A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

27 de setembro: contra o cambio climático e en defensa do medio ambiente.
Multinacionais culpables, goberno cómplices
Medidas reais xa!!


O cambio climático é xa unha realidade palpable. No Estado Español, cada ano batemos marcas de temperaturas. As ondas de calor son máis recorrentes e intensas. A choiva escasea e a desertización ameaza o chan. A máis longo prazo, as zonas costeiras son ameazadas pola subida do nivel do mar. Todo isto porá en graves dificultades ao sector agropecuario, e catástrofes como secas, inundacións por fenómenos meteorolóxicos extremos ou incendios forestais aumentan. Os espazos naturais e a biodiversidade están ameazados.

O cambio climático ten responsables
Desde as institucións adóitannos dicir que “todos somos responsables” fronte ao cambio climático. Pero o consumo doméstico é unha parte moi pequena do que se gasta. Son as grandes empresas as que concentran a maioría das emisións. Só 10 delas son responsables do 25% do total das emisións en España. Entre elas atopamos petroleiras (Repsol, CEPSA), eléctricas (Endesa, Naturgy, EDP, Viesgo, Iberdrola) construtoras (CEMEX, Holcim, Cementos Portland) e siderúrxicas (ArcelorMittal).
Estas grandes compañías acumulan beneficios multimillonarios grazas aos seus “sucios negocios”. Desde logo, non están dispostas a sacrificar eses beneficios para adaptarse e “salvar o clima”. Desde o cume de Rio de Janeiro en 1992, cando se adoptou a Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático, lonxe de servir de algo, a situación ha ir empeorando. Sen ir máis lonxe, entre os anos 2017 e 2018, as emisións globais han aumentado un 2´7%. E os gobernos levan literalmente décadas “mareando a perdiz”. Mentres, as grandes compañías seguen acumulando beneficios á conta de contaminar, alterar o clima e destruír o planeta.O “meollo” da cuestión concéntrase na producción, especialmente a de combustibles fósiles.

Empresas verdes?
Estes sectores xamais reducirán as súas emisións nun volume suficiente por vontade propia. Iso implica facer un forte investimento en adaptar os procesos produtivos á sustentabilidade ambiental. Pero, cando os accionistas dunha gran compañía sacrificaron os seus suculentos beneficios polo “ben común”? Mesmo se algunha empresa en particular decidise facelo, rapidamente as súas contas mercantís entrarían en bancarrota, salvo que aumentase drasticamente os prezos do seu produto? algo que a levaría á bancarrota igualmente.
Ademais, reducir o uso de materiais e enerxía choca coa dinámica do capital. As empresas capitalistas buscan maximizar os seus beneficios. Necesitan vender moito, e cada vez máis rápido. Mentres máis recursos naturais extraian e máis refugallos vertan, mellor. Todos experimentamos a obsolescencia programada, e somos bombardeados por publicidade tentando exacerbar o consumismo. Que cada cal na súa casa tente consumir de maneira crítica, mentres as grandes pancas da economía seguen en mans dos capitalistas, é como tratar un cancro cunha tirita.

Unha alternativa: o socialismo
Baixo as regras do capitalismo, a sustentabilidade ambiental é unha quimera. Acabar con esta economía baseada nos combustibles fósiles implica planificar canto e como se produce para as necesidades sociais, e non para o beneficio das grandes compañías, nacionalizando os sectores estratéxicos da economía (e tendo en conta os límites físicos do planeta).
Non pode haber medidas racionais, de fondo, para combater o cambio climático sobre a base de respectar o desastre da produción capitalista, a produción para a ganancia, a apropiación privada da produción social. O combate ao cambio climático esixe a planificación socialista da economía, é dicir, planificar a economía en forma racional, democrática e ao servizo da sociedade. Isto ten para nós e nós un nome: socialismo.
Non é posible alcanzar ese obxectivo dun só golpe pero si se pode e débese definir unha estratexia e un programa de medidas transicionais que apunte cara a el porque é o único e verdadeiro cambio, para os seres humanos e para a natureza mesma. A clase traballadora é quen ten nas súas mans a produción. É ela quen ten a posibilidade de tomar o control e encabezar a verdadeira rebelión social que é necesaria. A revolución é hoxe unha cuestión urxente de supervivencia.

