Entra en www.ctnl.org

Xa nos mudamos...

O sitio web da CTNL é: www.ctnl.org.
Comentarios (0) - Sección: x> Novas de lingua - Publicado o 11-06-2008 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Primeiro tradutor automático galego-portugués / portugués-galego
O tradutor de código aberto Opentrad xa permite a tradución de novos pares de linguas. Até agora, este sistema de tradución automática personalizábel e en evolución continua desenvolvido por un consorcio de empresas e universidades dispoñía xa das combinacións español-galego; galego-español; español-catalán; catalán-español; e español-éuscaro.

Agora, a empresa Imaxín Software acaba de presentar novos pares, desenvolvidos coa colaboración do Grupo Talg da Universidade de Vigo e de Paulo Gamallo, da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase das combinacións portugués-galego e galego-portugués, para a tradución de texto, documentos (.html, .rtf ou só texto) ou web.

Estas dúas novas combinacións polo momento só están dispoñíbeis accedendo ao Opentrad desde Imaxín (http://opentrad.imaxin.com/), e non na páxina xeral de Opentrad (http://www.opentrad.com/index.php?idioma=gl).
Opentrad - Imaxín
Comentarios (0) - Sección: x> Recursos e publicacións - Publicado o 06-06-2008 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
IV Curso de verán Traballando en lingua: Novas tecnoloxías e dinamización lingüística

Xa está aberto o prazo de preinscrición para a IV Curso de verán sobre dinamización lingüística que terá lugar os días 15, 16 e 17 de xullo en Carballo.

O curso está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Carballo, a Cooperativa Tagen Ata e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). O tema desta edición é o das novas tecnoloxías aplicadas á dinamización lingüística: os novos contextos da sociedade do coñecemento e do multilingüismo.


DÍAS: 15, 16 e 17 de xullo
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
DURACIÓN: 25 horas
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: até o 27 de xuño


O prezo xeral de participación no curso é de 50 euros, mentres que para socias e socios da CTNL é de 30 euros.

Convocatoria e programa completo (.pdf)

Modelo de preinscrición (.doc)

Modelo de preinscrición (.pdf)
Comentarios (0) - Sección: x> Cursos, xornadas e encontros - Publicado o 03-06-2008 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
II Festa da narración oral de Galiza

Festa e formación arredor da oralidade daranse cita na II Festa da narración oral de Galiza que terá lugar en Arca, O Pino o 5 de xullo de 2008.

A iniciativa, organizada por Nova Escola Galega (NEG) e polo Colectivo Tatalo, ten como principal obxectivo promover a creación de espazos que faciliten o uso do galego oral e fomentar a reflexión sociolingüística sobre a arte de contar historias. Para iso, haberá sesións lúdicas e sesións formativas (II Xornadas sobre a oralidade para formadores/as).

Toda a información en www.contocho.eu.
Comentarios (0) - Sección: x> Accións de promoción lingüística - Publicado o 03-06-2008 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Curso de verán na USC sobre ensino de linguas e inmigración
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza un curso de verán sobre Culturas que falan: ensino de linguas e inmigración.

Nel analizarase a participación das familias inmigrantes nos centros educativos, o teatro para o ensino das linguas, os contos como elemento integrador no ensino de idiomas, novas tecnoloxías e atención educativa a inmigrantes, adquisición e avaliación da competencia intercultural na aprendizaxe de linguas, aprendizaxe de idiomas a través de contidos, a diversidade lingüística, etc. Ademais, presentaranse materiais e experiencias.

DATAS: do 9 ao 11 de xullo
LUGAR: Facultade de Filoloxía da USC
HORAS: 30
MATRÍCULA: até o 27 de xuño. Toda a información, aquí.
Comentarios (0) - Sección: x> Cursos, xornadas e encontros - Publicado o 02-06-2008 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Comparativa de tradutores automáticos: ES-GL fronte aos baseados en OPENTRAD
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizou unha comparativa entre o tradutor automático ES>GL e os tradutores automáticos baseados en OPENTRAD (Imaxín e Traducíndonte).

Nesta análise avalíase o deseño e claridade da interface, a xestión da tradución de arquivos, o tamaño do texto, a tradución de páxinas de internet navegando, a tradución de textos das ventás e o tipo de arquivos que traduce.

A valoración global dada nesta análise avaliando estas cuestións é de tres estrelas aos tradutores de código aberto Imaxín e Traducíndote e dúas estrelas ao ES>GL.

Pódese consultar a comparativa completa aquí.
Comentarios (0) - Sección: x> Recursos e publicacións - Publicado o 30-05-2008 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
V Premio Luísa Villalta a iniciativa normalizadoras nas universidades galegas

As tres universidades galegas convocan o V Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras cos obxectivos de promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria a respecto da situación da lingua galega e apoiar o desenvolvemento de iniciativas innovadoras de planificación lingüística.


O premio está dirixido a todo o alumnado de 1.º, 2.º e 3.º ciclo das facultades e escolas universitarias galegas e contará con dúas modalidades:

- Artigos xornalísticos
- Campañas de promoción da lingua

En cada categoría hai tres premios, que van desde os 1.000 aos 150 euros.

Pódense consultar as bases completas en formato .pdf aquí.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2008.
Comentarios (0) - Sección: x> Premios e concursos - Publicado o 29-05-2008 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Convocatoria de lectorados de lingua galega en universidades de fóra de Galiza
Idiomas
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) anuncia a convocatoria de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades de Madrid, Barcelona, Granada, Bilbo, Murcia, Heidelberg, Faro, Braga, Padua e Roma.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do DOG (DOG do 28 de maio).

A convocatoria completa, en .pdf, aquí.
Comentarios (0) - Sección: x> Ofertas de traballo e bolsas - Publicado o 28-05-2008 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Este foi durante un tempo un web provisional da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). Agora estamos en www.ctnl.org

Entra en www.ctnl.org
 SECCIÓNS
 IMAXES
 BUSCADOR

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
Apdo. 771
Santiago de Compostela
629 571 950
info@ctnl.org
www.ctnl.org


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


Estadisticas Gratis
© by Abertal