A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS MOVILIZACIÓNS NA RÚA DERRUBAN A REFORMA DA LEI DO ABORTO
A reforma da lei de aborto impulsada polo ministro Gallardón non vai ser aprobada, segundo anunciaron fontes do goberno do PP, “por falta de consenso interno”.

Dende que o anteproxecto desta reforma foi presentado, provocou rexeitamento social crecente, e foi causa de numerosas movilizacións. As máis numerosas en febreiro, demostraron que a defensa dos dereitos democráticos das mulleres non é somentes unha reivindicación das organizacións feministas, senón que forman parte da pelexa que a clase obreira no seu conxunto estamos a dar contra o goberno do pau e da tesoura.

O goberno, cada vez mais deslexitimado, tenlle máis medo a enfrontarse coa contestación social se continúa adiante coa reforma, que a incumplir a promesa electoral que fixo aos sectores máis reaccionarios do PP e a igrexa. Aínda que non o digan, a decisión do executivo de aparcar “definitivamente” este proxecto de lei é un resultado directo das movilzacións que se deron para seu rexeitamento.

Nesta reforma cuestiónase a capacidade e o dereito a decidir das mulleres e que pon en perigo a saúde e a vida destas, especialmente das mais pobres ou en situación de precariedade como é caso das mulleres novas, ou inmigrantes en situación administrativa irregular. Por iso, botala abaixo é un triunfo conseguido grazas á loita na rúa e unha victoria para tódalas mulleres, que temos que celebrar.


28 de Setembro: “Día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuito”

O vindeiro 28 de Setembro, a Plataforma Estatal na Defensa dos Dereitos Sexuais e Reproductivos que aglutina a 270 asociacións chama a movilizarse mediante concentracións en distintas ciudades pola retirada da polémica reforma. Estas movilizacións enmárcanse dentro do “Día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuito”, instituido polas organizacións feministas Latinoamericanas e do Caribe, dende o ano 1990.

Dende Corrente Vermella apoiamos esta convocatoria internacional, e chamamos a tódalas organización políticas e sindicais da clase obreira a sumarse a ésta para conformar un bloque unitario, de clase e combativo nas movilizacións previstas. Porque sabemos que igual que acontece aquí coa violencia machista, son as mulleres traballadoras con menos recursos as que engrosan as listas de mulleres mortas por abortos clandestinos nos países con lexislacións máis restrictivas.

Este 28 de Setembro temos que redobra-la loita e sair á rúa para festexa-la retirada desta regresiva reforma, pero tamén para esixi-la dimisión de Gallardón e do propio Goberno. Un goberno corrupto, machista e patriarcal, que é o verdadeiro impulsor desta reforma. E despois do 28S, continuar coa loita, pois a lei actual non garantiza noso dereito ao aborto.


¡FÓRA A REFORMA DE GALLARDÓN: MINISTRO DIMISIÓN!

¡FÓRA O ABORTO DO CÓDIGO PENAL!

¡FÓRA A RELIXIÓN DAS AULAS! ¡POR UNHA VERDADEIRA EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL NA EDUCACIÓN PÚBLICA!

¡ACCESO A MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS SEGUROS, NA SANIDADE PÚBLICA!

¡NON MÁIS RECORTES: CENTROS DE ATENCIÓN INTEGRAL AS MULLES EN CADA CONCELLO!

¡ABORTO LIBRE, PÚBLICO, GRATUITO E SEN OBXECCIÓN DE CONCIENCIA!

Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 22-09-2014 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
O XENE FRANQUISTA
Diante das reformas electorais do PP

Podería parecer que todo o rebumbio levantado polas reformas electorais propostas polo goberno e a Xunta é unha cortina de fume, coa que tratarían de evitar o importante, as consecuencias sociais e económicas das súas políticas para a poboación... Nada máis lonxe da realidade, o PP con estas reformas electorais -elección directa de alcaldes, redución de parlamentarios autonómicos, etc.- esta remodelando o réxime do 78, blindando as institucións fronte a cambios de calado que se anuncian.

Mesturando a Lenin con von Clausewitz, “a política é a economía por outros medios”, e todos os recortes, axustes e rescates só poden garantise a través dun retroceso tremendo nas conquistas políticas, democráticas. É de caixón, de aí por exemplo a disolución das brigadas antirrobos da Policía Nacional e o reforzo dos antidisturbios para previr levantamentos sociais.

