Xornadas sobre o Ano internacional das linguas en Noia
O Concello de Noia, xunto co ENDL e a revista Casa da Gramática do IES Virxe do Mar do mesmo municipio, organizan unhas xornadas divulgativas con motivo do Ano internacional das linguas.

Estas xornadas terán lugar entre o 19 e o 23 de maio na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos.

O programa inclúe sesións sobre o galego no mundo, o patrimonio léxico dos mares, reflexións sobre o inglés como lingua franca global, linguas sen estado e ensino, educación e lingua galega hoxe.

A inscrición é de balde e pode facerse a partir do 5 de maio nos teléfonos 981 824 169 ou 699 301 481.

O programa completo, aquí.
Comentarios (0) - Sección: x> Cursos, xornadas e encontros - Publicado o 09-05-2008 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Obradoiro de dobraxe e lingua

O Consorcio Audiovisual de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e APRADOGA convocan un obradoiro de dobraxe e lingua que consta de dous módulos independentes, un de 24 horas dirixido a directoras/es, tradutoras/es e lingüistas e outro de 32 horas para actrices e actores de dobraxe.

O obradoiro terá lugar do 16 ao 31 de maio en Santiago de Compostela.

A solicitude pode facerse entre o 5 e o 10 de maio.

Pódese consultar o programa completo e descargar a folla de solicitude aquí.
Comentarios (0) - Sección: x> Cursos, xornadas e encontros - Publicado o 09-05-2008 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Intensos programas relacionados coa lingua nas actividades das Letras en Santiago, Coruña e Pontevedra
Divírtete coa túa lingua, na Coruña

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña preparou unha ampla programación de actividades para este mes de maio, que leva por lema Divírtete coa túa lingua.

Así, ao longo de todo o mes de maio terá lugar o ciclo DocuLingua, coa proxección de documentais de contido sociolingüístico como Galiza somos, Fronteiras, Crónicas da represión lingüística ou Decálogo do galego.

Tamén haberá un ciclo de conferencias con contidos como “Os prexuízos lingüísticos” (Xosé Ramón Freixeiro Mato), “O decálogo do galego” (María Pilar García Negro), etc.

Ademais, non faltarán moitas outras actividades lúdicas para nenas/os e persoas adultas, exposicións, actuacións, etc., e a Festa da Lingua que, en colaboración coa Deputación da Coruña, terá lugar o xoves 15 no Teatro Rosalía.

O programa completo podes consultalo en .pdf aquí.


Mes da lingua, en Pontevedra

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) desenvolven un ano máis a programación Maio, mes da lingua, na que participan diversas entidades e asociacións con presenza na cidade.

Entre as múltiples actividades propostas hai obradoiros, conferencias, actividades lúdicas, xornada de curtametraxes e cine dixital, contacontos, etc.

O programa completo podes consultalo en .pdf aquí.


Maio das Letras, en Santiago de Compostela

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela desenvolve ao longo de todo o mes unha serie de actividades dirixidas principalmente aos/ás máis novos/as.

Deste xeito programaron varias representación da obra teatral de contidos sociolingüísticos Bicos con lingua, de Talía Teatro, representacións de monicreques ou unha gran xincana lingüística pola zona vella da cidade que terá lugar o sábado 17.

O programa completo, en .pdf, aquí.
Comentarios (0) - Sección: x> Accións de promoción lingüística - Publicado o 08-05-2008 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Galiza, terra de navegantes. +Internet +Galego +Futuro

Desde 1963 celebramos e reivindicamos en Galiza a nosa lingua e as nosas letras. A partir de 2006 o mesmo día celebramos ademais o Día de Internet que, pola súa vez, coincide co Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebra xa desde 1969. Todo isto fai que o 17 de maio sexa unha xornada de celebración e reivindicación simultánea que se converte nunha moi boa ocasión para intensificar a relación imprescindíbel entre a lingua e a rede.

Por esta razón, un ano máis, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información desenvolve unha campaña para celebrar o Día de Internet, das Letras e das Telecomunicacións, que este ano leva por lema Galiza, terra de navegantes.

No marco desta campaña actívase por terceiro ano o sitio web Máis Internet, Máis Galego, Máis Futuro, no que se irá dando conta de todas as accións desenvolvidas, e no que se recollen múltiples iniciativas que relacionan a lingua coa rede e a rede coa lingua, como por exemplo o Proxecto Verea, +Galego con TADEGa, Nomes-Galegos.info, Galicia Global 2, etc.
+Internet +Galego +Futuro
Comentarios (0) - Sección: x> Accións de promoción lingüística - Publicado o 05-05-2008 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festa da lingua na Coruña


A Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e as concellarías de Cultura e de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizan a Festa da Lingua


DÍA: xoves 15 de maio
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Rosalía de Castro da Coruña


Nesta festa actuarán as Cantareiras de Ardebullo e Xabier Díaz Sexteto. A presentación será a cargo de Xurxo Souto.

