A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POR UNHA VOLTA ÁS CLASES SEGURA E CON GARANTÍAS!
MAIS RECURSOS, MAIS DOCENTES, MAIS AULAS: VAINOS A VIDA NISO

Se algo demostrou a pandemia é a ineficacia do capitalismo para resolver os problemas socias que, agora máis que nunca, necesitan dunha resposta contundente. O goberno de PSOE-PODEMOS, supostamente do cambio, e a Xunta do PP de Feijóo e o resto das institucións e gobernos tiveron mais de 5 meses para preparar a volta as aulas e non foron quen de facer nada.

Isto non é casual. O abandono da educación pública neste país, con recortes e privatizacións, era evidente moito antes do estalido da pandemia.
Os contaxios destes días demostran que os centros non dispoñen de recursos suficientes para garantir a separación necesaria, nin persoal docente suficiente para cumprir o ratio de alumnado, nin persoal administrativo nin de limpeza, para garantir a volta con garantías.

No caso de Galiza, a Xunta do PP segue sen escoitar á comunidade educativa e a súa política limítase a un simple ?vos ídelle dando?: desorganización, improvisación e desinterese que coma sempre pagamos a clase traballadora:

- o persoal docente asumindo unha carga de traballo imposible sen medios a estas alturas, e responsabilidades que non corresponden á súa función. Ademais de afondar na precarización do persoal interino debido á continúa improvisación dos gobernos.
- as familias traballadoras que sufrirán cos contaxios do alumnado novas corentenas que obrigarán a pais e nais traballadorxs a ter que deixar de ir a traballar para atender ás crianzas na casa, ou implicarán a volta a un modelo semipresencial, no que as familias sen recursos non poden asumir como xa quedou claro durante o curso pasado.
- sobre todo, unha política de información caótica que se resume en que ningunha familia traballadora sabe o qué facer se xs fillxs resultan contaxiadxs.

Para combater o fracaso escolar e garantir aulas seguras necesitamos unha escola e unha universidade digna, non unha gaiola de grilos, nin que manden a casa cada dos por tres por confinamentos para os que tampouco estamos preparados.
O dereito á educación universal e pública foi unha gran vitoria da clase traballadora que custou moito esforzo arrincárllela a outras clases. Non esquezamos isto. Se os gobernos con competencias en educación queren garantir ese dereito á educación deben investir na construción de infraestruturas de calidade e na contratación de docentes para reducir ratios a 15.

Debemos esixir que garantan que cada centro dispoña de protocolos e profesionais sanitarios ó cargo de detectar posibles positivos, con acceso a test e recursos para que todo o alumnado poidamos confinarnos sen perder clases, combatino a fenda dixital.

Debemos esixir o incremento do persoal docente, de atención educativa e servizos preciso para aplicar estas ratios de seguridade e hai que garantir EPIs.

Docentes e estudantes: unidas adiante!

Xa vemos como comeza o curso. Esta volta ó cole pon en perigo as nosas vidas e as dos nosos seres queridos. Se non facemos nada agarda-nos un ano de confinamentos intermitentes, estudo na casa, exames e selectividade sen preparación, e o peor: contaxios e algunhas mortes. É urxente organizar e redirixir a indignación de estudantes, nais e pais, docentes e resto de persoal cara a loita.

Están convocadas folgas pola comunidade educativa en varios lugares do estado español, e aquí en Galicia, estas mobilizacións deben estar ao servizos dun obxectivo conseguir volver as aulas seguras para todos e todas. É necesario a Coordinación de todo o movemento e non responder de forma illada unhas doutras.

Debemos ter moi claro que perseguimos coas nosas mobilizacións: parar as clases indefinidamente ata conseguir os recursos precisos para garantir calidade no ensino e sen risco de contaxio. Ese é o único camiño: que estudantes, nais e pais, e persoal docente e non docente nos organicemos conxuntamente.

Para elo é necesario un plan de loita consistente, en primeiro lugar, a celebración de asembleas decisorias nos centros de estudo, onde sexan os propios estudantes e o conxunto da comunidade educativa, as persoas activas da loita quen decidan a folga e outras medidas a levar a cabo.

