A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NA DEFENSA DOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUCTIVOS DAS MULLERES
aborto libre, gratuito na sanidade pública e sen obxeción de conciencia

A decisión do Ministro é para nós un retroceso de anos nos dereitos democráticos cara á despenalización do aborto de 1985, cando foi despenalizado en tres supostos mentras no resto estaba penado.
Atualmente a lei de prazos é equiparable ao resto de Europa, na que as mulleres poden abortar ata as 14 semanas sen dar explicacións; entre as 14 e 22 por “grave risco para a vida ou a saúde de nai ou do feto; a partir das 22 por “anomalías fetales incompatibles coa vida....., ou cando se detecte no feto unha enfermidade extremadamente grave incurable..”. Na atual contra reforma, estes prazos eliminanse e volvese aos supostos previos ó 2010, que eran: violación, malformación do feto (que agora tamen se quere quitar) ou risco para a nai.
Se a istas modificacións legais sumámoslle a política dos gobernos e a UE de recortes e privatización dos servizos públicos para o pago da débeda os bancos, e que as grandes empresas capitalistas fan negocio, temos un cóctel molotov que explota sobre as mulleres da clase traballadora. As mulleres sen recursos porán en perigro as súas vidas en condicións insalubres e sen ningún tipo de garantía, mentres as ricas poderan optar por pagar o que faga falta en clínicas privadas, extranxeiras ou non, para poder ter acceso a un aborto seguro.
Por iso a reivindicación democrática polo dereito ao aborto legal, libre e gratuíto, na sanidade pública e sen obxección de conciencia, debe e ten que ser parte das reivindicacións de toda a clase traballadora na loita para derrubar a este goberno e este réxime corruptos.
As nosas vidas non son moeda de cambio para seguir pagando esta débeda que non é nosa.

Educación Sexual para Decidir
Anticonceptivos para Non Abortar
Aborto Legal para Non Morrer


acude á manifestación o sabado 28, ás 17.30 na Estacion de Tren de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 27-09-2013 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da Corrente Vermella sobre Siria
Por moito que os USA e os seus aliados recúen temporalmente nos seus planes de agresión a Siria, e mesmo cheguen a acordos con Rusia, o certo é que as ameazas imperialistas mantense, por iso temos que seguir alerta diante do que poda suceder nos vindeiros meses. O conflicto ten unhas fortes raíces sociais internas de Siria e no mundo árabe, poñendo sobre a mesa moitas das contradiccións internacionais.

Neste sentido, parécenos un erro a división na resposta a umha agresión que pon o mundo ao bordo da catástrofe, numha zona un conflito histórico, a ocupación israelí de Palestina que non ten outra solución ca victoria do pobo palestiniano, e atravesado por uns levantamentos populares que xa derrubaron aliados do imperialismo como Mubarack, Ben Ali ou Gadaffi.


Por todo elo, Corrente Vermella manifesta


1.- Rexeitamos toda intervención imperialista contra calquera pobo, porque nunca o imperialismo, teña a bandeira que teña, favorece as loitas polas liberdades. Os seus interese son sempre aumentar o saqueo dos recursos naturais dos pobos e a explotación da clase traballadora.

Por este motivo rexeitamos o anunciado, e adiado polo momento, ataque dos EE UU e seus aliados contra Siria. Este ataque non ten a menor intención de favorecer a loita do pobo sirio pola xustiza social, a democracia e as libertades democráticas.


2.- Siria concentra hoxe todas as contradiccións entre as potencias imperialistas, os países “emerxentes” e potencias rexionais como Turquia ou Arabia Saudí, que están á procura dun reacomodo da zona para os seus interese.

O que move a todos eles sen distinción son as multinacionais do gas e o petróleo, garantías para os gasoductos financiados por capital chino-iraní, e de fondo o control do Mediterraneo Oriental cumha umha demonstración de forza por parte dos EE UU e aliados frente os chamados “emerxentes”, nomeadamente Rusia.


3.- Tanto o imperialismo como Rusia teñen claro que non pode ser o derrubamento do réxime de Al Asad, abrindo unha situación descontrolada no polvorín que é Oriente Proximo, e menos que menos que se produza a mans da mobilizacion popular.

Por iso, tanto Obama como Putin colleron a “idea” de Kerry do “control do armamento químico do rexime” como a moeda de negociación que todos precisaban para evitar o confronto militar, para procurar umha saída que desactive o levantamento popular.


4.- O imperialismo, aprendendo das leccións da situación xerada tras a guerra de Iraq, o obxectivo real do ataque era (e é, se prodúcese) o desgastar o réxime para negociar umha saída que manteña as institucións fundamentais, sen Al Asad, como fixeron en Exipto e Tunez, mas non poideron facer en Libia.

Para CV non se poden formular saídas “políticas” e “negociadas” cun rexime que leva 150 mil mortos en dous anos de levantamento popular e guerra civil. É confundir á poboacion chamar a confiar na ONU, un organismo o servizo das grandes potencias cuxo papel desaparece cada vez que xurde un conflito de gran magnitude, para soluciona-lo, esa é tarefa do pobo autoorganizado.


5.- Mas non só o imperialismo e as “emerxentes”, senon umha multitude de forzas son hostís e conspiran contra a revolución siria e árabe en xeral. Polos mais diversos motivos, forzas islamistas e mesmo mercenarios actúan nun e noutro bando co unico obxectivo de facer descarrilar o levantamento popular.


6.- Corrente Vermella esta coa poboación traballadora Siria que se levantou contra o réxime de Al Asad e coas organizacións da oposición de esquerdas que teñen manifestado o seu rexeitamento á intervención imperialista. Por iso, denunciamos por reaccionarias ás direccións do campo rebelde, como as cupulas do Exercito Sirio Libre e o Consello Nacional Sirio que chaman á intervención imperialista. Iso é abrir-lle as portas á contrarrevolución.


7.- Esiximos do goberno español que non permita o uso das bases militares para agresión o pobo sirio, a retirada inmediata das tropas do Libano e a ruptura de todas as relacions co rexime Sirio.


8.- A única saída que ten o conflito é a loita obreira e popular, abrindo incondicionalmente os arsenais á poboación traballadora, ate a expulsión do réxime capitalista e neoliberal de Al Asad, e co rexeitamento rotundo á intervención imperialista, avanzar cara que os proprios sirios e sirias, xunto cos pobos irmans árabes, constrúan umha Federación de Republicas Socialistas Árabes.


9.- Chamamos a todas as forzas políticas, sociais e sindicais, que se din de esquerdas e democráticas, a rexeitar toda intervención imperialista, veña de onde veña, e a apoiar ao pobo sirio e árabe nas súas loitas polas liberdades, a xustiza social e a paz.


Galiza, a 14 de setembro de 2013
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 15-09-2013 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal