sinxeleza, a verosimilitude e a emotividade son os riscos que o crítico considera máis salientábeis:
«O número 13 d?esa publicación cruñesa [en referencia a Lar] que tanto ven laborando pola literatura galega, contén unha fermosa noveliña do conocido escritor compostelán Xoan Xesús González, un dos que en pouco tempo, mais c?un intenso traballo, logrou facerse un nome estimado entre os cultivadores das belas letras. Esta noveliña que agora publica LAR é dina continuadora das anteriormente dadas a luz pol-a revista, que así vai buscando canta firma de valor poida contribuír â labor creadora da novela galega que os seus editores se propuxeron facer. A novela de Xoan Xesús González, escrita sinxelamente, e cuio desenrolo mais que un conto parez a páxina real d?unha vida, ten a súa acción entre estudantes primeiro, despois continúa nun ambente de señorío, e sempre ten un selo especial no seu relato fluído, na súa intensidade emotiva. A publicación LAR merez ben o favor do púbrico e o apoyo de todol-os amantes da literatura rexional.»30
Na recensión que a revista Nós fai de Fuxidos de López Abente, novela tamén de carácter amoroso, faise un resumo das obras que leva publicadas Lar, entre as que menciona, entre outras, O Kalivera H.P. de Xulián Magariños, O Consentimento de Luís G. Vicencio, O home que deu vida a un morto de Leandro Carré, A coutada de Risco e A filla da patrona de Xoán Xesús González.31 Máis espazo lle dedica a esta última obra A Nosa Terra que na reseña aparecida no nº 229 (1-10-1926), aproveita para advertir do perigo de que desapareza a colección, e anima á subscrición «que non custa mais que 1?60 cada seis números», describindo esta nova obra como:
«Unha noveliña ben escrita, amena, que pubrica Lar no seu número 25. Xuan Xesús González danos con ela unha nova mostra da súa capacidade literaria d?abondo reconoscida en toda a sua laboura en galego e castelán».32
El Pueblo Gallego celebra dun xeito especial a aparición da obra nun editorial, en primeira páxina, cunha felicitación que fai extensíbel a todos os traballos que están a publicarse na colección Lar:
«A enxebre publicación ?Lar?, que ven dando a lús moitos traballos dinos de gabanza, leva no último número as súas páxinas unha novela do noso bo amigo Johan Xesús González. N?ise alcouve de inteleitualidade que ven a esparexer as súas producións cheas de luminosidade, que son un albor de espranza, figuran algúns como Johan Xesús que non solo son aloumiñosa promesa do porvir sinon que xa constituen unha realidade. A filla da patrona, obra do noso redactor xefe en Santiago é abofé unha mostra do seu valer. Sabe dibuxar de maneira xusta un aspecto da vida estudiantil compostelán, e sin duda algunha será recebida con grande aprauso polo púbrico que sabe gustar do escollido e delicado»33
De entre as diversas reseñas que se publicaron sobre A modelo de Paco Asorey destacaremos a que apareceu na portada de El Pueblo Gallego en abril de 1925:
«A modelo de Paco Asorey. Bajo este título publicará dentro de breves días una novela escrita en idioma gallego Juan Jesús González. Desarrollarase la acción de esta obra en la monumental Compostela y sus páginas están imprenadas de una sabrosa realidad.» 34
Tamén aparece extensamente recensionada en El Heraldo de Galicia oito meses máis tarde:
«Próximamente se pondrá a la venta una novela escrita por nuestro querido compañero en la prensa y joven escritor don Juan Jesús González. Titúlase A modelo de Paco Asorey y está escrita en el idioma vernáculo, en nuestra lengua nativa, con esa fogosidad que da a sus prosas el entrañable camarada. Casi todos los capítulos de esta novela de Juan Jesús tienen por escenario, las rúas, las plazas, los más bellos y emotivos lugares de Compostela. Los personajes eje de la trama novelesca, dijérase que han vivido o están viviendo entre nosotros, por su carácter tan real, tan cercano a nuestro ambiente.»35
Os «breves días» ou o «próximamente» converteríanse en arredor de oito anos, pois a obra non vería a luz ata o vinte e nove de setembro de 1933. Descoñecemos o motivo da tardanza, mais, aínda que na nota de prensa non se menciona a editorial que ía levar a cabo a publicación, tal vez se tratou dun proxecto do que Lar desistiu por non adaptarse completamente aos criterios da colección de novela breve, pois é máis extensa que as anteriores. O certo é que en 1933 Nós decide levar adiante esta demorada edición. A pesar disto, algúns fragmentos da parte inicial da obra xa foran aparecendo por entregas no semanario El País Gallego, que como vimos fora fundado e dirixido polo propio Xoán Xesús, tan partidario, como vimos, deste modo editorial. O título co que se reproduce é o de A modelo, e vai asinada co pseudónimo de René de Mauperin, que empregaba habitualmente no xornal, e que procede do título dunha obra dos irmáns Goncourt, tamén de estilo folletinesco, que fora publicada polos franceses Edmond e Jules Goncourt no xornal L?Opinion Nationale en 1864.
Tamén é autor dunha novela inédita, Teresiña Novás, e doutras dúas que non se conservan, A Rayola «Novela rústica de lucha» e Rosario Doval «Novela gallega». Probabelmente formen parte das numerosas obras foron queimadas coa chegada do franquismo por medo a represalias36, pois, ao menos no primeiro caso, aínda que por desgraza non podemos ter acceso á súa lectura, que seguramente sería de grande interese dado que, segundo parece, trataba un tema tan apaixonante como é o agrarismo, o que si podemos topar son reseñas da súa saída:
«Se haya en prensa y saldrá a luz dentro de breves días una novela del joven y talentoso escritor Juan Jesús González, una de las más sólidas esperanzas de la intelectualidad gallega. El libro de nuestro distinguido colaborador se intitulará A Rayola, escrito en gallego, como su epígrafe indica, y en él se aborda uno de los problemas más transcendentales y palpitantes de Galicia, cual es el agrarismo y la vida campesina en general. Esta obra enriquecerá, sin duda, la biografía gallega y obtendrá de seguro un lisonjero éxito.» 37
Ademais das novelas mencionadas tamén teriamos que facer alusión aos múltiples traballos narrativos breves, algúns en castelán e outros en galego, que reproduce na prensa. Xa mencionamos liñas arriba a publicación de algunhas prosas poéticas que en ningún caso se poden considerar relatos nin nada que se lle pareza. Como representativo dos relatos, tamén de tipo folletinesco e sentimental, cumpriría mencionar o titulado «Necariña», que publica en El Compostelano e que reproduce a nostalxia dunha moza de condición fidalga que o ten todo, desde o punto de vista material, mais fáltalle o amor, non ten quen a ame:
«Doce e morno atardecer d?outono. A paisaxe rumorosa adormece os derradeiros sospiros do serán.
Marelean as follas dos castiñeiros nas corgas e nos soutos.
Nas carballeiras a bris do anoitecer vay compoñendo unha sinfonía lediciosa e tenra que somella de murmurios de caricias de nay.
Unha fragancia de mazáns maduras enche todo o momento emotivo.
Óyense alalás lonxanos.
Copras d?amor nas Eiras máis pretas.
No quinteiro barullan os rapaces brincando a panda.
Xogando â billarda.
A o alirón, alirón.
Pasan pol-as corredoiras os carros dos derradeiros labradores, cantando monótonamente.
Renxendo queixosos.
Renqueando reumáticos tirados por uns bois cansos e pousafoles que non teñen medo a aguillada.
Ladra un que outro can n?unha que outra eira do lugar.
Saen os primeiros mozos de ruada temprán.
E pol-a seara baixan as derradeiras beceiras de ovellas tras das que un rapás apurra un can que ten máis ganas de comer que de ladrar.
Xa está fechando a noite.
Esmoreceron todol-os ouros do horizonte y o serán madrigales e namorador afogou nas sombras da noite que a o fallo chegou.
II
Na solaina branca do pazo como unha necariña insensibre pro soñadora, soña debruzada sobr?os vidros, a derradeira dona das longas eredás; dos eidos inmensos, das aldeas veciñas, dos piñeirales pretos, das carballeiras se ollan ao cerca.
Eulalia de Troitosende:
Branca como unha monxa.
Delicada como un madrigal.
Cos seus ollos craros, a medio fechar, cavila, pensa, fúndese no seo da súa vida, pra buscar a verdá, a lus doseu porvir.
Quedou soila no pazo..
Soila e desamparada.
Soila:
Sin amor, sin cariño, sin quentura de nay, sin tenras verbas familiares, sin consolos de verdadeiras persona amigas.
Cada día, Eulalia é máis sentimental.
Máis soñadora porque se pon máis triste.
Anda soila como un pantasma pol-os ampros, pol-os longos, pol-os infitos sobrados do seu pazo soberbio, grande, monumental.
Soila por entr?os criados que bican o chan pr?ond?ela pasa.
Que a adoran.
Que a miman.
Que a queren porque son os que a oyen chorar:
Sufrir.
Saloucar.
Desesperada entr?a malenconía que lle chucha a y-alma.
Eulalia de Troitosende é unha dama rica, moi rica.
Pro non é feliz, non ten ventura, non ten o agarimo d?un corazón que a ame.
Fáltalle a quentura d?unha y-alma hirmán xa que non o seo d?unha nay que a coma a bicos.
Y-esta tarde, este anoitecer, como todal-as tardes, como todol-os anoiteceres, debruzada na solaina pensando na súa vida.
Soñando no seu porvir.
Ollando a o alén...»38
NOTAS:
1 GONZÁLEZ, X.X., «Crónica bibliográfica», El Pueblo Gallego (Vigo, 31-1-1925), p. 2.
2 A recensión que se fai da obra na revista Nós é moi positiva a pesar de que o crítico considera que o título non é o máis axeitado: «Cecais unha miga trabucado o título d?iste libriño -por dar certo valor normativo â verba morfoloxía, de valor puramente especulativo- contén emporiso un traballiño, ateigado d?atinadas ouservaciós, onde se discute o problema da grande urbe, suscitado eiquí por Faraldo e Vilar Ponte e discutido en difrentes sensos por Valle Inclán, Montes, García Martí, e outros. Xan Xesús González e do noso pensar, incrinado â intensificación da vida nas pequenas vilas, e fúndase pra elo principalmente no caraute da xente galega, refrautaria ô urbanismo, e na imposibilidade xeográfica da gran cidade. Unha consideración crítica ben feita do caraute do galego dentro e fora da terra; unha xusta apreciación da Edade Meia, avaloran iste traballo.» «Libros.Hacia una morfología de la vida gallega«,Nós, nº 28 (Ourense, 15-5-1926), p. 17.
3 A Nosa Terra dedícalle unha extensa reseña que loa as propostas do libro, aínda que ao final discrepa no tocante a que nunca existirán grandes urbes en Galiza:»Un ensaio moi interesante que tende a remexer o ambente desleixado da Galicia actual. O autor pretende co?este folleto encetar unha polémica construtiva e xestadora. Pide combate nun nobre ardimento de desexo para que a vida rebula con toda a súa intensidade creadora. Sustentase a tesis de que a caraiterística da vida galega non é o núcleo das grandes cidades senon as pequenas vilas, inda que vilas conscentes e capacitadas que faciliten aos seus veciños elementos de cultura e de traballo. Dende logo que o non eixistir xa en Galicia unha grande urbe como desexaban algúns escritores arelando as ventaxas que proporcionan os grandes núcreos de povoación, e unha mostra de que nos non levou a eso a nosa maneira de ser, xa que esas son cousas que non xurden pola vontade de catro inteleituaes que así o queren, senon expontaneamente do mesmo desenvolvimento da vida coleitiva. Mais con todo parez que os tempos modernos van axuntando familias e mais familias en duas cidades galegas, A Cruña e Vigo, que levan camiño de seren en poucos anos dous centros populosos, verdadeiramente importantes, de Galicia, e como populosos mais doados e axeitados tamén para determinados adiantos que precisan da quentura de moitos peitos». «
Hacia una morfologia de la vida gallega por Xuan Xesús González», A Nosa Terra, nº 221 (A Coruña, 1-2-1926).
4 A recensión é feita por Ramón Martínez López que considera ao autor: «Un luchador, un combatiente noble que al margen de las escalas de la genuflexión aduladora, conserva en su alma reminiscencias desprendidas del noble oficio de picar la dura piedra, trabajo que lejos de aminorar su prestigio, parece como si lo enaltediese más (...) »E da obra en cuestión di que se trata «de una sublimación de la villa como entidad geográfica y espiritual; una suma de argumentos demostrativos de la transcendencia que para el vivir galaico ?eminentemente campesino- traería el desarrollo de instituciones culturales en estas agrupaciones de población en donde hoy se refugia lo más gallego (...) «. MARTÍNEZ LÓPEZ, R., «Un nuevo libro de Juan Jesús González. Hacia una morfología de la vida gallega», El Compostelano (Santiago, 4-1-1926), p. 1.
5 A referencia saqueina dun artigo publicado en El Compostelano no que reproduce integramente a recensión que fora publicada en A Nosa Terra: «El último número de A Nosa Terra y en su sección de libros gallegos y extranjeros publica un favorable juicio crítico de la nueva obra de nuestro compañero de redacción Juan Jesús Hacia una Morfología de la Vida Gallega. El Juicio de referencia está contenido en las frases siguentes que reproducimos: Un ensaio moi interesante que tende a remexer o ambente (...)». O artigo continúa indicando que «Tambien la revista Domoq en Galicia, dice: Acaba de salir una obra de la que es autor nuestro buen amigo y distinguido literato D. Juan Jesús González, titulada Hacia una morfología de la vida gallega» e para finalizar engade: La crítica de prensa hace muy buenos elogios del ensayo literario, en la [Sic.] que el autor se propone encauzar la vida gallega dentro del camino de la más floreciente prosperidad». « Opiniones Valiosas», El Compostelano (Santiago, 8-2-1926), p.3.
6 O texto procede do dorso dun recorte de prensa do arquivo de Xulia Sánchez , viúva de Blanco Torres, que me foi facitado en 1998 por Antonio e María Amparo que coidaron con cariño a Xulia e custodiaron o legado documental do seu home. Aínda que descoñezo a data debe ser da segunda metade de 1925 ou de 1926.
7 Despois dunha reseña correspondente a A modelo de Paco Asorey, aparece esta, baixo o erróneo epígrafe «Un hombre muerto», El Heraldo Gallego
(Buenos Aires, 20-12-19925), p. 4.
8 GONZÁLEZ, X. X., Regionalismo, nacionalismo, separatismo, cit.
9 «Follas novas. Libros e revistas. Agarimos», A Nosa Terra (A Coruña, 1-9-1921), p.7.
10 GONZÁLEZ, X. X., «Crítica literaria. Tomo Vagalumes», cit.
11 Id., «El viejo poeta», El Compostelano (Santiago, 17-5-1921), p.1. No encabezamento aparece a dedicatoria: «Para Posada Curros en prueba de afecto».
12 Id., «Rememorando», cit.
13 Id., «Poemas», El Compostelano (Santiago, 28-8-1924), p.1
14 Ibid.
15 Ibid.
16 Id., «Poemas», El Compostelano (Santiago, 18-11-1924), p.1
17 Id., «Poemas del recuerdo», El Compostelano (Santiago, 29-4-1935), p.1
18 Cf. TATO FONTAÍÑA, L., Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, en Historia de Galicia, eds. A Nosa Terra, p.57.
19 «El estreno de Carmiña», El Eco de Santiago (Santiago, 18-1-1922), p.1.
20 Segundo testemuñas da época na obra entoábanse unhas cantigas referidas a un coñecido gaiteiro de Cuntis (aínda que compostelán de procedencia). Trátase de Miguel Liméns (coñecido en Compostela como Miguel «O Mexa»). O propio Miguel cantaba nas ruadas en Cuntis estes versos que sabía de memoria. Mesmo hai quen apunta que puido ser o propio Miguel o que actuara como gaiteiro na estrea de Carmiña.
21 «El estreno de Carmiña», cit.
22 SEIXO PASTOR, M. (ed), Xoán Xesús González. Felisa, eds. Fervenza (A Estrada 2007).
23 No ano 1926 Xoán Xesús insire en El Compostelano o fragmento inicial dunha obra teatral, Isaura no quiso pecar, que segundo parece pretendía converterse nunha obra de tipo folletinesco por entregas, mais, sexa polo motivo que for, non tivo continuación en números posteriores. GONZÁLEZ, X. X., «Trozos de comedia. Isaura no quiso pecar», El Compostelano (Santiago, 13-11-1926). Tamén obra no noso poder unha peza teatral inédita, ou quizais sería mellor dicir unha opereta, pois conta con acompañamento musical, obra do mestre Emilio Gutiérrez del Castillo. Leva por título Los Estudiantes.
24 Id., «Ecos compostelanos. Nuestro comentario», El Pueblo Gallego (Vigo 20-5-1924), p.8.
25 TATO FONTAÍÑA, L., Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, Historia de Galicia, eds. A Nosa Terra (Vigo 1999), p.114. Quero manifestar o meu agradecemento a Laura Tato, pois da súa obra tomei datos esenciais para elaborar este apartado.
26 GONZÁLEZ, X. X., «Llamamiento. Hacia una compañía de teatro gallego», El Compostelano (Santiago, 3-2-1926), p.1.
27 TARRÍO VARELA, A., Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, eds. Xerais (Vigo, 1994), p.206
28 Id., Literatura gallega, en Historia crítica de la literatura hispánica 28, eds. Taurus (Madrid, 1988) p.98.
29 A Nosa Terra (A Coruña 25 de Xullo de 1924), p. 6.
30 «As novelas de LAR. Ana María», A Nosa Terra (A Coruña, 1-10-1925), p. 12.
31 «Libros. Las novelas Lar», Nós, nº 35 (Ourense, 15-11-1926), p. 18.
32 A Nosa Terra (A Coruña, 1-10-1926), p.10.
33 «Unha pequena novela de Johan Xesús González», El Pueblo Gallego (Vigo, 30-9-1926), p.1.
34 «A Modelo de Paco Asorey», El Pueblo Gallego (Vigo, 14-4-1925), p.1.
35 «Letras gallegas», El Heraldo de Galicia (Buenos Aires, 20-12-1925), p. 4.
36 Nun artigo publicado en 1922 reproduce tamén o epígrafe dunha novela amorosa da que asegura ser protagonista xunto cun personaxe chamado Hirma. Polo contido destas liñas que el cualifica como «Páginas de un libro cercano y raro» parece o inicio dunha novela do estilo das mencionadas. GONZÁLEZ, X.X., «Al llegar», Progreso (Pontevedra, 21-6-1922), p. 1.
37 GONZÁLEZ, X. X., «Una novela gallega», Progreso (Pontevedra, 21-2-1923), p. 1.
38 Id.,«Necariña», El Compostelano (Santiago, 5-8-1925), p. 1.
|
|
|
|
SUSO VAAMONDE. AMIL NO CORAZÓN1 |
|
Os setenta e o boom da canción protesta galega
A miña primeira toma de contacto coa música de Suso Vaamonde tivo lugar aló polo ano 1976 nun daqueles festivais folk que se celebraban por aquel entón en diversos puntos do país. Creo que a primeira vez que presenciei unha actuación súa en directo foi na Estrada, nun concerto celebrado na praia fluvial do río Liñares. Voltaría a velo de novo en breve, nunha actuación en Campo Lameiro, no festival folk da Festa dos Mozos, onde actuou a carón de Fuxan os Ventos e Amancio Prada. Axiña me fixen asiduo daquel tipo de conclaves nos que o elemento musical convivía forzosamente co elemento social, nuns intres en que, aínda que xa morrera o ditador, ficaban por acadar una restra de obxectivos, tanto no plano político e social como desde o punto de vista do proceso de desenvolvemento nacional de Galiza. A amnistía para os presos políticos, a liberdade de expresión, a legalización de todos os partidos políticos, o dereito das persoas e dos pobos a decidiren o seu destino..., todo iso sintetizado nunha frase que coreábamos ao aire con paixón unha e outra vez naqueles concertos: «Galiza ceibe, poder popular».
Eran os tempos de boom da denominada canción protesta. Tratábase de empregar a música como medio natural para achegarse ao pobo, denunciar a situación opresiva á que estaba sometido e transmitirlle a mensaxe da necesidade da emancipación nacional e social do país, frente ao fascismo, frente ao caciquismo e o centralismo reseso ao que estaba sometida a nosa clase traballadora (especialmente os labregos), e que tanto danaron o noso progreso e a nosa autoestima.
Esta práctica musical non era unha novidade en Galiza. Viña duns anos atrás. Comezárana un grupo de rapaces, de cantautores organizados no seo da denominada Nova Canción Galega, que axían nos últimos anos do franquismo (1968-1974) máis ben como colectivo que a nivel individual, a pesar de que entre eles había músicos cunha pegada tan singular como a de Benedicto, Miro Casabella, Xoán Rubia, Emilio Cao, Biniano, Xavier del Valle, Xerardo Moscoso, Vicente Araguas? De facto nos seus concertos en ocasións nin aparecían os nomes dos cantautores nos cartaces anunciadores, nos que figuraban necesariamente como Voces Ceibes; intérpretes que actuaban especialmente en círculos universitarios esquerdistas e nacionalistas, e aos que eu coñecería despois, escoitando aqueles cassettes que se seguían vendendo moito, mesmo despois de retirárense do panorama musical. Convén valorar o que a este respecto dicía o propio Benedicto en xuño de 2007: «A defensa do colectivo pasaba a constituír ou prevalecer sobre a do individual e os valores sobre os que queríamos construír a nova sociedade estaban cimentados na solidariedade».2
Un grupo que marcou toda unha época e que chegou a contar co seu propio himno, que era cantado en ocasións no remate dos festivais, e que non era outro que a versión galega do «We shall overcome» que popularizara naqueles tempos Joan Baez :
Venceremos nós,
venceremos nós,
algún día venceremos,
dende o fondo da noite
dime o corazón
que algún día venceremos.
Collidos das mans,
collidos das mans,
coas mans de todos faremos
un camiño na noite,
dime o corazón
que algún día venceremos.
Nós non temos medo,
nós non temos medo,
nós non temos medo hoxe,
dende o fondo da noite
dime o corazón
que algún día venceremos.
Ademais destas reivindicacións de carácter xenérico, por dicilo dalgunha maneira, influíron no xurdir e na difusión deste música combativa algúns episodios concretos que xa entraron a formar parte da historia recente das aldraxes de que foi obxecto a nosa terra: as Celulosas, o conflito das Encrobas no 74, a nuclear de Xove (1977), o encoro de Castrelo de Miño, a recuperación dos montes en Man Común? Unha época socialmente moi conflitiva que alumeou a aparición de personaxes míticos, entre os cales sobresaíu dun xeito especial Moncho Valcarce, o crego das Encrobas, símbolo da resistencia e da defensa infatigábel da Terra.
O Suso, un mozo cargado de inquedanzas que polos comezos dos setenta andaba argallando grupos de tendencia roqueira, axiña se incorpora ao proxecto de Voces Ceibes, e será considerado un membro máis desta xeración. Trátase dun fenómeno non exento da influencias da enorme dimensión que a nivel internacional estaba a acadar a música de autor, entre cuxos intérpretes máis destacados podemos subliñar a Joan Baez, Bob Dylan, José Afonso, Serrat, Raimón, Labordeta, Lluis Llach? En Galiza a pesar de que no 74 podemos considerar rematado o fenómeno denominado Voces Ceibes, prodúcese unha arremuda que comeza a estenderse polo país dando lugar á aparición de voces tan emblemáticas como a de Pilocha, Batallán, María Manuela, Amancio Prada ou grupos como Fuxan os Ventos, Saraibas, Xocaloma... Un proceso no que inflúe dun xeito especial o éxito do disco en catalán con música con contido político, moita dela clandestina, na que o máis importante era o texto, mais sobre todo a lingua en que este estaba vertido. Mesmo músicos como Emilio Cao, aínda que non tiñan letras de carácter comprometido ou interveniente, facían patria á súa maneira simplemente coa súa teima de recuperación e dignificación da música galega, ás veces apostando por unha liña de evolución e reformulación da música tradicional, e facéndoo na nosa propia lingua, o que por si mesmo significaba un acto de afirmación patriótica.
Algo similar, aínda que dentro do panorama do pop e a un nivel que sobrepasou todo tipo de expectativas, sucedeu con fenómenos como o de Andrés do Barro, quen a pesar de cantar en galego conseguía a nivel estatal un éxito sen precedentes tanto do punto de vista discográfico como a nivel televisivo e radiofónico; moi por riba do que acadaba, por exemplo, Pucho Boedo, que xa levaba difundindo a nosas músicas desde finais dos anos 50. Perante a dimensión que estaba a acadar a difusión da música galega comézase a producir a entrada oportunista neste terreo de cantantes como María Ostiz, en clave unicamente de recreación folklórica, e Juan Pardo, que pon música a poemas comprometidos dalgúns dos nosos máis destacados poetas.
Con todo, os atrancos eran moitos, especialmente os motivados pola ausencia de liberdade de expresión, o que facía que antes dun festival as letras que se ían cantar tivesen que pasar pola peneira do censor e, en caso de incumprimento das súas indicacións, había que aterse ás consecuencias penais derivadas. De todos xeitos a asfixia liberticida agudizaba o enxeño e así chegaban a usarse socorridos recursos como o de deformar algunhas palabras. Foron soados, por exemplo, berros como o de «abaixo a dentadura», co que todos entendían sen que se dixese explicitamente «abaixo a ditadura». Todo partiu da letra de «Can de palleiro» de Bibiano, que na versión escrita enviada á censura dicía: «A túa forte dentadura/ virase abaixo, abaixo a dentadura.» Mais era difícil de controlar se na actuación en directo se cantaba así ou na versión orixinal; e desde logo o público cantaba esta última. Mais xa Benedicto con anterioridade usara esta estratexia na interpretación do poema de Celso Emilio «Carta a Fuco Buxán», que orixinariamente dicía: «Fuco Buxan, non sintes que na Iberia/ feden a podre os homes e as paisaxes?» e que el mudaba na versión enviada ao censor por: «Fuco Buxán non sintes que en Liberia/ feden a podre os homes e as paisaxes» 3
Algo similar fixo Miro Casabella no romance dedicado ao encoro de Castrelo de Miño (Ourense), que tamén foi cantado por Suso Vaamonde. En lugar de mencionar directamente ao Conde de Fenosa cantaban: «Hastra que chegou un día/ nunha mañá moi fermosa/ en que chegou a Castrelo/ o conde señor Famosa».
Outra maña semellante era a que usaba Suso na súa célebre estrofa: «Cando me falan de España/ sempre teño una disputa/ que se España é miña nai/ eu son un fillo de puta.» El calaba a última locución, deixando que fora o público quen a coreara a viva voz. Con todo, de pouco lle serviu a astucia en xuño de 1979 naquel soado festival antinuclear en Pontevedra, pois foi acusado de inxurias á patria con publicidade e condenado, en novembro de1980, a seis anos e un día de prisión, sentencia que o levaría padecer o exilio forzoso (en Londres, Alemaña e Venezuela) e posteriormente á cadea.
A etapa venezuelana foi tamén a pesar das circunstancias moi importante no seu percorrido vital. Pois alá tomou contacto coa Irmandade Galega, que o recibiu e tratou con moito agarimo. Como recompensa a este trato Suso fixo un traballo cultural formidábel e totalmente desinteresado no seo da institución, na que achegou as súas ideas, colaborou nas distintas actividades, compuxo cancións xunto con algúns dos membros da Irmandade afeccionados á música galega, aprendeulle a tocar a guitarra a algúns cativos e participou en múltiples concertos nos arredor de tres anos que permaneceu no país caribeño. Alí fixo novas amizades que perdurarían no tempo, e ademais tomou contacto de novo con algúns amigos da infancia como Ramiro Núñez, de Amil, que levaba anos emigrado, ou con Antonio Ruibal, da Bouza (Moraña), ademais dalgunhas outras persoas procedentes de Pontevedra e doutros puntos do país. En 1984 regresa á Galiza nun momento en que se estaban a revisar causas de carácter político. Foi indultado non sen antes pasar unha tempada na cadea. Ao pouco ofrecerá un recital solidario no penal de Ourense dedicado aos que foran os seus compañeiros de prisión durante 46 longos días. Algo que non chegaría a repetir sería a polémica estrofa que deu lugar á súa causa xudicial, aínda que nunca se mostraría arrepentido de tela cantado:
«Vale a pena arriscarse aínda que sexan cincuenta anos de cadea se fas as cousas con honestidade. Eu concretamente xa son dez anos de historia, dez anos de atrancos, dez anos de represión. Ao facer unha canción deste tipo xa sabía que ía haber problemas. Hai quen di que xa non fai falta cantar así en Galiza, pero para min estamos igual que antes, as miñas ideas, polo que se ve, seguen estando prohibidas. Moitas veces non podes falar como queres, pero falar hai que falar e demostrar, entre outras cousas, que aquí non hai liberdade de expresión»4
Polos anos 80 entramos nunha etapa de desprestixio da música galega, con campañas guindadas a nivel institucional e desde os medios de comunicación. Quen non recorda o famoso lema da TVG que dicía: «Deixémonos de gaitas» e mostrábamos un mozo cunha guitarra eléctrica que arredaba de si unha gaita con desdén, algo que amolou profundamente a diversos colectivos de música tradicional do país. Eran os tempos da chamada «movida», nos que Madrid presentábasenos como a Meca da modernidade e os grupos que comezaban a se pór de moda, foran ou non madrileños, apostaban por unha estética urbana que repudiaba todo signo de galeguidade. Lembremos aquel slogan viguista que dicía: «Madrid se escribe con V de Vigo», no que se recalcaba en negriña o tramo central da letra M, que se vía como un V. Os que coñecemos o Vigo daquel momento ben lembramos como foron pechando a maior parte das emblemáticas tascas da zona de viños do Berbés, onde tantas veces puidemos escoitar aos membros de A Roda e ao propio Suso Vaamonde cando andaban de esmorga. No seu lugar abríronse locais modernos, decorados, por certo, con moi mal gusto, nos que en vez da típica cunca de viño do Ribeiro, servían aqueles combinados a base de cava e quen sabe que máis, ao que denominaban coa snob cualificación de cup.
As arelas de entrar en Europa tíñannos absorbido o cerebro até o punto de renegar completamente de todos os nosos sinais de identidade, esquecéndonos quizais da lección maxistral que antano nos deran os membros da xeración Nós, que consideraban preciso ter unha singularidade para poder pasar a formar parte da colectividade, e necesario ser nacionalista para poder, sen papanatismos, acadar o verdadeiro internacionalismo. Mais por fortuna non foi máis que unha etapa efémera da nosa historia recente e un síntoma máis do autoodio que sempre caracterizou a Galiza como país colonizado.
A situación non comezará a superarse até a aparición de novas xeracións de músicos galegos, de entre os que compre destacar a Milladoiro. De novo nacía un movemento de rescate da nosa tradición. Neste caso habería que encadrala na eclosión da chamada «música celta», terminoloxía que pretendía acabar co rexeitamento que producía a identificación de gaita e folclore con atraso e ruralismo, a base de ollar cara a culturas nas que a gaita era un orgullo nacional. Ademais, o fenómeno panceltista era percibido como unha porta aberta a unha música de masas lexitimamente gorentosa para os artistas con certa ambición. Este tipo e manifestacións xa proviñan de anos atrás, pois desde o 1978 xa se viña celebrando o festival intercéltico de Ortigueira e desde o 80 o de Pardiñas (Guitiriz). Nacía, sen embargo, este movemento cunha eiva importante, a ausencia da voz e por tanto da mensaxe directa. Con todo cómpre dicir que a pesar de que a música era exclusivamente instrumental, todo tipo de comunicación co público facíase en galego, non faltando nunca as arengas de tipo reivindicativo.
Unha vida de coherencia
Se hai una cousa que singulariza especialmente a Suso Vaamonde entre os seus compañeiros de xeración é que el nunca mudou. Continuou na mesma loita, co mesmo tipo de música e co mesmo tipo de letras.
Non flirteou nunca co poder e sempre participou desinteresadamente en canto certame solidario era requirida a súa presenza, fose por motivos ecolóxicos, de afirmación nacional, culturais, laborais: desde as Encrobas até o movemento veciñal de oposición ao encoro do Umia, pasando polo soado concerto en solidariedade cos traballadores de Astano celebrado en Ferrol en 1985, do que aqueles obreiros desazados, como consecuencia dunha reconversión brutal levada a cabo polo goberno de Felipe González e que se cebou especialmente con Galiza, gardan un fondo recordo e do que, por fortuna, aínda podemos ver as imaxes en internet. No mesmo sentido poderiamos enumerar centos de concertos como o levado a cabo en setembro de 1986 en homenaxe as vítimas do franquismo no templo de Debod en Madrid, a actuación na homenaxe aos militantes galeguistas da II República en Redondela (23/7/1996), a actuación en homenaxe ao 60 aniversario do asasinato de Johan Carballeira en Bueu (no que participaron Cáccamo, Bernardino Graña e Anxo Angueira), o concerto na Ferrería de Pontevedra contra as Celulosas en 1991, o Festival Pro-Cuba en Pontevedra en 1995, a actuación en Merza pola retirada da liña de alta tensión, o concerto celebrado en 1998 pola recuperación da Carballeira de San Xusto que fora usurpada pola Igrexa aos veciños.
Participa tamén nos actos levados a cabo na sé da Fundación Neira Vilas en Gres e, como non podía ser doutra maneira, na homenaxe que Vila de Cruces tributa ao seu amigo e autor das Memorias dun neno labrego en 1999. Tamén participa na homenaxe que lle brindou a ASPG a Manuel María na Coruña no teatro Rosalía de Castro en 1995. Alí cantou a coro «O cuco», xunto con María Manuela e A Quenlla.
Foron frecuentes as xiras polos centros galegos, como a que realizou en 1989 por Suíza (Zurich, Lousanne, Xenebra), recuncando en 1991 (Aarau, Xenebra e Lucerna) e en 1999 percorrendo distintos lugares de Suíza e Alemaña (Xenebra, Lousanne, Bassel, Colonia, Hamburgo?). A súa irmandade cos máis febles tena amosado en concertos como o celebrado en 1985 en beneficio da ONCE, e no Concerto no Festival de Auxilia «Asociación para a promoción social e cultural de diminuídos físicos» de Lugo do ano 1997.
A súa paixón polos nenos é outra constante que se repite ao longo dos anos. De todos é sabido que o seu tema máis emblemático e repetido é precisamente unha canción infantil, «O cuco». Ademais ten feito moitas actuacións para os máis pequenos, sendo asiduo das festas de Infantilandia en Ponteareas e chegando a cantar vestido de Papá Noel en Nadal de 1990 nunha gravación en Porriño para o programa infantil da TVG Tarde Taina, do que era coguionista Afonso Álvarez Caccamo.
No campo do nacionalismo é ben coñecido por todos o seu labor como comunicador, activista e axitador. Suso, ademais de cantar participa como poñente nunha mesa redonda con Santiago Jaureguizar e Xurxo Souto nos actos das III Xornadas de nacionalismo en Lugo celebradas en 1996. Mais sempre foi, no seu interior, un rapaz novo. De aí que a súa conexión co galeguismo organizado fose maior coa organización xuvenil Galiza Nova que co propio BNG. Non hai máis que fixarse na multitude de actos desta organización nos que toma parte, como na «Campaña pola lingua» no Odeón Café Teatro de Vigo (1995), o concerto celebrado no mesmo ano na Praza do Correxidor en Ourense, a 2ª Arenga da Mocidade en Compostela no 1997, a carón dos seus amigos de A Quenlla, a actuación na Praza de San Martiño en Ourense na Noite de Irmandade en 1997, e como colofón a participación como padriño do 1º Encontro da Mocidade organizado por Galiza Nova en Celanova.
Toda unha xeira de solidariedade que en 1999 sería correspondida co grandioso homenaxe a Suso en Salvaterra nun acto celebrado pola Sociedade Cultural e Desportiva do Condado. Alí xa se sabía que padecía un cancro. Congregáronse arredor de tres mil asistentes que puideron escoitar a música fraternal de artistas galegos como: A Quenlla, Muxicas, Bieito Romero (Luar na Lubre), Emilio Cao, Uxía Senlle, Tino Baz, Saraibas, Cantareiras do Berbés, María Manuela, A Roda. Treixadura... Suso Vaamonde tamén subiu moi emocionado ao palco para asegurar que entre todos conseguirían matar o «becho».
Teimou sempre no combate por mudar un mundo do que non gostaba, no que continuaba a existir a censura, aínda que se mostrara ataviada coas sedutoras roupaxes da democracia burguesa. Algúns daqueles mozos e mozas que andaran envoltos naquelas combativas xeracións de músicos e nas súas leas remataron lexitimamente recollendo os trebellos e marchando para casa. Outros continuaron á súa maneira e abandonaron o principio de que a música había ser en galego e con contido abertamente social. Mesmo houbo quen axiña mudou completamente de ideoloxía e se soubo adaptar, como os camaleóns, ás novas circunstancias que ofrecían cómodas prebendas a cambio da renuncia, aberta ou encuberta, aos ideais que defendían anos atrás.
As cousas a Suso, aínda que sobreviviu musicalmente a Voces Ceibes, a Fuxan os Ventos e a case todos aqueles grupos que funcionaban nos anos setenta, non lle foron demasiado ben, pois tivo que pagar un alto prezo pola súa actitude coherente. Seguiu compondo, actuando tanto con temas novos como con algún dos de sempre, e ademais rematou conseguindo fundar en 1997 o seu propio selo discográfico, Producións Trebón, co cal impulsou distintos grupos galegos e bandas de música populares. Perante o baleiro de que foi obxecto por parte do sistema, polos medios de comunicación e por algún dos antigos compañeiros de batalla, procurou camiños alternativos. Así, co obxectivo de chegar ao público máis novo, explorou o campo da música enfocada cara os cativos. E non resultou algo artificial pois a temática infantil xa aparecía nalgúns dos seus temas máis emblemáticos como pode ser «O cuco». Ademais sempre gostou de estar rodeado de rapaces, e así nas súas actuacións adoitaba convidar a subir ao escenario aos nenos que andaban brincando por alí para que cantaran cando el. Buscou mercado discográfico nos expositores de bares e gasolineiras, e non só por razóns de índole económica, senón tamén na procura dunha verdadeira difusión popular da música galega e dos versos dos nosos poetas. Un xeito de distribución comercial cuestionado por moitos músicos, mais cun rendemento que, ao seu xeito de ver, non obtería nas escasísimas tendas de música das cidades galegas, que ademais, na súa opinión, eran núcleos demasiado reducidos, fechados, selectivos e pequeno-burgueses. De todo o proceso de produción e comercialización encargábase el mesmo, que andaba sempre coa súa maletiña dun lado para outro, traballando dun xeito especialmente intenso no Nadal e no verán, que tal como subliñaba era o tempo en que viñan de ferias os nosos emigrantes que gostaban de volver marchar cargados cun feixe de discos galegos.
Chegou a reeditar un álbum con temas de Voces Ceibes, que causou o enfado dalgún dos seus membros, o que deu lugar a unha absurda denuncia polos dereitos de autor que conlevou a retirada do disco do mercado. Un proceder, ao meu modo de ver, ilóxico e inxusto, especialmente se temos en conta a situación pola que pasaba o cantante.
En relación a esta mudanza da que falábamos poden ser bastante ilustrativas as palabras de Bibiano Morón nun artigo, integramente en castelán, que publicou con motivo da morte de Suso:
«(...) Más tarde la vida nos alejó aunque los dos vivíamos en Vigo. El se movía por el Casco Vello y yo por los centros por donde la estética comenzaba a cambiar con la movida. Yo dejé de ser cantautor para ser empresario y entonces pusimos entre ambos más kilómetros por medio. La política nos alejó porque el era un radical, un rebelde, y yo un independiente y un empresario.»5
O amigo na memoria
Tiven a fortuna de contar coa amizade de Suso durante os seus últimos anos. Aló polos finais da década dos 80 estiven falando con el nunha das derradeiras edicións do festival folk da Festa dos Mozos de Campo Lameiro na que, se non recordo mal, actuou a carón de Saraibas e Xocaloma. Acababa de baixar do escenario e tivemos unha breve conversa sobre unha peza que acababa de presentar nun aceno un tanto experimental. Tratábase dunha canción que criticaba indirectamente a actitude do BNG por xurar a Constitución, cedendo ás pouco democráticas presións das curias autonómicas que, no seu afán de afogar o nacionalismo improvisando xurisprudencia sobre a marcha, intimidaban aos nacionalistas coa expulsión dos deputados da organización, se non xuraban un texto regulamentar co que non estaban de acordo por non responder ás aspiracións de Galiza como nación. E nin sequera lles valía que usasen o enunciado: «Xuro por imperativo legal». A decisión fora difícil e Suso sabíao, por iso foi das poucas veces en que o vin dubidoso, e de feito creo que foi a única vez que cantou esta peza, que nunca chegaría a gravar e que dicía algo así como: «Hainos que acatan a Constitución/ nós, non.»
En anos posteriores temos compartido escenario no festival que se celebraba en Amil na véspera do día da Festa do Porquiño á Brasa, na que eu participei como gaiteiro do grupo tradicional Verbo Xido.
En febreiro de 1992 coincidín con el nun festival que organizaba a Universidade de Vigo no Campus pontevedrés e no que eu actuaba coa recentemente creada Quinta Feira. Nesta xeira xa falamos máis devagar, chegándome a propor un proxecto discográfico para Quinta Feira, que rematamos absurdamente por non aceptar por non coincidir nos criterios de distribución; pois non estábamos de acordo con que o disco, ou máis ben a cassette, se vendese polas gasolineiras. Con todo o que si aceptei eu a nivel individual foi colaborar como zanfonista nun dos seus traballos. Participando así no disco titulado As palabras dos galegos (1998), acompañándoo nun tema que presenta baixo o título «Romance de cego», que non é outro que o mítico romance do encoro de Castrelo de Miño.
Os reencontros eran continuos. Así cadramos nalgún concerto solidario, daqueles nos que se participaba desinteresadamente, como no festival antiempacadora en Vilaboa ou nalgunha actividade da plataforma antiencoro de Caldas, Cuntis e Moraña. No 1999, con motivo da concesión do Día das Letras Galegas a Blanco Torres, voltamos traballar xuntos. Concretamente paseille os textos para o seu disco Cousas da Lúa, no que musicaba versos do poeta cuntiense asasinado no 36, que axiña cantaría ao vivo en maio de 1999 en Cuntis con motivo do Día das Letras Galegas. Nestes intres ademais de sacar á luz o seu propio traballo discográfico sobre Blanco Torres tamén desenvolveu un papel esencial para animar ao cantante cuntiense Manoele a tomar a decisión de editar o que sería o seu primeiro traballo discográfico Orballo, no que pon música a varias composicións integradas no poemario Orballo da media noite.
Por este tempo víamonos a cotío tanto no seu piso en Chapela, no que temos pasado bos momentos de música e conversa, como na miña casa en Cuntis, onde paraba sempre que lle cadraba, e sempre me viña coa súa lideira da necesidade de coñecer e empregar os recursos que a informática ofrecía no terreo musical. De feito sempre me instalaba algún programa no ordenador que eu nunca chegaba a utilizar.
Amil no corazón
Moraña foi un Concello ao que sempre lle tivo un apego especial. Foron moitas as actuacións que ten feito en distintas parroquias, de entre as que cómpre destacar a de Amil, onde ten actuado nos anos setenta na Rapa das Bestas, e nun festival folk reivindicativo que se celebrara con ocasión da Festa do Arrieiro na súa primeira edición, aló polo ano 75 e no que compartira escenario con outro músico do momento chamado Buxán. Fora un festival que acabara cunha gran polémica xa que houbo quen se sentiu ofendido polo seu carácter político, xa que abondaron as arengas nacionalistas e os mozos andaban a ondear bandeiras galegas coa estrela vermella, e sobre todo polo seu ton anticlerical, que amolou especialmente a algúns cregos indignados por terse celebrado a actividade na carballeira da capela, propiedade da Igrexa. O certo é que, por este ou por outro motivo, o festival non se voltou celebrar en anos sucesivos.
Tamén ten actuado en distintas ocasións na Festa do Carneiro ao Espeto e na do Porquiño á Brasa de Amil, así como en San Martiño, acompañado do grupo A Roda, xunto co seu irmán Luís, contratados polo activo teleclub do que xa se ten tratado nesta revista6. Ten cantado ademais na propia capital municipal, por exemplo nos xa mencionados actos antiencoro ou na festa de xubilación do seu amigo, e compadre dos seus pais, Xosé Eiras, que creo que foi a derradeira actuación que fixo neste concello.
Suso nacera en Regodobargo en decembro de 1950, onde a súa nai, Araceli, exercía como mestra. A familia desprazouse para Amil en setembro de 1.957 (cando aínda Suso non cumprira os 7 anos), pois nese ano a súa nai obtivo o destino como mestra nesta parroquia, a onde chegará preñada do seu sétimo fillo. Segundo testemuña da familia, a causa principal da partida de Regodobargo fora a saúde de Luís, o quinto fillo da mestra, que padecía fortes pulmonías, e ao que nada favorecían os duros accesos da aldea, estreitos e angostos sendeiros de monte polos que se transitaba con moito esforzo e dificultade. En Amil foi onde verdadeiramente se criaron el e os seus seis irmáns, pois permanecen na parroquia morañesa até o ano 1964. Quixera reproducir a impresión que a primeira casa de Amil produciu na familia. Segundo Senén Vaamonde, irmán do cantante:
«Chega Araceli á súa nova casa. Pareceralle un palacio. A casa érguese sobre vigas e baixo ela hai cuadras baleiras, aparellos de labranza e un pozo. Á casa éntrase por unha ringleira de escaleiras. O oco destas serviralle de corte ao porco. Entras e á dereita unha pequena cociña, nun recanto unha porta de madeira dálle acceso a un cuartucho pequeno que contén un altiño contra o fondo feito de madeira e cun buraco no medio. E o váter que verte o que recibe na baleira corte.
Frente a porta de entrada un habitáculo cheo de mesas con dous tinteiros de louza branca en cada unha, e un encerado na parede. Noutra parede hai unha porta que dá acceso ao dormitorio da mestra.
Xa visitamos a casa enteira. Nese cuarto apáñase Araceli para meter dúas camas matrimoniais, un berce, un armario e unha mesiña. Unha cama é para os pais e a outra para os fillos.
Frente á casa hai un monte comunal. A casa está nun barrio alto, o barrio da Torre. Nos piñeiros do monte vai a familia tendendo a roupa e gastando bromas, moito ría o noso pai cando nos asustabamos coa cabaza cunha vela dentro que el nos colocara.»
Posteriormente múdanse á nova casa-escola que foi emprazada no campo da Chan, a carón da carballeira dos Milagres, unha casa máis moderna, espazosa, aquelada e con mais comodidades para dar acubillo a unha familia tan numerosa.
«(?) Araceli entra feliz no seu novo palacio. Á casa accédese por detrás directamente á cociña, e por diante a unha pequena entrada. De frente hai unha pequena saliña cunha mesa camilla no centro e cadeiras arredor. Sete fillos arredor dela escoitan a radio mentres arranxa a roupa da casa. Á esquerda topamos o comedor da casa. Dende el tamén se accede á cociña e a un pequeno corredor que dá entrada a tres dormitorios e un baño con lavabo, váter e ducha.»7
Nestes anos debeu ser cando se comezou a fraguar a consciencia galeguista do futuro cantautor que, por máis empeño que puña a nai en evitalo, só falaba en galego. Suso vaise vivir á cidade de Pontevedra co pai que traballa alí, e matricúlase no colexio Sagrado Corazón «onde lle obrigarán a falar a lingua do imperio». Con todo a familia permanece xunta os fins de semana, nas vacacións e sempre que poden, facendo os desprazamentos a Amil no coche de liña de Manolo Garrido.
O que máis lembra a familia desta etapa de Suso son as carreiras polo monte ou polas corredoiras para ir buscar o leite a casa dos veciños, e as típicas actividades e xogos de aldea nos que se manifesta un rapaz que presenta semellanzas co Balbino das Memorias dun neno labrego, con cuxa lectura tanto gozará anos despois:
«(?)Visitando todas as casas da aldea no día da mallada. Montando a cabalo polos camiños de Amil. Xogando ao futbolín na tenda-bar de Marcial, baixando a escalinata da chan. Axudando a montar a carpa do circo diante da escola. Rastrexando o campo da chan despois da festa para atopar cartos e cousas perdidas. Saltando os muros do campo da Chan, baixando do monte nun carro enriba dos toxos, acompañando aos amigos que levaban as vacas a pacer nos campos, rubindo polos cereixos e as figueiras, collendo uvas das parras, facendo bonecas coa espiga do millo, quitándolle ovos ás galiñas, botándolle de comer ao porco, xogando ao balón cos amigos, bebendo na fonte dos Milagres, tocando as campás da igrexa, levando o estandarte na procesión, de monaguillo con D. José (Tío Pepito na familia), comendo ao meu carón na mesa, de troula na festa dos Milagres, abrindo os regalos de reis, xogando coa nova cociñiña eléctrica que queimamos xa no primeiro día. Daba igual, para nós quedábanos sempre ben a comidiña.
Unha bromiña, unha vez xogando ás casiñas os irmáns e nenos e nenas da aldea faciamos empanada con terra. E os nenos metéronnos no medio un lagarto vivo. Os berros das nenas ao abrilo para facer que se comía foi tan estrondoso como as risas dos nenos. Suso fora o que maquinara a idea.»
Marchou de Amil para Vigo cando xa era un adolescente de 15 anos, mais durante anos seguiría indo pasar tempadas na parroquia morañesa. Durante moitos anos van ir convidados á casa de Lola da Bouza. Alí irán sempre na primeira quincena de setembro para acudir á festa dos Milagres, á que Suso nunca faltaba.
Unha noite de esmorga. O reencontro coas raíces
Un momento que recordo dun xeito moi especial foi unha noite na que eu estaba na casa e me chamou por teléfono desde o bar Júcar de Cuntis, para que baixara a tomar un viño e botar unha parrafada. Cando cheguei estaba a falar co veterano militante nacionalista Manolo Fernández (O Perruqueiro). Traía as probas dun disco de temática infantil que estaba a elaborar: Rapaces, rapazas e rapazadas (1997), e pediunos, tanto a Manolo como a min, que lle procuráramos fotos dos nosos fillos para a portada. Manolo deulle unha fotografía familiar, na que aparecían os fillos e a dona, finada había pouco. Eu deille unha foto de carné do meu fillo que levaba na carteira. E é que desde que levaba o seu propio selo discográfico non paraba de editar traballos, dada a súa capacidade para compor:
«Son autodidacta, póñome diante do poema e el mesmo me pide a música, xa que unha das vantaxes do idioma galego é que xa el che dá a música».8
Axiña me indicou as súas intencións. Quería ir a Amil, unha parroquia na que vivira durante a infancia e da que tiña moitas lembranzas. Agora que xa levaba tempo sen ir, entráralle a nostalxia e quería reencontrarse con vellos amigos e coñecidos, mais non lle apetecía ir só. Eu, que tamén tiven una infancia itinerante debido á profesión do meu pai, axiña o entendín. Supoño que sentiría algo similar por Amil ao que eu por Navia de Suarna. Fronte a esa visión de persoa loitadora e dura, Suso adoitaba mostrar con frecuencia o seu carácter fráxil e romántico, así como algunhas debilidades incomprensíbeis nunha persoa de mundo como el, máis propias dun rapaz; daquel rapaz que andaba a choutar polas corredoiras de Amil. Ben recordo telo amoestado como a un neno en máis dunha ocasión pola súa teima serodia de malgastar o diñeiro nas máquinas comecartos dos bares, coidando quizais que as podía enganar.
E fomos cara o reencontro. Recordo que de camiño regaloume unha cassette titulada Loitando, que fora gravada furtivamente en Barcelona, nos últimos anos do franquismo, nun estudio de gravación clandestino chamado Iberia Cultura. Este traballo gravárao en tempo real e sen ningún tipo de trebello que facilitase ou mellorase o resultado final. Nel topamos un Suso cunha voz moi moza cantando temas como: Spritoal, Miserere, A paz, Loitando, A derradeira vontade de Fuco Buxán, O dedo na chaga, Compañeiros, En corso, Romance de cego, Uah, Os labregos e Co pan de cada día. Un agasallo que aínda gardo como un pequeno tesouro.
Unha vez en Amil, visitamos a casa de Agustina, no lugar da Torre, que nun tempo fora escola e a casa onde vivira coa súa familia, por certo, unha moi boa casa labrega. Alí Agustina, a súa filla e o xenro convidáronos a un viño cun pouco xamón a carón da lareira, e Suso gozou moito da conversa, na que, como non podía ser doutra maneira, saíron a relucir unha chea de pequenas historias da infancia, coas que se divertiu como un meniño. Despois fomos á taberna de Marcial, onde foi recibido con moito agarimo tanto por Marcial e a súa muller como por algúns clientes cos que demoramos até altas horas charlando e baixando uns vasos de viño de máis. O fillo de Marcial, Marcelo, fora un bo amigo da infancia, con el fumara o seu primeiro cigarro e pasou moi bos momentos. Outros bos amigos foran o tamén morañés Antonio Ruibal e o Amilense Ramiro Núñez, cos que contactara de novo en Venezuela, como xa comentei, e cos que continuou relacionándose até os últimos momentos, especialmente con Ramiro que tiña un bar en Pontevedra, na zona de Balaídos, que se chamaba O Cequeril, no que Suso ten pasado bos momentos de conversa, e do que foi cliente habitual até os seus últimos momentos.
Creo lembrar que desde a taberna de Marcial chamou polo móbil á súa compañeira Yuli para dicirlle que non se preocupara, que chegaba a casa nunha horiña. Ela ben sabía como eran as horas de Suso e axiña debeu entender que a cousa ía demorarse un bo treito, como de costume. As historias da infancia rememoradas no local voltaban a encher de alborozo ao cantor, que pasou uns momentos inesquecíbeis.
A derradeira batalla
Debeu ser aló polo mes de setembro de 1999. Chamei por teléfono a Suso para ver se me podía pór en contacto coas rapazas do grupo Ávalon, que tiñan gravado algunha cousa con el, para ver se lles interesaba actuar no Magosto Folk en Cuntis. Contestoume cunha voz moi aguda e fráxil, que nada tiña que ver coa voz notabelmente grave que o caracterizaba.
- Ti non es Suso, pásame con el e déixate de caralladas.
- Si que son, oh! O que pasa é que me están dando unhas sesións de quimio que me deixan escarallado.--e perante a miña lóxica sorpresa e preocupación, axiña engadiu con seguridade:
- Mais non te preocupes que imos saír adiante.
Foi a derradeira vez que falei con el. A pesar de que seguiu loitando e de que contou coa apoio dos amigos e de grande parte dos músicos galegos, cinco meses despois presenciei o espallamento das súas cinzas no río Oitavén, en Regodobargo, no concello de Pontecaldelas, onde nacera 49 anos antes. Foi sen dúbida a velada necrolóxica máis emotiva que presenciei. As cancións do cantor de Regodobargo e de Amil soaban con inquedante tristura nas voces de moitos dos que foran compañeiros de ruta nas xeiras musicais ao longo dos anos.
Coda
No lugar onde as súas cinsas foron esparexidas foi colocada unha placa conmemorativa. Tamén en distintas cidades e vilas, como Vigo, Chapela (Redondela) e Salvaterra o seu nome figura en letras de molde no rueiro.
O Concello de Moraña ten por norma non outorgar o nome de rúas e prazas a ningún persoeiro, e unicamente distinguilas facendo uso dos numerais. Creo que mesmo respectando, que non compartindo, que se actúe seguindo este criterio, non se acaba de entender que a estas alturas Moraña, e especialmente Amil, non teña dedicado algún tipo de recoñecemento a este persoeiro esencial da cultura galega. Por iso aproveito desde estas páxinas para pedir en nome do colectivo que elabora esta revista que se repare dunha vez esta eiva, ben sexa coa instalación dun busto na parroquia de Amil ou calquera alternativa que pareza pertinente para lembrar a relación que o uniu con estas terras polas que tanto ten brincado de rapaz «a persoa máis representativa na historia da música do noso país», segundo as palabras do poeta Manuel María.
NOTAS:
1 Quixera expresar o meu agradecemento polas achegas orais e/ou polos documentos gráficos a Marcelino Silva Rodríguez, Ramiro Núñez, Xan Bú
a, Roxelia Gago, á comisión da Festa do Porquiño á Brasa (principalmente
a Lourdes e a Miguel), a Avelino Garrido, a Xosé Eiras e ás súas fillas Mar
e Ana, e dun xeito especial a Yuli, compañeira de Suso, e a Senén Vaamonde, o seu irmán.
2 http://www.blogoteca.com/chiscandounollo/, Páxina web visitada o día 1 de xullo de 2008.
3Cf. GARCÍA VILLAR, B., «A nova canción galega e a transición», en
http://www.ghastaspista.com/historia/tbenedicto.htm. Páxina consultada o 9-07-2008.
4 «Vintecinco anos en vintecinco voces», A Nosa Terra. Cadernos de pensamento e cultura, nº 25, p. 13.
5 MORÓN, B., «Un rebelde», La Voz de Galicia (A Coruña, 17-02-2000), p. 82.
6 FONTÁN OCAMPO, M.-GARRIDO MONTEAGUDO, A., «O teleclub de San Martiño da Laxe (1968-1979)», A Taboada VIII (Cuntis-Moraña, decembro de 2003), pp. 141 s.
7 Segundo a información directa de Senén Vaamonde, cuxas palabras reproduzo textualmente.
8 Cf. Cancións para todos nós. Crónica de 30 anos de música galega, Cadernos A Nosa Terra de pensamento e cultura, p.23.
|
|
|
|
MANOLO O PERRUQUEIRO. A LOITA POLA REVOLUCIÓN SOCIAL |
|
Quen o diría daquel rapaz ao que mandaban mercar unha botella de auga mineral da marca Fontenova e que reiteradamente lle pedía, en correcto castellano, ao daquela boticario Xosé Rubira: "Don José, deme una botella de Fuentenueva". Quen diría que chegaría a ser un dos máis teimudos nacionalistas e dos mais afervoados defensores da lingua e a cultura galega que pariu o concello de Cuntis. E é que no franquismo a colonización era tal que se daban as situacións máis absurdas que un se poida imaxinar.
Nacera Manuel Fernández Varela en plena posguerra, concretamente o 27 de Xaneiro de 1943, nun tempo en que a situación do país era verdadeiramente adversa, eran os anos da fame, e de seguro a súa familia como as do resto do país non nadaba precisamente na abundancia.
O seu pai Manuel Fernández Guerra era natural de Guldrigáns, na parroquia cuntiense de Troáns, e fora músico, ao igual que os seus irmáns, nas dúas bandas de música do concello, a da Bragaña e a de Cuntis. A súa nai Xoana Varela era, e segue sendo, do Porto de Gómez, onde naceu o seu único fillo, Manolo, un rapaz moi sociábel, moi integrado na contorna do seu lugar, onde contaba con moitas amizades. Soto, o seu mestre, e algúns familiares estaban empeñados en que fose para mestre de escola, xa que tiña dotes e era un gran amante da lectura, o que en ocasións sendo rapaz lle ten ocasionado máis dunha reprimenda polo gasto de luz que facía. Con todo a súa nai quixo que continuase o seu oficio na perruquería que ela mesma levaba, a coñecida Perruquería Juanita, situada daquela na rúa do Medio, e enviouno a facer un curso á Coruña. Posteriormente, despois de facer o servizo militar en Ferrol, incorporouse no negocio de súa nai, que nun comezo era unha perruquería de mulleres, mais que tan pronto como comezaron a estenderse pola xeografía galega as primeiras perruquerías unisex, como se lles chamaba daquela, comezou a ter algúns clientes varóns; non moitos pois á maioría dáballe vergonza ser acicalado alí entre mulleres.
Mais ademais do seu labor profisional e político, tamén foi sempre un home que gostaba moito de alternar, na taberna, e mesmo aproveitaba calquera ocasión en que non tiña xente no local para tomarlle unha chiquita no Traspaso ou na de Pipas; mesmo hai quen conta que nalgunha ocasión deixou a unha clienta coa cabeza metida no secador e tardou algo máis da conta polo que a topou ao regresar bastante desesperada e enfadada.
O nacionalismo contemporáneo
O renacer organizativo do nacionalismo galego de posguerra non se producirá até inicios da década de 19601 , coa aparición de dúas forzas galeguistas de esquerdas: a Unión do Pobo Galego (de tendencia marxista-leninista) e o Partido Socialista Galego (socialdemócrata; que nada ten que ver co actual PSdeG, sucursal galega do PSOE2 ).
Mais adiante, xa finado o ditador, vaise formar unha organización frentista cun amplo espectro ideolóxico que lle pode permitir ao nacionalismo a organización de militantes e simpatizantes. Trátase da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega), organización de masas e asemblearia con vocación de integrar partidos e persoas sen militancia, buscando a implantación social do nacionalismo de esquerdas. Así nos primeiros comicios a Cortes e nas eleccións municipais da transición topámonos por un lado a plataforma denominada BN-PG (Bloque Nacional-Popular Galego, que se fundou en 1977 e incluía a AN-PG e a UPG) e por outro Unidade Galega, integrada polo PSG, o Partido Galeguista (refundado no 78) e o POG (Partido Obreiro galego, liderado por Camilo Nogueira). Manolo foi un dos primeiros militantes da AN-PG e axiña do BN-PG.
Nas primeiras autonómicas o PSG liderado por X.M. Beiras intégrase cos grupos do BN-PG que obterá tres deputados, aínda que serán expulsados por negárense a xurar a Constitución. Quedando como representante do nacionalismo no parlamento galego Camilo Nogueira, elixido por Esquerda Galega, herdeira do POG. A decisión do BN-PG de asumir catro anos despois o xuramento da constitución baixo a denominación de Bloque Nacionalista Galego foi un dos motivos de que esta organización, con Beiras á cabeza medre de xeito espectacular en eleccións posteriores e en 1995 acabe integrando ao PSG-EG, culminando a tan arelada unión do nacionalismo galego, e tamén, por suposto, do cuntiense.
Manolo presentárase como cabeza de lista polo BN-PG en 1979 como militante que era da UPG e da ANPG, nas que militara de xeito clandestino até 1978, cando son legalizadas estas organizacións. Por certo dun xeito bastante serodio pois por exemplo o Partido Comunista de España levaba na legalidade desde o ano anterior. Entre os seus compañeiros de militancia cumpriría destacar, entre outros, a Dores Rivas Espiño, Manolo Chao, Manuel Núñez Caeiro, Manuel Aboi Paz, Carme de la Torre ou a Xoán Xosé Renda Constenla (de Mesego), xoven morto en accidente cando ía camiño de mesego nunha malfadada Noiteboa, e de quen xa ten tratado nestas páxinas o compañeiro Alfonso Magariños3 . Nunha daquelas famosas purgas internas producidas por diferencias estratéxicas e políticas no seo do partido Manolo queda fóra.
Posteriormente convértese no Secretario Xeral do comité local do PSG-EG (Partido Socialista Galego-Esquerda Galega) de Camilo Nogueira, no que concorre ás seguintes eleccións municipais. Nesta nova xeira os seus compañeiros de viaxe serán Xosé Manuel Padín (que era practicante de Cuntis), Serafín Escariz (hoxe moi activo aínda na política municipal), Xosé Ramón Pintos Cancela, María do Carme de la Torre (a súa dona), David Otero (home da comadroa de Cuntis, naqueles tempos vivían en Cuntis e el era o secretario da Nova Escola Galega), Xosé Luís García Expósito, Magdalena Guimarei, Mario Ximénez Castro, a mestra de Troáns María do Carmo Feáns Suárez...
En 1987 presentan como cabeza de lista a María do Carmo Feáns e a Xesús Campos Suárez (de Portela) de segundo, indo Manolo de número 6. Non obteñen representación. Catro anos despois a candidata será a propia Carme, a súa dona, quen a pesar do duro traballo que realizou non obtivo asento no concello.
Unha vez disolto o PSG-EG, entra como case todos os seus compañeiros, incluído o seu líder nacional Camilo Nogueira, no Bloque Nacionalista Galego que fora fundado en 1982. Entrarían tamén algúns dos militantes do grupo local de Cuntis, entre eles Moncho Pintos, Serafín Escariz? O seu labor na asemblea municipal do partido seguiu a ser moi activo encanto llo permitiu a infame doenza que acabaría coa súa vida.
En eleccións posteriores, xa coa súa organización integrada no BNG non figura xa en ningunha lista pero si o fan por esta organización os seus fillos Diana e Xandre, herdeiros do facho que un día prenderan o seu pai e a súa nai.
No asociacionismo local
Por estes tempos será socio fundador da Asociación Cultural O Baño, que pese á súa corta andaina estivo tutelada nun comezo polo seu inspirador Antonio Paz (máis coñecido como o Comunista), posteriormente ocupan a presidencia primeiro Eduardo Rei, logo Manolo Chao e nos últimos tempos estivo en mans de Manolo o perruqueiro até a súa extinción. A Asociación xurdida sobre 1979, tivo un labor moi intenso. Mercaron as gaitas que despois serían empregadas polo grupo de gaitas do Patelas, quen foi precisamente convencido por Manolo para dirixir a agrupación; montaron un grupo de teatro, crearon unha biblioteca no local no que hoxe está situada a Asociación de Pensionistas. Entre outros membros que lembramos estaría Antonio Lois, Xaime Durán, Suso e María Xosé Fernández...
En 1993 é membro fundador da Asociación de Veciños Vagalume, da que será elixido presidente Xosé Rivas Espiño. Pese á súa corta existencia esta asociación veciñal fixo un notable traballo a prol de Cuntis e chegou a editar o seu propio boletín informativo moi crítico co goberno municipal socialista. Entre outros temas recordar a súa loita por conseguir unha traída de auga digna desde o punto de vista sanitario, a instalación de semáforos no cruce da Palma, a insistente aínda que inútil teima de que se limparan periodicamente os contenedores de lixo para evitar os cheiros, a aceleración dos labores de restauración do Hospitalillo (que logo sería a Casa da Cultura Blanco Torres), arranxo das beirarrúas da vila...
Outra
Con este título xorde en Cuntis en 1986, da man de Manolo, un boletín de política local, órgano do PSG-EG cuntiense, que daquela ten dado moito que falar. Nace en 1986 coa intención de ter un carácter bimensual e ademais sacar algúns números especiais ao longo do ano. Se ben tivo varias interrupcións, o certo é que sacaron unha boa cantidade de números especiais dedicados a algún escritor galego, en especial a aqueles aos que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas e outro con motivo da celebración do Día da Patria ou do Día das Letras Galegas, Eleccións Municipais... Destacar os monográficos dedicados a Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Pimentel, Alexandre Bóveda (con motivo do Día de Galiza Mártir)...
Neste voceiro os editoriais e a maior parte dos titulares eran da súa autoría, mais topamos algúns outros colaboradores como Xosé Manuel Padín Millán (que trata con moita frecuencia temas relacionados coa sanidade local), X. Ramón Pintos, R. A. J. Espiño Cabo (marido da mestra de Troáns que mesmo escribe un bo número de poemas), e mesmo persoas que non mostran a súa identidade e escriben con pseudónimo: Xan Cidadán (ás veces asina como X.C.), o Marqués de Arnois, o Candidato Numero 7...
Resulta curioso o caso do Marqués de Arnois que escribe sempre en castelán desculpándose pola súa falta de dominio do galego mais recalcando sempre o seu fondo galeguismo. A partir da insistencia de Xan Cidadán, en 1989 anímase, no número extra dedicado a Pimentel con motivo do Día das Letras Galegas, a escribir no noso idioma, o que provoca a felicitación explícita de varios dos redactores e o engadido duna nota da redacción: ?Haxa festa e contento ¿Por fin o Sr. Marqués anímase a escribir na lingoa nosa!?
Son moitos os traballos reivindicativos referidos ao concello ou ao país. Así topamos a Manolo denunciando os problemas da depuradora municipal, a negativa inicial a súa proposta de poñerlle unha rúa a Castelao, tema polo que abre unha polémica con Juan Seijo que nun pleno fixera algún comentario inicial en contra aínda que finalmente acepta a iniciativa. Canto á política lingüística critica que o noso concello non acudise en 1987 a unha reunión para a defensa do idioma na que si estiveran outros moitos concellos como o de Dodro, Vilaboa, Redondela, Rois, A Rúa, Mugardos, Cervo, Moeche, Ares, A Estrada, Fene, Brión, A Capela, Tui, Ribadavia, Malpica... Critica tamén xa daquela a ausencia dun Plan Xeral de Ordenación Urbana ?para que non se permitan aberracións como a das Rúas Novas?. Mentres, Padín queixábase pola falta dun plan de medicina preventiva, a ausencia dunha praza de pediatría ou dunha Casa de Saúde, e Moncho Pintos criticaba con retranca en 1989 o decreto de exención do Galego no ensino como unha verdadeira monstruosidade por discriminar a nosa lingua frente ao español... e noutros traballos realizados con motivo do Día das Letras Galegas reivindicaba o orgullo de sermos galegos por lingua, por historia, por cultura...
Fernández Rodríguez, un republicano nacionalista e agrarista na Historia de Troáns
Non faltaban tampouco no boletín exaltacións de personaxes da nosa historia local, como é o caso de Manoel Fernández Rodríguez, Roberto Blanco Torres... De ambos se bosquexa unha breve biografía. No caso de Blanco Torres reprodúcese ademais o seu poema ?Loitador?. Mais non imos falar agora de Blanco Torres pois sobre el, a día de hoxe hai bastante bibliografía e mesmo o temos abordado nestas páxinas.
Sobre Fernández Rodríguez topamos un traballo asinado por Manolo Fernández Varela no número extra do Día das Letras Galegas 1989. Ademais dunha biografía reprodúcense dous extensos poemas de tipo social agrarista e anticlerical en galego. O traballo aparece ilustrado cun autorretrato deste agudo poeta e combativo agrarista cuntiense (de Troáns) fundador da Sociedade Agraria de Troáns e arroutado republicano que viviu entre os anos 1873 e 1932. Segundo nos conta Manolo no seu artigo este Manoel Fernández González, que fora tío-avó seu, era fillo dun mestre de familia acomodada mais non gostaba da monarquía polo que axiña comezou a traballar a prol do republicanismo e o socialismo. Estudou tamén como o seu pai Maxisterio, aínda que non exerceu máis que dando clases particulares na súa parroquia. Comezou Dereito en Compostela, mais tal como nolo conta Manolo:
"Empezou a estudar Dereito, pero parece ser que se cansou de estudar sentado e decidiu estudar Dereito Universal na Universidade da Vida. Esto levouno a non estudar sentado, senón andando polo áspero camiño da loita pola Revolución Social".4
Chegou a saír elixido deputado nas Cortes de Madrid en 1931, aínda que chegou a ter problemas cos socialistas, en cuxas filas se presentou, e con Casares Quiroga da ORGA, debido a que non apostaban por unha república federal senón por un republicanismo tan centralista como a propia monarquía. No mes de outubro do mesmo ano deuse de baixa no partido e entregou a credencial de deputado. Despois de morto, o 31 de xaneiro de 1932, o cura negouse a soterralo en sagrado, mais a protesta airada dos seus afoutos compañeiros agraristas fixo que se puidera enterrar ?no panteón dos seus devanceiros?. Por iso Manolo considera que foi revolucionario até despois de morto.