Pero vaiamos por partes: primeiro, a reforma electoral de face ás municipais -elección directa dos alcaldes- arguméntana sobre a base de que é máis democrático unha lei electoral como a que eles propoñen, que a actual, e ademais garante a “gobernabilidade” dos concellos. Esta claro que o primeiro argumento se é unha cortina de fume, o máis democrático non é que se elixa directamente ao alcalde, é dicir, quen vai a mangonear catro anos, senón que o pobo decida sobre todos os aspectos do seu futuro: nun estado democrático a lei non está por encima da decisión do pobo, senón ao seu servizo, porque a lei é emanación do pobo. Mentres, nos estados non democráticos, absolutistas ou ditaduras, é a lei, arbitraria ou non, a que se sitúa por encima da vontade popular, encorsetándola.

O “xene” franquista asoma o seu nariz por esta vía de que a lei sitúa-se por cima do pobo: as leis do franquismo xa se situaban por cima do pobo, e non por iso era democrático. Pero ese “xene” saca todo o seu corpo co segundo argumento: garantir a “gobernabilidade”.

Por favor, que se deixen de monsergas, o que realmente queren é o goberno dunha persoa e “brazos de Madeira” (parlamentarios, concelleiros, etc.) como os do franquismo, que a cambio dunhas prebendas e patentes de corso, votaban todo o que a “autoridade competente” propuña. Son uns nostálxicos da ditadura, na que os “políticos” non tiñan que pasar “o grolo” dunhas eleccións cada catro anos, de enfrontar programas, para logo incumprilos; e sobre todo arriscarse a perder o poder, é dicir o control das subvencións estatais, desde o goberno central até o ultimo concello. Garantir este control é o que esconden tras a palabra “gobernabilidade”, porque a burguesia española caracterízase pola súa dependencia total desas subvenciones / concesións.

Se realmente queren achegar “a política” e as institucións ao pobo, que establezan a revocabilidad de todos os cargos electos, derroguen a antidemocrática lei D’Hont, que a través da “enxeñaría” electoral favorece aos partidos maioritarios, e os limítes do 5% dos votos para ser elixido, poñan os medios de comunicación desas institucións ao servizo das organizacións obreiras e populares, das asembleas populares, de maneira que todos poidan concorrer en termos de igualdade; neste momento os únicos que teñen acceso a eses medios, públicos e privados, son as organizacións burguesas e as que se lles concede graciosamente ese “privilexio”.

Estas e outras medidas son os oposto polo vértice á proposta polo PP neofranquista, polo que só a través da loita vanse a conseguir.

Unidos a estes argumentos “políticos”, explican que as medidas de reforma electoral que propoñen, supoñen un “aforro” en custos parlamentarios ou nos concellos. Novamente sae o “xene” franquista, presupondo que o goberno dunha persoa é máis barato que unha democracia. Falso até a medula, porque ese goberno supón un alto grao de arbitrariedade á hora da utilización, sen control, dos orzamentos públicos.

Se realmente queren abaratar a administración publica que non paguen a débeda nin os seus intereses, unha débeda que cando chegou o PP ao goberno estaba no 60% do PIB e agora está case no 100%, á vez que recortaron en todos os servizos. Onde han ir eses case 400 mil millóns que supoñen ese 40%? Se queren unha administración máis barata que reduzan os salarios de parlamentarios e concelleiros ao dun asalariado / a medio. Se queren abaratar as administracións que renacionalicen todos os servizos privatizados, revogar concesións e derivacións á privada, subvencións aos empresarios para a contratación, e, por encima, que nacionalicen a banca e esixan a devolución do regalado nos rescates.

Pero o PP é parte activa e orgánica desa clase capitalista que se está beneficiando do saqueo sistemático das contas publicas, polo que para seguir utilizando os recursos extraídos á poboación traballadora, necesitan a “gobernabilidade”; e apoiándose na evidente corrupción dos xestores actuais (dos que eles son maioría), sacan o “xene” franquista do goberno dun só, “o alcalde”.

Este “xene” franquista sae a relucir, tamén, cando enfrontan un proceso como o catalán, que é o realmente democrático, o dereito dun pobo a decidir. O PP rexéitao baixo o argumento de que “viola a lei”, e polo método moi español de que “polos meus c... que aquí decido eu quen é español e quen non”.

A lóxica de que a lei está por encima da vontade popular e non ao revés enraíza non só coa ditadura, senón cos métodos do absolutismo; era Hegel na súa Filosofía do Dereito, cando defendía o carácter central do monarca nun réxime, que o expuña como plasmación abstracta da Idea; e enraíza neses métodos porque a burguesía española foi incapaz de facer nin tan sequera unha “reforma revolucionaria” do réxime absolutista, senón que pactou con el para garantir o poder: a II Republica foi a súa última gran oportunidade para facelo e renunciou coa guerra civil. Este atraso político sitúaa a anos luz doutras burguesías que se fixeron as revolucións democráticas (Francia, Gran Bretaña, EE UU), ou reformas tan profundas do sistema feudal que acabaron con el até a raíz (Alemaña, Italia).