A entrada é libre até completar aforo.

Ademais, con motivo desta festa, distribúese o texto No camiño da lingua, de Séchu Sende.
Comentarios (0) - Sección: x> Accións de promoción lingüística - Publicado o 05-05-2008 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Distintas iniciativas revelan un crecente interese pola recuperación do galego oral

Especial do 30 de abril no portal Culturagalega.org

Falar en público, gravarse, escoitar contacontos, recuperar historias dos nosos maiores ou potenciar o recoñecemento do patrimonio inmaterial. Sexan certames, espectáculos, cursos ou webs, cada vez son máis as propostas que teñen como protagonista a fala. Dun xeito ou doutro, a vertente oral da nosa lingua está a conseguir nos últimos anos un protagonismo destacado.

Podes consultar a reportaxe completa aquí.

Ligazóns relacionadas:

-Tíralle da lingua

-Contador

-Concurso de podcast

-Ponte nas ondas

-Festa da narración oral

-Gravacións de A nosa fala
Comentarios (0) - Sección: x> Novas de lingua - Publicado o 05-05-2008 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Musigal: difundindo a música en galego en Cuntis


O ENDL do CPI Aurelio M. Rey García, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Cuntis, puxo en marcha o Proxecto Musigal, unha iniciativa para dar a coñecer a música feita en galego na actualidade.

Os obxectivos desta acción son dar a coñecer a música galega actual nos máis variados estilos (rock, pop, hip-hop, metal, electrónica, fusión, jazz, raíz, etc.); ensinar a buscar produtos culturais fóra dos circuítos estabelecidos, máis mediáticos, e máis comerciais; e rachar cos prexuízos que exclúen o galego dos modos de vida máis moderna e vangardista.

As accións que inclúe este proxecto son:

  • Fonoteca Musigal: colección de música en galego para o préstamo na biblioteca

  • Charla de Belén Regueira sobre a panorámica da música galega actual

  • Obradoiro literario-musical, a cargo de integrantes do grupo Machina

  • Procura e crítica musical: difusión, comentarios musicais, podcast, etc., en http://www.blogoteca.com/nalinguadetodos e en http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2793/

  • Edición dun CD de música en galego con temas escollidos por votación popular


Para a difusión do proxecto tamén se editou un tríptico que recolle algúns enderezos web de música galega.

Pódese seguir a información deste proxecto no blog do ENDL do CPI Aurelio M. Rey García: http://www.blogoteca.com/nalinguadetodos/.

Unha experiencia semellante a esta tamén se desenvolve desde o ENDL do IES Coroso de Ribeira.
Comentarios (1) - Sección: x> Accións de promoción lingüística - Publicado o 02-05-2008 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Reportaxes sobre lingua en A Nosa Terra
Nos números 1.306 e 1.307 o xornal A Nosa Terra publica dúas reportaxes sobre lingua de H. Vixande, unha sobre o modelo de política lingüística do nacionalismo galego (no 1.306) e outra sobre as reaccións á política lingüística do Goberno galego (no 1.307).

Ten o nacionalismo un modelo de política lingüística?

[Pódese consultar en .pdf aquí]

Manuel Bragado, Carlos Callón, Xoán Costa, Vítor F. Freixanes, Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Sarille e Suso de Toro expresan a súa opinión sobre o modelo de política lingüística do nacionalismo.

Pode un decreto modificar a política lingüística?

[Pódese consultar aquí]

A pesar de ter o Goberno galego unha política lingüística continuísta, certos sectores sociais protagonizan campañas de protesta. Na reportaxe analízase a situación e recóllense declaración de Henrique Monteagudo sobre a ausencia de planificación lingüística do goberno.
Comentarios (1) - Sección: x> Novas de lingua - Publicado o 02-05-2008 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Web provisional da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

ASÓCIATE Á CTNL!

MANIFESTACIÓN NACIONAL. 18 de maio de 2008. Santiago de Compostela

Kit para a normalización da lingua

info@ctnl.org
 SECCIÓNS
 IMAXES
 BUSCADOR

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
Apdo. 771
Santiago de Compostela
629 571 950
info@ctnl.org


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


Estadisticas Gratis
© by Abertal