Remate
Toda a vitalidade e actividade desta persoa que hoxe tratamos quedou case completamente asulagada en 1997 coa morte de Carme. Coñecéraa en Compostela, onde ía a visitala con frecuencia na súa moto acompañado de Pepe Castro (cuxa moza vivía con Carme). Tiveron sete fillas e un fillo, e era unha parella que andaba moito xuntos tanto no lecer como nas actividades políticas. Ela ademais era unha afanosa membro das ANPAS (Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as) do colexio e mesmo ten traballado co Meigallo na preparación do Magosto-Folc. Nunha das edicións comentounos con resignación que fora ao médico e que pensaba que non debía ser cousa boa o que tiña, polo que procuramos animala. Penso que convén lembrar un texto de Carme que apareceu no número extra das eleccións municipais 1991: ?Consolidada a democracia formal, agora hai que dar un paso máis cara a democracia real, impedindo que nos quedemos no puro formulismo sen contido. É hora de aplicarlle ás cousas do común unha visión máis realista e moderna?.5
Despois da defunción de Carme, Manolo parecía outro home tanto pola ausencia de ánimo como polo aspecto físico avellentado. Se ben é certo que ía mentres puido ás asembleas locais do BNG, e aínda pasaba de cando en vez pola taberna a conversar un pouco, xa non tiña aquela ansia e aquela vitalidade doutros tempos. E foise indo sen queixarse e sen mencionarlle a ninguén o cancro que o ía consumindo día a día. O que fora sempre un home moi recto e esixente na educación das fillas6 e o fillo, grazas ao cal saíron persoas coherentes, traballadoras e verdadeiramente exemplares, agora que non podía valerse só, contou coa axuda e agarimo que precisaba; quizais para el foi unha morte doce. Como el dicía, xa tiña aos seus encamiñados/as para valerse de seu, e a persoa que máis amou, agardando por el. Do seu pasamento fíxose eco axiña o semanario nacionalista A Nosa Terra:
"Este martes 3 de outubro finou no seu domicilio de Cuntis aos 63 anos de idade o militante nacionalista máis veterano e emblemático deste concello, Manuel Fernández Varela (Manolo o peluqueiro). Foi militante do histórico BN-PG e do PSG-EG, organizacións polas que foi cabeza de lista en distintas eleccións municipais. Fora ademais fundador da Asociación Cultural O Baño e da revista de política local Outra. Nos últimos tempos formaba parte da asemblea local do BNG, na que mantiña unha activa participación até que o cancro, que anos antes lle arrincara covardemente a vida da súa dona, Carme de la Torre, o obrigou a ficar doente na súa casa. Os que o coñeceron non esquecerán a aquel extravagante personaxe fraco de cabelo e barbas longas sempre combativo e sempre fiel voceiro do seu ideario patriótico".
Na mañá do catro de outubro era soterrado practicamente na intimidade. No funeral (se ben é certo que foi de mañá e en día de semana) había bastante xente nova (sen dúbida amigos das fillas e do fillo) mais non estiveron presentes moitos dos seus veciños e nin sequera a maioría dos camaradas de partido. Non houbo tampouco representación comarcal ou nacional do partido nin institucional. Os poucos compañeiros presentes encargáronse de que o seu cadaleito fose engalanado coa bandeira galega coa estrela vermella, perante a retadora mirada do cura párroco, que en ningún momento pronunciou unha soa palabra na nosa lingua..., na lingua de Manolo o Perruqueiro, con quen Cuntis, o nacionalismo e Galiza están en débeda.
NOTAS:
1 En 1963 nace o PSG que será dirixido por X. M. Beiras e en 1964 a UPG e que quere rachar co mero culturalismo con que actuou o nacionalismo galego durante o franquismo, propugnando a axitación social como arma para a conexión co pobo e difusión da súa ideoloxía marxista-leninista e partidaria da liberación nacional de Galiza.
2 De feito ambas formacións mantiveron unha forte polémica pola cuestión da propiedade das siglas.
3 MAGARIÑOS SUEIRO, A., "Mesego, 25 anos atrás", A Taboada nº 3 (Cuntis-Moraña, xuño do 2001), pp. 87s.
4 FERNÁNDEZ VARELA. M., "Lembrando a un descoñecido (Manoel Fernández Rodríguez)", Outra (Cuntis, Día das Letras Galegas 1989).
5 TORRE CASAL. Mª do CARMO, Outra, nº extra Eleccións Municipais 91, p.1.
6 Algunhas das fillas continúan ademais coa profesión do seu pai. É o caso de Diana e Uxía, co negocio aberto na rúa Xoán Xesús González en Cuntis co nome familiar de "Perruquería Juanita" nome da avoa paterna que vive na casa do Porto de Gómez, e o de Baia co seu establecemento en Moraña, que leva o rótulo co seu apelido materno "De la Torre".
|
|
|
|
DOUS INTELECTUAIS CUNTIENSES ELIMINADOS POLO FRANQUISMO: XOÁN XESÚS GONZÁLEZ E ROBERTO BLANCO TORRES |
|
 Todo o esforzo intelectual, social e político dunha xeración nobre, idealista e xenerosa que loitou vehementemente pola democracia, o progreso e a liberación do seu país, veríase truncado de forma tráxica tras a sublevación militar do 18 de xullo de 1936, que trouxo consigo a masacre e a desolación. O asasinato converteuse en algo traxicamente cotián, do que non se libraron, e mesmo foron obxectivo predilecto, boa parte dos nosos escritores e xornalistas máis senlleiros: Blanco Torres, Xoán Xesús González, Xacinto Santiago, Lustres Rivas, Xaime Quintanilla, Ánxel Casal, Bóveda, Díaz Baliño, Víctor Casas, Arturo Noguerol, Xosé Xoán Pérez "Caramiñas", Joán Carballeira e unha longa ringleira de persoas imprescindíbeis na construción do país, nun momento en que estabamos a iniciar un verdadeiro século de ouro en todas as artes.
Mais aquelas salvaxes represalias son algo máis que historia, pois as vítimas aínda as seguen a sufrir hoxe, despois de mortos, materializadas nun inxusto esquecemento e postergación que conta co silencio cómplice, tácito ou implícito, de moitos investigadores e políticos que en nome do progresismo e a concordia optan, de xeito covarde e inmoral, por non remexer no pasado; unha actitude totalmente contraria á que mantemos os que realmente amamos a paz e pretendemos o recoñecemento daqueles autores cuxa obra foi truncada pola xenreira fascista: se hoxe esquecemos ou infravaloramos o labor dos foron ultraxados durante a guerra e a posguerra estamos a ultraxalos nós novamente.
Podemos constatar en moitos estudos, especialmente no material didáctico dirixido aos estudantes, que se segue omitindo inxustamente todo tipo de referencia á obra creativa de moitos dos nosos represaliados, poñéndolle unha pesada lousa que impide o seu rescate. Un crime tan execrábel como o que cometeron os sanguinarios verdugos franquistas e unha actitude incomprensibelmente permisiva con aqueles brutais acontecementos e, polo tanto, con todos os que se poidan presentar en calquera período histórico.
Neste Ano da Memoria non poderiamos dar remate a unha visión, aínda que sexa sesgada, da represión en Cuntis sen incluír un breve estudo dos dous escritores e xornalistas mais soados que deu este concello e que foron asasinados lonxe do seu concello natal. Refírome, claro está, a Xoán Xesús González que por este tempo estaba en Santiago, e a Roberto Blanco Torres que andaba por terras ourensás.
XOÁN XESÚS GONZÁLEZ
En Compostela soterraron a semente
chamada Xohán Xesús González, porta
dun futuro suntuoso e proletario
que avanza cara nós con alboroto
e venme o arreguizo somentes de pensalo e de amalo.
Con pólvora e magnolias (X. L. Méndez Ferrín)
Naceu en Sevil, aldea da parroquia de Cequeril (Cuntis) en novembro de 1895 no seo dunha familia labrega. Na primeira adolescencia comeza a traballar como peón de canteiro, tarefa que combinaba co traballo no campo, unha actividade na que se iniciara desde neno e á que nunca renunciaría. O contacto directo coa problemática campesiña e do mundo obreiro producirá en Xoán Xesús unha sensibilidade especial, que será a causa dun rexo compromiso social.
Na xuventude marcha para Santiago, onde comezaría a compaxinar o oficio da pedra cos estudos, rematando a carreira de Maxisterio, que exercerá durante pouco tempo, optando por dedicarse ao xornalismo, profesión na que axiña acadará tal prestixio que chegará a ser elixido secretario da Asociación da Prensa de Compostela en agosto de 1925. A súa carreira xornalística iniciáraa na redacción de El Compostelano. Posteriormente escribiría para moitos xornais galegos como o vigués El Pueblo Gallego, do que era correspondente en Compostela; o ourensán La Zarpa, que fora fundado polo crego e axitador Basilio Álvarez e no que coincidiría co seu veciño Blanco Torres; no tamén vigués La Concordia, dirixido entón polo seu amigo Miguel Fernández Lema; así como no xornal galeguista e de esquerdas Claridad, que sería antecesor do semanario Ser. Colaborou tamén no combativo xornal Trabajo (voceiro da Agrupación Socialista compostelá), no galeguista A Nosa Terra, en publicacións agrarias de diversos puntos de Galiza, como El Emigrado da Estrada, na prensa madrileña, especialmente en España, e en rotativos da emigración americana: Raza Celta de Montevideo, Galicia de La Habana, Céltiga de Buenos Aires... Tamén chegou a fundar e dirixir dous periódicos de grande prestixio, como foron o semanario santiagués El País Gallego e o quincenario Amañecer.
Desde a chegada á cidade verase plenamente integrado na loita a prol do galeguismo e o sindicalismo obreiro, converténdose ademais nun dos militantes máis activos do movemento agrario tanto na comarca de Compostela como no seu Cuntis natal, concello co que nunca chegou a perder o contacto, non só por motivos familiares e de amizade senón tamén culturais e sociais.
En 1927 comeza os estudos na Facultade de Dereito. Aquí entrará en contacto cunha xeración de estudantes galeguistas como Fole, Santiso Girón, Seoane, Bouza Brei, Fernández del Riego... que incentivarán a súa participación nas mobilizacións estudantís da época, nas que terá un papel destacado a FUE (Federación Universitaria Escolar). En 1929 o cuntiense acadará o cargo de vicepresidente da recén creada Asociación de Dereito. Rematados os estudos de dereito en tan só tres anos, chegou a exercer como avogado nos bufetes que estableceu en Compostela e na Estrada.
O intento de síntese das doutrinas socialista e nacionalista foi unha teima constante ao longo da súa traxectoria vital, algo no que coincidiu con intelectuais como Quintanilla, Suárez Picallo, X. Vicente Viqueira ou Vitoriano Buxán. Así X. Xesús nos inicios da República milita na Agrupación Nazonalista de Compostela, da que el mesmo fora promotor, ao tempo que ocupa o cargo de secretario da Agrupación Socialista de Compostela, desde a que funda a Federación de Entidades Socialistas, Obreiras, Agrarias e Mariñeiras da comarca de Santiago de Compostela. Porén, topámonos con continuas discrepancias coa liña oficial do Partido Socialista ao que increpa polo seu centralismo reseso e retrógrado, feito que producirá varios intentos de escisión. O primeiro deles foi o Partido Laborista Galego1 que crea a finais de 1930. Tras de múltiples debates internos, en agosto de 1932 funda o Seminario de Estudios Socialistas que desembocará na constitución dun novo partido, de carácter nacionalista, a Unión Socialista Galega na que se integraron, entre outros, Indalecio Castro, Antonio Fuentes, X. María Caramés, Ramón Guimil, Manuel Moure e o cuntiense Manuel Aboi Barros. No socialismo cuntiense debeu espertar bastantes simpatías a nova organización pois, ademais do mencionado Aboi Barros, que era concelleiro na vila balnearia e taberneiro de profesión2 , integrouse o tamén concelleiro Manuel Ferrín González, o tenente alcalde Xosé María Caramés Durán e o mestre Manuel Pena Sayáns, entre outros. A USG chegou a presentar candidatura nas catro provincias nas eleccións de 1933: Núñez Rodríguez por Ourense, Siervo González por Lugo, Francisco Guimarei por Pontevedra e Xoán Xesús pola Coruña.
A vitoria dos conservadores nas eleccións de 1933 e o comezo do que se deu en chamar o Bienio Negro foi o detonante da unión de múltiples forzas progresistas para constituír Izquierda Republicana, na que se integrará a USG, sendo designado o cuntiense secretario xeral na agrupación compostelá. Con todo, novas desavinzas producirán a súa expulsión. En agosto de 1935, despois dun fracasado intento de reactivar a USG, crea un novo partido, Vangarda de Esquerda Republicana, no que militarán políticos como Borobó, Maximino Castiñeiras, Ramón Esturao ou o sindicalista compostelán Xosé Pasín, que exercerá a presidencia.
Ademais dunha intensa actividade xornalística e política legounos unha abondosa obra literaria: múltiples e lúcidos traballos ensaísticos dos que só se consevan tres: Hacia una morfología de la vida Gallega, En pé campesiños e Regionalismo, nacionalismo, separatismo; varias obras narrativas como as tituladas Ana María, A filla da patrona, A modelo de Paco Asorei e Teresiña Novás. É tamén autor do poemario Agarimos, e de ao menos dúas pezas teatrais en galego: Carmiña, que chegou a ser estreada polo grupo teatral La Raza que dirixía o cuntiense Manuel Mesejo Campos3 (amigo seu desde a infancia), e o drama amoroso titulado Felisa. No campo teatral tamén destacou como actor no cadro de declamación Universidade que dirixía Cotarelo Valledor.
