DeLeite é unha asociación sen ánimo de lucro, aberta a aquelas persoas que protexen, promoven e apoian á lactación materna, constituída en Vigo por un grupo de nais lactantes.
A lactación é o poder da sabiduría ancestral das mulleres.

- Íria: 651498357
- Xiana: 626069052
- Lucia: 628173607



Deleitosas
de_leite2004@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Curso sobre o Inicio ó Asesoramento á Lactación Materna
O vindeiro sábado 6 de novembro celebrarase en Pontevedra unha charla sobre o Inicio ó Asesoramento á Lactación Materna.

Está organizada por Mámoa Pontevedra e colaboran FEDEGALMA e Caixa Galicia.

Vai adicada tanto a familias como a persoal sanitario e, coma sempre, os bebés e nen@s son benvidos.

Será impartida por Patricia López Izquierdo (presidenta de FEDEGALMA)

Realizarase en Caixa Galicia, na praza de San Xosé Nº 3 en horario de mañán (de 10:00 a 14:00) e tarde (de 16:00 a 18:00).

O prezo para socios de FEDEGALMA é de 5€ e para os non socios de 15€.

Podedes inscribirvos antes do día 4 de novembro a través do enderezo electrónico mamoapontevedra@gmail.com ou no teléfono 696 38 69 70
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-10-2010 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
peticion de firmas
Ola a todas , se entrades neste enlace podedes xuntarvos a recollida de firmas iniciada por unha nai que da a teta e Licenciada en Farmacia.

Cada vez somos máis por unha crianza respetuosa cos procesos vitais.http://blogs.elpais.com/mamas-papas/2010/10/una-vaca-que-indigna-tanto-a-madres-como-a-pediatras.html
Comentarios (0) - Categoría: actividades - Publicado o 30-10-2010 07:34
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia de Adolfo Gómez Papí
Comentarios (0) - Categoría: Conferencias - Publicado o 20-10-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
A CONFERENCIA DE LAURA GUTMAN EN A CORUÑA
O día 28 de setembro fletamos un autobus e fumos a conferencia de Laura Gutman en Coruña. 27 mulleres con gañas de escoitar a esta muller miuda e grande a vez. Nais con fillos, mulleres curiosas, falamos e cantamos, e fixemos a viaxe lixeira. Preparamos para o evento un colorido cartaz que colgamos no autobus: o arco da vella , a teta ... Deleite.
Quén é Laura Gutman?
Laura Gutman é arxentina, terapeuta familiar e escritora leva publicados varios libros sobre maternidade, paternidade, vínculos primarios, desamparo emocional, adiccions, violencia
e metodologías para acompañar procesos de indagación persoal.
E colaboradora habitual en numerosas revistas en Arxentina
e España. Dirixe Crianza, unha institución con base na Cidade
de Bos Aires, que conta cunha Escola de Capacitación
Profesional e un equipo de profesionais que asisten a nais
y pais.
A conferencia xirou en torno as nosas infancias é cómo estas se nos inflúen . Falou do discurso do "eu enganado" aquelo que nos dixeron que eramos: boas, rebeldes, enfermizas...felices.
De aquelo que non se nomea e que por tanto non existe: o desamparo emocional que a maioría sufrimos nas nosas infancias nesta sociedade.
Da importancia de realizar a biografía humana , de cada persoa , recoñecer os papeis que nos tocaron vivir.O papel tan importante que ten a nai para nomear ... a nosa identidade.
Dúas horas de exposición e un turno de preguntas, nos que entre outras preguntas saiu o papel da matrona en relación coa nai que vive en desamparo o seu papel maternante sen entender que lle está a pasar , pois vive perto do que ela chama A SOMBRA , aquelo que non se dixo.
Emocionante exposición

Olla as fotos
Comentarios (1) - Categoría: Conferencias - Publicado o 15-10-2010 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
De Leite

Crea tu insignia