DeLeite é unha asociación sen ánimo de lucro, aberta a aquelas persoas que protexen, promoven e apoian á lactación materna, constituída en Vigo por un grupo de nais lactantes.
A lactación é o poder da sabiduría ancestral das mulleres.

- Íria: 651498357
- Xiana: 626069052
- Lucia: 628173607



Deleitosas
de_leite2004@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MAIOS 2011
Xa podes olhar o video da nosa cantiga:





e as fotos eiquí:




Comentarios (3) - Categoría: Videos - Publicado o 20-05-2011 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Maios 2011
Cantamos as 18h

tedes que vir con roupa branca, enaguas, faldas, camisolas........

traede agulla e fio para facer as coroas de panpullos e tamen se podedes recoller frores e follas o sabado ¡¡¡¡¡estupendo!!!!!!! gardalas tapadas un pouco humidas

imolo pasar teta





Bo dia teñamos todos
Os que nesta praza estamos
Aquí vimos deleitosas
A cantarvos nosos maios (bis) ai lalelo ai lalala
Toque de pandereta

Xa chegou a primaveira
Frorida e bela de mais
E non chega o acougo
O corazón da tua nai (bis) ai lalelo ai lalala
Toque de pandereta

Seica estas nunha caixiña
Nunha caixa de cristal
E ela so te pode ver
Catro veces nada mais (bis) ai lalelo ai lalala
Toque de pandereta

Seica é polo teu ben
Que ela non poida estar
Todo o tempo contigo
Sen a caixa de cristal (bis) ai lalelo ai lalala
Toque de pandereta

Mama xa sabe pequeño
Quen és estando no colo
Se che deixan nesa caixa
Ai! que magoa estas solo (bis) ai lalelo ai lalala
Toque de pandereta

Mama chora por te teren
E kangura quere ser
Outros queren que sexamos
Maquinas de obedecer (bis) ai lalelo ai lalala
Toque de pandereta

Noutras partes deste mundo
Para ti criaturiña
Xa saben que é millor
O calor que aloumiña (bis) ai lalelo ai lalala
Toque de pandereta

Dou calor cando fai frio
Afrio se tes calor
Teño un tum-tum que adormece
Teño o peito teño amor (bis) ai lalelo ai lalala
Toque de pandereta
Comentarios (1) - Categoría: actividades - Publicado o 04-05-2011 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
De Leite

Crea tu insignia