Co golpe militar, Xoán Xesús colabora co recentemente constituído Comité da Fronte Popular para loitar pola defensa da República. Encabezou a columna de máis de cincuenta obreiros e campesiños da zona de Teo, que el mesmo denominou o Terzo de Calo, que desfilou polas rúas de Compostela e tomou edificios estratéxicos como o de Correos e Telégrafos ou a fábrica da luz. Membros do Terzo de Calo, especialmente os irmáns Liste (Constante, Manuel, Eduardo e Faustino4 ). Algúns dos integrantes do Terzo de Calo, capitaneados polos irmáns Liste, participaron na detención dun tren que viña de Vigo cargado con armas, munición e explosivos para as tropas franquistas con base no cuartel de Artillaría de Santiago. Intentárono primeiro na Esclavitude e logo na estación de Osebe, facendo unha barricada con rollas de piñeiro e entrando en combate cos falanxistas e a Garda Civil. Supuñan que o tren, como de costume, unicamente viría escoltado por dúas parellas da Garda Civil, mais o cálculo fora errado e tiveron que enfrentarse con 12 gardas e 25 membros de falanxe e do requeté armados até os dentes. Producíronse dúas baixas entre os de Calo e tres foron feitos prisioneiros, entre eles Faustino Liste. Só un garda civil resultou ferido. Os detidos foron levados primeiro a Padrón e logo á prisión de Santiago. As cousas non saíron como contaban, frustrándose así a ilusión de acadar aquel armamento tan arelado para defender a República
A irmá e mais a nai de Faustino Liste andaron á procura de persoas respectadas no ámbito do novo poder que o puidesen axudar. Para iso entrevístanse cun home influínte de Cuntis que o debía de coñecer, con todo, este intento e outros similares que fixo a nai ata a extenuación resultaron inútiles, pois ninguén se ofreceu a axudalo. O seu irmán Constante presentouse inxenuamente para interceder por el, pois as autoridades comunicáranlle á familia que se se entregaba ceibaban ao irmán. Ambos serían fusilados.
Con todo, a pesar do que teño manifestado noutros traballos, o escritor de Sevil xa non debía andar neste momento nas accións de resistencia tal como manifestou a irmá dos Liste que non o menciona entre os que detiveron o tren en Osebe, acción pola que tampouco é acusado no sumario.
Despois de que as tropas insurrectas toman Compostela, Xoán Xesús andou fuxido algún tempo polos montes de Cuntis, a pesar de que unha persoa con influencias se ofreceu para axudalo a saír do país vía Portugal, este negouse en espera de que o bando leal gañase a guerra e todo voltara á normalidade. Unha imprudente cita nun día de feira na vila da Estrada foi fatídica, pois alí foi detido, trasladado á prisión de Santiago, sometido a consello de guerra e fusilado o 12 de setembro de 1936 xunto con Faustino Liste, Serafín Mariño, Xosé Pose Míguens e Xosé Cousís Castro, estes catro, acusados da detención do tren en Calo, mentres Xoán Xesús, ao que se lle fixo un sumario individual, unicamente se lle imputaba a organización e armamento de homes, o desfile por Compostela e a toma de Correos e a fábrica da luz.
Os seus restos repousan baixo unha lousa do cemiterio parroquial de Cequeril, despois de seren trasladados alí pola familia en 1941 desde Boisaca. A día de hoxe, nin unha soa inscrición recorda, para vergonza das nosas autoridades políticas, nin alí nin en ningún outro lugar, que existiu Xoán Xesús González, unha das persoas que máis loitou pola liberación nacional e social da súa terra, poñendo todas as súas capacidades como político, conferenciante, xornalista, ensaísta, e mesmo como actor, dramaturgo, novelista e poeta, ao servizo da rexeneración do seu país, empresa pola que lle foi arrebatada a vida.
ROBERTO BLANCO TORRES
faite música, faite verso.
volta a viaxar encol do vento.
acode a nós por riba da memoria
e préndenos por dentro
o lume da paixón pola xustiza
que che queimou os dedos.
érguete das sombras, roberto,
blanco das nosas miradas hoxe, e sempre
espello dos cativos que agora levan
o teu nome prendido nos seus beizos.
Manuel Pérez Lourido. "Érguete das sombras"
A casa dos Blanco Torres foi case unha institución na que se formaron Roberto e os seus irmáns. Os pais eran persoas dun bo nivel cultural: Carme Torres era mestra e Pedro Blanco fixera estudos eclesiásticos e dedicaba boa parte do seu tempo a actividades xornalísticas e literarias. Os alicerces da súa sólida cultura iranse así ancorando xa na infancia grazas á disposición dunha ben nutrida biblioteca familiar. Nacera o 18 de marzo de 1891, sendo o máis novo dunha numerosa prole. A morte temperá da súa nai fixo que o pai se entregase especialmente á educación do benxamín da familia, e mesmo que o iniciara no mundo do xornalismo e a literatura. Por estes anos eran moi frecuentes as visitas do coñecido xornalista vigués Xaime Solá, amigo e compañeiro de tertulia do seu pai, ao hotel de Cuntis, onde se hospedaba durante longos períodos... E precisamente en El Noticiero de Vigo, dirixido por Solá, será onde verán a luz os primeiros traballos de Roberto cando apenas contaba doce ou trece anos, claramente por mediación do seu pai.
En 1905 morre o seu pai, e ao ano seguinte, con tan só 15 anos, decide marchar para Cuba. Será frecuente a súa presenza nos parladoiros literarios da illa xunto a persoeiros da talla de Curros, Fontenla Leal, Adelardo Novo, Xulio Sigüenza, R. Cabanillas, A. Vilar Ponte..., chegando a coñecer e a trabar unha intensa amizade en 1913 co líder agrarista Basilio Álvarez nunha viaxe que este fai a Cuba; unha toma de contacto que marcará definitivamente ao cuntiense. O seu labor xornalístico nesta etapa é intensísimo; artigos, poemas e relatos do escritor mozo impregnan as páxinas de multitude de publicacións, non só de Cuba, onde chegou tamén a fundar e dirixir importantes publicacións de tendencia galeguista como foron La Alborada e La Tierra Gallega, senón tamén de distintos países latinoamericanos, así como de Galiza, Madrid e Barcelona. Cando en 1916 regresa á terra virá plenamente predisposto para loitar nas dúas frontes que constituirán os seus obxectivos esenciais: o nacionalismo e o agrarismo. A elas unirase axiña outra importante inquedanza social, o republicanismo.
Coa súa chegada a Cuntis, retoma o contacto coa familia e cos amigos da infancia. Frecuenta os faladoiros do Casino e os do salón do Balneario. Comezará unha estimulante relación con mozos de Cuntis que comezan a despuntar en distintos terreos, escritores e poetas como Manuel Mesejo Campos e Xoán Xesús González, co escultor e pintor Uxío Souto... Trátase dun tempo en que a vila ten unha intensa actividade social e cultural, chegando a fundarse varios xornais nalgún dos cales chegou a participar5 .
Ao pouco da súa chegada incorpórase á actividade xornalística no diario agrarista Galicia Nueva de Vilagarcía, en A Nosa Terra, El Ideal Gallego e El Noroeste da Coruña, El Correo Gallego de Ferrol, Progreso de Pontevedra... E comeza a súa atafegada militancia no que foi o gromo máis importante do nacionalismo galego, as Irmandades da Fala6 e no agrarismo, exercendo un importante labor teórico e organizativo, ao tempo que desempeña labores de dirección en importantes diarios de carácter progresista, nacionalista, agrarista e anticaciquil como La Zarpa de Ourense, o Galicia, Diario de Vigo ou El Pueblo Gallego de Vigo, no que permanecerá até novembro de 1927, cando dimite perante a pretensión do director e propietario, Manuel Portela Valladares, de poñer o xornal a disposición do réxime riverista. É condenado, por un delito de inxurias, a unha importante multas e foi desterrado de Vigo, véndose obrigado a retirarse á aldea natal da súa muller, no concello da Peroxa; retiro que aproveitará para a elaboración da que sería a súa única obra poética publicada: Orballo da Media Noite, que se editaría cun grande éxito de críticas en 1929. A partir de aquí as súas colaboracións tanto na prensa galega e madrileña como en publicacións da emigración continúan sendo moi frecuentes, así como a intervención en distintos postos directivos en xornais como La República de Ourense, El Noroeste da Coruña ou El País de Pontevedra, que era o xornal no que traballaba nos últimos tempos, cando residía en Pontevedra e mantiña unha intensa amizade con galeguistas como Castelao e Alexandre Bóveda.
Durante a República chegou a ocupar o cargo de Gobernador Civil de Palencia. Nestes anos son numerosos os artigos nos que propugna a necesidade da instauración dunha verdadeira República Federal que garantise unha ampla marxe de autogoberno para as distintas nacións do Estado. Unha aspiración que sempre defendeu non só como nacionalista membro das Irmandades da Fala, senón tamén desde a órbita de partidos como a ORGA, a Federación Republicana Galega e, nos últimos tempos, como militante do sector galeguista de Izquierda Republicana, o que lle ten levado a algunhas disputas verbais cos membros máis centralistas destes partidos.
En 1936, despois de tomar posesión da xefatura do gabinete de prensa do Ministerio da Gobernación e participar activamente en Madrid na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galiza, regresa na mesma semana en que se celebraba o comicio. O 28 de xuño acode a votar a Pontevedra, onde estaba empadroado, pois nos últimos tempos exercía de Xefe de Redacción no diario republicano pontevedrés El País, e despois marcha para A Peroxa para gozar dunhas merecidas ferias coa familia antes de incorporarse ás novas responsabilidades. Cando se produce a sublevación fascista, o teimudo xornalista desoe os consellos de veciños e amigos que lle din que se agoche, e mesmo lle ofrecen refuxio. A detención, na que participaron, entre outros falanxistas da Peroxa, algúns vellos amigos da familia(concretamente os irmáns: Xulio, Afonso e Xurxo)7 , produciuse o 22 de xullo, catro días despois do golpe militar. Foi confinado durante máis de dous meses na Prisión Provincial da cidade, e despois trasladado á de Celanova, onde pasa unha noite. O tres de outubro é paseado xunto con Euloxio Vázquez e Rizal Villamarín Iglesias8 , e o catro aparecían os corpos en San Fiz de Galez (Entrimo). Dúas balas inseridas na caluga (unha traumática hemorragia interna, segundo o certificado de defunción) poñían fin a corenta e catro intensos anos de ética e combate no plano vital, político e literario.
Tiveron que pasar máis de sesenta anos de silencio e ocultamento até que en 1999 se lle dedicaba o Día das Letras Galegas, comezándose entón a andar o camiño, aínda non acabado, para a recuperación de quen foi o xornalista máis fecundo e o autor dun dos mellores poemarios do seu tempo.
NOTAS:
1 Referencia que me fixo o investigador Dionisio Pereira.
2 Tiña a súa taberna en Meira.
3 Era natural de Laxos.
4 Naturais de Calo e irmáns do coñecido líder comunista Henrique Líster (que realmente era Liste de apelido).
5 Concretamente participa ao menos no primeiro número de El Eco de Cuntis, e forma parte, ao menos de xeito nominal, do seu equipo de redacción. Non temos constancia de que colaborase en xornais agraristas locais como foron El Bólido e El Bólido de Cuntis, mais as malas relacións dos agrarios cuntienses co seu irmán Mario Blanco Torres, secretario do xulgado, ao que acusaban continuamente de ser un dos máis destacados caciques locais, puideron ser suficiente motivo para non implicarse en proxectos que a nivel local puideran deteriorar as relacións familiares.
6 Posteriormente tamén será dirixente da ING (Irmandade Nazonalista Galega).
7 Entre os falanxistas que o foron a buscar a casa estaban estes tres irmáns, veciños da contorna, que apenas uns días antes estiveran na súa casa comendo un cabrito.
8 Euloxio Váquez de 42 anos, natural de Ourense e Rizal Villamarín Iglesias, de 28 anos, natural de Ourense. O corpo de Rizal, aínda que enterrado en San Fiz de Galez, foi reclamado posteriormente polos seus familiares; hoxe os seus restos repousan no cemiterio de San Francisco (Ourense).
|
|
|
|
|
|