Vexamos o exemplo de como dous gobernos iguais pola súa raíz de clase, o de Cameron e o de Rajoy, encararon dous “retos” parecidos de maneira oposta, o referendo escocés e o catalán.

A burguesía británica, imperialista onde as haxa, saqueadora de pobos (Irlanda do Norte!), explotadora da clase obreira de medio mundo,... ten nos seus xenes a revolución democrática, e encarou o proceso escocés baixo eses criterios. O goberno británico negociou e acordou os ritmos e as preguntas. Non se entregaron a unha campaña apocalíptica como fan aquí, de mentres “eu goberne non se viola a lei” (Rajoy dixit), de sectores da burguesía ameazando co exercito (a TDT Party), etc., etc. Non é que o réxime británico non sexa brutal cando o necesita, que o é -Irlanda do Norte, de novo-, senón que ante procesos que sabe pode reconducir coa negociación, non se entrega ao victimismo da teoría do desastre. Ten nos seus “xenes” que a democracia burguesa e os seus métodos da votación, son a mellor maneira de desactivar e reconducir procesos sociais: de feito, tras decenios de guerra, é o que fixo en Irlanda do Norte, cos acordos de Stormont, e hoxe as provincias do norte seguen sendo británicas.

Unha contrarreforma do réxime do 78

A burguesía española, a través do PP, con todas as reformas electorais que esta levando a cabo, está a adecuar o estado ás novas condicións dunha burguesía en crise, unha burguesía crápula que vive do estado, incapaz de xerar un tecido industrial que non dependa das súas subvencións / concesións.

O PSOE comezou coa reforma express da constitución para o pago da débeda, pactada co PP; pero a “audacia” destes nas súas reformas, colleu desprevido e sen armas a toda a oposición, comezando polo PSOE e terminando pola esquerda institucional e institucionalizable (Podemos).

A inconsistencia destes enfróntase ao programa claro do PP, que baixo as formas da constitución do 78, pretende volver á “ditadura democrática” da Reforma Política do 76 (o “xene” franquista), na que facían certas concesións a certos partidos, o PSOE; pero nin de lonxe legalizábase ao PCE nin, por suposto, a toda a extrema esquerda (PT, ORT, MC, LCR,...), e non se negociaba coa burguesía vasca e catalá (Estatutos de Autonomía). Só a loita obreira e popular impuxo esas legalizacións e os dereitos das nacións (Galiza, Euskadi e Catalunya) foron disoltos nun “café para todos” autonómico. O proxecto inicial da burguesía, a Reforma Política votada no referendo do 76, tras a morte do ditador foi ampliado pola loita.

Agora, baixo os golpes dunha crise de gran calibre, superior á que rodeou a Transición nos anos 70, a burguesía retoma ese “vello” proxecto de recortar o máis posible os marcos democráticos; xa ten a Lei de Partidos para ilegalizar ao seu arbitrio, xa ten a reforma constitucional para o pago da débeda, xa ten grazas a esa esquerda institucional e institucionalizable a ideoloxía que cala no activismo de que estamos nun réxime democrático pleno pero con defectos, que o problema é a “caste” que o dirixe. Desta maneira, a oposición esta desarmada e desarma á poboación, porque non entende que a raiz do problema esta en o “xene” franquista do réxime do 78 que o fai irreformable, non rexenerable.

O PP, co desconcerto ou o silencio da esquerda institucional e institucionalizable, esta levando a cabo unha profunda contrarreforma do réxime, a fin de salvalo da crise. A tarefa dos revolucionarios é denunciar esta "contarreforma", e fronte ás propostas de “rexeneración” democrática, levantar a única alternativa realmente democrática, a convocatoria inmediata dunha Asemblea Constituínte, na que se resolva o carácter do estado e todo o que iso leva.

As asembleas e grupos do 15M e as propostas cidadás, as candidaturas locais cidadás, a "esquerda que non é esquerda", e especialmente o sindicalismo de clase e combativo, deben forxar a unidade fronte a este réxime, que rompa coa Unión Europa, poña no centro a loita pola federación de republicas ibéricas e europeas, o dereito á autodeterminación e a transformación nun sentido socialista da sociedade.

11 de setembro de 2014






Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 11-09-2014 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal