A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

30-S: Manifestación en Santiago ás 12 na Alameda
Galiza Con Catalunya convoca umha manifestación baixo o lema "Democracia é Decidir", o 30 S, ás 12 na Alameda de Compostela

NA DEFENSA DAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS

A CGT, IAC e a Intersindical-CSC presentaron preavisos de folga do 2 ate o 13 de Outubro, que xa se concretaron nun dia de Folga Xeral para o 3 O; pola sua banda os e as estudantes catalanas teñen convocadas manifestacións e estan realizando xa ocupacións de universidades. É necesario que o sindicalismo galego, a CIG, a CUT, que asinaron o Manifesto de apoio ó direito a decidir, e o sindicalismo alternativo, alen das organizacións estudiantís, convoquen mobilizacións e xornadas de loita, nomeadamente o día 3 O, de apoio á folga xeral en Catalunya. O pobo traballador galego, condenado a perpetuidade polo Estado Español á emigración, á precariedade, á desindustrialización,... ten un interes particular na crise do Rexime do 78, pois por esa porta debe entrar a nosa esixencia do noso direito a decidir o noso futuro.

A actual situación do conflito catalán está marcada polo enfrontamento entre umha burguesia españolista e outra burguesia nacionalista de direitas que xamais pensou chegar tan lonxe nas suas demandas. Foi a actitude do goberno central, que insiste en chamar “democráticas” ás suas decisións represivas contra o direito a decidir do pobo catalán, a que levou o conflito a este punto.

O mesmo goberno que robou 40 mil millóns de todos e todas, para resgatar os bancos, o que o longo de catro anos, todos os venres, aprovaba decretos contra as condicións de traballo e os nosos salarios (reformas laborais), os direitos sociais e os servizos públicos (dependencia, educación, sanidade,...). Este goberno que impide umha comisión de investigación polo accidente do Alvia en Compostela, cuxo presidente é o que cando a crise do Prestige falou a todos os galegos e galegas dos “hilillos de plastilina”; o goberno que mintiu ás familias dos militares) dos resultados das probas de ADN tras o YAK 42. Este é o goberno que ten as narices de chamar “ilegal” o referendo catalán, cando eles teñen 800 cargos imputados por corrupción, incluidos todos os seus responsabéis de finanzas. O goberno dun partido que é cualificado por un xuiz valenciano como “organización criminal”. O goberno dun partido que aprobou a “lei mordaza” contra os piquetes de folga e que ten procesados a centenas de activistas sindicais (en Vigo, en Pontevedra,...), chegando o encarcelamento de moitos de eles (Bodalo, Alfon...).
Por qué o PP, apoiado polo PSOE, C’s e sectores do PCE, non queren permitir que se celebre o referendo? Porque a celebración suporìa debilita-lo rexime e abri-la porta a outros como a derrogación do artigo 135 da Constitución, que condenanos a mais recortes e austeridade, a derrogación das sucesivas reformas laborais e mesmo a abolición da monarquía, que desmontaría a herdanza do franquismo no que basea-se o seu tinglado institucional. 
Pero porqué é tan importante apoiar á clase traballadora e o pobo catalán, se isto semella un apoio a un referendo auspiciado polos representantes da burguesia catalana, tan corruptos e amigos dos recortes como o PPSOE? Tanto se enfrentan-se entre eles, como se están unidos (non fai tanto cando aprobaron o decreto de privatización da estiba) quen leva as de perder é a xente da clase traballadora, de Lleida ou de Huelva,… salvo que nese enfrentamento construamos o noso proprio bando, en función dos nosos intereses, os da clase traballadora e os oprimidos, que non son outros que acabar cos recortes, a precariedade, os baixos salarios, as privatizacións.

A defensa do direito a decidir do pobo catalán frente o réxime do 78 non debe facernos perder de vista que a Unión Europea e os gobernos nos que se apoia, incluida a actual Generalitat, son os inimigos mortais dos direitos sociais, laborais e politicos da clase traballadora e do pobo galego. Por elo non é de recibo que desde sectores da esquerda lle neguen o direito dun pobo a decidir, porque todos estamos mal; en todo caso, habéria que dicer, apoiemosnos entre todos frente o inimigo común, o goberno do PP e o rexime.

A sua defensa das libertades democráticas, como o direito a decidir, é “opcional”, hoxe poden defendelo, mas mañan, se a mobilización obreira e popular desborda os seus interese, non dubidarán en reprimir, como fixeron xa cando os Mossos de Esquadra cargaron contra os acampados do 15M. Mas para a xente da clase traballadora a defensa das liberdades é imprescindible, primeiro para poder se organizar mellor para defender os seus direitos sociais, laborais e politicos, e segundo, para debilitar e mesmo derrubar o réxime que impón os recortes e a austeridade, e abri-la via dun proceso constituinte que rompa co Réxime e a Unión Europea, responsabéis dos nosos retrocesos sociais e laborais, e avanzar no dereito a decidir como pobo.

Por que xogamosnos as nosas condicions de traballo e vida nelo, temos que apoiar e participar as mobilizacións na defensa do direito a decidir e na das liberdades democráticas, facendo asembleas decisorias, reunións nos centros de traballo e estudo, en solidariedade coa clase traballadora e pobo catalán. 
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 29-09-2017 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
28S: DÍA GLOBAL POLA DESPENALIZACIÓN DO ABORTO

Penalizar o aborto é violencia cara ás mulleres.

70.000 é o número aproximado de mulleres que morren cada ano por abortos clandestinos en todo o mundo, segun un informe de 2014 do Guttmacher Institute. 8 millóns sofren complicacións ao practicarse un aborto, pero só 5 reciben tratamento.
Prohibir ou restrinxir o aborto non reduce a súa incidencia. Só fai que sexa máis perigoso ou que se aborte cando este se atopa máis avanzado.

A dobre moral ou hipocrisía dos gobernos
Denunciamos aos gobernos en todo o mundo que prohiben ou restrinxen o aborto mentres recortan o orzamento en educación e saúde, negando o dereito das mulleres a unha educación sexual e o acceso a anticonceptivos fiables e gratuítos. Que recortan os orzamentos contra violencia machista, pese ao evidente aumento dos casos de violencia sexual que deixa consigo embarazos non desexados.
Que din protexer a vida dos “non nados”, pero deixan morrer ou enfermar gravemente a miles de mulleres sen recursos en abortos clandestinos. Que aplican reformas e plans de axuste que nos condenan ao paro ou a precariedade, impedindo a millóns de mulleres unha maternidade digna e aumentando o risco de vivir nunha contorna de violencia familiar e pobreza, aos menores nados por unha maternidade imposta. Que protexen o negocio das clínicas privadas onde as ricas pagan e abortan, mentres as mulleres pobres non poden decidir.

No Estado español: A loita segue!
A derrota nas rúas da reaccionaria reforma da Lei do aborto de Gallardón do anterior goberno do PP, foi unha vitoria importante. Pero iso non significa que debamos baixar a garda nin que a día de hoxe os nosos dereitos sexuais e reprodutivos estean garantidos. Pois o 80% das interrupcións voluntarias do embarazo son derivadas ás clínicas privadas concertadas. A loita por aborto legal, seguro e gratuíto, é unha tarefa da clase traballadora, porque son as mulleres traballadoras, especialmente as máis vulnerables como son menores, inmigrantes sen papeis ou mulleres pobres, ás que o Estado debería protexer.
Pero os capitalistas e seus gobernos, utilizan o control sobre a sexualidade das mulleres para subxugalas, sobreexplotarlas e oprimilas. É por iso que a loita polo aborto libre é unha tarefa do conxunto da clase traballadora e non só das mulleres. Desde Corrente Vermella, chamamos a todas as organizacións políticas, sindicais, estudantís e populares de clase, a loitar todos os días para esixir:

Plans integrais de igualdade e contra toda forma de violencia machista, con recursos suficientes para atender e protexer ás mulleres.
Educación sexual e en igualdade para previr o machismo na mocidade. Fóra a igrexa da educación pública, basta de recortes en educación e derrogación da LOMCE.
Abaixo as reformas laborais. Emprego e salarios dignos que nos permitan a nosa independencia económica.
Aumento do gasto social. Servizos públicos e de calidade que descarguen ás mulleres das tarefas de coidados.
Igualdade e visibilidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.
Aborto público, libre e gratuíto na seguridade social, sin obxección de conciencia.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-09-2017 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
A clase traballadora galega e a do Estado co referendum catalán do 1-O
Din os nosos compañeiros e compañeiras de Corrent Roig, Corrente Vermella en Catalunya:

“Se o referendum se realiza e conta cunha participación popular masiva, será unha victoria democrática enorme do pobo de Catalunya e do resto dos pobos do estado, pois permitiría abri-las portas ás reivindicacións sociais e cuestionaría con feitos un réxime político e social que nunca rachou co franquismo, que está ó servizo dunha pequena minoría de empresarios e banqueiros e menosprecia a vontade da inmensa maioría. Asentaría as bases reais para plantexar unha unión libre de pobos e non esta unión forzada. A primeira interesada pois en que o referendum vaia adiante é a clase traballadora, que debe intervir nesta crise con vontade propia, e evitar converterse en furgón de cola do nacionalismo español e do nacionalismo catalán”.

A clase traballadora galega xógase moito mais do que parece neste referendum catalán do 1 de Outubro. Este desafío do pobo catalán ó chamado réxime do 78 podería abri-las portas a un referéndum pola República, que suporia, por exemplo, a derrogación do artigo 135 da Constitución que nos condena a destina-lo que aportamos ó pago da débeda antes que a sanidade ou pensións, ou a calquera outra reivindación que enterre para sempre a herdanza da dictadura.

A garantía do referendum é a mobilización xeral, resistindo masivamente ás medidas do Estado para impedilo, e á represión que seguirá. O Sindicalismo Alternativo, CIG, CCOO e UXT teñen a obriga de convocar á folga cando comece o ataque represivo. Toda a esquerda galega, catalana e estatal debería secundala se quere ser digna dese nome.

Por iso, a clase traballadora galega debe apoiar á súa irmá catalana, e as organizacións politicas, sindicais e sociais galegas teñen que abrir o noso camiño de ruptura co réxime do 78, polo direito a decidir e a Unión Libre de Pobos Libres.

Este é o mellor apoio á clase traballadora e o pobo catalán. Impulsar todas a mobilizacións unitarias que sexan precisas na defensa dos direitos democráticos, conculcados polo goberno do PP e os seus aliados, e do exercicio efectivo do direito a decidir, como está a facer o pobo catalán.

ACUDE AS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS


Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 20-09-2017 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal