A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vestas, Alcoa, ... SALVEMOS A MARIÑA
EN DEFENSA DE TODOS OS POSTOS DE TRABALLO

O anuncio da empresa danesa Vestas de peche da sua fábrica en Viveiro supón un mazazo mais a toda a comarca da A Mariña, que desde fai meses ven loitando cos traballadores de Alcoa en defensa de todos postos de traballo.

É inaudito que nun momento no que todos os gobernos anuncian aos catro ventos plans para avanzar numha economía “verde”, que na Galiza está supoñendo umha verdadeira burbulla especulativa ao redor dos parques eólicos, se poda admitir, nin sequera a trámite o peche dumha empresa que fabrica maquinas eólicas, pois é abrir a porta ás “baixas non traumaticas”, é dicer, á venda dos postos de traballo e o final o peche.

Xa o fixeron con Siemens Gamesa, e agora pode pasar con Vestas, e donde está escrito que umha empresa NON PODE SER NACIONALIZADA E POSTA AO SERVIZO DAS NECESIDADES SOCIAS E DA SUSTENTABILIDADE? QUE A MAQUINARIA DOS EOLICOS PRODUZASE AQUÍ! Veñen de resgatar a umha empresa turística, HOTUSA, con 141 millóns de euros da SEPI.

Desde que o PP asaltou a Xunta no 2009, os peches de empresas (Banco Pastor, Caixas, Vulcano, Siemens Gamesa, Poligal, etc. ...) e privatizacións de servizos non pararon de suceder, coa perda de milleiros de postos de traballo e poboación, forzada á emigración.

Toda a súa política industrial redúcese á turistificación da economía ao redor do Camiño de Santiago e a vendela ás multinacionais onde é “lugar de paso” para os procesos mais contaminantes da produción (eólicos, megaminaria, etc.), mentres o proceso produtivo pechase fora: o leite ou a madeira son os exemplos mais significativos, e co peche de Vestas agora a enerxía. Aquí prodúcese o leite, a madeira e o vento, e temos que importar os produtos manufacturados e pagalo a prezo de ouro, como agora a enerxía eléctrica (negocio redondo!).

Para eles Galiza segue sendo man de obra barata e creadora de materias primas que as multinacionais como as empresas españolas rouban ao pobo traballador galego, que para a Xunta do PP ten que quedar baleiro para que os seus amigos da burbulla eólica poñan todos os parques que queiran con maquinas fabricadas fora. Só por iso, Feijoo e o PP teñen que saír XA da Xunta. Non se pode esperar 2 anos aos resultados das eleccións, pois ao camiño que imos, non haberá galegos que defender.

Mas a situación industrial da Galiza non só é responsabilidade da Xunta, senón que fai parte da chamada “Axenda 2030, por un desenvolvemento sustentable” defendida polo goberno do PSOE UP que apoia o BNG no pacto de investidura, abrindo umha nova “reconversión industrial” que lembra a dos 80 e a “modernización” que prometera Felipe Gonzalez.

No nome da sustentabilidade pecharon as térmicas e minas por imposición do capital alemán que está a reabrir minas de carbón, ameazan a Refinaría da Coruña que non fai investimentos para se reconverter dentro desa axenda, queren pechar ENCE, etc., nun proceso agudo de desindustrialización e turistificación (“cidades de servizos”, chámanlle algúns), poñendo en perigo mais de 10 mil postos de traballo directos na industria e Galiza non pode permitirse o luxo de perder un só posto de traballo mais.

Os responsábeis da situación son a partes iguais a Xunta e o Goberno Central, pois se de verdade acreditaran nos seus anuncios de avanzar numha “economía sustentable” non tiveran aceptado peche de Siemens Gamesa, como non poden admitir o de Vestas, senón que integraríanas nun plan industrial sustentábel.

A UE, o Goberno Central e a Xunta a sua parte, van se gastar 140 000 000 000 de euros en resgatar ás grandes empresas, para reconstruir a economía tras a pandemia, facendo mais ricos aos ricos mentres as empresas deslocalízanse, pechan e despiden traballadores/as.

A clase traballadora e o pobo teñen que loitar xusto polo contrario; para romper esta dinámica infernal de Galiza, de “ser un lugar de paso” onde instalar industria altamente contaminante (desde fai uns anos estan a voltas coa megaminaria) non abondan saidas que non rompen co capitalismo e a loxica do beneficio que move todas as suas decisións (peches, deslocalizacións, etc.); é necesario expropiar aos capitalistas e nacionalizar toda a industria para poñela o servizo da reconstrución da economía que resolva as necesidades sociais, e baixo control dos traballadores e traballadoras.

Mas para iso é preciso a maior unidade da clase traballadora ao redor dos que hoxe están loitando contra os peches, Vestas, Alcoa, AluIberica, Ence. etc.

Pode parecer, e así van-no presentar as cúpulas sindicais de UXT e CCOO que non queren crear conflitos ao seu goberno, que o único camiño e o mais “fácil” para defender os postos de traballo é o da negociación e a confianza nos gobernos; mas esto non é o que demonstra a experiencia dos compañeiros de Alcoa, que despois de ter asinada a “paz social” á espera de medidas dos gobernos, teñen que retomar o camiño da folga e a mobilización.

Que non vendan a confianza nos gobernos! Desde a reconversión industrial dos anos 80 ningún goberno modificou os seus planes de desindustrialización: o exemplo dramático témolo ben perto de todos, Ferrolterra. 40 anos de promesas de reindustrialización son papel mollado, ningún goberno, de ningunha cor, fixo absolutamente nada.

O camiño da confianza nas promesas dos gobernos é un calexon sen saída para a clase traballadora. O único que se pode prometer é que so coa loita independente da clase traballadora e os sectores populares que van se ver empobrecidos polo peches, é posible frear os plans de peches e reconversión industrial. Quen diga o venda o contrario, minte.

Por todo iso, é preciso que as organizacións sindicais, sociais e políticas que rexeitan a desertificación industrial da Galiza, presenten umha fronte común e un plan de mobilizacións xerais para salvar a Mariña e a industria galega.

A SOLUCIÓN, nacionalización!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 29-09-2021 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0