Historia de Cuntis. Especialmente no que atinxe á represión franquista |
|
Comezo este novo Blog co que intento recuperar outro que tiña anteriormente e que foi dado de baixa no seu tempo. Pretendo recuperar no posíbel todos os textos e imaxes que tiña e ademais continuar con outros traballos novos que considere que poidan ter interese |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A represión franquista en Cuntis. Memoria de 1936 |
|
Nin cadeias nin leises o persiguen,
mais nunca será libre.
Os seus brazos sanguentos van atados
ao invisíbel cepo do remorso.
Pra il son as horrendas cárceres do insono
e as bágoas que levedan as angurias
alucinadas de silencio e noite,
Un escuro terror vaille nas veas
coma cávados mestos rebulindo,
ou coma treponemas sulagados
no transfondo do ser.
Pra il son as olladas derradeiras
que xermolan vindicta
nas revoltas de tódalas estradas.
Celso Emilio."O asesino", O soño sulagado
Introdución
Con este traballo non pretendo facer moito máis que uns breves apuntamentos sobre o contexto represivo do 36 en Cuntis, que coido que pode resultar de interese para os cuntienses e tamén para as persoas alleas ao noso concello como modelo extrapolábel do que aconteceu noutras vilas do país, e ademais por considerar que sempre é de xustiza reproducir os nomes de moitos cuntienses que padeceron as tráxicas consecuencias da súa coherente lealdade e entrega á causa galeguista e republicana. Sobre este tema xa abondou nesta mesma revista e noutras publicacións o historiador e escritor natural de Arcos de Furcos, Alfonso Magariños. Os seus detallados e ben documentados traballos son unha importante base sobre a que agardo facer achegas de interese para o lector, especialmente tendo en conta que no intre de rematar este traballo estamos rematando o denominado institucionalmente Ano da Memoria (2006), por cumprirense xa setenta desde o levantamento fascista contra o réxime democrático republicano e o inicio dese longo pesadelo de morte, destrución, fame, medo, opresión..., que durou perto de corenta anos. Como base utilicei tamén as memorias manuscritas de Edilberto Lois Colonia Penitenciaria del Lazareto de San Simón, Edilberto Lois Couso, preso político de Cuntis, así como o proceso sumarial contra Aurelio Rei García e outros encausados de Cuntis e mais numerosas fontes orais.
O 36 en Cuntis
O panorama cultural, económico, social e político da vila termal antes do 36 caracterizábase por un bo grao de prosperidade, especialmente durante a II República; prosperidade á que contribuíu en boa medida a eficaz executoria de quen quizais foi o mellor alcalde con que contou Cuntis na súa historia, o canteiro Manuel Rodríguez Sangiao, que ao parecer era fillo natural dun coñecido político pontevedrés, que chegaría a ser deputado republicano e que axudou a Manuel na adquisición dunha boa formación. No ambiente sociocultural é de destacar ademais dun culto e selecto ambiente organizado en torno ao Hotel Balneario (concorrido por coñecidos escritores, xornalistas, maxistrados, políticos...), o labor dunha activa e combativa xuventude que ademais de chegar a fundar xornais de carácter agrarista e anticaciquil e promover actividades poéticas e teatrais (especialmente no caso dalgúns mestres e estudantes), participaban moi activamente no galeguismo, no esquerdismo republicano e no movemento agrario local, enfrontados ao máis recalcitrante caciquismo representado polo Sindicato Católico Agrario, integrado polos máis reaccionarios oligarcas da vila, entre os que non podía faltar o clero, como é o caso de Santiago Abuelo Lado, abade da freguesía de Sta. María de Cuntis, e Xosé Toubes Pego, que aínda que era cuntiense (de Laxos) estaba ao cargo da parroquia coruñesa de S. Pedro de Mezonzo, e fora fundador do xornal conservador coruñés El Ideal Gallego.
En maior ou menor medida toda esta mocidade da que falábamos sufriu a represión coa sublevación fascista do 18 de xullo de 1936, que comezou en África Francisco Franco, un sinistro xeneral, que fora ascendido dun xeito non moi transparente a tan alto grao na xerarquía militar por Miguel Primo de Rivera durante a súa ditadura, sen pararse moito nos procedementos usuais fixados. Mais voltando ao tema que nos ocupa hai que sinalar que no noso concello topámonos con casos de fuxidos, maquis (aínda que no noso caso só coñecemos a presenza dalgún contacto ou enlace), exiliados, deportados, exilio interior, paseados e fusilados, represalias laborais e fiscais...
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|