As folgas non son un fin en si mesmo senón un medio para acadar as nosas reivindicacións. Aí é onde todas as organizacións políticas, sindicais estudantís e de docentes, ANPAs e plataformas pola educación pública debemos poñer todo o noso esforzo. Continuar o camiño aula por aula, claustro por claustro e barrio por barrio, pero ó mesmo tempo.

Celebramos as iniciativas unitarias que se deron en moitos territorios como Catalunya ou Andalucía. Estudantes, docentes, pais e nais de Corrente Vermella poñemos-nos ao servizo da loita e a sua organización.

Asembleas unitarias en cada centro!

Baixada de ratios, medidas de seguridade e contra a fenda dixital! Recursos para garantir materiais, profesorado e infraestrutura!

Reversión dos recortes e aporte extraordinario para salvar a educación pública! Por un 7% do PIB adicado a Educación! Non ó pago da débeda!

Educación 100% pública de calidade, segura, de balde, inclusiva, laica e que respecte as linguas dos territorios e a diversidade das persoas!

Unidade das loitas en defensa dos servizos públicos!

Pola saúde do conxunto da clase traballadora!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 22-09-2020 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Por unha educación presencial segura e con garantías
Se algo demostrou a pandemia é a ineficacia do capitalismo para resolver os problemas sociais que, agora máis que nunca, necesitan dunha resposta contundente. Vimos con estupor no estado español, que o goberno supostamente do cambio permitiu que se preste unha maior atención e estudo a situacións que, en teoría, non son tan urxentes, por exemplo, o fútbol ou a apertura total do país con fins turísticos, sen, por suposto, garantías sanitarias de ningún tipo. Mentres, nos medios de comunicación séguena se preguntar como é posible que haxa tantos surtos. E con todo, a resposta é fácil.

Doutra banda, tiveron máis de 5 meses para temas fundamentais que se terían que estudar con máis tempo e coidado, por exemplo, algo que incumbe a toda a sociedade; a educación.

Isto, por suposto, non é casual. O abandono da educación pública neste país era algo patente moito antes do estalido da pandemia do Covid-19, privatizacións e recortes. Interésalles máis un país de ?terraceo? e fútbol, onde os mozos apenas teñan opción a un traballo digno a non ser que emigren, que ter un país cunha educación pública seria de onde saian mozos/as preparadas.

Na Galiza da Xunta de Feijoo e o PP a situación é igual de mala que no resto do estado, onde as políticas privatizadoras, que cada vez son máis directas e agresivas, deixaron á educación pública e os seus axentes, é dicir, profesorado e funcionariado de todo o sector educativo, xa sexa primario, secundario ou ben universitario e FP, sen oportunidade algunha para enfrontarse a unha volta ao cole totalmente diferente.

Non debemos, por tanto, culpar nin loitar só contra as medidas estatais, senón tamén contra os gobernos autonómicos que desfán e fan ao seu parecer, máis polo seu propio beneficio e interese que polo ben da clase maioritaria da sociedade, e todo isto co silencio cómplice do goberno central.

Cabe agora preguntarse? Como se enfronta isto? Que solucións necesita esta problemática tan estrutural e complexa? Pasa por propor un plan de loita que non ceda até conquistar os protocolos que permitan unha volta ás aulas con garantías.

Este plan de loita consiste, en primeiro lugar, na celebración de asembleas decisorias nos centros de estudos, onde sexan os propios estudantes e o conxunto da comunidade educativa, as persoas activas da loita e as vítimas dunha volta ao cole sen garantías sanitarias serias, quen decidan e voten o plan de loita.

En segundo lugar, a construción de plataformas unitarias de organizacións estudantís, sindicais, ANPAs, Asociacións Veciñais, que desenvolvan as xornadas de loita.

? Por un plan de resgate para a educación pública.
? Reversión de todo o privatizado.
? Baixada de ratios, medidas de seguridade e non á fenda dixital.
? Recursos para garantir materiais, profesorado e infraestructuras.
? Ni un chavo para a privada e concertada: nacionalización dos seus recursos.
? Unidade das loitas na defensa dos servizos públicos. Pola saude do conxunto da clase obreira.
? Folga indefinida ata que se garantice un curso seguro.
? Permiso remunerado para nais e país traballadores/as.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-09-2020 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0