DeLeite é unha asociación sen ánimo de lucro, aberta a aquelas persoas que protexen, promoven e apoian á lactación materna, constituída en Vigo por un grupo de nais lactantes.
A lactación é o poder da sabiduría ancestral das mulleres.

- Íria: 651498357
- Xiana: 626069052
- Lucia: 628173607



Deleitosas
de_leite2004@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A lactación é o poder da sabedoría ancestral das mulleres
A lactación é o poder da sabedoría ancestral das mulleres
transmitida desde hai millóns de anos de de xeración en xeración de nai a filla
Aleitar é doado cando che ensinaron como facelo. A lactación é algo fisiolóxico nas nais.
No bebé é instintivo.
A lactación conéctanos cos nosos sentimentos máis fondos, fainos persoas máis xenerosas e desapegadas do material. E desde este sentido, a lactación é unha CADEA DE CALOR HUMANA
que non se corta xamais. Ao neno que é aleitado falo unha persoa mellor, que á súa vez aleitará ou dará soporte a unha muller que aleite, e así establecerase esta cadea.
O bebé é un mamifero que SI sabe o que ten que facer as que a miudo non o sabemos somos nos
O leite materno é certamente máis que alimento.
É contacto, é amor, é seguridade, é vínculo…
Para un neno o leite da súa nai, que non sae por vía aérea senón que é contacto pel con pel, significa o único lugar seguro e feliz onde se pode desenvolver como persoa
Comentarios (2) - Categoría: A lactación - Publicado o 08-02-2009 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Os fins da asociación son:
Compartir, intercambiar e contrastar as experiéncias de lactación entre as nais lactantes ou as persoas interesadas.
Orientar e apoiar as nais lactantes axudándoas a resolver as dúbidas que poidan presentárselles.
Divulgar as vantaxes da crianza ao peito nos colectivos implicados (pais e nais, profesionais sanitarios, organismos públicos, etc.)
Intercambio de material e aparellos necesarios para a crianza entre as nais lactantes.
Asesorar a nais e pais sobre os dereitos laborais en tempo de lactación apoiar as súas reivindicacións e loitar pola equiparación cos estados europeos que teñan a lexislación máis beneficiosa para a crianza.
Creación dun fondo bibliográfico que poida ser consultado polas persoas interesadas na lactación materna.
Espallar información sobre a existencia doutros grupos de apoio á lactación materna promovendo a cooperación.
Defender os intereses das nais lactantes no eido sanitario, seguindo as recomendacións da OMS e UNICEF sobre o parto e a lactación.
Iniciar e manter a lactación dende o momento do nacemento, así como no caso de hospitalización da nai ou da filla ou fillo.
Creación de espacios de convivencia desenvolvendo actividades que estimulen a interación entre as nais e as crianzas.
Ofrecemos asesoramento e apoio ás nais que desexen criar ao peito as seus fillos e fillas, aos profesionais relacionados coa alimentación infantil e a todas as persoas interesadas. Pretendemos realizar charlas e coloquios nos que se traten todos os temas relacionados cos fins da asociación.
Manteremos xuntanzas periódicas nun local axeitado nas que se lle resolvan ás nais lactantes as dúbidas que poidan presentarse, así como atención persoalizada telefónica e visitas a domicilio no caso de ser necesario.
Comentarios (1) - Categoría: Os fins da asociación - Publicado o 08-02-2009 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
De Leite

Crea tu insignia