Memoria de Cuntis


Historia de Cuntis. Especialmente no que atinxe á represión franquista
Comezo este novo Blog co que intento recuperar outro que tiña anteriormente e que foi dado de baixa no seu tempo. Pretendo recuperar no posíbel todos os textos e imaxes que tiña e ademais continuar con outros traballos novos que considere que poidan ter interese

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Exiliados
Uxío Souto no seu estudioO exilio que se produce como consecuencia da Guerra Civil constituíu o maior desastre canto á fuga de cerebros que poderían contribuír ao desenrolo do país en múltiples aspectos. Foron moitos os escritores, xornalistas, xuristas, políticos, científicos, músicos, artistas plásticos..., que tiveron que coller o duro camiño do abandono da súa terra e a súa xente para salvagardar a súa liberdade e mesmo a integridade física. En Cuntis temos o mellor exemplo no caso do pintor e escultor Uxío Souto, bo amigo de intelectuais e activistas locais como Xoán Xesús González, Manuel Mesejo Campos e Roberto Blanco Torres, cos que compartía o ideario galeguista e esquerdista. Co levantamento Uxío, que nese momento estaba a converterse nun soado artista plástico e exercía como profesor de debuxo no instituto da Estrada, foxe cara a zona leal establecéndose como profesor en Igualada (Barcelona). Rematada a guerra co triunfo do bando franquista vese obrigado a cruzar os Pirineos e permanecer durante un penoso período de tempo nun campo de concentración en Saint Cyprien de Perpignan (Francia); experiencia que deixou unha fonda pegada nel e na súa obra, dado o trato infame, de momento pouco estudado, que os franceses deron aos nosos exiliados republicanos, amoreados en praias, co mar por un lado e valados de arame de espiños por outro, sen poder saír, padecendo frío e fame, e tendo que soportar o agravio de seren denominados co apelativo despectivo de Exército da Derrota (curiosa ironía chamar así a un exército popular que loitou e resistiu durante tres anos a un exercito profesional axudado coas armas e aviación dos nazis alemáns e os fascistas italianos e coa colaboración da Portugal salazarista). Isto provocou que moitos refuxiados voltaran para España e foran eliminados. Mais Uxío tivo máis sorte e conseguiu embarcar xunto con outros intelectuais republicanos, entre eles Lorenzo Varela, grazas á intercesión de varios artistas franceses que os axudaron para poder atravesar o océano e instalarse en México (no seu caso para o resto dos seus días), país onde consegue retomar o seu labor artístico e no que a súa obra goza a día de hoxe dun prestixio que, por motivos que todos nós podemos intuír, aínda non se lle tributa na súa propia terra natal. En México tamén estaría exiliado o mestre de Magán Xosé Viéitez, do que falaremos máis abaixo.
Comentarios (0) - Categoría: Represíon franquista - Publicado o 06-08-2014 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0