Galiza, un elo débil no cambio climático
Choven sobre mollado as convocatorias contra o Cambio Climático. Galiza, pola sua situación na distribución do traballo a nivel español e europeo, ten umha especial sensibilidade diante dos atentados contra a natureza perpetrados polo capitalismo.
Desde as loitas dos 60 e 70 contra os encoros (Castrelos), centrais nucleares (Xove), a megamineria (As Encrobas), os residuos nucleares na fosa atlántica, etc., a maior mobilización social que o pobo galego fixo nos últimos 50 anos baixo o berro de NUNCA MAIS, foi provocada por un accidente dun petroleiro, o Prestige, transformado pola actuación do goberno do Estado nun atentado contra toda Galiza,.
A prioridade do capital español e os seus governos segue a ser a produción de materias primas que supón umha agresión intensiva sobre a natureza, baseado no leite e o mar, alén da mineira (lousa, as ameazas da megamineria,...), a industria da madeira e os lumes recorrentes; todo elo ligado á economía extractiva para a exportación a outra zonas onde fan os produtos manufacturados, que despois volven en forma de mercadorías acabadas.
Loitar por romper esta condena á exportación de materias primas e emigración, o que significa loitar pola soberanía nacional frente o réxime que mantén atada a esa condena, dentro dun processo constituinte que permita-lle decidir sobre os seus recursos dun xeito racional e planificado.
Mas Galiza non é unha illa, ou dase umha perspectiva estatal e internacional ou non temos saída independente. Vivemos no mesmo planeta, e o que aquí péchase pode ir outro lugar onde vai seguir contaminando igual ou mais pola falta de controis. Por elo non abonda coa soberanía para resolve-lo problema, hai que adoptar umha perspectiva de loita internacional dos traballadores / as e os pobos frente ás agresións e polo socialismo.

Medidas urxentes
Hai que tomar medidas urxentes, de carácter anticapitalista, que poñan no centro as necesidades humanas, a xustiza social e a sustentabilidade ambiental:
- As grandes compañías, e en particular as enerxéticas, petrolíferas, construtoras e os bancos deben ser inmediatamente nacionalizados, e os seus xigantescos recursos postos baixo control dos traballadores e a poboación, ao servizo dun total impulso ás enerxías renovables e das necesidades da poboación. Á vez, é necesario aplicar un contundente plan de aforro enerxético.
- O transporte debe transformarse, estendendo unha ampla rede pública e sustentable, que substitúa un modelo baseado no coche privado e expóñase a gratuidade. O modelo urbanístico, laboral e turístico debe favorecer os desprazamentos de proximidade e pór coto inmediato á urbanización salvaxe.
- A industria debe ter unha estrita limitación de emisións, adaptando os seus procesos produtivos á sustentabilidade, no canto da o aforro de custos dos seus donos, e pondo fin ao subterfugio do comercio dos dereitos de emisión. A durabilidad, re-utilización e reciclaxe deben ser criterios obrigatorios, eliminando á súa vez as producións superfluas ou destrutivas.
- Hai que acabar coa agricultura e a gandaría industrial em máns das grandes empresas, para adaptalos a modelos ecolóxicos e sustentables.
- É necesaria unha ampla reforestación, a protección da biodiversidade e a recuperación de espazos naturais.
- Todas estas medidas non deben significar perder nin un só posto de traballo. Todos os traballadores cuxa localización laboral se viese afectada, deben manter os seus salarios e dereitos e ser recolocados nos novos nichos de traballo. De feito, os novos empregos necesarios deberían servir para reducir o desemprego.
27 de setembro: contra o cambio climático e en defensa do medio ambiente.
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 25-09-2019 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal