Costa da Morte
De praia Nemiña o Faro Touriñan
Lonxitude: 5 km
Duración: 1 hora
Dificultade: baixa
Recorrido:
Praia de Nemiña - Igrexa de Nemiña - mirador de Nemiña - mirador de Touriñan - Cabo Touriñan (punta máis occidental de España Peninsular) - Faro Touriñan
Camariñas: Ruta Litoral
A Ruta Litoral de Camariñas transcorre ó longo da costa atlántica de Camariñas ten unha lonxitude de 14 km e se pode percorrer a pé en 5 horas. Tamén pode empregarse a bicicleta e gran parte deste recorrido pode facerse en vehículo nunhas horas.
O camiño comeza no Castelo do Soberano, dende onde parte unha senda ata a praia de Lago; continuando ata a ermida da Virxe do Monte. Onde se pode contemplar como o tranquilo mar da ría torna en bravura.
Ó lonxe, distínguese o Cabo Vilán e o seu faro ao que podemos visitar na nosa ruta. Descendendo, atopamos as praias de Arnela, A Pedrosa, Area Longa e Reira.  A continuación aparece o Cemiterio dos Ingleses, a Praia de Trece e a duna de Monte Branco. Neste percorrido podemos visitar lugares como a Mámoa de Reira, o Foxo dos Lobos ou a Central Eólica de Cabo Vilán.
Esta ruta remata coa obrigada visita ó Museo do Alemán de Camelle, e ás vilas mariñeiras de Santa Mariña, Arou e Camelle.
Ruta dos Dólmenes - Vimianzo
•Inicio: no km 62 de la AC- 552, entre Baio e Reparada, frente a un aserradeiro.
Tómase o desvío sinalizado en frente do aserradeiro, este lévanos por unha estrada estreita ata a aldea de Bamiro. Despois de percorres uns 2 km. dende o cruce, encontrámonos unha sinal a man esquerda, percorremos un 400 m. e atopanos a igrexa de Bamiro. Aí podemos deixar o coche e ir andando ata a ermita de Monte Torán, primeiro punto da ruta. Non vamos a atopar un dolmen senón unha evocación á lenda das mouras. Preto de Monte Torán atópase unha grande pedra de varias toneladas de peso. A lenda di que a levou alí a Virxen sobre a súa cabeza, voiar polos aires, mentres fiaba nunha rocha. Esta é unha lenda que soe explicar a existencia dalguns dólmenes. Orixinariamente a Virxen sería unha moura e posteriormente a lenda cristianizouse. No cume podemos ver a Ermida adicada á Virxen de Monte Torán e ladeira abaixo unha fonte milagrosa. Esta lenda foi recollida por José María Lema.
Baixamos outra vez ata a igrexa de Bamiro e as frechas condúcenos á estrade de Baio-Baíñas. Xiramos en dirección Baíñas, á dereita.
Pasamos por Tras do Cean, Cheis, Tines e antes de Xora e Sandrexo tamanos un desvío á dereita. Percorremos uns 2 km e chegamos ó dolmen de Pedra Cuberta que da nome á aldea. O dolmen está a man dereita a poucos metros da sinal.
Continuamos o traxecto de frente e á altura da aldea de Arxomil xiramos á esquerda. A estrada lévanos ata a igrexa de Treos despois de percorres uns 3 Km. aproximadamente. Alí xiramos á esquerda, percorremos aproximadamente 1,5 km. e chegamos a Cárneo.
Alí está sinalizado o desvío que conduce ó dolmen a man dereita frente á aldea. Non hai bos sitios para aparcar, recoméndase meterse polo camiño e aparcar nun ensanchamento que hai preto do cruce. Se continúa andando durante uns 200 m, está sinalizado o segundo desvío a man dereita, que despois duns 50 m. nos leva a un herbal onde está o dolmen de Pedra Moura, a man esquerda.
Volvemos á estrada e continuamos en dirección a Baíñas. Percorremos uns 2 km. e chegamos a Serramo. O dolmen de Pedra da Lebre está antes de entrar na aldea munha finca de eucaliptos a escasos metros da estrada.
Seguimos, pasamos a praza de Serramo e tomamos o primeiro desvío á esquerda, cara Comareiro. Atoparemos doas sinais que nos indican por onde continuar. Colleremos unha pista en bo estado. Percorremos aproximadamente 2 km e chegamos ó portal da finca onde está o dolmen. Aparcamos. Abrimos o portal e pechámolo. Vemos unha pista de frente, tomamos o primeiro desvío á dereita e seguimos de frente. A pista fai algo de curva, camiñanos uns 250 m. As sinais amarelas sinalan a ubicación do dolmen de Arca da Piosa, que se poda ver a distancia, se a vexetación non o impide. Está á esquerda.
Despois de velo regresamos a Serramo. Continuamos o percorrido na dirección a Baíñas. Cando chegamos ó cruce coa AC-441 (Negreira-Berdoias), seguimos de frente, percorremos uns 2 km aproximadamente e antes de entrar en Regoelle, hai un desvío a man esquerda. Dende aquí ata o dolmen hai 1 km aproximadamente. Trátase dun camiño de terra e hai que ter coidado cun bache, si se decide ir en coche. Pódese aparcar despois de pasar un regato e tomar un camiño en bo estado que está sinalizado. O dolmen de Pedra da Arca están nun herbal, debaixo dunha liña de alta tensióm, a man esquerda.
Regresamos a Baíñas e xiramos cara Berdoias, á esquerda. Vamos ata a entrada de Berdoias e vemos a indicación cara a esquerda. Atravesamos a aldea e ó rematar o firme aparcamos. Collemos un camiño de frente (se a vercha está pechada, abrímola). Temos que camiñar 1 km aproximadamente ata o dolmen chamado Casota de Freáns, que está a dereita.
Dólmenes
A MINA
•SAíDA: Castelo de Vimianzo.
•KMS: 6,3
•TEMPO ESTIMADO: 6 minutos (en coche).
•PARROQUIA: Carantoña.
•CRONOLOXÍA: 4000-3000 a.C.
•CARACTERÍSTICAS:
Trátase dunha mámoa violada, pois en 1936 foi obxecto de escavacións clandestinas realizadas por buscadores de tesouros. O mal estado deste túmulo pódenos servir para comprender na práctica a integración da anta no corpo da mámoa.
•COMO ATOPALO:
Sáese do castelo de Vimianzo con dirección a Fisterra e no primeiro cruce que atopamos collemos á dereita en dirección Camariñas. Seguímo-la estrada e a 6 quilómetros collemos á dereita no cruce que indica “Laxe”. A 300 metros á man dereita vemos un cartel que indica a situación do dolmen. Para acceder a el tómamo-la pista de cemento que nos leva a unha casa diante da cal hai un sendeiro que se adentra no monte e nos leva ó dolmen.
PEDRA DA ARCA
•SAíDA: Castelo de Vimianzo.
•KMS: 18,5
•TEMPO ESTIMADO:  20 minutos (en coche).
•PARROQUIA:  Baíñas.
•CRONOLOXÍA:  4000-3000 a.C.
•CARACTERÍSTICAS:
Nun dos esteiros da cámara aparecen restos de gravados en forma de U ou V e tamén hai restos de pintura (manchas de cor vermella). É unha das antas máis grandes de Galicia tanto polo volume das lousas como pola amplitude do diámetro da súa mámoa. A tapa de cubrición pesa doce toneladas.
•COMO ATOPALO:
Sáese do castelo de Vimianzo en dirección Fisterra. A uns 8 quilómetros está o cruce cara Muxía e Negreira. Collemos en dirección Negreira ata chegar a Baíñas, onde atopamos un cruce no que un cartel indica a situación do dolmen á man dereita. Seguimos esa estrada ata ver un cartel que indica o dolmen nunha pista á esquerda. Continuámo-la pista atravesando unha ponte e a uns metros, nun prado á man esquerda, atopámo-lo dolmen.
CASOTA DE BERDOIAS
•SAÍDA: Castelo de Vimianzo.
•KMS:  9,3
•TEMPO ESTIMADO:  15 minutos (en coche).
•PARROQUIA:  Berdoias.
•CRONOLOXÍA:  2500-2000 a.C.
•CARACTERÍSTICAS:
Pola forma, a ausencia de corredor e a estructura tumular, forma parte do grupo de arcas megalíticas, antecesoras das cistas da Idade de Bronce. Nos esteiros aprécianse gravados de coviñas e tamén de cruces.
•COMO ATOPALO:
Sáese do castelo de Vimianzo en dirección Fisterra. A uns 8 quilómetros está o cruce cara Muxía e Negreira. Para acceder á aldea de Berdoias collemos en dirección Negreira; a uns poucos metros á man dereita hai un cartel que indica a ubicación do dolmen nunha pista estreita. Cruzamos a aldea e ó chegar a unha pista de terra seguimos por ela uns 900 metros e atopámo-lo dolmen.
PEDRA CUBERTA
•SAÍDA:  Castelo de Vimianzo.
•KMS:  7,1
•TEMPO ESTIMADO:  15 minutos (en coche).
•PARROQUIA:  Treos.
•CRONOLOXÍA:  4000-3000 a.C.
•CARACTERÍSTICAS:
É un dos monumentos megalíticos mellor coñecidos de Galicia debido ós estudios que Georg e Vera Leisner realizaron nos anos 30 sobre a decoración pictórica do corredor: debuxos de cor negra e vermella sobre fondo branco, así como representacións serpentiformes, ondulados e círculos concéntricos. As pinturas atópanse entre as representacións máis importantes da arte megalítica europea.
•COMO ATOPALO:
Sáese do castelo de Vimianzo en dirección Fisterra e no primeiro cruce que atopamos collemos unha pista á esquerda. Seguímo-la pista ata chegar a Areosa e alí atopamos un desvío á esquerda cun indicador que sinala “Pedra Cuberta e Xora”. Collemos esa pista e a 200 metros xiramos á dereita e continuamos ata chegar ó cartel que indica o dolmen.
PEDRA DA LEBRE
•SAÍDA:  Castelo de Vimianzo.
•KMS:  8,1
•TEMPO ESTIMADO:  20 minutos (en coche).
•PARROQUIA:  Serramo.
•CRONOLOXÍA:  4000-3000 a.C.
•CARACTERÍSTICAS:
É de grandes proporcións. Tipoloxicamente pertence ó grupo dos monumentos de cámara poligonal e corredor curto. O grosor medio dos grandes esteiros está por enriba dos 70 cm.
•COMO ATOPALO:
Seguímo-los pasos para atopar Pedra Cuberta ata chegar a Areosa e alí, en lugar de coller cara Pedra Cuberta ou Xora seguímo-la estrada e a 100 metros hai un cruce que collemos á dereita ata chegar ó cartel que indica “Xallas (Serramo)”, no que xiramos á esquerda ata chegar á igrexa de Serramo, onde hai un cruce que tomamos á esquerda. Dende este cruce contamos 700 metros e á esquerda hai un eucaliptal no que se atopa o dolmen (para atopalo facilmente recoméndase conta-los 700 metros xustos).
PEDRA MOURA
•SAíDA:  Castelo de Vimianzo.
•KMS:  9,8
•TEMPO ESTIMADO:  25 minutos en coche y 10 a pie.
•PARROQUIA:  Serramo.
•CRONOLOXÍA:  4000-3000 a.C.
•CARACTERÍSTICAS:
A anta sitúase no centro dunha mámoa duns 15 metros de diámetro. Presenta restos de pintura no inicio do corredor.
•COMO ATOPALO:
Facemos o mesmo percorrido que para ir á Pedra da Lebre e continuamos pola mesma estrada onde se atopa este dolmen. Chegamos a un desvío no que hai un cartel que indica “Cárneo, Colúns e Treviño”. Ó pasar este cruce a uns metros atopamos unha pista de pedra á esquerda, seguímola 500 metros ata un desvío á dereita (aquí é onde debemos deixa-lo coche). Camiñamos por este sendeiro uns 10 minutos ata un prado no que hai dúas chantas na entrada, e no alto podemos ve-lo dolmen.